TITULARES

Un debuxo que será visto por mil

Un debuxo que será visto por millóns de persoas

 

 

Estudo,  ilusión   e “que a  inspiración te colla traballando” en palabras da nosa compañeira Magdalena. Esa foi a receita para que o grupo “Vagonetas” do IES de Fene, formado polos alumnos de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria, Altair Rodríguez, Juan Carlos Cortizas, Sarahit López e Antía Díaz, dirixidos pola profesora  Magdalena Bouzamayor, dera na diana e fora proclamado, entre os 302.239 alumnos e os 3490 centros escolares, gañador absoluto do XXII Concurso Escolar ONCE.

O deseño, catro  botóns  coas cifras escritas  en Braille e un dedo índice pulsando o botón número un, simboliza a demanda de normalización na comunicación para que todas as persoas  poidan usar con normalidade os recursos dos que a sociedade dispón. “Identifica muy bien el lema de este concurso, la normalización” afirmou o presidente da ONCE ao se referir ao  debuxo gañador do concurso.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

0 deseño gañador

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os membros do xurado, entre os que se atopan os humoristas Gallego&Rey

 

 

 

El sello ganador es una obra redonda... Quizá su único defecto podría ser que es 'demasiado bueno', pues técnicamente, tanto el motivo del sello como el propio matasellos, son casi perfectos, lo que por otro lado muestra el alto interés puesto por los chavales en la convocatoria. Hemos tenido muy presente al emitir el fallo, que el dibujo no sólo debía ser bonito, sino acompañar y transmitir bien el mensaje de normalización. Desde luego el trabajo ganador combina a la perfección ambos aspectos" manifestou o recoñecido humorista gráfico José Mª Gallego que xunto ao outro membro do tandem de Gallego & Rey, formou parte do xurado.O fallo do concurso produciuse en Madrid o pasado 18 maio

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os gañadores do premio Antía Díaz, Altair Rodríguez, Sarahit López e Juan Carlos Cortizas xunto coa sua profesora Magdalena Bouzamayor

 

 

O premio  consistíu na edicción por parte de Correos do deseño gañador como un selo do que se realizou unha tirada de 3 millóns de exemplares que xa están en circulación a partir do pasado 12 de setembro, unha video consola para cada alumno, un “Home cinema” para a profesora e un equipo informático para o centro.

Parabéns para os alumnos/as gañadores e para súa profesora 

Artigo de "La Voz de Galicia"

Artigo Revista ONCE

Opinións dos alumnos

   

 



O selo xa está circulando

Efectivamente, o selo xa está a cumplir a función para o que foi creado, e xa está en circulación, aquí vemos a proba nun envío recibido no Instituto en días pasados. Un deseño que saiu do IES de Fene e volta ao IES en forma de envío postal





DEBUXO

Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web