TITULARES

LATÍN I

O mínimo esixible para unha avaliación final positiva, supón que o alumno acade as capacidades e asimile os contidos que expoñemos a continuación:

1. Flexión nominal, pronominal e verbal:
a. As cinco declinacións.
b. Declinación dos adxectivos. Graos.
c. Os pronomes persoais e o relativo , demostrativos, indefinidos, anafóricos, o pronome de identidade e enfático.
d. O sistema verbal en activa e en pasiva: tempos do tema de presente e de perfecto, en Indicativo. Verbos irregulares. O participio.

2. . Análise sintáctica e traducción mínimamente coherentes de textos latinos similares ós feitos na clase.

3. Lectura comprensiva e análise de fragmentos traducidos.

4. Nocións básicas sobre a evolución fonética, morfolóxica e semántica das palabras latinas ó galego e ó castelá.

5. Visión esquemática dos grandes periodos da historia de Roma. A organización social e política.

6. Visión panorámica dos aspectos máis relevantes da vida cotiá dos romanos.

LATÍN II

Os contidos mínimos establecidos para o Latín II abranguen, ademais dos mencionados en Latín de 1º, os seguintes:

1. Peculiaridades da flexión nominal.

2. O infinitivo. A conxugación perifrástica activa e pasiva. O xerundio e o xerundivo.

3. Valores de ut, ne e cum.

4.
Análise sintáctica e traducción de textos latinos que integren os contidos gramaticais e culturais estudiados.

5. Recoñecemento de prefixos e sufixos latinos en palabras do galego e do castelán e deducción do significado das mesmas.

6. Comprensión de latinismos e locucións de uso frecuente.

7. Exposición clara dos temas de Literatura.



ITALIANO I e II

Os mínimos esixibles son:

ITALIANO I

- Os artigos.
- Xénero e número dos sustantivos e dos adxectivos.
- Conxugación dos verbos regulares e irregulares en presente, perfecto, imperfecto e futuro. Verbos reflexivos.
- Preposicións e adverbios de uso frecuente.
- Os pronomes persoais en función de suxeito, C. D e C.I.
- Valores de ci.
- Léxico e contidos culturais e situacionais vistos na clase: a xeografía italiana (rexións e principais cidades), medios de transporte ( o tren ), o teléfono en Italia, principais celebracións e festas, a gastronomía etc.
- Lectura e comprensión dos textos seleccionados.

ITALIANO II

Ademais dos contidos mencionados para Italiano I:

- O pluscuamperfecto e o condicional simple e composto.
- Nocións básicas sobre o uso do subxuntivo.
- Usos de ne.
- Demostrativos e indefinidos.
- Combinación de pronomes.
- O imperativo.
- Léxico e contidos culturais e situacionais estudiados na clase: a música e o cine italianos, o sistema de goberno en Italia, revistas e xornais etc.- Lectura crítica dos textos seleccionados.


Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web