TITULARES

ITALIANO I e II

A programación de Italiano I pretende consolidar uns coñecementos básicos da lingua italiana e a de Italiano II tenta proporcionar ó alumno un nivel intermedio.
O alumno deberá expresarse oralmente e por escrito en italiano, cun mínimo de corrección, nas diversas situacións comunicativas estudiadas na clase.
Os elementos lingüísticos introdúcense en contextos que reflexan situacións cotiás, gracias ás cais resultan sempre xustificados e non artificiais.
A asimilación dos conceptos supón a continua posta en práctica dos mesmos, a través de exercicios axeitados e a revisión de aspectos xa vistos. A consecución dos obxectivos propostos na programación require, ademais, frecuentes intercambios comunicativos e a composición habitual de textos escritos. As fontes da información oral e escrita serán o máis variadas posible, tentando familiarizar ós alumnos cos diferentes rexistros da lingua.
En lugar dun enfoque baseado na descripción da lingua, coas súas regras e excepcións, propoñemos un tipo de ensino que presenta modelos a partir dos cales o alumno pode extrae-la norma, sen anular así a súa capacidade de observación e deducción. O alumno é posto dende o inicio en condicións de adquirir activamente os distintos contidos e, polo tanto, de expresarse en italiano.
Interésanos, de xeito especial, lograr unha alta motivación do alumno, estimulando a súa implicación no proceso de aprendizaxe .



Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web