A finalidade fundamental da materia de Latín no Bacharelato é que o alumno descubra as raíces do noso ámbito sociocultural e lingüístico. Deste xeito, os diversos aspectos da cultura e civilización e os elementos linguísticos preséntanse coma un legado que aínda permanece vivo e que nos capacita para unha comprensión máis profunda da realidade que nos rodea. A materia está dividida en catro bloques ( a lingua latina, a interpretación dos textos, o léxico latino e a súa evolución e o legado de Roma), que se abordarán de acordo coa súa natural interrelación. Nos textos, seleccionados seguindo unha progresión respecto ó grado de dificultade, os alumnos deberán aplica-los coñecementos lingüísticos e culturais adquiridos. Entre as actividades básicas a realizar figuran as seguintes: 1. Actividades de introducción e motivación.Esquema dos contidos que se van traballar.ObxectivosRepaso das nocións xa estudiadas e consideradas necesarias para a comprensión da materia.2. Actividades de aplicación. 2.1. Lectura e comentario de fragmentos traducidos. 2.2. Análise e traducción de textos latinos. 2.3. Aplicación sobre o texto dos contidos lingüísticos, culturais e de léxico que se estean tratando. Estes textos serán, en ocasións, o punto de partida para a explicación de determinados aspectos da lingua latina, fomentando a capacidade de observación e deductiva dos alumnos. 2.4. Análise das variacións ou semellanzas dos aspectos lingüísticos no galego e no castelán en relación co latín.3. Actividades de recuperación. Para aqueles alumnos con problemas no proceso de aprendizaxe, prepararanse exercicios de dificultade graduada dos temas gramaticais e de léxico. Pediráselles a elaboración de resumos e esquemas dos temas histórico-culturais e de Literatura.
|