TITULARES



CONTIDOS MÍNIMOS [67 KB] Descarga o documento de contidos mínimos





1º ESO


Comunicación

• Lectura, recoñecemento e producción de textos correspondentes a diferentes tipoloxías: narración, descrición e diálogo.

Lingua e sociedade
• O feito plurilingüe e pluricultural do mundo.
• As orixes do galego: elementos constituíntes do léxico.
• A realidade lingüística de Galicia: o idioma galego no mapa lingüístico español.

Estudio da lingua
• Correspondencia entre sons e grafías.
• Regras básicas de acentuación e puntuación. A acentuación nas combinacións vocálicas (ditongo, tritongo e hiato).
• Estructura da palabra. Clases de palabras: substantivo (flexión de xénero e número), adxectivo (determinantes), pronome, verbo (estructura e distinción regular/irregular), adverbio e preposición.
• Léxico: a persoa (as partes do corpo, a saúde, a enfermidade, a vestimenta, os alimentos e as bebidas, o lecer e as afeccións, a vivenda, os sentimentos, a vida espiritual, etc.).

Literatura
• Peculiaridade da lingua literaria en relación con outros niveis da lingua.
• Recoñecemento das características dos xéneros literarios máis comúns: narrativa, lírica e dramática.
• Lectura, comentario e resumo oral / escrito de textos breves (contos, lendas, relatos...), tanto da tradición oral como de autores actuais.





2º DE ESO



Comunicación
Características da comunicación oral e escrita.Lectura, recoñecemento e producción de textos correspondentes a diferentes tipoloxías: argumentación e exposición.
Lingua e sociedadeHistoria externa da lingua: principais etapas.A realidade sociolingüística de Galicia: bilingüismo e diglosia. As interferencias lingüísticas.Niveis de lingua: estándar, coloquial, culto e científico-técnico.
Estudio da linguaOrtografía dos grupos consonánticos.Propiedades do texto: adecuación, coherencia e cohesión.Enunciado e oración. Tipos de oracións (segundo a actitude do falante: enunciativas, interrogativas, imperativas...; segundo a natureza do predicado: transitivas; intransitivas; activas, pasivas; persoais e impersoais...).A oración simple e a frase. Funcións respecto do núcleo “O” e do núcleo “F”: suxeito, predicado e outras funcións sintácticas.Léxico: as relacións sociais (a antroponimia, a familia, a actividade escolar, os empregos e as profesións, os transportes e as viaxes, os medios de comunicación, as compras, os espectáculos, etc.).Sinonimia e antonimia.
Literatura:

Principais recursos estilísticos da lírica, da narrativa e da dramática.Relación entre a literatura e o contexto histórico e persoal do autor: lectura e comentario de textos de trobadores, literatura anónima e popular dos Séculos Escuros, poetas do século XIX e narradores e dramaturgos do século XX.

3º DE ESO





Comunicación

• Os medios de comunicación escritos: os xornais e outras publicacións periódicas.
• Análise das seccións e dos xéneros periodísticos.

Lingua e sociedade

• Historia interna da lingua: orixe do galego e a súa evolución.
• A normalización e a normativización lingüística do galego.

Estudio da lingua

• Repaso das regras básicas de acentuación e de puntuación. A acentuación diacrítica, das palabras compostas, da interrogación e da exclamación.
• Clases de palabras: substantivo (flexión de xénero e número, tipos de substantivos), adxectivo (determinantes), pronome, verbo (estructura, distinción regular / irregular, formas non persoais, perífrases), adverbio, preposición, conxunción e interxección
• Léxico: o territorio e a natureza (a toponimia, a aldea e a cidade, países e habitantes (os xentilicios); o clima, o campo, a montaña e o mar, as árbores e as plantas, os animais vertebrados e invertebrados, etc.).
• Formación de palabras: derivación e composición.
• Polisemia e homonimia.
• Identificación de voces patrimoniais e de cultismos.

Literatura

• Características fundamentais dos períodos da literatura galega que se estudian neste curso.
• A lírica medieval: recoñecemento de diferentes tipos de cantigas.
• A decadencia e o rexurdimento da literatura galega: Rosalía de Castro, Curros e Pondal.
• Lectura e comentario de textos dos autores estudiados neste curso.







4º DE ESO





Comunicación
Os medios de comunicación audiovisuais: análise das diferentes linguaxes específicas.
Lingua e sociedade A situación actual do idioma galego: lexislación que regula o uso das linguas oficiais de Galicia. Variedades xeográficas: principais fenómenos lingüísticos que caracterizan as variedades dialectais do galego.
Estudio da linguaMaiúsculas, abreviaturas, siglas e acrónimos.A oración simple e composta. Funcións sintácticas na oración. Oración composta: coordinación e subordinación. Tipos de oracións coordinadas. Tipos de oracións subordinadas.Léxico: as institucións, as tradicións e os costumes (a administración, o tempo, as estacións, as tradicións, os acontecementos cíclicos: o magosto, o nadal, o entroido, as romarías, etc.).Polisemia e homonimia.Identificación de neoloxismos e préstamos.

Literatura Características fundamentais dos períodos da literatura galega que se estudian neste curso. Principais autores e tendencias literarias dos séculos XX e XXI. Comentario, entre outros posibles, dun texto de Ramón Cabanillas, Castelao, Amado Carballo, Celso Emilio Ferreiro, Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Pura Vázquez, Neira Vilas, Carlos Casares e Méndez Ferrín.Tendencias actuais da lírica, da narrativa e da dramática.





OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN ORAL (1º e 2º DE E.S.O.)Emisor e destinatario.Diálogo dual e plural (conversa presencial, conversa telefónica, etc. )

Narración (1ª e 3ª persoa)

Exposición.

Enunciado. A súa estructura (texto,parágrafo, oración, frase, palabra ) Entoación, pausas, acentuación.

Normas sociais: saúdos, tratamentos, cortesía, presentación, etc.

Informar, ordenar, preguntar, solicitar, etc...

Modalidade oracional enunciativa, interrogativa, exclamativa e imperativa.





1º CURSO DE BACHARELATO

Lingua e sociedade
A comunicación: elementos. Intención comunicativa. Funcións da linguaxe. O signo lingüístico: significado e significante. A dobre articulación do signo lingüístico.Historia externa da lingua (dende a Idade Media ao século XX): os contextos sociolingüísticos.Historia interna da lingua: aspectos pertinentes para a comprensión dos textos.Linguas en contacto: as interferencias lingüísticas.A norma estándar e as variedades xeográficas e sociais da lingua galega.Programas, seccións e características da lingua nos medios de comunicación de masas.
Estudio da lingua

O fonema: fonemas vocálicos e fonemas consonánticos. O sistema fonolóxico do galego. Os alófonos. A sílaba. Os trazos suprasegmentais: acento e entoación.Clases de palabras: o substantivo; o pronome persoal; as palabras adnominais (adxectivo, artigo, demostrativos, posesivos, cuantificadores). Forma e funcións.Clases de palabras. As formas do verbo: as conxugacións; as perífrases verbais. O tempo e o modo. O adverbio, a preposición e a conxunción.Lexicoloxía: estructura do léxico. A renovación léxica: formación de palabras e préstamos; léxico patrimonial e cultismos; as terminoloxías específicas.A competencia lexical: prácticas de enriquecemento do uso do léxico e da fraseoloxía.
LiteraturaCaracterísticas xerais da lingua literaria: xéneros e recursos estilísticos.A literatura como creación cultural e como expresión da realidade histórica e social.A literatura galega na historia (principais etapas).Idade Media: marco histórico e cultural. - A lírica medieval: lectura, análise e comentario de cantigas representativas.
- A prosa medieval: lectura e análise de fragmentos.Séculos XVI, XVII e XVIII: marco histórico e cultural. - Literatura de tradición oral e literatura de autor: lectura e análise de texto representativos.
- Autores da Ilustración: lectura e análise de fragmentos.Século XIX: marco histórico e cultural do Rexurdimento. - Autores da primeira metade do século XIX: características xerais.
- Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Lectura e comentario de textos.
- A prosa do século XIX: autores e características.
- O teatro galego: orixes. O teatro do século XIX: autores e características.

2º CURSO DE BACHARELATO

Lingua e sociedade

Historia externa da lingua (o século XX e XXI): os contextos sociolingüísticos.A normalización lingüística: a diversidade plurilingüe e pluricultural de España.Bilingüismo e diglosia: análise dos aspectos sociolingüísticos e psicosociais que configuran a situación actual do idioma.Análise da presencia do galego nos medios de comunicación de masas escritos e audiovisuais.
Estudio da lingua

Revisión dos conceptos básicos de fonética, fonoloxía, morfoloxía e lexicoloxía.A semántica: o estudio do significado. O campo semántico. As relacións semánticas. Os cambios semánticos.Propiedades do texto: procedementos de adecuación (intención, relación emisor-receptor...), coherencia (progresión da información, tema e rema...) e cohesión (elipse, sinónimos...). A estructura do texto: marcadores e conectores; os signos de puntuación. Tipos de textos: as súas características.Enunciado e oración; tipos. Oración simple e oración composta. Constituíntes da oración: a frase; tipos de frases. A oración simple; as funcións sintácticas na oración. Coordinación e subordinación de unidades. A oración composta: tipos.A competencia lexical: prácticas de enriquecemento do uso do léxico e da fraseoloxía.
Literatura

A literatura galega nos séculos XX e XXI: marco histórico e cultural. Etapas.Noriega Varela e Ramón Cabanillas: análise e comentario de poemas representativos.Os movementos de vangarda: análise e comentario de poemas de Manuel Antonio e doutros poetas vangardistas.A Xeración Nós: lectura e análise de textos de Castelao, Otero Pedrayo e Vicente Risco.O teatro das Irmandades (Cabanillas), das Vangardas (Dieste) e da Xeración Nós.A literatura galega no exilio: autores (Blanco-Amor, Luís Seoane, Lorenzo Varela...) e obras.Tendencias da lírica na segunda metade do século XX: Celso Emilio Ferreiro, Aquilino Iglesia Alvariño e Uxío Novoneyra. Grupos de poetas.Tendencias da narrativa galega de posguerra: lectura de textos de Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole e Xohana Torres.Tendencias do teatro galego de posguerra: lectura de fragmentos de Cunqueiro, Blanco-Amor e Carballo Calero.Os modelos narrativos de finais do século XX: Neira Vilas, Mª Xosé Queizán, Méndez Ferrín e Carlos Casares.Tendencias actuais da lírica, da narrativa, da dramática e da ensaística.



EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ALUMNOS (ESPA)

O currículo dividese en dous módulos:

MÓDULO 3: A comunicación literaria.
MÓDULO 4: A comunicación persoal e profesional.



MÓDULO 3: A COMUNICACIÓN LITERARIA

Este módulo desenvólvese no primeiro cuatrimestre do curso, dende outubro ata xaneiro en el estúdiase a literatura como sistema especial de comunicación e como forma de acceso ao coñecemento.

CONTIDOS

Especificidade da situación comunicativa na Literatura.A linguaxe literaria. A obra literaria como producto social e cultural.O discurso literario: texto e contexto. Intención comunicativa. O espacio e o tempo. Autor e lector.As formas literarias nas literaturas galega e española.A narrativa. Argumento e tema. Narrador e autor. Personaxes, espacio e tempo. Texto dramático e posta en escena. A lírica. O poema e a estrofa. Tema e estructura. Figuras retúricas máis significativas.Obras de especial relevancia nas literaturas galega e española.

3. MÓDULO 4: A COMUNICACIÓN PERSOAL E PROFESIONAL

Desenvólvese no segundo cuatrimestre do curso.

CONTIDOS

A carta persoal e a carta comercial.Os impresos: Tipos: oficiais e particulares. Finalidade.O currículum vítae.Os anuncios. Emisor, finalidade e canle.A enquisa e a entrevista.Niveis e rexistros lingüísticos.


LINGUA GALEGA

Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web