b

 

ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS

GRUNDTVIG 2002-2005

COMO, CANDO E POR QUE

A campaña "Como chegar a Xoán, Manfred e María" é parte dun programa europeo Grundtvig 2, da Axencia Nacional Sócrates, e foi ideada para motivar e informar sobre as vantaxes que ten a ensinanza de adultos.

En 2003 o IES Melide embarcouse nesta aventura como coordenador dun grupo de socios europeos que abarca a distintas institucións adicadas a traballar con xente adulta. Dende un centro municipal en Suecia, pasando por centros de ensino de grao medio en Alicante e Italia, ata un centro universitario en Bélxica, todos eles comparten entre si e connosco o feito de traballar con e para xente adulta.

O obxectivo da campaña non é outro que o de contar á xente que estudar a unha idade xa avanzada é algo normalizado en toda Europa, e que os beneficios delo son enormes. O noso alumnado dos diferentes países coincide cando di que nunca é tarde para aprender, nin para ensinar, posto que a vida é un longo proceso de ensino e aprendizaxe para todos.

Todos eles coinciden tamén en que a propia autoestima medra cando un ve que avanza nos coñecementos, e moito máis aínda cando eses coñecementos conducen á consecución dun posto de traballo.

Animamos dende o noso IES Melide a rachar coas barreiras que poidan impedir dar o paso para seguir estudando, como poden ser a falta de tempo, a timidez, o desinterese, e outras, e invitamos a que a formación non sexa un privilexio duns poucos, senón que se faga extensivo a tódolos sectores e idades da nosa sociedade.

TODOS ENSINAMOS, TODOS APRENDEMOS... NUNCA É DEMASIADO TARDE

Agencia Nacional Sócrates
e-mail IES Melide