| |
Páxina seguinte
Discriminación do galego
no Bierzo
A asociación cultural 'Fala Ceibe' dirixiuse ao Foro Social
do Bierzo para pedir a aprobación dunha resolución
a prol da liberdade de expresión en galego nesa comarca.
O que impulsou este pedido foron os obstáculos que algúns
medios informativos lle están a poñer nos últimos
tempos ao uso do idioma galego, chegando mesmo a impedir falalo
nas radios e na televisión e a recoller os comunicados de
prensa redixidos na lingua propia do Bierzo.
O Foro Social do Bierzo, atendendo ao pedido de 'Fala Ceibe', e
tendo en conta o ordenamento xurídico a todos os niveis,
aprobou finalmente unha resolución en que insta aos medios
de comunicación a respeitaren e elección lingüística
dos bercianos. O texto da resolución subliña, deste
xeito, o dereito básico de liberdade de expresión
e tamén a importancia de potenciar e promover o patrimonio
cultural da comarca.
|
|