Dálle a Lingua

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

Páxina seguinte

UNHA PARELLA DE SANTIAGO LOGRA,Á FIN, CASAR EN GALEGO POLO CIVIL

A parella de Santiago, que desexaba que os trámites previos á súa voda, así coma esta, fosen en galego, poderá facelo sen as "discriminatorias demoras que se lle anunciaran nun comezo".
A Mesa pola normalización lingüística , asociación que levou a cabo unha auténtica mobilización cando se soubo das súas dificultades, lembrou nun comunicado que no Rexistro Civíl non tiñan documentación en galego e que, se querían que se celebrase en galego, tiñan que facerse con un intérprete.
O feito saltou ás páxinas do periódicos cando a parella decidiu facer públicas as trabas que se lle impoñían e que ían contra os dereitos lingúisticos dos cidadáns, establecidos polo Estatuto de Autonomía e propia Constitución Española, que garante ós cidadáns seren atendidos na súa lingua e evita que poidan ser discriminados por cuestións de idioma.
A Mesa felicitou a esta parella polo seu "exemplo cívico", xa que considera que esta foi unha mostra de que coa presión e o debate se conseguen adiantos para o galego, e aproveitou para facer un chamamento para que os cidadáns adopten unha postura "activa" na defensa dos seus dereitos lingüísticos.
A organización de defensa dos dereitos lingüísticos dos galego falantes acusan á Conselleria de Xustiza de que " non moveu nin un só dedo para garantir que nos Rexistros civís de Galiza estea toda a documentación en galego".
Deste xeito, os responsables da Mesa anunciaron que manterán os seus actos de presión á Consellería de Xustiza mentres sigan sucedendo este tipo de discriminacións.


Lucía Agra, Zeltia Laya, Carmen Liñeira, Miguel Varela, Verónica Fernández e Ana Conde


 
     

Inicio

Oferta Educativa