Dálle á Lingua

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

Páxina seguinte

Editorial:

¡Moito ánimo que chegan as vacacións! Despois de xornadas intensas de exames, que seguro que algún che quedará, as esperadas vacacións de Nadal achéganse máis cara a nós, e cada día que pasa, é un menos que queda para ese tempo de lecer.
Pero ¿como marchar sen un "Dálle á lingua"?
Neste número poderás atopar as seccións acostumadas (novas do centro, novas periodísticas referentes ó galego, pasatempos, flores e toxos...), e en primeira páxina unha nova referente a Harry Potter. Non cho quero anticipar, aínda que quizais xa o viches.
E antes de despedirnos, unha boa nova: a creación do "Consorcio Audiovisual de Galicia" potenciará o desenvolvemento e producción da industria cinematográfica galega nos medios, e o labor de difusión cultural. Así é pois que nos demais países poderán ver películas en galego.
E por último o de sempre: ¡Que non te quedes aí parado con cara de paspán!. Sabes que o Equipo de Normalización Lingüística precisa a túa axuda para que a publicación de Dálle á Lingua deixe o "case" da frase introductoria (Publicación mensual ou case...")
¡ A B U R !
Rodrigo Agude
B1A

 

A polémica do filme "Harry Potter e a Cámara dos segredos"
¿Por que eles si e nós non? Aínda que parece unha pregunta demasiado infantil encerra unha certa xenreira dentro da súa formulación.
Os cidadáns de Cataluña tiveron o privilexio de asistir ás salas de cine o 19 de Novembro para ver a popular película "Harry Potter e a Cámara dos segredos" na súa lingua, pero, fatidicamente, os galegos non. De aí a pregunta: ¿acaso o galego non merece esa consideración?, ¿non merecemos os galegos, tanto como os cataláns a dobraxe do devandito filme?, ¿non temos dereito a ver as aventuras do famoso mago na nosa lingua propia? É evidente que si, pero non resulta tan claro para a productora da película, a Warner Bross.
Segundo esta compañía "Harry Potter e a Cámara dos Segredos" non se dobrará ó galego por razóns obvias, de ámbito comercial. Ó parecer, non existe un mercado estable do noso cinema que garanta o éxito do dobraxe, aínda que se lles pagase totalmente e se lles garantise a distribución. Non hai, polo tanto, unha razón primordial que negue que a segunda parte das aventuras do mago sexa dobrada ó galego, xa que moitos filmes tiveron unha versión galega obtendo resultados envexables, incluso nalgúns casos chegaron a ter máis éxito que no resto do estado. Representantes da multinacional en España afirman que non teñen tempo de realizar moitas das demandas que lles chegan: podemos pensar entón, ¿as versións en español, catalán, francés do Quebec e inglés non levan tempo?
Aí xa non entran razóns económicas, senón que estamos a falar dunha discriminación do galego en toda regra, pois estes argumentos, non fan senón confirmar que existen uns determinados prexuízos sobre a nosa cultura. Hai, polo tanto, que demostrar que os tópicos que funcionan sobre Galicia non se corresponden coa realidade, e nós, os galegos e as galegas non toleramos que se nos neguen dereitos recoñecidos a outras linguas, como o Catalán ou incluso o Francés do Quebec, que son, ó igual que o noso idioma, linguas en situación de conflicto. Ademais, o galego é unha lingua que conta con máis falantes que o catalán e como sinal da modernidade, o numero de falantes está a aumentar considerablemente, ó igual que a valoración cara a nosa lingua.
O lamentable é que non só a Warner funciona sobre os prexuízos que figuradamente ten unha cultura, segundo aclara o estudio sobre o idioma galego e o mundo comercial realizado polo Consello da Cultura Galega. Proba de isto témolo na discriminación que esta a sufrir o galego, e como exemplo, en Cataluña, nun primeiro momento, foi rexeitada a opción de dobraxe do filme. Despois dunha forte mobilización cidadá os resultados son evidentes e visibles. Así mesmo, parece ser que a segunda parte das aventuras fantásticas do mago e os seus amigos non están dando os resultados esperados nesta comunidade, polo tanto ningún motivo dos anteriormente explicado escusan á Warner.
Cómpre esperar que moitos de nós loitemos por acadar unha igualdade de condicións sobre a nosa lingua e as situacións que desta se derivan. Debemos contar coas axudas que o goberno debe proporcionar, recollidas na Lei de normalización lingüística, que establece como obriga deste órgano o fomento da producción, a dobraxe, a subtitulación e a exhibición de filmes en lingua galega. Podemos tamén, albergar certa esperanza de que "Harry Potter e a Cámara dos Segredos", como as demais entregas vindeiras, sexan por fin dobradas ó galego, e que xamais se volva producir unha discriminación de tal calibre sobre o noso idioma, que desgraciadamente xa non é a primeira.

Dalia, Isabel e Lucas.


 
     

Inicio

Oferta Educativa