Dálle á Lingua

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

Páxina seguinte

UN NOVO MÉTODO DE EXAMES
O outro día na clase de lingua a profesora comentounos un novo método para a temida semana dos exames, un método que ela quixo poñer en práctica, aínda que os demais profesores non lle deixaron.
Como todos sabemos, temos unha semana "a tope" de exames; pois este método consiste en que esa semana non haxa clase, excepto nas horas nas que haxa exames, para que así poidamos aproveitar o tempo estudiando e preparando o mellor posible a materia que nos entre. Como sabedes tamén, hai exames que duran máis dos cincuenta minutos da clase. Este método permitiría facer exames de dúas horas ou do tempo que se quixese.
A nós parécenos unha boa idea porque, total se temos un exame a terceira hora, a primeira e a segunda non imos estar atentos á clase correspondente, senón que, ou imos estar pensando no exame, ou imos estar estudiando. Así que, ¿que máis lles dá aos profesores? Nós propoñemos a idea, agora que se vós pensades o mesmo ca nós, poñeremos en marcha iniciativas para que o Director o considere. Nós xa puxemos da nosa parte o que debiamos, é dicir, poñelo no voso coñecemento. Agora o traballo é voso, decidir o que é mellor ou peor para nós.
Belén Penas. S4C.
Mª Xosé Varela. S3D.

ÓRNITOS E CANAL CLANDESTINO, NOVOS COLECTIVOS DO CENTRO
No Centro formáronse este curso dous novos colectivos de alumnos e profes (mesturados, se entende). Un, chamado ÓRNITOS, pretende investigar as aves da Terra de Melide; xa sabedes, identificalas, localizalas no seu hábitat, ver en qué estado se atopan, facerlles niños. O outro, chamado CANAL CLANDESTINO, é un grupo de vídeo, e está xa rodando a súa primeira película. Canal Clandestino xa existira hai moitos cursos para atrás, e as súas montaxes audiovisuais seica eran dignas de ver, polo paveras que resultaban. Por certo que, estate atento para colaborar con eles se queren gravarte.
ÓRNITOS e CANAL CLANDESTINO son dous grupos novos, pero hai outros moitos. Duns e doutros, infórmate na Vicedirección, ho, que están esperando por ti, porque xa está ben de pensar que aquí só se vén a aprender a regra de tres, os logaritmos ou ese rollo da análise sintáctica.

RENOVACIÓN DO NOSO "PARLAMENTO"


Que ninguén se alarme, que estamos a falar das eleccións ó Consello Escolar, que para o caso é o noso parlamento, xa que é o que corta o bacallao no instituto. Como hai moito despistado por aí imos aclarar un pouco as cousas.
A renovación do consello foi parcial, xa que nas eleccións, que tiveron lugar na última semana de novembro, votamos só a metade dos representantes de cada sector. Imos por partes.
Os alumnos tiñan que elixir dous representantes e mais cubrir a vacante que deixara Lebre. Non temos noticia da campaña feita polos candidatos, pero cremos que non se esmilagraron moito, anque pillamos algún/a facendo campaña na xornada de reflexión e coméndolles o tarro ós votantes. Ó final saíron elixidos Daniel Sánchez, Iván Fernández Carril e Natalia Rial (para cubrir a vacante).
Os profes votaron catro representantes, e a pesares da contracampaña feita por algúns, resultaron elixidos Marica Fernández, Ppe Jiménez (o de Madeira), Eva Álvarez e o anterior Director, Xulio Pérez.
Do sector de pais e nais saíron Mª Luísa Vázquez e Mª Jesús Sánchez. O persoal non docente, o Concello e a Asociación de Empresarios non tiveron que renovar a ninguén, xa que só teñen un representante, e renovar medio non sería cuestión.
Rematamos esta crónica cun chamamento ás rapazas e rapaces da ESO, que non vos presentastes ninguén a candidato e logo queixádesvos de que os maiores vos mangonean. Ademais estes novos "deputados" van liscar pronto do insti (ou deberían) e volveredes quedar sen representantes.

DITO POPULAR (SABIO)
O meu avó ensinoume este dito popular que, á súa vez, lle ensinara o seu avó. Como se observa, o que se intenta calcular son os anos de varios seres vivos, en relación dos uns cos outros. Reparade ben.
3 anos, sebe; (3 anos)
3 sebes, can; (3.3=9 anos)
3 cans, besta; (9.3=27 anos)
3 bestas, home; (27.3=81 anos)
3 homes, corvo; (81.3=243 anos)
3 corvos, pino. (243.3=729 anos)
Lémbrovos que a sebe é un valado feito de pólas, de xestas e doutros arbustos, e serve normalmente para pechar unha leira.
Marcos Pampín. B1A.


BÚSCALLE A MORALEXA
Dous amigos quedaran para ir ver o partido de fútbol entre o Deportivo e a Juventus. Un deles era un rapaz formal e consecuente cos seus actos, mentres que o outro era todo o contrario. Pois ben, foron ver o partido e, á volta, un colleu un coche que viña para Melide e o outro quedou tomando unhas copas na Coruña. Os dous, durante o partido xa tomaran unha copiñas, pero non vos vou dicir cál foi o que quedou alí.
Moralexa: Casaron un gato e unha lebre; ¿cál dos dous se comeu? O que se comeu estaba rico.
Marcos Porto. B1B

 
     

Inicio

Oferta Educativa