Dálle a Lingua

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

A ORDENANZA LINGÜÍSTICA DE MELIDE .......................Páxina 2 >>>

A ordenanza municipal de normalización lingüística do concello de Melide, vixente no día de hoxe, foi aprobada inicialmente por acordo plenario o día 28 de febreiro de 2001, e pasado o tempo necesario sen que se presentasen reclamacións ou suxestións, foi aprobada definitivamente o día 15 de maio de 2001.
Aínda que non pareza antiga, xa que foi aprobada no ano 2001, é unha das pioneiras de Galiza, debido a que, aínda hoxe hai moitos concellos que seguen sen ter unha ordenanza de normalización lingüística.

A principal manifestación de identidade cultural dun pobo é a súa lingua. Por iso, o galego, lingua propia de Galiza, é o máximo expoñente da nosa identidade como comunidade diferenciada.

A lingua galega ó longo da historia pasou por moitos períodos de represión ata o día de hoxe. Coa instauración da democracia no Estado español, danse as condicións propias para a normalización da lingua galega. A Constitución española de 1978 establece que as linguas españolas distintas ó castelán serán oficiais nas súas respectivas comunidades, de acordo con cada Estatuto. No ano 1981 a promulgación do Estatuto de autonomía de Galiza institúe o galego como lingua propia e oficial de Galiza.

Por iso, en Galiza , onde a maioría da poboación fala ou entende a súa lingua, as corporacións locais poden e deben desenvolver accións encamiñadas a dinamización e recuperación da nosa lingua para os usos administrativos.
Debido a que os concellos son institucións de enorme espallamento e as máis próximas ós cidadáns, de aí que o equipo de Goberno do Concello de Melide lle encargara ó Servicio de Normalización Lingüística a elaboración e a súa posterior proposta de aprobación polo Pleno do Concello da ordenanza de normalización lingüística.
Lucas Freire Taboada. B2A

 
     

Inicio

Oferta Educativa