Dálle a Lingua

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

MOSTRA DE ARTESANÍA VIVA ..................................Páxina 3 >>>

A mostra fixémola os alumnos de 2º de Eso co fin de que non se perdese e se valorase a nosa artesanía. Estivo moi ben porque traballaron distintos artesáns locais: de barro, de coiro, de ferro, de madeira, de bolillos e ensináronnos en vivo e en directo como se facían algunhas cousas.
Uxía Fuciños Vázquez. S2E.

O MAGOSTO

O magosto, é unha festa tradicional que todos coñecemos, e malia isto, como moitas outras celebracións populares, estase a perder. Non é de estrañar, posto que a meirande parte dos xoves se mostra indiferente ante estas manifestacións populares que se transmitiron de xeración en xeración, mais parece que estamos dispostos a ser o "elo débil" desta cadea (digo isto a sabendas de que a voso "pasotismo" non volo deixará comprender).
A Asociación de Alumnos, consciente disto, puxo todo o seu empeño en organizar para vós esta festa popular e, por iso, a todos aqueles que asististes queremos agradecervos a vosa presencia.
Agardando que o pasarades tan ben coma nós, desexamos vervos en futuras actividades que esperamos, organizaremos, e que non serían posibles sen xente que, coma vós, nos axudou a levar a cabo esta iniciativa na que puxemos tanta ilusión.
Que saibades que por vós, si mereceu a pena: GRACIAS por implicarvos.
Asinado: A ASOCIACIÓN DE ALUMNOS

O Prestige

O pasado 11 de novembro realizouse no centro un acto de lembranza da catástrofe do Prestige, xa que había un ano que afundira.
No corredor hai unha exposición que nos transmite cómo a crise do Prestige lastimou e segue a lastimar as nosas costas.
Os artistas galegos adicáronse a comunicarlle á xente de todo o mundo as súas opinións mediante as suás manifestacións públicas para que se concienciaran da gran crise ecolóxica que estaba a sufrir Galiza nestes e naqueles momentos.
Os científicos estannos a avisar de que as partículas de fuel se están a dispersar e que próximamente ditas partículas se introduciran nas cunchas dos crustáceos provocando una onda de destrucción maior.

¡¡¡¡¡NUNCA MÁIS!!!!!
Ruth Fernández García
Tania Váquez Prado

 
     

Inicio

Oferta Educativa