| |
NOVAS DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA..Páxina
4 >>>
Entre as moitas actividades que ten previsto realizar o ENL, podemos
destacar as seguintes:
- Realización dun estudio completo, a través da análise
de tres xornais, dos topónimos utilizados nas necrolóxicas,
para intentar intervir diante dos propios xornais de cara ao respecto
da toponimia oficial.
- Realización dun estudio completo dos nomes de persoa do
alumnado, nun intento de valorar o nivel de galeguización
dos mesmos e de promover o cambio para as formas galegas.
- Realización dun estudio sobre os nomes que utilizan os
equipos de fútbol de todas as categorías galegas,
coa finalidade de contrastar os resultados cos doutro estudio realizado
hai anos no Centro e co obxectivo último de intervir na galeguización
deses nomes e no respecto á toponimia oficial. Para desenvolver
esta actividade, contarase coa colaboración da Federación
Galega de Fútbol.
Por suposto, non sobra recordar que todas as actividades precisan
da vosa axuda. Non deixedes de colaborar para defender a vosa lingua;
como non, O GALEGO.
|
|