| |
Páxina seguinte
EDITORIAL
Xa está aquí unha vez máis. Non, home non.
Estoume a referir ó "Dálle á Lingua",
publicación ¿mensual? do Equipo de Normalización
Lingüística do IES de Melide (non sei se che soará).
Como sempre, este boletín infórmavos do uso do galego
en diversos ámbitos da sociedade. Gracias ao traballo de
xente coma ti, volta de novo ás túas mans.
Entre tanto barullo de exames buscamos un anaquiño para esta
pequena revista, ¿anímaste a facer o mesmo?
As seccións xa as coñeces (ou deberías): Novas
do Instituto, o galego na prensa, pasatempos, toxos e flores...
que se escriben para que lles botes un ollo.
A cor da pequena revista varía temporalmente. Entendo que
non che guste, pero ¿facer avións? Home, sei que é
divertido.... aínda que ¿non che parece un desprezo
cara os colaboradores?
Xa sabes que Falamelide, Intres... estante agardando. Sen ti non
saen adiante. Anímate a colaborar, e especialmente co "Dálle
á Lingua", que é do que estamos a tratar neste
momento.
Ánimo que aprobar o curso non é tarefa imposible.
¡A B U R!
|
|