|
O 20 de Marzo foi convocada unha folga estudiantil para que todos
aqueles que quixeran manifestar o seu desacordo con esa Guerra que
estaba a piques de comezar tivesen a oportunidade de facelo.
Esta idea foi apoiada pola maioría da alumnado do IES, polo
que ese día fíxose un paro no noso traballo para saír
á rúa manifestar o noso desacordo con todo o que estaba
sucedendo e con todo o que, desgraciadamente, ía suceder.
Isto foi o que ocorreu: Á hora fixada diante do concello
atopámonos catro berrando ao unísono Non á
Guerra, mentres os demais andaban a pasalo ben na Noela.
Non pretendemos que malinterpretedes o artigo, considerando que
estamos a impoñer que pensedes coma nós, senón
tan só que cadaquén debe ser un pouco consecuente
cos seus actos, xa que se decide que vai facer folga, enténdese
que desexa reivindicar todo aquelo co que non está de acordo
e cre que é necesario mudar.
Chegando ao meollo da cuestión, cómpre avisarvos
a todos aquel@s que se dean por aludidos que, debido ao voso pasotismo,
a Asociación de Alumnado do IES de Melide non convocará
máis folgas, xa que non estamos dispost@s a que toda esta
xente teña unha mañá de festa.
A Asociación de Alumnado do IES de Melide
|