|
"Biblos" preséntase como o proxecto máis
ambicioso para a promoción da lectura en Galicia dos últimos
anos. Da lectura en galego, claro.
"Biblos" é un novo proxecto que vende e distribúe
libros a domicilio, o mesmo método do coñecido Círculo
de Lectores. Por unha cota anual de subscrición de 15 euros,
os abonados a "Biblos" poderán mercar a través
da súa revista, e sen gastos de envío, libros galegos
e portugueses. A obriga de cada aboado é mercar polo menos
un volume, rebaixado nun 5%, cada dous meses.
Os responsables desta iniciativa empresarial son o xornalista Tucho
Calvo e a súa muller Carmela González Boo que apostan
pola venda por catálogo como saída de futuro dun sector
que atravesa un mal momento.
O obxectivo de "Biblos Clube" é conseguir 8.000
subscritores. O ENL deséxalle sorte pois pensamos que é
unha iniciativa positiva e necesaria para o libro galego.
O "Biblos Clube" nace coa pretensión de rachar
coa "invisibilidade e marxinación" que sofre o
libro galego.
|