Dálle a Língua

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

Páxina seguinte

CAIXA GALICIA CO CATALÁN , PERO NON CO GALEGO

 
 

Os bancos e as caixas de aforro conforman un dos sectores onde o proceso de normalización do galego vai máis ralentizado, por non dicir que está paralizado.

Caixa Galicia é a caixa de aforros que ten mostrado o maior desinterese por incorporar a lingua galega con normalidade a todos os ámbitos. Sen dúbida o seu exemplo é lamentablemente significativo sobre cal é a situación do noso idioma neste sector.

Mentres que nas súas sucursais en Cataluña se poden atopar todo tipo de formularios ao público en lingua catalana, no país que lle dá nome a esta entidade non é posible facer practicamente nada en galego.

A diferencia dos bancos, as caixas teñen obrigas sociais marcadas legalmente e, por iso, deben ser as que maior compromiso económico e sensibilidade teñan coas aspiracións da sociedade galega.

¡Que mágoa que Caixa Galicia só pensase no galego para o seu nome!

 

Inicio

Oferta Educativa