| |
Manuel María, o poeta da Terra Cha de 72 anos, xa forma parte
da Real Academia Galega dende comezos deste ano 2003.
Manuel María é o poeta galego vivo máis importante,
e probablemente tamén o máis prolífico. Foi
o primeiro poeta que publicou un poemario en galego despois da Guerra
Civil. A súa voz, nacida na loita contra a dictadura escoitouse
por primeira vez coa publicación do seu Muiñeiro de
Brétemas en 1950. Despois de virar cara á poesía
social regresou finalmente, nos últimos anos do século
XX, a unha poesía máis humana sen apartar de si a
reivindicación ideolóxica.
O poeta agradeceu o nomeamento e lembrou que estaba sentado na mesma
academia onde, noutro tempo, estiveron Murguía, Pondal, Risco,
Otero Pedrayo, Castelao, Fole ou Cunqueiro, figuras "imprescindibles
da nosa cultura e do mundo".
Manuel María tamén falou no seu discurso da lingua
galega e dixo que sería "monstruoso e abominable privar
do galego ás xeracións vindeiras''.
|
|