| |
Editorial: .........................................................................Páxina
1>>>
¡¡Ola unha vez máis!!
¿Sabedes? Eu nunca escribín un editorial, ou sexa,
que é e a primeira vez, pero.....¿por que non facelo?
¿Por que non dedicarse durante uns minutos a reflectir nun
papel o que se opina ou simplemente facer unha nota de agradecemento?
¿Por que non sentir esa sensación de coller un papel
en branco e non saber que escribir?
Eu sei a finalidade, ¡animar a xente!, ¿pero como facer
que o que se escribe lle chegue ? ¡¡Si!!, Non é
unha tontería!! Se non chega á xente, non se cumprirá
a finalidade; e se chega, algúns pensarán que é
moi acertado participar nun boletín como "Dálle
á Lingua" e nunha revista como "Intres" e
non perderán esa oportunidade que se lles oferta. E outros,
sen máis, limitaranse a ler nun momento aburrido no que teñan
o papel diante, pero........¡¡imaxina o teu nome escrito
no boletín!! ¿Non che gustaría? Pois...¿a
que esperas?
Vou axustarme á finalidade deste editorial. ANÍMOVOS,
como fixeron outros en anos anteriores, a que lle deades cor a esa
folla en branco, que espera encherse co que sintades, co que pensedes
e co que soñedes.
Facer que un boletín saia adiante é un labor importante,
comprometido e, por suposto, ¡¡gratificante!!.
Queremos DAR AS GRACIAS a esa xente que organiza, participa, aporta
ideas e axuda a que este boletín non morra.
E...,pois nada, espero que "vos chegue" o que escribo
e ¡¡ata o próximo número!!
¡¡GRACIÑAS!!
¡¡FALA E ESCRIBE EN GALEGO!!
-Zeltia 4ºC-
|
|