| |
................... .........................................................................Páxina
4 >>>
COMPARATIVA SOBRE A SITUACIÓN DA LINGUA
O Instituto Galego de Estatística, na Enquisa de Condicións
de Vida do ano 2003, proporciona importantes observacións
sobre situación actual do noso idioma, que poñen en
evidencia a necesidade de políticas efectivas e preocupadas
pola recuperación da nosa lingua.
O 42,85% dos residentes en Galiza exprésanse habitualmente
só en galego, fronte ao 20% que o fai só en castelán.
Nembargantes, na escrita as cousas son diferentes: máis do
46 por cento recoñece non saber escribir en galego.
En canto á muda de lingua, máis do 5% mudaron de lingua,
e destes, o 56% fíxoo cara ao galego ou cara a falar "máis
galego que castelán" correspondendo a maior porcentaxe
a persoas con estudos superiores.
No mundo do ensino, percíbese que o galego non está
ben tratado. Nos exames, soamente o 8% utiliza o galego, mentres
que o 30% utiliza sempre o castelán. En canto ao idioma de
relación cos compañeir@s de aulas, o 23% usa o galego
e o 41,9% só usa o castelán.
No ámbito laboral, obsérvase que o galego segue a
usarse cos compañeiros de traballo, pero non así para
dirixirse aos superiores, o que supón un claro hábito
diglósico.
Dende logo, parece claro que o mundo do ensino debe cambiar esta
situación, promovendo o uso do galego, tanto na fala coma
na escrita, e defendendo sempre a liberdade para elixir a lingua
que queremos adoptar coma nosa. Agora ben , non nos ides dicir que
o galego non é unha lingua agarimosa e fermosa, con méritos
abondo para merecer a vosa elección.
|
|