Co gallo da celebración do Día Escolar das Matemáticas abrimos unha nova ventá na páxina web do centro dende a que vos formularemos periódicamente uns retos matemáticos e o mesmo tempo anotaremos experiencias, curiosidades, preguntas ou anotacións relacionadas con esta área que nos poidan chamar a atención ou resultar interesantes.
A idea de adicar un día para celebrar as Matemáticas xurdiu no marco do Ano Mundial das Matemáticas no ano 2000 e a data elixida foi o 12 de Maio por celebrarse este día o nacemento do matemático P. Puig Adam. |