- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Convocatoria de prazas para Bacharelato Internacional 2018

Publicado por Alberte Zato o 11 Maio, 2018 @ 11:56 am en Zona Alumnado, Noticias do Programa do Diploma do BI | Comentarios desactivados

IB 100

Convocatoria 2018

Programa do Diploma do Bacharelato Internacional

11 de maio de 2018

O IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para cursar o próximo ano o primeiro curso do Programa do Diploma do Bacharelato Internacional no seu Centro nas modalidades de Ciencias Sociais e de Ciencias e Tecnoloxía.

Poderán optar a estas prazas todos os alumnos e alumnas que cumpran seguintes requisitos :

- ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).

-ter cursado en ESO as materias do PD nas que se van matricular e ter conseguido unha nota aceptable nas mesmas.

A adxudicación de prazas (*) terá en conta o expediente do alumnado nos catro cursos da ESO.

O prazo para solicitar praza estará aberto a partir do martes 15 de maio ata o venres 15 de xuño .

Realizárase mediante o [1] modelo de solicitude adxunto , que tamén se poderá recoller no Centro a partir da primeira data sinalada. A entrega da documentación será na Secretaría do IES do Castro ou ben mediante correo electrónico na dirección electrónica castroibo@gmail.com, tendo esta última modalidade plena validez legal.

A resolución da convocatoria será publicada na páxina web do IES do Castro [2] http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/ ) así como no taboleiro oficial do Centro na derradeira semana do mes de xuño.

En todo caso, para ampliar a información , pódese consultar o [3] tríptico informativo ou a páxina oficial da Organización do Bacharelato Internacional en [4] https://www.ibo.org/es/information-for-parents/ . Ademais, é conveniente que o alumnado interesado, acompañado do seu pai/nai/titor-a asista á reunión informativa que terá lugar no IES do Castro o luns 4 de xuño ás 19:00.

Para formalizar a matrícula requerirase a seguinte documentación, aparte da ordinaria para o Bacharelato LOMCE:

1 - informe académico positivo da Xunta de Avaliación de 4º ESO ou do titor/a deste curso (en caso de alumnado procedente doutros centros escolares), segundo o [5] modelo adxunto.

2- Compromiso asinado polo alumnado, así como pai/ nai/ titor legal de que permanecerán no PD durante os dous cursos correspondentes, salvo circunstancias excepcionais, segundo [6] modelo adxunto.

(*) A oferta final de prazas está suxeita ás posibilidades organizativas do Centro en virtude das disposicións da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, polo que o alumnado admitido non deberá renunciar á praza que teña solicitado polo conduto ordinario antes de formalizar a matrícula neste Centro.

 

Descarga dos documentos citados

  .pdf 

[7] convocatoria-prazas-bi-2018.pdf

 [8] triptico-informativo-2018-2019.pdf

[9] solicitude-praza-bi-2018.pdf

 [10] informe-academico-bi.pdf

[11] compromiso-bi.pdf

[12] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=4850

URLs neste artigo:
[1] modelo de solicitude adxunto: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2018/05/solicitude-praza-bi-2018.pdf
[2] http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/
[3] tríptico informativo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2018/05/triptico-informativo-2018-2019.pd
f

[4] https://www.ibo.org/es/information-for-parents/: https://www.ibo.org/es/information-for-parents/
[5] modelo adxunto: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2018/05/informe-academico-bi.pdf
[6] modelo adxunto: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2018/05/compromiso-bi.pdf
[7] convocatoria-prazas-bi-2018.pdf: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2018/05/convocatoria-prazas-bi-2018.pdf
[8] triptico-informativo-2018-2019.pdf: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2018/05/triptico-informativo-2018-2019.pd
f

[9] solicitude-praza-bi-2018.pdf: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2018/05/solicitude-praza-bi-2018.pdf
[10] informe-academico-bi.pdf: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2018/05/informe-academico-bi.pdf
[11] compromiso-bi.pdf: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2018/05/compromiso-bi.pdf
[12] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.