Artigo enviado para Xeral o 29 October, 2014 0 comentarios »
Como sabedes, este curso estou experimentando co traballo por medio da aula virtual. Algúns de vós téndesme dito que preferiades que os traballos mensuais puidesen presentarse de maneira que só fosen accesibles á lectura do profesor. Paréceme unha petición razoable pero non encontro na configuración o dispositivo que me permita garantir esa confidencialidade. En consecuencia, […]
Artigo enviado para Xeral o 8 June, 2014 0 comentarios »
O exercicio, tal como foi adiantado en clase, consistirá nunha redacción en forma dun breve ensaio sobre as dúas tendencias ideolóxicas que viñeron caracterizando o debate político ao longo do pasado século XX: o liberalismo que defende a condición inseparable entre economía de mercado e democracia; e o socialismo marxista que denuncia á democracia capitalista […]
Artigo enviado para Xeral o 24 April, 2014 0 comentarios »
A tertulia desenvolverase o xoves día 15 de maio, ás 17 h, no lugar habitual (biblioteca do centro). Quen queira preparar algún dos textos debería informar previamente ao profesorado para evitar repeticións.
En canto ao traballo, lembrade que é obrigatorio para cantos non esteades participando en proxectos de investigación. A data límite para enviar os traballos […]
Artigo enviado para Xeral o 17 March, 2014 0 comentarios »
Este traballo poderá ser entregado ata o último día deste trimestre (venres 11 de abril) ou o primeiro do terceiro e último trimestre (martes 22 de abril). Lémbrase que quen están a traballar sobre proxectos de investigación non están obrigados a facelo. Lembro tamén que os comprometidos nos traballos de investigación deben informar da marcha […]
Artigo enviado para Xeral o 12 March, 2014 0 comentarios »
Na tertulia de febreiro, o debate sobre o canon de beleza derivou cara á cuestión do lugar que ocupa a beleza nas artes contemporáneas. Naceu así a idea de facer unha visita ao Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago e tomar como base esa visita, ademais dunhas lecturas que ao final se sinalarán, para […]
Artigo enviado para Xeral o 10 February, 2014 0 comentarios »
A vindeira sesión da TERTULIA FILOSÓFICA terá lugar o XOVES DÍA 27 de febreiro, na BIBLIOTECA, das 17 ás 18 h.
O o tema a desenvolver será, segundo foi acordado na sesión precedente:
O CANON DE BELEZA E A SÚA INFLUENCIA SOCIAL
As lecturas sobre as que se desenvolverá a tertulia son:
El desarrollo del canon clásico. Cap. VI […]
Artigo enviado para Xeral o 24 January, 2014 0 comentarios »
Como sabedes, estamos a traballar na aula a Lóxica e, dentro desta, temos estudado as falacias. Temos visto tamén que moitas desas falacias gardan algunha relación coas argumentacións demagóxicas frecuentes xa nos debates da democracia ateniense (s. VI a IV a. C.). Xustamente chamamos “demagoxia” ao uso de argumentos falaces, facéndoos pasar por correctos, co […]
Artigo enviado para Xeral o 24 January, 2014 0 comentarios »
A primeira tertulia deste novo ano terá lugar o vindeiro xoves día 30 ás 17 h na biblioteca do Instituto.
Lémbrovos que cómpre levar lido polo menos algún dos textos recomendados para que o debate resulte áxil e ben fundamentado. E tamén que ata este momento aínda non teño confirmado os nomes dos alumnos ou alumnas […]
Artigo enviado para Xeral o 16 December, 2013 0 comentarios »
Debido a unha circunstancia non prevista, e tendo en conta ademais o pouco tempo habido para preparar debidamente as lecturas da nova tertulia, esta queda adiada para despois das vacacións. As propostas de presentación dos resumos dos textos de lectura pódense ir facendo xa a través deste blog e serán acordadas por orde de recepción, […]
Artigo enviado para Xeral o 13 December, 2013 0 comentarios »
Este xoves día 19, de 17 a 18 h, na biblioteca do Instituto teremos a última sesión de tertulia deste ano. Tal e como foi decidido na sesión anterior, o tema seguirá a ser o mesmo: A FELICIDADE. Pero agora se trata de conseguir centrarse na cuestión que xa se adiantaba para a sesión anterior […]