Nova sesión do Clube de Lectura
12 January, 2012 por admin
O traballo presentado como exercicio de inicios deste trimestre para o alumnado de 1º de bacharelato parte das lecturas desenvolvidas ata o de agora no Clube de Lectura.
Para a vindeira sesión, que terá lugar o mércores día 25 deste mes de xaneiro, decidiuse incorporar lecturas que teñen que ver coa filosofía moral e política. Optouse por comezar lendo textos que asocian a filosofía e relatos da cultura popular (tomados do cine, a televisión, a banda deseñada…). Os que queiran incorporarse de novas teñen agora unha boa oportunidade xa que os traballos desenvolvidos precedentemente non se requiren para as lecturas posteriores.

As lecturas establecidas para a vindeira sesión son:
“¿Por qué son buenos los superhéroes? Los cómics y el anillo de Giges” de Jeff Brenzel (en Morris e Morris ed.: Los superhéroes y la filosofía, Blackie Books S.L.U.) e “Los anillos de Tolkien y Platón: lecciones sobre el poder, la libertad de elección y la moral” de Eric Katz (en Bassham e Bronson coord.: El Señor de los Anillos y la Filosofía, Ed. Ariel).

Contrastaremos estas lecturas coas dun fragmento do libro II d’A República de Platón, onde se recolle o mito do anel de Giges, e o cap. 3 de “La historia de La República de Platón” de Simon Blackburn (Ed. Debate).
Os libros están a disposición de quen queira consultalos na biblioteca. Quen queira incorporarse, pode solicitar copias dos textos ao coordinador Miguel Vázquez Freire (Dpto. de Filosofía).