RSS para
Artigos
Comentarios

TRABALLO PARA O MES DE NOVEMBRO

SOBRE O LUGAR DA RELIXIÓN EN RELACIÓN COA FILOSOFÍA E A CIENCIA

Este traballo debe ser realizado durante o mes de novembro, sendo o último día para envialo o venres día 30

Ao longo da historia da humanidade, en todos os pobos e civilizacións atopamos crenzas e institucións relixiosas. É común nas historias académicas da filosofía dicir que esta nace a partir da substitución dos “mitos” (relatos extraordinarios sobre a orixe do universo, xeralmente de orixe relixiosa) polo “logos” ou discurso racional. O “logos” abandona as explicacións míticas dos fenómenos naturais, en base á esixencia de que toda explicación debe fundarse en argumentos racionais, fundamentación que o mito non proporcionaba. Pero sería un erro considerar que por iso a maioría dos filósofos foron contrarios á relixión ou mesmo ateos. Non foi así en absoluto pois, aínda que en efecto houbo filósofos na antigüidade que criticaron e desprezaron as crenzas relixiosas, e algúns que se proclamaron ateos, estes foron máis ben a excepción e non a regra.

Por outra banda, e tal como temos visto en clase, orixinariamente non había ningunha distinción entre “filosofía” e “ciencia”, de xeito que a maioría dos filósofos eran considerados tamén “científicos”, e viceversa. Esta distinción ábrese paso a partir da chamada “revolución científica” do século XVII, coa instauración do modelo físico – matemático newtoniano como ideal do coñecemento científico. Na actualidade, é común considerar as teses científicas como verdades probadas, de xeito que unha discusión sobre unha cuestión calquera adoita darse por resolta cando alguén afirma: “isto é científico”. Teremos ocasión de reflexionar sobre a fiabilidade deste aserto máis adiante (cando nos ocupemos en clase de epistemoloxía e filosofía da ciencia), mais polo momento o aceptaremos como algo que forma parte das ideas comúns da xente.

Significa isto último –que aceptamos “o científico” como o verdadeiro por antonomasia- que nada teñen xa que dicir, no tocante á verdade dos nosos saberes, a filosofía e a relixión? Podemos os seres humanos vivir razoablemente satisfeitos coas verdades que nos proporciona a ciencia? Non faltan as persoas –entre as cales notables científicos, como o biólogo Dawkins, e mesmo filósofos, como o epistemólogo Dennett- que responden a esta pregunta cun “si”. En filosofía, a corrente que tende a reducir o saber, incluído o saber propio da filosofía, a coñecemento científico, recibe o nome de “positivismo”. Pero, desde logo, non todos os filósofos (máis ben, só unha minoría) son estritos positivistas, e entre os científicos probablemente a maioría non se preocupan destas cuestións, limitándose a se ocuparen do ámbito específico da súa especialidade. E non faltan un bo número, tanto de filósofos como de científicos, que teñen crenzas relixiosas.
Dawkins e o arcebispo de Canterbury
O biólogo Dawkins e o arcebispo de Canterbury, fotografados tralo seu debate sobre a orixe da vida e o universo

Agora ben, que ocorre cando se produce un conflito entre o afirmado pola ciencia, o que sostén unha determinada concepción filosófica e o que se atribúe a unha crenza relixiosa? No pasado, cando as institucións relixiosas, en alianza co poder político, tiñan a capacidade de impoñer unha interpretación dogmática de determinadas ideas relixiosas, estas ofreceron importantes resistencias ao desenvolvemento de novas concepcións científicas. É ben coñecido o caso do xuízo ao que a Santa Inquisición romana someteu a Galileo Galilei por defender o heliocentrismo (que a terra e os planetas orbitan ao redor do sol) fronte ao xeocentrismo tradicional, por considerar ao primeiro incompatible coa Biblia. Isto acontecía a comezos do século XVII, pero aínda no século XIX a maioría das igrexas cristiás, incluída a católica romana, consideraron que as ideas evolucionistas de Charles Darwin eran inaceptables por contraditorias coas verdades reveladas da fe.
darwin_ape.jpg
Caricatura ridiculizando a Charles Darwin polas súas ideas sobre a orixe do ser humano

Isto é xa só cousa do pasado? Debemos considerar hoxe que a relixión deixou de interferir no desenvolvemento científico? Pero acaso as institucións relixiosas, como calquera outra institución social, non teñen dereito a erguer a súa voz en defensa das súas posicións, como calquera outra institución nunha sociedade democrática? Coñeces algún caso, na recente actualidade, en que determinados avances científicos, ou determinadas aplicacións técnicas deses avances, están a ser cuestionados en base a consideracións relisiosas?

Procura información, expona no teu traballo e desenvolve o teu punto de vista sobre as cuestións antes formuladas. Finalmente, conclúe dando a túa opinión, debidamente argumentada, sobre o papel que deben cumprir as ciencias, a filosofía e a relixión, incluíndo –se fose o caso- as razóns polas que algún destes saberes ou crenzas xa non terían ningunha función que desenvolver nas sociedades contemporáneas.

10 respostas to “TRABALLO PARA O MES DE NOVEMBRO”

  1. o 18 Nov 2012ás 12:36 pm Fernando León Requeijo

    O lugar da relixión en relación coa filosofía e a ciencia.
    Xa hai tempo de que a relixión entrou en conflicto cos campos científico e filosófico. É algo histórico, e xa poderiamos dicir común, que todas aquelas persoas que aceptan unha verdade científica rexeiten calquera outro tipo de explicación, como dis ti, por antonomasia. Hoxe en día o campo que máis presenza ten e sobre o que a mayoría da xente sostén as súas hipótesis é o científico, pois poucas persoas quedan xa que admitan unha afirmación relixiosa ou filosófica como certa. Sen embargo, isto non debería ser así. Os saberes científicos son esenciais para comprender dunha forma razoada e lóxica o funcionamento do mundo e da vida en xeral, podendo así basearnos nun plano racional sobre cuestións que teñen que ver ca vida, os animais, o noso planeta, etc. Cuestións que nos tocan directamente a nós; si, a ciencia resolve moi ben todos ese problemas pero, que hai daquilo que non sabemos? A humanidade necesitou e necesitará sempre contar cunha verdade (que sexa máis ou menos certa) para procurar ou ter tranquilidade de conciencia en canto a temas relativos ao máis alá, ao ámbito que non coñecemos. Sempre precisaremos dalgunha crenza ou dunha realidade propia de cada un que nos ofreza unha posibilidade para darle unha explicación ao que haberá máis alá da vida ou algo que reflexione sobre a nosa existencia.
    É normal que existan debates en canto unha crenza relixiosa é desafirmada pola ciencia ou ‘’choca’’ cun saber filosófico, pois cada un de nos ten una concepción diferente sobre o que é a verdade e lóxicamente, cando varias posturas se critican, hai un debate. Como nos casos que planteaches, este debate pode ser a fin para algnhas persoas (estamos falando da antiguidade, hoxe en día é inpensable condenar a alguén por pensar algo contraditorio ao correcto socialmente). Debemos destacar o decrecemento que a Igrexa sufriu nas últimas décadas respecto coa ciencia, pois perdeu moito no sentido de que antes, ao ser unha forza maioritaria na sociedade, entraba moitísimo máis en xogo ca ciencia ou a filosofía, por moito que estas se basasen en argumentos racionais. Antes era o saber relixioso o que mandaba sobre todo, sen embargo ahora, nunha sociedade máis evolucionada ese saber relixioso foi diminuindo a súa importancia até o punto de que só se trate diso, dunha verdade para certas persoas que non deixa de ser crenza. Con todo, a relixión aínda ten algo que dicir cando se publica unha verdade científica que vai en contra dos seus credenciais, a diferenza está en que agora, desde o punto social, se lle da máis bola á verdade empírica e racional que á crenza.
    Un exemplo medianamente recente no que a ciencia é discutida pola relixión podería ser o de
    Steven Weinberg:
    Steven Weinberg recibió el premio Nobel de física en 1979 por su trabajo en la unificación de la fuerza electrodébil. Autor de varios libros de amplia difusión, se manifiesta abiertamente hostil a la religión, llegando a presentar la ciencia como la actitud opuesta a la religión.
    Los argumentos de Weinberg en contra de la religión tienen, en buena parte, una componente ética: no comprende cómo Dios podría permitir desastres como el Holocausto, en el que perdieron la vida bastantes de sus parientes, o las enfermedades. Esto recuerda las dos objeciones que planteó Santo Tomás de Aquino al exponer, en la Suma Teológica, sus argumentos a favor de la existencia de Dios . La primera objeción es que las explicaciones naturales bastan y Dios resulta superfluo. Esto se encuentra en los autores que, hoy día, presentan a la ciencia como capaz de explicar todo lo que se puede conocer, sin darse cuenta de que Dios y la ciencia se encuentran en niveles diferentes: es necesario admitir a Dios como fundamento último de todo lo que existe, el mundo no puede ser auto-suficiente, y la acción divina es compatible con la actividad de las causas creadas que estudia la ciencia, ya que Dios mismo da a las criaturas la capacidad de actuar según sus leyes propias y colabora para que actúen. La segunda objeción se basa en la existencia del mal, y nada tiene que ver con la ciencia. Santo Tomás responde que Dios sólo puede permitir males en vista de bienes mayores. Podemos pensar, por ejemplo, que los males físicos pueden servir para obtener bienes espirituales mucho mayores, y que la existencia de la libertad humana lleva consigo la posibilidad de utilizarla mal, lo cual es la causa de muchísimos de los mayores males que existen en el mundo.
    Como conclusión, na miña opinión diría que a ciencia, relixión e filosofía están sendo vitais no coñemento actual, á crenza dáselle unha importancia menor e por eso carece de credibilidade, pero sen ela serianos imposible ter algo no que apoiarnos en cuestión que a ciencia non podería resolver. Esta ten unha importancia maior, eu diría que capital para comprender como funciona o noso mundo no plano xeolóxico, social, económico, etc. É a máis importante, como digo, pero con iso non estou desprezando á relixión nin á filosofía, a cal me parece tamén esencial para comprender o noso espazo interior e para darle sentido ás nosas emocións, tanto para poder comprendernos mellor como persoas.
    COMENTARIO: Primeiro de todo, por que cambias de idioma ao recoller a cuestión de Weinberg? Só se me ocorre unha explicación: porque a copiaches tal cal de internet e non quixeches pasar o traballo de traducila. E non me parece mal agás polo feito de que incumpres unha norma básica de honestidade intelectual, cal é a de entrecomiñar as citas literais de textos do que non es autor. Polo demais, a túa argumentación é un si pero non, e un non pero si, que ao final acaba non dicindo nada, E por certo, sobre as ben interesantes cuestións que propón Weinberg ti ao final nin te mollas. Entendeches realmente de que ían?

  2. o 24 Nov 2012ás 7:37 pm Jaime Mosquera Rivas

    SOBRE O LUGAR DA RELIXIÓN EN RELACIÓN COA FILOSOFÍA E A CIENCIA

    Na miña opinión, a relixión e a filosofí­a aí­nda teñen moito que dicir con respecto a aspectos da sociedade.
    Considero que estas non deben ser abandonadas en favor da ciencia, senón que deben convivir, xa que os ámbitos aos que están destinadas son completamente distintos:
    * A filosofí­a debe ensinar a como vivir e como actuar, mais sempre desde o punto de vista da recomendación encarecida, e non da obrigatoriedade.
    * A relixión, a través das institucións relixiosas, ten que tratar asuntos nos que a resposta cientí­fica é imposí­bel (existe Deus?, hai algo despois da morte?…), e mesmo formular a súa propia filosofí­a; tamén pode valorar os diversos avances cientí­ficos e culturais, e consideralos favorábeis ou contrarios aos seus principios, mais sempre desde o punto de vista moral, nunca o legal, xa que a relixión é algo persoal, que non debe influí­r na xente allea a esa relixión.
    Creo tamén que ningún goberno ou gobernante deberí­a adoptar como oficial unha filosofí­a ou unha relixión, mesmo se a tí­tulo persoal si é a súa crenza, e formular leis conforme a elas.
    Como exemplo de intromisión da igrexa en ámbitos cientí­ficos, porí­a o exemplo do aborto ou do preservativo: mesmo se unha relixión considerar eses avances cientí­ficos inadecuados ou inmorais, e chamar aos seus fieis a os evitaren, non deberí­an tales crenzas convertérense en leis de cumprimento obrigatorio por parte tanto dos fieis como dos alleos a esa relixión.
    COMENTARIO: Breve en exceso pero ben redactado e argumentado.

  3. o 25 Nov 2012ás 8:06 pm Marcos

    Personalmente pienso que la religión aun sigue interfiriendose en el deselvolvimiento cientifico. Aunque hoy por hoy la iglesia no prohiba a la ciencia hacer diversas cosas que vayan en contra de los dogmas establecidos en la biblia, si es cierto que se opone a ellos y en algunos caso se crean disputas, y eso es ya interferir. Ademas, entrando en el caso de españa, la iglesia y la religion interfiere grandisimamente en la ciencia ya solo porque el Estado paga mucho mas a la iglesia que a la investigacion o la ciencia, algo realmente estupido y sin sentido alguno, pero ese es otro caso.

    Respecto a que si las instituciones religiosas tienen o no derecho a levantarse y defender sus ideales, personalmente pienso que no. Mi caso es bastante complejo, ya que yo respeto las religiones, pero no respeto y es mas, estoy completamente en contra de la iglesia. Aun asi, no me parece correcto que la religion se oponga a alguna otra institucion que niegue o contradiga sus ideales, ya que a esas contraposiciones se llegara con sus hipotesis, sus pruebas y sus comprobaciones. Mientras que los ideales de las instituciones religiosas se basan simplemente en la existencia de estas misma en un libro que ellos llaman “sagrado”, sin tener ninguna prueba o ninguna hipotesis que defienda eso. Es asi porque ahi lo pone, y punto, y no aceptan mas, al menos en los casos mas dogmaticos.

    No conozco hechos recientes en los que la iglesia o la religion se opusiera a una idea cientifica o de otra institucion, pero conozco una del siglo XIX. Siglo en el cual el cientifico Charles Darwin sento la bases de la teoria evolucionista, la cual decia que todas las formas de vida se han desarrolado a traves de un lento proceso de seleccion narutal. Su teoria tuvo un importante cambio sobre el pensamiento moderno en general y sobretodo cientifico, y, su teoria al completo fue publicada en “El origen de las especies por medio de la selección natural”, el cual se vendio por completo el primer dia de su publicacion. Aunque es verdad que cientificos atacaron a Darwin con grandes dudas sobre esa teoria, los peores ataques fueron de la mano de la iglesia ya que la teoria de Darwin negaba la creacion divina del hombre y parecia colocarlo al mismo nivel que los animales. Esta idea ofendio mucho a los mas ortodoxos, los cuales, repito, hicieron grandes ataques contra la teoria de la seleccion natural de Darwin.

    En mi opinion, la ciencia tiene un gran papel en la vida y en la historia, ya que gracias a ella se han descubierto muchas dudas e incertidumbres de la vida y, algunos de sus descubrimientos nos ayuda a conocernos mejor como humanos y a conocer nuestra historia. Por otro lado, la filosofia tambien nos ha ayudado mucho a conocernos, quizas, mas que como humanos o como personas a lo largo de la historia, como ha echo la ciencia, a conocernos como ser o como ente a lo largo de nuestra vida. Por lo tanto, la filosofia ocupa tambien un papel muy importante, pero, la religion, desde mi humilde punto de vista, no ocupa ninguna institucion importante ni necesaria mas que para los dogmaticos que no asumen otro tipo de ideas ni de conocimiento que aquellos que estan en el “libro sagrado” que predica la palabra de Dios. Personalmente, prescindiria de la religion por completo en este mundo. Fin

    COMENTARIO: Deixando de lado problemas na redacción (e algunha falta de ortografía gravísima que me permitín corrixir), na túa argumentación hai unha evidente contradición: non podes afirmar simultaneamente que respectas as relixións e que non respectas á igrexa, que é unha institución relixiosa. Só poderías eliminar a contradición argumentando que unha cousa é “a relixión” e outra diferente as institucións mediante as cales as relixións se organizan. Pero como non o fas, non eludes a contradición.

  4. o 29 Nov 2012ás 8:41 pm Lucía Grela Figueiras

    A ciencia é un conxunto de coñecementos sistemáticamente estruturados. Esta xorde da obtención do coñecemento mediante a observación de patróns regulares, de razoamentos e de experimentación en ámbitos específicos, a partir dos cales se xeran preguntas, se constrúen hipótesis, se deducen principios e se elaboran leis xerais.
    Esta emprega diferentes métodos e técnicas para a adquisición e organización de coñecementos sobre a estrutura dun conxunto de feitos suficientemente obxectivos e accesibles a varios observadores, ademáis de basarse nun criterio de verdade. A aplicación desos métodos e coñecementos conduce á xeración de máis coñecemento obxectivo en forma de predicións concretas e comprobables referidas a feitos observables pasados, presentes e futuros.
    Estas predicións poden formularse mediante razoamentos e estruturarse como reglas ou leis xerais, que dan conta do comportamento dun sistema e predí cómo actuará dito sistema en determinadas circunstancias.
    A filosofía é o amor pola sabedoría, e é o estudo dunha variedade de problemas fundamentais acerca de cuestións como a existencia, o coñecemento, a verdade, a moral, a beleza, a mente e a linguaxe. A filosofía occidental estivo influida pola ciencia e a relixión, e moitos filósofos foron, á súa vez, grandes científicos ou teólogos. Algunhas nocións fundamentais de estas disciplinas aínda son obxecto de estudo filosófico. A filosofía é unha disciplina moi ampla. Na actualidade, o seu alcance é máis restrinxido, e caracterízase por estudar as cuestión máis fundamentais e xerais.
    A relixión é un sistema compartido de crenzas e prácticas asociadas, que se articulan en torno á natureza das forzas que configuran o destino dos seres humanos. Está constituída por unha serie de elementos que son: tradicións, culturas ancestrais, fe e credos, historia, liturxias, oracións, escrituras, etc.
    A relixión pode ser un estilo de vida, un camiño ata a plenitude; unha plenitude que se inicia dende o mesmo momento que se toma conciencia da mesma. Tamén se emprega para referirse a unha obligación de conciencia que impele ó cumprimento dun saber.
    A filosofía distínguese da relixión pola súa énfase en argumentos racionais, e da ciencia porque xeralmente leva adiante as súas investigación dunha forma non empírica, xa sexa mediante a análise conceptual, a especulación… Aínda que sen descoñecer a importancia dos datos empíricos.
    Respecto á cuestión de se a relixión deixou de interferir no desenvolvemento científico, eu penso que non, que a día de hoxe, segue tendo que ver. Xa que como no texto de Dawkins e do arcebispo de Canterbury, por exemplo, respecto á orixe da vida, cada un, dende a súa respectiva posición, vai ter uns principios e unas ideas diferentes.
    Xa que dende a ciencia, os humanos naceron tras o Big Bang e a evolución das partículas, e dende o punto de vista relixioso, todo foi creado da man de Deus. Na miña opinión, a relixión, ó igual que calquera outra institución social, debe ter dereito a expoñer as súas ideas, pois é unha institución aceptada e recoñecida ó igual que calquera outra. Polo tanto, ten dereito a expresar os seus propios principios, creados dende a súa crenza.
    Para min, os tres saberes deben ser aceptados, e deben contar cun espazo no día de hoxe. Os tres son moi importantes e necesarios.
    En primeiro lugar, as ciencias son moi necesarias, xa que todo o que esta afirma está probado moitas veces antes de poder dicilo con seguridade. Polo tanto, demostran e teñen probas, grazas ás cales nos permiten darlle resposta ás grandes cuestión que houbo ó longo do tempo. Así que esta nos permite aumentar os nosos coñecementos e facer máis grande a nosa sabedoría.
    A ciencia, por outra parte, tamén nos permite achegarlle tranquilidade á conciencia, xa que, tras moito tempo tendo dúbidas respecto a un tema e estudándoo, unha vez descuberta a verdade, a persoa vai quedar máis tranquila e aliviada, e tamén satisfeita co seu traballo, pois calma a angustia anterior á obtención do certo.
    En segundo lugar, a filosofía é un saber que achega coñecementos dunha forma máis reflexiva. Polo tanto, fai moita falta actualmente, pois achéganos coñecementos. E, aparte disto, tamén nos ensina novos conceptos, o cal nos permite mellorar a nosa capacidade de expresión. Así que tamén nos achega tranquilidade á conciencia polo feito de ensinarnos cousas novas, é dicir, obter sabedoría. Outra das cousas que nos permite a filosofía é estudar os comportamentos das cousas que nos rodean, e reflexionar acerca de estos.
    E finalmente a relixión. Ainda que un Deus, que é en quen se centra esa crenza, é algo que non se ve nin do cal se pode demostrar a súa existencia, as persoas que cren nel senten unha tranquilidade interior, o cal as calma como persoas, facendo que estas se sintan protexidas por esta forza sobrenatural. Tamén lles acada unha esperanza, por exemplo, de que haxa vida despois da morte, de que haxa algo máis alá. Ainda que nada nin ninguén llo pode asegurar, esta xente ten fe en que esto poida ser certo. Deste xeito, a relixión, transmitida ás persoas mediante relatos recollidos en libros, é un medio para achegarlle tranquilidade a quen cre niso, proporcionándolle uns sentimentos de confianza. En resumo. A relixión é, para moitas persoas, un camino que lle achega motivacións e ilusións polas cales vivir e seguir adiante, de loitar para alcanzar esa vida mellor que din que hai despois da morte.
    Así que eu penso que non se debería deixar de lado ningún destes tres movementos, pois os tres nos proporcionan unha serie de valores que nos fan medrar como persoa.
    COMENTARIO: En xeral paréceme que te limitas a recoller definicións xa dadas dos diferentes campos pero logo non hai unha reflexión e argumentación persoal fonda, sobre todo porque eludes afrontar a cuestión clave: que facer cando se producen contradicións entre os enfoques científico, filosófico e relixioso?

  5. o 02 Dec 2012ás 1:23 pm Martín Domínguez Díaz

    Na miña opinión as desputas entre as relixións , as ciencias e a filosofia seguen vixentes na actualidade aínda que con menor repercusión. O motivo é que as relixións perderon forza dende o seu auxe no século XVII na maior parte dos territorios e comunidades, pero segue interferindo e manifestando publicamente a sua opinión, e as veces, menosprezando as conclusións das investigacions cientificas. Xa non ten o poder de interferir coma antes pero aínda segue boicoteandoas é tratar de bloquear importantes debates que se deberían plantexar na sociedade actual como a eutanasia .
    Persoalmente penso que as institucións relixiosas poden erguer a voz pero non a man como facían antiguamente cando os poderes políticos protexíanos e dábanlles carta branca para tomarse a xustiza pola sua man, celebrando xuízos amañados, nos que os ateos ou calqueira con pensamento contrario á igrexa era queimado vivo na praza pública. O dereito de libre expresión é universal e inquebrantable pero tamén o é o dereito a un xuizo xusto e o feito de que todo o mundo é inocente ata que se demostre o contrario.
    Non teño coñecemento de ningun conflicto de relevancia na actualidade, pero coñezo conflictos antigüos como un que se dou cando o catolicismo era unha relixión recién legalizada polo imperio romano; sucedeu en Alexandria cando a filósofa e astrónoma Hipatia deu a cara polos xudeus nas masacres cristiás sobre os outros credos da cidade. Este acto, xunto coas súas teorías sobre os planetas e as súas órbitas e otras teses, levou a que fose lapidada na gran biblioteca de Alexandría tomada polos cristiáns e convertida en igrexa anos atrás.
    Outo gran conflicto coa igrexa foron as teorias de Darwin sobre a evolución e o nexo do ser humano co primate.
    Penso que moitas das creenzas relixiosas están xa anticuadas , a ciencia rebatiú que non tiñan razón, pero oas probas científicas non serven para os que teñen creenzas dogmáticas e escolásticas, xa que non aceptan ningun tipo de crítica nin de debate.
    Na miña opinion as relixións e os seus fieis teñen dereito a crer, expresar e discutir calqueira opinión, ao igual que os que cren nas explicacións científicas e filosóficas ; o único límite a este dereito é o respecto a crenzas dos demáis.
    COMENTARIO: Comentario aceptable aínda que demostras desinformación respecto de notorios conflitos actuais entre ciencia, filosofía e relixión, algúns mesmo comentados en clase. Por outra banda, dicir que o auxe das relixións produciuse no s. XVII non semella moi asisado. Nin parece que despois houbese un inmediato devalo nin antes houbo menos relixiosidade, máis ben o contrario.

  6. o 02 Dec 2012ás 8:41 pm Inés Torres Comojo

    A confrontacion entre ciencia e relixion ten lugar dende fai centos de anos por exemplo,no tema da creación,uns din que foi Deus,outros din que foi a explosion do Big Bang. Así como cerebro e a mente que con todo isto,están conectadas entre si; non poderían estar tamen conectadas entre si? Estar xa están conectadas grazas a súa confrontación,pero eu refírome en concreto a súa coexistencia.Despois de todo ciencia e relixión son dúas maneiras da búsqueda da verdade; a relixión mediante a fe e a ciencia mediante avances tecnolóxicos e cientificos.
    É ven certo que contradícense pero tamén coexisten, ou non moitos creíntes non predican a lei de Deus por páxinas de internet?ou outro exemplo, non vai a ter o papa twitter? Internet é un avance tecnolóxico e polo tanto científico que está a empregar a relixión aínda que sexa indirectamente.
    Outro exemplo da súa coexistencia son eu,que estou cursando primeiro de bacharelato no itinerario de ciencias,crendo na teoría do Big Bang mais creo nun Deus por momentos,si por momentos,aínda que as veces diga que non creo en Deus,teño unha cruz,que representa a miña relixión, colgada na habitación pero tamén teño un ordeador que representa a ciencia. Na miña opinión e na miña forma de pensar,coexisten aínda máis xa que creo nun Deus pero non no Deus da igrexa,polo tanto Deus e ciencia coexisten na miña cabeza.
    Pola contra,ciencia e relixión prexudicanse mutuamente,a igrexa impediu ou intentou impedir o avance da ciencia máis dunha vez,un exenplo é a santa Inquisición perseguindo aos chamados “herexes” ou a calquera que cuestionase a palabra da igrexa e o mismo fixo a ciencia cuestionando a existencia de Deus. Entón,non podemos atopar un punto medio? coma moitos filósofos que crían a existencia de Deus mais formaban parte dunha ciencia,a filosofía.Eu creo nese punto medio defendendo a ciencia e a relixión,xa que ambas cousas son necesarias dunha ou doutra maneira.
    COMENTARIO: Traballo aceptable. Podería obxectarse que a túa solución do “punto medio” parece escapar de afrontar que facer cando as afirmacións científicas e as relixiosas entran en conflito.

  7. o 02 Dec 2012ás 10:27 pm Pablo Rey

    Na miña opinión, é certo que a relixión non conserva actualmante o poder e a influencia que chegou acadar en diversos momentos da Historia e que, polo tanto, perdeu poder á hora de influír en calquera ámbito de debate. Malia iso, o seu punto de vista segue a ser relevante á hora de discutir diversas cuestións, e as súas posicións son defendidas por milleiros de crentes. Dado que en moitas cuestións a ciencia e a relixión non teñen un punto de vista común, a relixión inflúe directamente no desenrolo dos avances científicos máis polémicos, chegando a frealos en moitas ocasións. Por exemplo, coñecido é por todos o reacio posicionamento da Igrexa católica respecto ao progreso de diversos ámbitos da ciencia, especialmente da biomédica, dende a reproducción asistida ata a clonación con fins terapéuticos. Esta negativa da Igrexa en xeral a aceptar os avances na ciencia por motivos morais, é saudable en moitos casos sempre que serva para abrir o debate e as argumentacións de ambos sectores, mais noutros moitos casos, só frea o avance de innovacións que axudarían á saúde e á mellora das condicións de vida de moitas persoas.

    A relixión, como calquera dos outros saberes, ten dereito a defender as súas teses con total liberdade, se ben é certo que en moitos casos non fai isto dende a argumentación, que é a base do entendemento e o único xeito de acadar posturas comúns, especialmente nos sectores máis conservadores achegados case ao dogmatismo.

    En canto á presenza dos tres saberes na actualidade, opino que todos seguen sendo necesarios e a idea de que desaparezca algún deles é inconcebible tanto porque todas as persoas teñen un punto de vista a respecto de cada un e deciden servirse dun ou doutro, como porque a idea da fin do debate entre eles está na verdade absoluta que se ten demostrado inalcanzable. Así os avances científicos e tecnolóxicos tentarán seguir resolvendo as cuestións e problemas existentes e futuros mediante o razoamento racional e os métodos lóxicos e matemáticos, a relixión seguirá respondendo ás necesidades da fe dos crentes e a filosfía, que é inherente ao ser humano, seguirá reflexionando sobre as cuestións para as que a ciencia non pode dar resposta e ás cales a relixión da respostas baseadas en argumentos non racionais.
    COMENTARIO: Boa argumentación, ben desenvolvida.

  8. o 03 Dec 2012ás 3:48 pm Andrea Gasamáns Rodríguez

    No conflicto entre filosofía, ciencia e relixión foron moitas as persoas que opinaron. Un filósofo do século XX é Fernando Savater, que non foi menos no tocante a este tema.
    Según el, os filósofos e os sacerdotes tratan de ocuparse do mesmo pero os primeiros de maneira laica e os segundos de maneira relixiosa. Ambos plantexan preguntas cuxas respostas non nos permiten despreocuparnos delas. As respostas abren e afondan a pregunta á que se refiren, pero non a cancelan xamais: so nos axudan a convivir coa pregunta, a calmar a nosa mente.
    En cambio a ciencia ofrece unha resposta que cancela a pregunta á que responde e permítenos preguntar cousas novas. Di Savater que é por iso que a ciencia progresa, mentres que a filosofía e a teoloxía deben contentarse con afondar.
    Pero hai nun aspecto no que a ciencia e a relixión se parecen, diferenciándose en cambio da filosofía: as dúas primeiras prometen resultados, ferramentas ou conxuros para salvarnos dos males que nos ameazan (gracias a resolver os mecanismos da natureza ou a fe en Deus). A filosofía, en cambio, so pode axudar a vivir con maior enteireza na insuficiente comprensión do irremediable. A ciencia e a relixión resolven cada cal ao seu modo as cousas; a filosofía ao máximo que chega é a curarnos en parte do afán de resolver a todo costa o que quizá é irresoluble…
    De aí que o propio Bertrand Russell escribiu nalgunha parte que os filósofos se instalan como poden na incómoda zona mental que separa o firme chan da ciencia do etéreo e enigmático ceo da relixión.
    Con estas tres liñas remata Fernando Savater á súa reflexión sobre o papel da ciencia, da filosofía e da relixión, considerando a filosofía como o nexo entre a primeira e a terceira.
    Pasando xa ás preguntas formuladas neste blog, os exemplos de Galileo ou Darwin son dous dos moitos conflictos que se deron na historia entre ciencia e relixión. O feito de que a Igrexa nese tempo fose unha institución moi poderosa influíu en que a ciencia se conxelara, como no caso de Galileo que deu marcha atrás afirmando que o modelo heliocéntrico era froito da súa fantasía.
    Isto agora non ocorre, en certo modo, a ciencia desde o 1600 puido desenvolverse sen o obstáculo da Igrexa aínda que esta se opuxese en moitos dos casos ao que contradicise ás súas crenzas. Agora non se xulga por contradicir ao dogma cristiano, como se fixo con Galileo, pero se segue intentando poñer en dúbida certos avances da ciencia. Un claro exemplo é o que está a ocorrer en certas partes de Estados Unidos, nas que se impón o estudo do creacionismo negando o evolucionismo. Outro conflicto entre ciencia e relixión actual é o uso dos métodos anticonceptivos. Segundo as encíclicas do Papa, o ser humano non pode determinar ou incidir a concepción da vida. Polo tanto non se pode manter relacións sexuais se non é para concibir unha nova vida. E outro tema que está moi presente na actualidade é o aborto. A Igrexa non acepta ningún dos casos que a lei prevé para a interrupción voluntaria do embarazo, como por exemplo en caso de perigo para a nai ou para o futuro neno ou froito dunha violación.
    En España, por exemplo, vaise realizar unha revisión da lexislación sobre o aborto, promovida pola presión da Igrexa. Son avances científicos que están sendo cuestionados en base a consideracións relixiosas, que en certo modo están intervindo na aplicacións destes.
    Eu penso que a Igrexa ten o mesmo dereito que calquera outra institución a erguer a súa voz nesta sociedade democrática. Mais non por isto ten o dereito a superpoñerse nas demostracións científicas que proban un feito ou desenvolven un avance a partir de probas empíricas. É totalmente diferente ter liberdade de expresión que ter a potestade de decidir por riba dun feito demostrable.
    Eu poderíame posicionar como os filósofos positivistas, que aceptan o científico sen ningunha pega. Pero para nada tacharía o saber da filosofía xa que nos permite entender mellor o mundo sen proporcionar solucións. Son dous saberes complementarios, a ciencia resolve cuestións dando solucións, mentres que a filosofía nos permite entender aquelas cuestións que a ciencia non pode resolver.
    A relixión, pola outra banda, é unha crenza que a única función que ten e a misma que a dun conto, facer crer algo que non está demostrado. A ciencia non nos fai crer que hai unha máquina do tempo, xa que esta non está demostrada empiricamente. Xa que non cremos o da máquina do tempo, por que pensar que hai un ser divino do que non temos ningunha proba? Eu penso que é pola tradición e que deberíamos intentar frear polo feito de que está a influír, como vimos antes, nun campo no que non é o seu, que é a ciencia.
    Podo concluír polo tanto, que se a filosofía naceu como paso do mitos ao logos, por que seguir tendo unha institución, a Igrexa, que predomina sobre esta que evolucionou? A sociedade é xa que logo máis primitiva?
    COMENTARIO: Ben redactado e argumentado. Con todo, poría a seguinte obxección: sitúas a oposición da igrexa ao aborto como un exemplo de oposición ao avance científico. Mais, pódese afirmar que o aborto é “un avance científico”? O avance científico (técnico) pode ter que ver con certas melloras na asistencia médica para aplicar un aborto pero o aborto en si mesmo non implica necesariamente avance. Sería como dicir que a bomba atómica é un gran avance científico. Que os avances científicos foran precisos para fabricala non converte sen máis a propia bomba nun “avance”. Con isto quero dicir que, tanto no aborto como na bomba atómica, hai consideracións de carácter moral (é o aborto un asasinato ou non?, precisamos fabricar armas cada vez máis destrutivas ou non?) que superan o marco do que entendemos por “avance” do coñecemento científico.

    Andrea Gasamáns Rodríguez, 1ºB

  9. o 03 Dec 2012ás 8:07 pm Rubén Iglesias Fernández

    Ciencia, Filosofía e Relixión son saberes ou ciencias que nos dan resposta ás preguntas ou dilemas que aparecen en nos.
    Calquera nos podemos plantexar una pregunta con resposta solucionable cunha proba empírica como sería: “Que elementos compoñen a auga pura?” “O hidróxeno e o osíxeno”. É una resposta probada, non deixa lugar a dúbidas. Pero hai preguntas que non se poden solucionar dese xeito, cunha resposta que nos permita despreocuparnos delas.
    As respostas a esas outras preguntas dánnolas a filosofía e a relixión, que afondan máis e permítennos plantexar a pregunta dunha forma máis complexa pero sin cancelala xamais. Un exemplo son os bens morais, sempre abertos a críticas.
    Estas solucións que da a filosofía e a relixíon, son para convivir con elas e para calmar a nosa impaciencia pero… como ben se citou antes, son respostas inacabadas, abertas, non demostradas empíricamente.
    Tamén teñen certo parecido a ciencia e a relixión, diferindo da filosofía. As dúas primeiras prometen resultados (gracias a desentrañar os mecanismos da natureza ou a fe en Deus); a filosofía, en cambio, só pode axudar a vivir con maior firmeza de ánimo.
    Por outro lado, a ciencia ten materia de estudo baseada nas hipótesis e validacións pola experiencia; ao igual que a filosofía tamen ten, ainda que baseada nas argumentacións lóxicas; mentres que a relixión tan só é una crenza que se refire a Deus, pero non o estuda.
    Entre os tres saberes ou crenzas prodúcense conflictos, cada vez que a Igrexa tenta impoñer a súa explicación do mundo ou encontrar respostas científicas baseadas en cuestións de fe.
    Na actualidade, o pensamento científico e relixioso parece que alcanzaron una certa harmonía.
    A ciencia tenta comprender o mundo e ás relixións e filosofías, polo xeral, atribúenselle misión de dar sentido á vida. Pódense aclarar mutuamente a condición de que cada unha se manteña no seu propio territorio.
    Un conflicto que se poida estar dando entre ciencia e relixión sería a lei do aborto. A ciencia defende que se poida abortar nas primeiras 22 semanas mentres que a relixión di que a vida empeza na concepción (verdade estritamente científica) e que a nai non pode decidir polo polo embrión, se abortase sería delito.
    Na miña opinión, a actividade humana, debe abarcar a realidade na súa totalidade, coa comprensión paulatina relixiosa-filosófica-científica da dita realidade.
    O ser humano prepárase con experiencias, enriquécese con sabedorias e engrandécese espiritualmente pola fe relixiosa. Por isto se precisa simultáneamente ciencia, filosofía e relixión.
    A ciencia non pode pesar nunha balanza o amor co odio; non pode observar o gozo espiritual cun microscópio; non pode medir os valores morais cun metro; non ten independencia para afirmar que o amor, o odio e o gozo espiritual non son realidades da nosa existencia.
    Por Rubén Iglesias Fernández. 1ºB
    COMENTARIO: hai cousas ben interesantes no que dis pero ditas de xeito tan mesturado, as veces confuso, que dá a impresión de que non dominas todo canto expresas. Así, por exemplo, dicir que a relixión afirma que a vida comeza coa concepción (certo en relación coa relixión católica) e engadir de seguido que esta é unha verdade “estritamente científica”, entra en aberta contradición coa afirmación precedente de que a ciencia defende que se poida abortar nas primeiras 22 semanas. Se por “vida” entendemos aquí “vida persoal” (como o entende a relixión católica) sería o mesmo que dicir que a ciencia defende o asasinato. En realidade, ata onde eu sei, a ciencia non pretende ter a última palabra sobre cando comeza esa vida persoal, e xa que logo, tan compatible pode ser coa ciencia prohibir como aprobar o aborto.

  10. o 04 Dec 2012ás 9:19 pm Bruno Míguez

    Falar de ciencia e de religión é falar de dúas cousas moi distintas.
    As dúas teñen as suas ideas de verdade, só que estas verdades se basan en cousas moi diferentes.
    A verdade segundo a relixión baséase en que un Deus creou a terra, que o controla todo dende o ceo e que unha vez remata esta vida, chegas ao paraíso (se fuches bo na túa vida) ou ao inferno (se fuches malo).
    A ciencia tamén busca a verdade, pero mediante probas e experimentos que intentan achar a orixe das especies e dos materiais.
    Entre estos dous campos houbo moitos enfrentamentos durante a historia, xa que a igrexa sempre foi unha institución moi grande e durante moito tempo privatizou importantes libros científicos sobre a orixe do universo.
    COMENTARIO: Non parece que teñas feito un gran esforzo nin de análise nin de argumentación. Por outra banda, a construción argumentativa final non se sostén: que unha institución sexa moi grande non implica necesariamente que teña enfrontamentos con outra institución. E que queres dicir con iso de que a igrexa “privatizou” libros científicos? Cales? En que consistiu esa “privatización”?

Trackback URI | RSS Comentarios

Deixa unha mensaxe