O 29 DE NOVEMBRO, PRÓXIMA SESIÓN DE TERTULIA FILOSÓFICA
8 November, 2012 por admin
A vindeira sesión do Clube de Lectura e tertulia filosófica terá lugar o XOVES DÍA 29 de novembro, na BIBLIOTECA do instituto,
das 18 ás 19 h.
En función do acordado na tertulia precedente, o tema de diálogo e debate seguirá a ser A IDENTIDADE, pero esta vez analizada a partir das contribucións das neurociencias, un dos campos científicos de maior desenvolvemento nos últimos anos.
Con ese obxecto, as lecturas seleccionadas, que servirán de punto de partida para o diálogo, son as seguintes:
Caps. I.1, I.2 e VI.17 “La conciencia como proceso físico” e “¿Prisioneros de la descripción o maestros del significado?”) de Gerald M. Edelman e Giulio Tononi: “El universo de la conciencia. Cómo la materia se convierte en imaginación”. E as Preguntas 33, 40 e 42 de Francisco J. Rubia: “¿Qué sabes de tu cerebro. 60 respuestas a 60 preguntas” .
Estes dous libros atópanse na biblioteca do centro.

penso que é mais verdadeiro o cientifico porque se pode demostrar empiricamente e ter uns resultados fixos , mentres que a filosofia é libre para min , e dicir, que cada un é libre de pensar unha cousa dunha maneira diferente .
Eu penso que podemos estar satisfeitos ca ciencia porque todas as verdades estan demostradas , e así , non ter ningunha dúbida nin mentiras .
Penso que o caso de charlies Darwin foi só do pasado porque , antigamente o poder tíñano os eclesiasticos e sempre iban ter comprobado o seu descubrimento de forma empírica foi contradicido . Penso que hoxe en dia a iglesia non ten nada que ver coa ciencia polo que cada un pode pensar diferentes cousas e ningunha interferir . Ainda que as institucions relixiosas poden opoñerse as ideas cientificas pero penso que van ter masi razon os cientificos porque teñen unha resposta empirica e son demostrables e a relixiosas soen basearse en argumentos que non se poden ver nin comprobar na actualidade por exemplo a orixe da vida ( adan e eva … )
Eu conto uns dos avances cientificos nos que non se poñen de acordo coa relixion é no uso dos anticonceptivos na miña opinion considero que este avance cientifico é necesario xa que evita que existan seres humanos non desexados , que lle tocaria vivir serian moi malos , cousa que a relixion non o ten en conta baixo a miña opinion .
Por ultimo que na actualidade as ciencias , a filosofia e a realidade non teñen tantos conflictos porque vivimos nun pais libre de pensamento e cada un escolle a relixion que lle parece que pode cubrir mellor as suas necesidades ; igual sucede coas quen pode apoiar e defender o que mais lle convezcan as suas teorias .
( Perdoe os erros ortograficos , a causa e que o ordenador vaime mal e borrame os tils etc , perdoe as molestias )
COMENTARIO: Acepto que algúns erros ortográficos poden deberse ao ordenador pero non os máis graves que tiven que corrixir eu. Na túa argumentación caes en contradición: primeiro dis que relixión e ciencia nada teñen que ver, logo que si hai avances científicos aos que a relixión se opón. Logo si hai conflitos. Por outra banda, a visión que dás da ciencia é dogmática, como se nunca poidese errar e iso, como veremos proximamente en clase, non é o que a ciencia afirma de si mesma, nin desde logo a filosofía da ciencia.