RSS para
Artigos
Comentarios

Este exercicio debe ser enviado, como máis tarde, na primeira semana de febreiro.

VIVIR NO FRANQUISMO, VIVIR NA DEMOCRACIA

Na exposición que vés de visitar (Vida cotiá no franquismo II, da Fundación 10 de marzo), puideches comprobar algunhas das características da vida cotiá durante os últimos anos da ditadura franquista. O exercicio que aquí se che propón é que trates de especificar as vantaxes e, se as hai, desvantaxes de vivir en democracia en relación coa vida nun contexto sociopolítico sen liberdades democráticas. Non se trata, logo, de que sinales vantaxes que son resultado do desenvolvemento técnico como, por exemplo, que hoxe a televisión é en color, que hai teléfonos móbiles, ordenadores e internet, videoxogos e cousas así. Do que se trata é de que imaxines qué implica vivir nunha ditadura e qué vivir en democracia. A diferenza máis obvia é que na ditadura non existe liberdade para elixir os representantes políticos e os gobernantes, nin se permite a crítica das autoridades, nin o dereito de folga, nin de manifestación e de libre asociación. Pero alguén podería dicir: e para que quere un mozo ou unha moza esas liberdades se non as vai usar? En primeiro lugar, porque, mesmo en democracia, ata a maioría de idade a mocidade non accede a moitos deses dereitos. En que che podería afectar, logo, carecer deles? E, se pensas que non che afecta, por que habías preocuparte por eles? Por outra banda, moitos mozos e mozas declaran que son apolíticos ou que a política non lles interesa. Se é así, por que terían que se sentir molestos de que o poder fose exercido por un ditador? O franquismo, dise, só perseguía aos que se metían en política, así que, non entremeténdose neses asuntos, un non tería nada que temer. Para que serve, logo, a democracia? Hai razóns para afirmar que un réxime democrático é superior a un réxime ditatorial?

vIDA COTIÁ FRANQUISMO II

En democracia –escoitámolo dicir nestes días con moita frecuencia- hai políticos e empresarios corruptos, e os poderosos desde o punto de vista económico (os máis ricos) parecen ter unha influencia sobre os gobernantes superior á que teñen a maioría dos electores que non forman parte das clases máis podentes. En democracia –e esta é unha crítica común entre os detractores do sistema democrático- parece que cadaquén procura o seu propio interese sen se preocupar polo “ben común” e, como consecuencia, as tensións sociais e os enfrontamentos son constantes. Non se podería afirmar, logo, que un goberno autoritario rexido por un gobernante indiscutido (aínda que esa aceptación sen discusión sexa lograda mediante o emprego da represión violenta contra os opositores políticos) pode ser máis eficaz e mesmo xusto que un goberno democrático dirixido por políticos incompetentes? Non faltan defensores do franquismo que aseguran que foi Franco, coa súa vitoria na guerra civil, quen acabou coa división política e social e os enfrontamentos (moitas veces violentos) que abundaron nos anos da Segunda República. Franco trouxo máis de 40 anos de “paz” e estabilidade política a España e, aínda que o progreso económico non chegou ata a década dos 60 (os anos do “desenrolismo”), finalmente España tamén comezou a saír do seu subdesenvolvemento económico baixo o goberno franquista. Non hai, logo, razóns, para afirmar que, se non sempre, en determinadas circunstancias un ditador máis ou menos benévolo (foi Franco un ditador benévolo?), preocupado polo ben común, pode ser preferible a unha democracia corrupta e ineficaz? Está xustificado dicir que sempre e en todas as circunstancias unha democracia é preferible a unha ditadura?

25 respostas to “EXERCICIO PARA O MES DE XANEIRO, A ENTREGAR EN FEBREIRO”

  1. o 16 Jan 2013ás 5:39 pm Jaime Mosquera Rivas

    Para afirmar que unha democracia é mellor que unha ditadura, primeiro hai que distinguir entre unha democracia e unha pseudo-democracia, onde o pobo non ten o poder agás durante as eleccións. Se se tratar dunha democracia verdadeira, onde o poder estivese no pobo, e a política fose exercida polo ben común, pouca dúbida hai sobre a súa vantaxe sobre a ditadura; se for unha pseudo-democracia, porén, aínda sería mellor que unha ditadura en moitos aspectos fundamentais.
    Vivir en calquera das dúas é mellor que vivir en ditadura en case todos os aspectos posíbeis, aínda que só sexa porque poucas ditaduras (se é que houbo algunha) outorgaron liberdades como a igualdade entre sexos, a liberdade de expresión… aínda sen outorgaren o dereito de escolla de representantes; estes dereitos, non obstante, si son garantidos pola democracia ou a pseudo-democracia en todos os países onde se aplican.
    Respecto á importancia dos dereitos relativos á política, eu creo que o fundamental da democracia non é que todos participen na política, senón que calquera poida facelo. O feito de haber unha participación tan baixa na política polo concepto que se ten desta non é razón para cuestionarse a implantación dun réxime autoritario.
    En definitiva, unha democracia (verdadeira ou non, con ou sen corrupción) é mellor para todos os habitantes dun país, mesmo se non puideren/quixeren participar na política ou exercer o dereito ao voto, que unha ditadura, por moi “benévolo” que sexa o gobernante desta.
    No tocante aos políticos incompetentes, a súa presencia non é unha mostra dos defectos da democracia “per se”, senón da aplicación que dela se fai nese país, e polo tanto cómpre mellorar a concepción da política para, téndose esta como prestixiosa, xente con maior competencia xurda.
    COMENTARIO: Boa argumentación. A distinción entre “democracia” e “pseudo democracia” é interesante pero nos termos en que ti a expós fica insuficientemente explicada aínda que quizais sexa inevitable para o espazo aquí dispoñible. Poderemos recuperala en clase.

  2. o 27 Jan 2013ás 7:10 pm Fernando León Requeijo

    A vida no franquismo era de absoluta represión, a nosa sociedade non sabía que pasaba ao seu redor e estaban totalmente desinformados sobre o que ocorría fóra de España. Eu creo que esa é unha das características máis destacables con respecto á democracia, posto que unha dictadura pretende controlalo todo e se a xente sabe que existen outros modelos alternativos, darán lugar á posibilidade de manifestarse en contra, polo tanto cérraselles calquera opción a enterarse do que pasa no mundo.
    Evidentemente que si me preocupa o carecer de liberdades nun futuro, xa que non é o mesmo vivir sabendo que cando acade a maioría de idade poderei tomar a maioría de decisión por min mesmo. Iso na dictadura non pasa, teñas a idade que teñas, e aínda que queiras facer certas cousas sen que cho impidan, non podes, xa que sempre haberá alguén controlándote nese sentido.
    Pola contra, se ti estás nunha democracia non te tes que preocupar pola situación do teu país, posto que xa sabes como actúa o único sistema político e non hai dúbida de que esas normas non cambiarán. Nese aspecto para min é unha ventaxa, pois na democracia tes que andar pendente do partido ao que vas votar e incluso poder ter certo temor a que se, con ese cambio político, haxa un empeoramente das condicións.
    Na miña opinión, sen dúbida que unha ditadura é máis favorable de cara a poboación que unha democracia; o problema é que iso só pasa sobre o papel, xa que en teoría se o poder está nunha soa persoa e esa persoa quere o ben para todos, é a mellor solución para o país; sen embargo, unha democracia é como unha pequeña ditadura mal aplicada de varios (os partidos políticos). O que pasa é que historicamente, todos ou case todos os casos de ditadura que se aplicaron sobre unha nación foron para beneficio do monarca, sen pensar no pobo, por iso colleu tan mala fama.
    En efecto que o desenvolvemento político e económico de España durante o franquismo é innegable, pero ese desenvolvemente produciuse nunhas pésimas condicións de cara ao pobo baixo, e iso foi o que produciu represión; a imaxe que Franco conseguiu dar en aspectos políticos foi boa, pero esa imaxe non se trasladou á poboación española, o que ocasionou un mal nivel de vida, impulsado pola mentira na que vivían todas esas persoas.
    En canto á pregunta de que se unha ditadura ben aplicada é preferible a unha corrupta democracia a resposta é innegablemente si, pero sempre e cando a ditadura este en mans de alguéns que ademáis de preocuparse pola súa condición e pola situación económica e política do país, tamén o faga pola do seu pobo.
    COMENTARIO: A exposición é notoriamente incoherente, incoherencia incrementada por unha mala redacción que as veces non permite entender ben os argumentos. Parece que ao principio das razóns a favor da democracia baseadas ante todo nos defectos da ditadura: nesta non se sabe o que pasa, os cidadáns ignoran a súa real situación, e na democracia os cidadáns deciden por si mesmos ao chegar á maioría de idade. Pero logo afirmas claramente que unha ditadura é mellor que unha democracia sempre que o ditador actúe a favor do pobo. Pero, en que consiste ese actuar a favor do pobo? Cambia ese actuar algo do que dixeches no inicio?, é dicir: pódese actuar a favor do pobo e ao mesmo tempo manter a este na ignorancia do que realmente pasa e negarlle a liberdade para decidir por si mesmo? Disto non dis nada. Logo a afirmación de que a democracia é de feito unha ditadura dos partidos non se sostén en ningún argumento, é unha afirmación sen fundamentar. A descrición do franquismo é igualmente insostible: pareces dar a entender que a “boa imaxe” sería a causa do mal nivel de vida. Como unha “imaxe”, boa ou mala, pode acabar sendo causa dun nivel de vida, bo ou malo? Fai a boa “imaxe” de alguén a ese alguén máis rico ou máis pobre? Non digo que non poida influír de algún xeito pero un factor de influencia non é unha causa.

  3. o 01 Feb 2013ás 6:40 pm Marco Crespo Señarís

    Xa para comezar, paréceme unha barbaridade comparar unha ditadura cunha democracia. Unha ditadura implica moitas cousas e non hai liberdade ningunha, polo tanto, non se debe poñer a democracia en cuestión. Ademais na ditadura hai unha clara superioridade do home sobre a muller, ademais da de censuras que existen. Despois disto, tampouco respeta ao pobo, o ditador ordena o que el quere e a xente está obrigada a obedecer. Para continuar, se a ditadura é mala, non pode haber un ditador benévolo, porque é el quen manda. De feito non hai que pensar nada, só temos que observar as ditaduras que se deron, como a de Hitler ou a de Franco, ou as que se dan, como a de Cuba, etc. En ningunha o pobo ten liberdade de expresión e se non se escoita o que di, non se pode proguesar, e o que se fai é ir cara atrás, cousa que non lle vai ben a ninguén. Ou si, quizais a certas persoas das clases altas si, porque terían un papel de poder na sociedade.
    En canto á democracia que hoxe vivimos en España e na maioría de países, non podemos poñela en cuestión, o que si se podería facer sería mellorala. Poñela en cuestión nunca, xa que fundamentalmente nós eliximos ao parlamento e hai liberdades. Na ditadura non, así que sería unha broma pensar que a ditadura é mellor que a democracia. E se non só queda poñerse na pel dos que sofren a ditadura. Estamos a ver que intentan acabar con ela, e debe ser por algo entón.
    Por último sería interesante engadir que o que si se debería poñer en cuestión sería a monarquía. Cal é o seu labor actualmente? Antes estaban aí pola graza de Deus, pero na sociedade actual non hai argumentos que convenzan xa para que estea aí, ademais se deben dar exemplo, por que só pode ser monarca o home? Que pasa, non pasamos xa a unha época na que a muller xa non é a servidora do home? Deberían pensar que xa non estamos na idade media.
    COMENTARIO: A túa argumentación adoece dunha posición de principio que en realidade nin sequera cuestionas. É esta: a democracia é mellor que a ditadura porque hai liberdades, e non hai máis que dicir. Isto non se cuestiona (é, en efecto, unha cuestión de definición). Peroi logo eludes por completo as obxeccións que se che propuñan. Un só exemplo para amosarche a debilidade da túa argumentación. Dis que a proba de que as ditaduras son inferiores á democracia é que nelas a xente (canta?) está en contra. Seguindo a túa argumentación, poderiamos logo dicir que se non hai xente en contra a ditadura xa sería “xusta”? Lembra que o nazismo chegou ao poder por medios democráticos e hai datos sociolóxicos que suxiren que moitas ditaduras (incluída a franquista nalgunha das súas etapas) contou cunha maioría social que as aceptaba. E, invertindo a argumentación, poderiamos logo supoñer que se unha democracia non conta co apoio social maioritario deixa de ser un réxime xusto e debería ser cambiado por outro réxime diferente (non democrático)?

  4. o 02 Feb 2013ás 11:35 pm Lucía Grela Figueiras

    Cando falamos de democracia estámonos referindo a un sistema político no cal o pobo decide. Polo tanto, esta é unha das súas vantaxes: o pobo pode “decidir” quen quere que o goberne. Xa que cada partido presenta uns obxectivos que cumprirá se gaña; entón a xente escollerá o que máis lle conveña e mellor lle solucione os seus problemas. Outra das vantaxes é a liberdade de elección, xa que cada persoa pode votar a aquel partido que máis lle agrada, e non depender de alguén que lle obriga a seleccionar un ou outro. Polo tanto, esta persoa pódese guiar polos seus pensamentos, xa que é totalmente libre.
    As desvantaxes que lle atopo á vida de democracia é que a pesar de que a xente lle dera o seu voto de confianza a un partido para gobernala, este ó final acaba facendo o que lle convén, pois a gran maioría das veces non cumpren todo o que prometeran ó principio. E acaban por encher de problemas ós habitantes.
    E outra é que, por conveniencias, se fagan trampas nas votacións, facendo gañar ó que en realidade non levou a maioría de votos. Isto podería ser por motivos económicos ou de outro tipo.
    Aparte de todos os problemas que poida ter este sistema, as persoas maiores de idade gozan, por exemplo, cun dereito que é básico: o dereito a voto. E tamén existen outros que son fundamentais, como o de libre asociación ou o de facer folga.
    Polo tanto, carecer deles notaríase moito. Xa que non se podería escoller a opción máis adecuada que nos gustaría que nos gobernara, nin defender os nosos dereitos a través das folgas, manifestacións e asociacións. Ainda que non o pareza, son fundamentais para a vida de calquera. Xa que nos permite reivindicar o que nos pertence sen risco de meternos en problemas se se fai adecuadamente. Entón, non telos si que afecta, xa que non poderiamos reclamar o que nos pertence e cada vez estaríamos en peores condicións en calquera cousa.
    Por outra parte, eu creo que a xente apolítica ou aquela que afirma que a política non lle interesa, se ven afectadas cando os goberna un ditador, xa que coa democracia, por exemplo, teñen dereitos e poden facer case todo o que eles queiran. Pero pola contra, coa ditadura, terían que obedecer a esa forza superior que os goberna e lle manda. Ou o que é o mesmo, sentiríanse atados por ter que seguir esas normas.
    Na democracia, ó contrario que na ditadura, pode o pobo elixir a aquel partido que quere que o goberne, aquel que se axeite mellor ás necesidades e pensamentos das persoas. Polo tanto, é como un goberno personalizado, xa que cada partido propón determinados obxectivos, e gañará aquel que máis votos obteña, o que quere dicir que é aquel que se corresponde co que quere a maioría dos habitantes.
    Pero isto non quere dicir que a democracia teña que ser mellor que a ditadura, xa que ainda adaptándose ó que precisa a xente, pode que goberne mellor un ditador, xa que podería establecer máis orde que un gobernador democrático.
    Polo tanto, un goberno democrático non ten por que ser mellor que unha ditadura, xa que na ditadura, o ditador pode chegar a ser moito máis eficaz e xusto que calquera político na democracia. Xa que podería ser máis estrito co pobo, pero á súa vez ser respetuoso con el, e deste xeito gañar a súa confianza. Xa que coa política democrática actual hai unha gran cantidade de políticos, pero son case todos incompetentes, e que permiten que a xente do pobo acabe en malas condicións por leis e normas que establecen, que na maioría dos casos son inxustas.
    En resumo, se un ditador é comprensivo co seu pobo e sabe o que é mellor para el e llo dá, este será sen dúbida mellor que un sistema democrático na cal abundan políticos corruptos que soamente levan á ruina ós gobernados, ós cales, aínda por riba de cobrarlles impostos, lles rouban os cartos e non fan nada por mellorar a situación. Polo tanto non, non está xustificado dicir sempre en todas as circunstancias que a democracia é preferible á ditadura, xa que se na ditadura se goberna ben e se leva ó país polo bo camiño, esta vai a ser máis querida que a democracia ineficaz, a pesar de poder escoller o partido que goberne.
    COMENTARIO: A túa argumentación é contraditoria. Primeiro colocas como principal virtude da democracia poder elixir (por certo, dito de dúas diferentes maneiras sen que pareza que te decates de que en realidade te repites: “esta é unha das súas vantaxes: o pobo pode “decidir” quen quere que o goberne”. “Outra das vantaxes é a liberdade de elección”. Outra? É a mesma!). Mais logo, á hora de xulgar se unha ditadura pode ser mellor que unha democracia, esqueces por completo esta vantaxe, co cal dás a entender que non che parece tal vantaxe, ou polo menos non unha vantaxe decisiva, cousa que deberías facer expresa. Logo pasas a afirmar algo tremendo, sen xustificalo de ningún xeito: nunha democracia “abundan políticos corruptos”. Dáste de conta que, seguindo a túa argumentación, iso obriga a que tiveses en conta que a maioría (quen decide en democracia) elixe mal aos seus representantes. Por que? Isto precisaría unha xustificación que non dás, como tamén a cuestión de por qué nunha ditadura non haberían de aparecer estes políticos corruptos. Hai algo nas ditaduras que as faga menos permeables á corrupción? Estas son as cuestións claves que deberías analizar.

  5. o 03 Feb 2013ás 7:35 pm Beatriz Santiago Tenreiro

    Non sei exactamente se é porque foi así ou se foi por unha especie de tópico que se dá agora da dictadura, de que foron tempos moi malos para España. Se Franco era un dictador benévolo? Bueno, non o sei, porque realmente, iso depende das opinións de cada persoa que viviu a dictadura, e son esas opinións as que me condicionan a min tamén á hora de contestar a esa pregunta. Eu penso que todo malo non o puído facer. Como dí miña bisavoa, Franco fíxolle máis ben a España que os políticos de hoxe en dia.
    O que si penso é que Franco delimitou moito as liberdades das persoas que estaban baixo o seu réxime. Como por exemplo, que non se puidesen manifestar, ou o tema da censura, que se tratou na charla con bastante profundidade, ou o feito de non poder votar pólos representantes políticos, ou asociarse formando sindicatos… Non o sei, pero creo que Franco queria crear como unha especie de “país santo”; a base de violencia, o que é un pouco irónico, pero a min é a impresión que me da. E iso pódese ver no tema da censura: censuraban as películas, series ou programas que tiñan escenas “subidas de tono”; de aquí saco en conclusión, coa miña teoría do “país santo”, que se é SANTO, entón non pode pecar, e as “subidas de ton” podían inducir ó pecado…
    Persoalmente penso que ás persoas que son apolíticas ou que non lles interesa, non lles importe quen goberne ou quen non, o que lles importa son as súas liberdades, se quen goberne lles vai quitar o seu dereito a asociarse, ou a ver unha película enteira, ou a expresar a súa opinión. Penso que realmente é iso o que lles leva a moverse en contra das dictaduras, non polo propio feito de que sexan dictaduras, tamén se se dese no caso de que a democracia lles quitase os seus dereitos, tamén se rebelarían contra ela, e preferirían outra forma de goberno que os beneficie.
    Eu o que penso é que depende do réxime dictatorial, de como sexa o dictador e as leis que impoña. As persoas sempre escollen unha democracia porque iso asegúralle que terán os seus dereitos intactos. Nas dictaduras iso non se pode afirmar, xa que o dictador pode facer o que queira. Non creo que nin un goberno democrático nin un goberno dictatorial será xusto nunca. Principalmente porque sempre hai diferentes conceptos de xustiza, aínda que quizais o que máis se achegue sexa o democrático. Xa que, como os representantes foron elixidos pola maioría do pobo, a maior parte do pobo estará de acordo co seu concepto de xustiza, en cambio, nun réxime dictatorial, o dictador, como fai o que quere, pode cambiar a súa forma de ver o que é xusto e o que non.
    Cando se fala do franquismo, o primeiro no que pensa a xente non é nestas cousas, senón na Guerra Civil e nas mortes que houbo, pero tamén hai que pensar en outras cousas, como as citadas anteriormente. O franquismo foi condenado pola violación dos dereitos humanos, aínda que sigue habendo moitos que o apoian, e cada vez xa son menos.
    COMENTARIO: A impresión que produce a túa argumentación é que procuras, por así dicir, “non te coller os dedos”, evitar comprometerte cunha opinión sólida a favor de unha ou outra das cuestións que se che formulan. Finalmente, quédaste no recoñecemento das obxeccións tanto en contra da democracia como da ditadura, pero en cambio non produndizas nos argumentos que poden decidir a favor de unha ou de outra. Por outra banda, o teu concepto de “apolítico” é cuestionable. Semellas entender por “apolítico” aquela persoa que só se move polos seus intereses particulares pero é obvio que moitos políticos non fan outra cousa ¿e por iso son criticados?. Apolítico é quen non manifesta ningún interese polas cuestións que afectan ás decisións políticas.

  6. o 04 Feb 2013ás 11:23 pm Noelia Pájaro Hermo

    A democracia, ten a gran ventaxa de que o pobo pode elixir aos seus representantes a través do voto,o que é bo xa que na maioría das decisións do goberno, o voto do pobo é o que ten a última palabra, por así decilo. Ademais, todos teñen dereito a opinar e loitar polas suas ideas. Nunha dictadura, só os seguidores do réxime actuan en beneficio do dictador.
    Eu penso que unha ventaxa da democracia, é que resolve ou intenta resolver os conflitos da sociedade pacificamente.
    Teño escoitado a persoas maiores dicir que con Franco se vivía meior, que non había esta delincuencia, por exemplo; eu penso que a delicuencia habíaa igualmente, pero como non había ningun tipo de medio de comunicación non se enteraban, polo tanto non creo que esta sea una vantaxe dunha dictadura posto que a violencia e a corrupción son moito peores. Pero a xente que opina que non era tan malo, tamen digo que un ten que ser feliz e acostumarse ao que lle toca. Se lles tocou vivir no franquismo e durante esa etapa creceron, formaron a súa familia etc, tendrán tamén os seus recordos felices. Supoño qe habrá de todo, os que estaban no bando de Franco, que se beneficiaban coa dictadura e os que estaban no contrario que sufriron represións e outro tipo de cousas.
    Non hai razóns para afirmar que unha democracia sexa superior a unha dictadura, por que depende do punto de vista dende o que o mires, e cada persoa pensara dunha ou doutra maneira dependendo do que vivira, e da imaxe que teña de como é unha dictadura. Para min é preferible unha democracia, na que todos participemos aínda que non se cumpre todo como dín.
    Eu diría que Franco non foi para nada benévolo, que so buscaba o seu propio beneficio sen importarlle a quen tivera que matar ou facer sufrir. Non podo opinar con detalle posto que a min non me tocou vivir nada diso, pero diría que el non estaba preocupado polo ben común, e aínda que ñe certo que baixo o seu poder conseguimos desenvolvernos máis economicamente, todos os danos que fixo e todo o que prohibiu, foi moito peor.
    COMENTARIO: Hai moitas incoherencias na túa exposición. Xa no comezo cometes unha evidente falacia de petición de principio: dis que a democracia ten a vantaxe de que o pobo é quen decide e acabas afirmando que iso é unha vantaxe… porque é o pobo quen decide. Para máis adiante dicir que “non hai razóns” para preferir democracia ou ditadura. Non son razóns esas vantaxes? Por outra banda, non se pode retrucar a quen di que no franquismo había menos delincuencia e corrupción, dicindo “pois eu penso que”. Non é unha cuestión do que opinan uns ou opinan outros. Nin tampouco renunciar a dicir nada do franquismo porque “eu non o vivín”. Acaso non podemos xulgar o nazismo porque non vivimos baixo Hitler? Hai documentación histórica abonda para que, quen queira informarse, poida facelo.

  7. o 07 Feb 2013ás 3:58 pm Olga Fernández Ferreiro

    A democracia é un sistema de goberno , no cal , o cidadán ten beneficios ( como o dereito ao voto ) , a liberdade de expresión e a igualdade . En cambio , a ditadura está nas mans dun só individuo e caracterízase pola falta de libertades .

    A democracia debe formar parte de tódolos cidadáns , se carecesemos deles caeríamos nun absoluto descontrol ; por exemplo , o que se refire á liberdade de expresión , moitas verdades quedarían tapadas ou sumerxidas no olvido , ou no ámbito dos dereitos , cada cidadán actuaría ao seu modo , atribuíndo como resultado inxustizas por parte de todos . Se nun caso se dera que non me preocuparan as libertades ás que teño dereito , inicialmente buscaría a forma en que o resto dos cidadánas que loitan por elas a posuíran , é dicir , conseguir unha mellor convivencia por parte das persoas .
    Con todo , están quenes se consideran apolíticos , coa súa despreocupación sobre cuestións políticas e ideolóxicas , a falta de interese por estes temas , ou simplemente a non aceptación de ningunha das ideas políticas que se lle mostran ; o ter que estaren sometidos ao poder dun ditador resultaríalles pouco notable , a diferenta entre gozar ou non de dereitos e liberdades , non lles importaría , xa que non o considerarían un cambio para as súas vidas Cos seus criterios dan a coñecer que serían capaces de vivir nunha ditadura sen opoñer represión e a estar en continuos deberes e obrigacións exclusivamente para o beneficio do ditador . En definitiva , a democracia serve para o respecto á diversidade , é tolerancia e sentido de pertenencia . É apertura e capacidade de actuar con firmeza , pero tamén de ceder ; cada un xoga o seu papel .

    Moitas son as razóns que apoian un réxime democrático ao ditatorial . No ditatorial non ten lugar a división de poderes , a cultura é censurada como a libre expresión das ideas ;non obstante , nunha democracia mantéñense os poderes e as liberdades e opinións abundan .
    Pero aínda que nun goberno autoritario toman as decisións en contradicción coa liberdade ; en un democrático intentan ter en conta todo tipo de xuízos , en certos casos ocurre que un pobo pode saír máis beneficiado sen liberdades , e o ditador é máis eficiente , que contando con liberdades e persoas menos cualificadas .

    Un caso que non encaixa con este tipo é o do Xeneral Franco . Durante a ditadura , pretendía dominar todos os aspectos da vida nacional , refutaba a democracia , a separación de poderes e a soberanía nacional rexida no pobo ; non foi unha figura do goberno benévola , prohibiu todo o relacionado cas liberdades ; pero como consecuencia logrou facer de España un país que sufriu un aumento repentino na economía e desarrollado en varios entornos .

    COMENTARIO:Frouxa argumentación. Tes problemas de expresión que fan que as veces resulten pouco comprensibles os teus argumentos.

  8. o 07 Feb 2013ás 10:05 pm Daniel Suárez Sóñora

    DEMOCRACIA VS DITADURA
    A ditadura como a democracia é unha forma máis de goberno. Suponse que a democrácia tería que ser superior pero cada vez ambos réximes comparten máis cousas. Ata hai un par de anos, tras abandonar un réxime ditatorial, cabía pensar que a democracia era a mellor forma de goberno posible, pero isto non quere decir que sexa o ideal. Na actualidade, a gran cantidade de problemas económicos, políticos e sociais, patentes na maioría de paises desenvolvidos, deixan ver que esta forma de goberno é insuficiente.
    Hoxe en día a clase política cada vez está máis corrupta. Podemos ver como os gobernantes, nos que a xente deposita a súa confianza para dirixir o país, só buscan enriquecerse e satisfacer os seus propios intereses sen preocuparse polo ben común, sexan do partido que sexan. Por iso, se os políticos de hoxe en día son capaces de facer isto e moito máis, teríamos que reflexionar sobre as súas actuacións nunha ditadura como a de Franco. Agora o egoismo dos políticos e a defensa dos seus privilexios fan que a xenten non se preocupe tanto por protexer todas esta liberdades senón pola deplorable situación económica. A principal preocupación dos cidadáns é o deterioro da clase política, o que se traduce en tensións sociais e enfrontamentos continuos. Un exemplo do descontento social son a cantidade de organizacións cidadáns que proliferan como pode ser o15-M ou Stop Desaucios que buscan protexernos fronte aos abusos do poder. Neste caso podo decir que Franco interesouse polo país, se entendemos como tal que buscaba reflotar España e crear unha gran potencia. Aínda que con violencia, terror, represión, etc, un método que non ten cabida hoxe en día, o réxime de Franco acabou coa inestabilidade política que existía anteriormente, pero deixando tras de si moitos mortos, feridos, exiliados, familias desfeitas, etc. Así nos anos 60 España acadou un gran desenvolvemento económico aínda que moi inferior ao experimentado por outros paises europeos. No seu tempo houbo moitos paises que se posicionaron en contra do franquismo pero, facendo mostra da hipocresía humana, cando precisaron dela si que a apoiron e mesmo a defenderon. Polo tanto esto demostra que en determinadas situación e contextos unha democracia non ten porque ser superior a unha ditadura.
    Está claro que un goberno imposto mediante a violencia, a represión, o terror, etc non vai ser eficaz pero tampouco o será aquel no que os seus dirixentes sexan corruptos e incompetentes. Nos nosos días hai moitas liberdades que non existían na ditadura pero tamén é verdade que cada vez máis o estado do benestar que defende a democracia está máis ameazado. Por todos estes motivos algúns mozos e mozas deciden ser apolíticos e apartarse da vida política, polo tanto como non loitan polo que queren eu considero que non teñen dereito a queixarse.
    Ata os 18 anos os rapaces ao mellor non se dan conta da importancia e da necesidade de liberdades como a de elixir os representantes políticos e os gobernantes, o dereito de folga, o de manifestación e o de libre asociación, posto que non lle son concedidos polo momento, pero xa disfrutan doutras moitas como a liberdade de expresión, relixiosa, etc. Tamén cabe salietar que neste momento estanse restrinxindo liberdades, mediante políticas, moitas veces impopulares, acercandose perigosamente ao que entendemos por ditadura. Sen embargo na ditadura a maioría destas liberdades non existían, sobre todo no seu comezo debido ao ambiente de tensión entre os dous bandos, pero no período final a violencia foi moito menor e os dereitos e liberades ampliaronse.
    Así cantos máis dereitos e liberdades teña unha persoa máis feliz é pero sen embargo debe haber restricións, posto que moitas veces no podemos facer o que desexamos.

    DANIEL SUÁREZ SÓÑORA
    2ºA

    COMENTARIO: Argumentación aceptable.

  9. o 09 Feb 2013ás 12:37 pm Zaira Otero Pereira

    En mi opinión,creo que es mejor vivir en una democracia. Yo no viví en persona la dictadura pero sé por la gente que sí la ha vivido que es realmente duro y difícil ya que la presencia constante de los dictadores,su forma personal de gobernar y su autoridad única afectaron la vida de todos los españoles durante casi cuarenta años. Durante este tiempo no había libertad de expresión,si alguien no estaba de acuerdo con sus obligaciones o con las normas establecidas por el dictador,era castigado,o bien matándolo y bien metiéndolo en la cárcel.Estaba censurado todo aquello que mostrase una ideología contraria a la del régimen dictatorial.Había una minoría de la población con dinero y una mayoría con unas necesidades económicas extremas y el dictador en vez de ayudar a los más necesitados,los perjudicaba,y favorecía a la población que estaba en mejores condiciones. En este tiempo también había mucha escasez de trabajo y por ese motivo la gente se trasladó del ámbito rural a la cuidad para trabajar en la industria,en las que tenían una jornada de 48 horas semanales. Las personas de clase media-alta salían de España para buscar empleo y por desgracia tenían los peores trabajos y un sueldo mínimo que lo enviaban a España para ahorar o bien para luego comprar tierras o pequeños negocios.
    En cuanto a la democracia,creo que es mejor vivir en ella mientras se cumpla todo aquello que defiende. Como por ejemplo que sea el pueblo quien escoja a sus representantes en una mayoría,que se gobierne con justicia,que todos los ciudadanos sean considerados iguales,etc. Hoy en día,mediante el voto del pueblo por mayoría,se escoge a los representantes,pero a pesar de esto,los partidos manipulan los votos de algunas personas y hasta hay veces que aparecen personas votando cuando están muertas,con el único fin de ganar los máximos votos posibles. Parece que los políticos están más preocupados de acceder al poder que de hacer el bien común. Los representantes de los partidos no cumplen,la mayoría de las veces,lo que muestran en sus campañas para las elecciones;dicen unas cosas pero terminan haciendo todo lo contrario y por lo tanto acaban decepcionando a sus simpatizantes.
    Como bien dije antes,yo prefiero un gobierno democrático a un gobierno dictatorial. A pesar de que todavía soy menor de edad y no tengo acceso a muchos derechos democráticos,sé que si sigue habiendo democracia,el día de mañana podré tener derecho al voto y por lo tanto podré escoger con toda libertad aquel partido con el que esté a favor. Tendré en cuenta lo que hicieron en el pasado los partidos que gobernaban y a la hora de escoger,me decantaré por aquel que ejerza el bien común para todos. Esto no ocurriría si estuviésemos en una dictadura. Pienso que por el hecho de ser menor de edad,me afecta carecer de derechos democráticos porque a pesar de ser ciudadana de un país,no puedo elegir a los representantes. Y tengo que sufrir las medidas que toma el gobierno en el poder,que muchas veces son negativas para nosotros los jóvenes.
    En la actualidad,muchos jóvenes no se interesan por la polícia,a pesar de pertenecer a un Estado democrático,pero tampoco están a favor de una dictadra porque en este caso perderían todas las libertades,cosa que en una democracia,a pesar de que haya trampas y engaños,no sucede.
    En mi opinión,creo que ni un gobierno autoritario ni un gobierno democrático incompetente son las formas más adecuadas de llevar un territorio. Pero sigo prefiriendo la democracia,ya que propugna la libertad y el bien común del pueblo;esos son sus principios esenciales y espero que en un futuro,cuando ya pueda ejercer esos derechos,secumpla. Si es cierto,que en los últimos años de la dictadura de Franco hubo una cierta estabilidad económica y que,hoy en dia,que estamos en una democracia,hay mucha corrupción y engaños y además,estamos pasando por una crisis económica,pero aquella estabilidad económica afectaba principalmente a aquellos que estaban a favor del Gobierno de Franco,y también fue gracias a la ayuda que España recibió de otros países cuando el dictador abrió su mente al mundo y se hizo más benévolo. La crisis que estamos pasando en la actualidad no se debe a la democracia en sí,sino a los políticos democráticos que eligen mal esa democracia. Si se siguiesen los perceptos de la democracia esto no ocurriría.
    COMENTARIO: A argumentación en xeral é aceptable pero hai algunhas cuestións de feito, como datos históricos, que deberías revisar: dicir, p.ex., que durante a ditadura franquista eran as clases media - altas as que emigraban é evidentemente un erro.

  10. o 10 Feb 2013ás 4:41 pm abel vazquez cajide

    En una dictadura la única cosa buena que tiene es el orden que en ella se da, por ejemplo no hay tatas peleas, pero esto también es malo porque cualquier modo de expresión está prohibido, tu no puedas decir lo que piensas mientras que en una democracia sí. En cambio en una democracia hay muchas cosas buenas como que los políticos están elegidos por nosotros por sufragio universal, por lo que nos representan; otra ventaja de una democracia es que tienes derecho a un juicio justo y no te meten en la cárcel porque si, como pasa en una dictadura. Otra ventaja de una democracia es que estas informado de lo que pasa porque no se censura la prensa como pasa en una dictadura, además en una dictadura suele ser en lugares donde hay mucha pobreza.
    Francisco Franco fue un dictador muy abusivo porque no solo mataba a los que no fuesen de su ideología sino que mataba a gente que él creía que no era de su ideología sin ninguna prueba, o gente sin más para que el resto tuviesen miedo y no se rebelasen.
    Yo creo que hoy en día sería imposible instaurar una dictadura porque tenemos una sociedad muy concienciada y muchas medidas de seguridad, un dictador tendría que tomar no solo un poder sino que tendría que conseguir tener los tres poderes en su persona, algo impensable en nuestros días.
    COMENTARIO: A argumentación é aceptable, a concepción tanto do que é unha democracia como unha ditadura, excesivamente simplista.

  11. o 10 Feb 2013ás 5:20 pm Karim Errifai

    Desgraciadamente mucha gente confunde lo que es el vivir en democracia y ser un demócrata ya que esto comienza desde la propia casa con la educación, principios, conceptos, valores, etc… A esto hay que añadir los derechos y obligaciones que son nuestra responsabilidad como individuos que somos.

    Por un lado se trata de vivir en libertad y del respeto a nuestros derechos individuales y a la decisión de las mayorías, pero por otro lado y en contraparte se trata del respeto a los derechos de terceros y del cumplimiento cabalmente de nuestras obligaciones como ciudadanos.

    En mi opinión los políticos (sobre todo los corruptos) nunca reconocen cuando pierden, estos siempre buscan imponer su santa voluntad através de marchas, manifestaciones o bloqueos en el congreso, esto me incita a pensar que siempre están atentando contra los derechos de terceros y no respetando lo que dictan las mayorías.

    Yo considero, sin duda, que la mejor opción es vivir en una democracia al vivir y no en una dictadura. Como todas las cosas, algo tienen de bueno y también tienen cosas de malo pero por mi parte me parece inconcebible vivir bajo el yugo de un régimen que fomenta la censura y persigue a los opositores. Sin libertad de acción ni pensamiento, con toques de queda, sin participación ciudadana en las decisiones importantes de país, sospechando siempre del vecino o el compañero de trabajo, viendo con desconfianza a la fuerza publica y a las fuerzas armadas.

    Bajo la dictadura de Franco, los españoles sabían que estaban oprimidos y, tras la muerte del dictador, el pueblo español que sobrevivió al franquismo supo reaccionar y construir lo que entonces creyó que iba a ser una democracia ciudadana, pero ¿podrá reaccionar del mismo modo la sociedad española actual?
    Lo único que nos separa y lo que nos puede responder a esta pregunta con total seguridad es el tiempo.

    COMENTARIO: Boas argumentación y reflexión. Con todo, a fórmula final, deixando a resposta ao tempo futuro, ademais de evasiva paréceme algo tópica.

  12. o 10 Feb 2013ás 7:53 pm Irene Lesende

    A contraposición entre democracia e dictadura é o tema actual,xa que cada día chegan a nós máis e máis noticias da deprimente corrupción existente nun país donde se rexe unha democracia ,que supostamente se estableceu para a defensa do ben común e non do individual como está a ocorrer.
    Pero que a idea de democracia se esté ensuciando por momentos,non quere dicir que a antiga dictadura tivese unha repercusión de carácter positivo.Xa que pola información que teño do que foi esa dictadura (aínda que non a vivise en primeira persoa) penso que todo tivo un carácter negativo.
    Ben é certo que ninguén sabe da existencia de corrupción nesa época,pero tamén se sabe que a poboación vivía nun estado de continua desinformación e que durante ese período,illouse a España de todo o que ocorría no exterior, fose negativo ou positivo.Se cadra se o noso país tivese contacto co resto dos países na época franquista,o desenvolvemento do país daríase moito antes ,pero sería unha tontería poñerse agora con lamentacións…Pero sí, pararse a pensar o grande atraso que causou con respecto aos dereitos dos individuos,a chegada da dictadura.Unha dictadura que para unha persoa acostumada a vivir nunha democracia,sería case imposible de soportar. Igual que a todas as persoas partidarias do franquismo,lles costa soportar algunas cousas da democracia.
    Persoalmente nunca chegarei a pensar que Franco fose unha persoa benévola,e moito menos preocupada polo ben común,porque persoalmente unha persoa que quere o ben para todos,non se mostra indiferente á morte de miles de persoas que en moitos casos non é que estivesen encontra del,senon que desexaban unha evolución da lingua,da cultura,e da situación do noso país.O peor de toda a dictadura foi iso,os milleiros de persoas mortas e as numerosas familias que pasaban fame.Ben e certo que non se coñece corrupción algunha ,pero sí un grande número de persoas vivindo en condicións extremas de pobreza,entón,onde se atopaba concentrado o capital económico naquela época?O que sí se pode asegurar é que tanto Franco como todas aquelas persoas que estaban na súa sombra,endexamais pasaron fame.
    Se realmente a democracia se cumprise como o que debe ser unha democracia,sen corrupción.Entón sería partidaria dela,pero como iso non é así , non estou dacordo con ningunha das dúas posición.
    COMENTARIO: A debilidade da túa argumentación, fóra de erros de expresión que deberías corrixir no futuro, estriba no manexo de datos notablemente erróneos. Así, dicir que non hai información sobre existencia de corrupción no período franquista só proba a túa desinformación. Abonda con que busques datos sobre o estraperlo e o caso Matesa, o primeiro un fenómeno de corrupción xeneralizada do primeiro franquismo, o segundo un escándalo económico a finais dos anos sesenta. En cambio, falar de “milleiros de mortos” como resultado da represión do réxime é obviamente unha esaxeración.

  13. o 10 Feb 2013ás 10:59 pm Mario Furelos Gómez

    Democracia: Demos= pobo, krátos= poder. Segundo esto a palabra democracia significa que o poder reside no pobo .
    Se unha democracia está ben aplicada, non habría por que preferir unha ditadura xa que, neste sistema político , búscase o ben do pobo debido a que este é quen goberna. Nunha ditadura, síguense unhas normas impostas polo ditador e se non as sigues ninguén lle impide que tome medidas contra ti tales como quitarche a vida se lle ven en gana.
    Con esto quero dicir que sempre que unha democracia se aplique correctamente é mellor á unha dictadura.
    E se fose unha ditadura que busca o ben común? Reflexionando sobre esta cuestión, o ben común sería o ben do pobo, para acadar o ben do pobo, sería este quen tiña que ter o poder, polo tanto, non sería unha ditadura preocupada polo ben común , unha democracia “camuflada” ? Que función desempeñaría o ditador? Non se convertiría o ditador nun presidente?
    Vexamos agora a posibilidade de que no goberno democrático haxa políticos corruptos como é o caso fronte a ditadura de Franco.
    Qué implica que no poder haxa políticos corruptos? Se a corrupción non provocara un cambio de sistema politico, non reducirían realmente as liberdades dos cidadáns cousa que nunha ditadura si se faría. Para solucionar este problema non habería que facer outra cousa que cambiar de goberno e presentar a estas persoas ante a xustiza.
    Implica esto que unha democracia sexa sempre mellor que unha ditadura agás que esta busque o ben común, que como ben dixen antes, non sería máis que unha democracia “camuflada”.
    “foi Franco un ditador benévolo?” está claro que alguén benévolo non organizaría un exército para matar e perseguir a persoas con outros ideais.
    Outra vantaxe que ofrece a democracia fronte a ditadura franquista é a non censura de películas, por exemplo.
    Centrándome na democrácia, non me gusta nada como é tratado aquí, en España, este sistema político. Explícome: a democracia que se aplica aquí non lle da ao pobo o real poder que debería ter. Vexo o primeiro problema en poñer a política como un traballo, ou polo menos neste sistema político si, porque unha vez posto o diñeiro por medio o político solo se centrará en gañar eses cartos e apartará dos seus obxectivos que se faga correctamente o que o pobo quere.
    Nun dos programas de “Salvados” da sexta, ( non sei que día foi emitido ), Jordi, o presentador, viaxaba a suiza, onde teñen un sistema político democrático, pero un pouco distinto. Eu atopei o video navegando por internet e de ahí saquei a idea de que poñer a política como un traballo era un problema.
    Para rematar, deixo aquí a ligazón , por se lle gustaría botarlle unha ollada : http://www.youtube.com/watch?v=Q_MfqCU4JuY (perdón pola calidade de vídeo, non atopei outro con unha mellor).
    COMENTARIO: Entendo que a túa argumentación adoece dunha mala comprensión da diferenza entre democracia e ditadura, como se pon de relevo na consideración de que, se unha ditadura favorece ao pobo, sería unha “democracia camuflada”. O que distingue a un réxime do outro é que os gobernantes sexan elixidos polos cidadáns e que estes dispoñan de liberdade. Do que se trataba, logo, era de reflexionar sobre en que medida un ditador, aínda non sendo elixido polo pobo, pode con todo gobernar a favor dos seus intereses (os intereses do pobo), do mesmo xeito que todo o mundo admite que os gobernantes democráticos moitas veces non gobernan seguindo eses intereses (os do pobo) senón intereses privados doutro tipo. Aquí é onde entra a cuestión que ti suscitas, seguindo o programa do Évole: hai quen opina que a existencia de políticos profesionais conduce a que estes deixen de preocuparse polos intereses dos electores para facelo exclusivamente da “clase política” á que eles pertencen. Un tema ben interesante pero que, na miña opinión, ti non tratas debidamente.

  14. o 11 Feb 2013ás 1:21 pm Samuel Ferreiro

    A hora de contrapoñer unha democracia a unha dictadura, coñecendo o tipo de dictadura que o territorio Español sufriu, non hemos de pensar moito para decir que sin duda a dictadura e unha opcion totalmente rexeitada, a democracia sin duda e a opcion viable, esta ofrece gran numero de ventaxas como por exemplo que todo o mundo maior de idade ten dereito ao voto, e dicir a escoller os dirixentes do seu pais; tamén a liberdade ofrece liberdades que a dictadura que sufrimos non nos brindaban, unhas regras, uns dereitos e un deberes que todo o mundo ten e que polo xeral, non deprecian a ningun tipo ser humano dentro da democracia. A dictadura, polo xeral non soe ser nada ventaxosa, e dicir adoita ter unhas normas que sempre han de reprimir a algun tipo de persoa que teña uns ideais que se opoñan aos da dictadura, pero dita dictadura non sempre ha de ser todo desventaxas, e certo que sera unha direccion do pais imposta, e non ofrecera o mesmo tipo de liberdades, e agora trataremos ese tema.

    Unha dictadura “brusca”, seguramente restrinxa os ideais de moita xente, xente que non vai a estar dacordo coa dictadura, pero a dictadura pode ser que dirixa ben o pais, nese caso estariamos a tratar cunha dictadura que nos poderia ser favorable? Penso que si e que non, e pura realidade que si non reprime demasiado as liberdades e leva o pais polo bo camiño, non teria porque ser malo, se para contrapoñer esta dictadura esta unha democracia que o que mellor fai e roubar cartos publicos. Nese caso cal seria a opcion viable? Unha dictadura permisiva pero que reprime algun tipo de pensamentos e accions, que leva ben o pais, ou unha democracia corrupta que ofrece todo tipo de liberdades?

    Unha democracia deberia ser claramente preferible, pero no momento no que miles de persoas non teñen vivenda, ou perden a gran parte das suas cousas para poder comer, un pais no que a maioria da xente ten que roubar para comer, e no que as liberdades estan levadas a un punto tan extremista que leva a cometer atentados a xente asi porque si e as veces sin razons empiricas.

    Hoxe en dia, no mundo que estamos a vivir, que reina a corrupcion, poderiamos preferir unha dictadura, pero apesares de esas posibles ventaxas que ten a dictadura permisiva, unha dictadura nunca e boa, polo que o que se deberia facer seria que os corruptos deixasen de roubar, porque a democracia e a mellor opcion.

    Polo que a miña conclusion e que o problema non e a democracia, nin o problema dunha Democracia ou unha Dictadura, senon que o problema e quen a rixe. A dictadura non se pode arreglar porque si ou si e algo imposto, pero si e unha democracia, si que se pode arreglar porque o problema non son as bases, senon quen as rixe.

    En canto a si Franco foi un dictador benévolo, si fose benévolo nin mataria a todo aquel que se opuxese a sua politica, nin restrinxiria as muller tal e como fixo, a sua liberdade. Na miña opinion un dictador nunca pode ser benévolo, Hitler tamen levou ben o seu pais, ata ahi pode que fose un tanto benévolo, o problema foi cando comezou a masacre contra os xudeos. Polo que nunca un dictador sera benévolo.

    COMENTARIO: O primeiro problema é o mal redactado que está, nun galego cheo de castelanismos e con abundantes faltas de ortografía (malia ter corrixido eu as máis gordas!). A túa argumentación apunta algunhas cousas que poderían ser interesantes pero de xeito confuso e con erros conceptuais. Así, por exemplo, parece que non entendes o significado do adxectivo “viable”: quere dicir o mesmo que “posible”, “factible”, “realizable”. Carece logo, en principio, de connotación valorativa, no sentido de que algo viable non é por iso mellor (máis xusto) que algo menos inviable, agás que pensemos que o “non viable” debe ser por iso mesmo descartado como xusto porque unha xustiza que non é viable non pode chegar a ser xusta. Pero ti non vas por aí na túa argumentación…

  15. o 11 Feb 2013ás 10:35 pm Martín Domínguez Díaz

    VIVIR NO FRANQUISMO, VIVIR EN DEMOCRACIA:

    Na miña opinión, vivir na ditadura pode influír nos mozos de dúas maneiras, se xa se naceu na ditadura ou esta comezou a unha idade moi temérana ou rapaces que xa tiñan certa idade e que polo tanto uns ideais políticos formados que poden estar a favor ou en contra deste novo réxime, outra forma de que o réxime afecte aos rapaces son os ideais dos pais que habitualmente se transmitiran de pais a fillos polo menos na maioría dos casos. Estas interferencias poden afectar aos rapaces da nosa idade de diferentes formas: en primeiro lugar se es fillo dun republicano, a presión de vivir sabendo que poden matar ao teu pai calquera día, tamén te afecta xa que esa educación a favor do réxime te deixara marcado dalgunha maneira.
    Unha ditadura non so persegue aos que se meten na política se non que por cometer calquera falta que se considere ofensiva contra alguén do réxime podes ser castigado, na miña opinión unha ditadura nunca será mellor que unha democracia porque nela xamais todos os cidadáns viviran en igualdade de condicións ante a lei.
    Nas democracias sempre houbo corrupción pero nas ditaduras tamén e a diferenza da democracia na ditadura se esa corrupción favorece a algún representante do reximén e non desfavorece ao ditador no poder non e castigada mentres que na democracia si.
    En conclusión unha democracia por moi corrupta que estea sempre será mellor que unha ditadura xa que na democracia ante a lei todos loitamos en igualdade de condicións e ademais nas democracias o poder o ten o pobo e a violencia non e o método para obtelo e mantelo.

    COMENTARIO: A argumentación é boa aínda que falta un algo máis de desenvolvemento das cuestións que se che propoñen.

  16. o 15 Feb 2013ás 11:07 pm Dafne González Conde

    A democracia ten unha vantaxe moi importante: hai liberdade de expresión. As persoas poden crer o que queiran, ter os seus propios ideais e as suas crenzas-tanto políticas como relixiosas-, e non se acepta a opresión. Na democracia, en teoría, somos todos iguais, e todos temos dereitos.
    Unha ditadura non acepta a liberdade de expresión.
    É certo que quen está dacordo con ela, sae beneficiado, e o que non está dacordo, terá gardar silencio polas boas ou polas malas. As cousas que dicía un ditador tiñan que ser acatadas polo pobo, e había que facer todo o que ese ditador quería; “Isto é así porque eu quero que sexa así e porque eu o mando” é o que sucede nas ditaduras, e non se mira si é bo ou malo para o pobo, simplemente mírase se é bo para quen teña o mando, e punto. Pero polo menos, ao haber un só partido político, non había tantas pelexas entre políticos como habería nunha democracia. A corrupción non estaba tan extendida, pois ao ter unha soa persoa e os seus acólitos o poder, non había nin autonomías nin nada polo estilo, polo que os cartos, por poñer un exemplo, só roubábaos (se o facía) unha soa persoa, non pasaban por cada representante de cada autonomía, quedando como consecuencia menos cartos dos que deberían quedar. O poder lexislativo, executivo e xudicial recaían nun só sitio, non habendo desta maneira tanto transporte de documentos nin nada. Tamén é certo que moitas cousas necesarias para o pobo, a través dos representantes do goberno (Gobernos Civís) en cada provincia, facían de filtro para que quedase archivado por “século seculorum” e non chegarán ao Poder Central.
    Hai que dicir que nunha ditadura os delitos posiblemente foran menores, pois castigábase severamente a calquer alborotador. Desta maneira, a xente andábase con coidado de non facer trastadas. Antes, por exemplo, un neno de 5 anos podía quedar só na casa sen perigo ningún, ou ir a mercar o pan el só pola calle.
    Os extremismos son malos. Nin tanto de un, nin tanto de outro. Nas ditaduras, na de Franco concretamente, un era culpable ata que se demostrara o contrario, e calquera persoa que mostrara públicamente o seu desacordo co réximen era severamente castigada, mesmo coa morte. Nunha democracia -nesta que vivimos agora mesmo en España- todos son inocentes ata que se demostre o contario. Dáselle carta blanca a todo o mundo, e a xente fai o que lle peta. Móstrase pública e descaradamente todo o que un pensa, e hai liberdade e dereitos para todos. Eses dereitos exércense, en moitísimos casos, sen ter en conta os deberes e as obligacións. E é que para ter dereitos, tamén hai que ter e cumplir coas obligacións de cada un. Un caso que vou poñer por exemplo é o dalgunhas persoas que son unhas “trepas”, que nin traballan nin nada, e viven do conto. Un día quédanse sen nada, e din “teño dereito a unha vivenda digna”. Ben, é certo, pero eu diríalles: “Si, vale, tes dereito a unha vivenda digna. Levas toda a vida sen facer nada, sen estudiar nin traballar, e pretendes que che den unha casa e un plato quente na mesa polo morro? Non señorito; tes dereitos, por suposto, pero tamén tes obligacións, e iso é algo que non cumples”.
    É necesario aclarar que non debería xeneralizar, pois hai unha infinidade de persoas que por determinadas razóns non teñen nin traballo nin nada, ou se o teñen págaselles unha miseria. Esas persoas teñen DEREITO a un soldo digno, pois cumplen cunha obligación moi importante: a de traballar. Tamén, por poñer outro exemplo, (son partidaria dos exemplos, teño que recoñecelo) as persoas que viven na África subsahariana teñen dereito a comida e medicinas, pero alí, por desgracia, non hai nin democracia nin nada.

    Non obstante, en España existe unha Constitución que indica os deberes e obligacións de cada cidadán español, algo impensable nunha ditadura. Sen embargo -en canto aos dereitos refírese- quedan moi ben reflexados no papel, pero á hora da verdade esos dereitos son os mesmos ca nunha ditadura. Por exemplo, o dereito a unha vivenda digna, a un traballo… e tal como podemos ver actualmente, moita xente non ten dereito a nada diso, porque e posíbel que moitas desas persoas pola situación actual non podan cumplir coas súas obrigas cando durante moitos anos sí o fixeron.
    Franco non era “malo” coma quen di, simplemente tomaba represalias con todo aquel que manifestara o seu desacordo con el. Fixo mal, obviamente, en fusilar e encarcelar ao terminar a Guerra Civil a quen loitaran na súa contra ou quen tiña coñecemento dos seus ideais políticos (comunistas, socialistas…), pero tamén fixo moitas cousas boas. Con Franco non había IVA, pois o Estado non pretendía enriquecerse; simplemente poñía como pequenos impostos ao tabaco, ás bebidas alcoholicas, etc. Ademais, polo que sei, a partir dos 60 co “desarrollismo” comezou a favorecer en certo modo á clase media-baixa facilitando e cubrindo os gastos básicos como a comida, estudos, roupa… Só o básico. De feito, a sanidade pública comezou con él, e o sistema sanitario español pasou a ser o mellor de Europa.
    En cambio, nesta democracia os políticos corrómpense e só pretenden enriquecerse máis e máis, e cando o Estado se encontra sen cartos, o que fan é recortar gastos (dos demais, claro, pois os seus soldos son INTOCABLES)e subir impostos. Teño noticia que hai pouco unha rapaza pequena morreu de inanición aquí en España haberá uns cantos anos. Cantas familias, cos seus membros en paro, están desahuciadas e sen vivenda nestes momentos? Non era que, según a Constitución, todo cidadán español ten dereito a unha vivenda e a un traballo? Coa ditadura de Franco polo menos tíña-la seguridade de que ao acabar os estudos ías ter un traballo. Pero, agora?
    Unha democracia ten moitas cousas boas, pero nunha ditadura non é todo negro tamén. Con todo isto, fágome unha cuestión: que é mellor, unha ditadura, ou unha democracia? Pois non o sei. A min gústame expresar o que penso en todo momento sen medo a que haxa consecuencias, pero tamén gústame almorzar, comer e cenar. De que me serve defender os meus ideais, ter dereito á folga e manifestarme na calle para mostrar o meu desacordo con algunha reforma ou lei (que, por certo, ao final unha democracia na práctica pórtase un pouco como unha ditadura, pois un pódese expresar o que queira, pero ao final non lle fan caso ningún e fan o que lles peta) se ao chegar á miña casa teño a nevera vacía?

    COMENTARIO: É perfectamente aceptable que trates de xustficar a túa argumentación mediante a comparación da España baixo a ditadura franquista e a España democrática. Pero, primeiro, paréceme doadamente demostrable que a túa visión “benévola” do franquismo non se compadece ben coa súa realidade. Por poñer un só exemplo: tan só ben avanzada a década dos sesenta (é dicir, apenas unha quita parte do tempo que durou o franquismo) pode dicirse que en España había acceso asegurado ao traballo; deberías lembrar que nas décadas anteriores os españois emigraban masivamente. Por que querían vivir aventuras polo mundo adiante? Non, porque en España non había traballo. E, segundo, dicir que o Estado democrático quere “enriquecerse” e dicilo como unha crítica, que sentido ten? Acaso debería querer “empobrecerse”? Interpreto que o que acontece é que ti separas “Estado” e “cidadáns españois”, unha escisión certamente común pero que, de ser certa, evidenciaría unha carencia no Estado democrático. Ou acaso ti cres que o Estado é unha posesión do goberno ou dos “políticos”? O Estado non cobra impostos para se enriquecer senón para dispór de recursos cos que financiar os servizos públicos aos que ti mesma dis non querer renunciar: educación e sanidade públicas, vivendas, estradas, etc. No franquismo non había un sistema impositivo tan amplo como actual, certo; pero, non tería iso tamén algo que ver coa deficiencia (e nalgún caso mesmo inexistencia) dos seus servizos públicos?

  17. o 17 Feb 2013ás 3:23 pm Lucía Pérez Lemos

    Sendo sinceira podería equivocarme moito dicindo o que penso sobre a democracia e sobre unha dictadura xa que seguramente non estea ben enterada das duas cousas.
    Eu como moza non creo que todos os mozos e mozas non vaian usar esas liberdades xa que nos tamén temos a nosa forma de pensar e os nosos dereitos como seres humanos que somos.Si que é verdade que se non somos maiores dos 18 non temos dereito ao voto e a outras actividades pero penso que nos influe igual e que miramos polo noso futuro como cidadáns.
    Para min que as maiores vantaxes de vivir nunha democracia é a liberdade de expresión.Poder dicir o que pensas e loitar dalgunha maneira polo que pensas que non é bo,poder escribir sin que nadie che prohiba escribir sobre determinados asuntos,poder decidir quen pensas que é mellor para representarte ,etc.Tamé para min,a maior desvantaxe é que a democracia sexa corrupta,aínda que creo que non coñezo ningunha que non o fora .
    E a maior desvantaxe dunha dictadura é a falta de liberdade de expresión e non poder escoller un representante. Pero si é verdade que na dictadura de Franco houbo una estabilidade pero non creo que todas as dictaduras foran iguais que as hai máis ou menos duras,pero que aínda así para min non ter a liberdade de expresión e pensamento é o máis importante.
    Busquei na wikipedia a palabra “apolitico” para enterarme exactamente do que era pero sego sen aclararme. Coa miña idea de apolítico penso que non lles interesa realmente a política pero se a política fai algo que lles influa mal a eles creo que é normal que se poidan sentir molestos. Ou se un dictador pon leis nas que lle influe para mal a esa xente aínda que non participen na vida política ,tamén é normal que se sintan molestos xa que teñen algunha maneira de pensar e quererían como todo o mundo poder expresarse libremente .
    COMENTARIO: Argumentación pouco desenvolvida. En efecto, a min tamén me parece que debería profundizar máis nos conceptos a tratar pero como un primeiro intento véxoo aceptable.

  18. o 17 Feb 2013ás 11:24 pm Rebeca Montoiro Rodríguez

    Sen dúbida, a diferenza principal entre a ditadura e a democracia é que nun réxime ditatorial non existe división de poderes, e todos se concentran nunha única persoa que actúa según o que lle parece o máis correcto sen ter en conta o que opinan os cidadáns sobre os que exerce ese poder e ós que afectan as súas decisións. A democracia, pola sua parte, caracterízase porque os cidadáns teñen o dereito a elixir ós seus representantes, e polo tanto a participar activamente na toma de decisións.
    Dende o meu punto de vista unha democracia ten moitas máis ventaxas que unha ditadura. En primeiro lugar, o simple feito de que na ditadura se deban acatar as decisións tomadas por un ditador sen poder decir nin facer nada, aínda véndote afectado directamente, paréceme totalmente intolerable. Polo tanto, o dereito a voto é, sen dúbida, unha das maiores ventaxas da democracia, xa que che permite ter liberdade para elixir as persoas que baixo o teu punto de vista realizaran mellor a labor e cuxas opinións coinciden máis coas túas. Nunha ditadura, como claro exemplo que é o franquismo, os cidadáns non só tiñan que aceptar sen protestar a forma de actuar do goberno, senón que ademais vían, en moitas ocasións, vulnerados os seus dereitos fundamentais. As mulleres, adoitaban ser as grandes perxudicadas neste réxime, únicamente podían adoptar o papel de ama de casa, esposa e nai véndose sometidas ó mandato do home. Sen embargo na democracia os cidadáns contamos cunha constitución que contén os nosos dereitos e liberdades. Outra das grandes ventaxas é a liberdade de expresión, nas ditaduras, un exemplo de represión desta liberdade é a manipulación que se realiza sobre os medios de comunicación. A éstes unicamente se lles permite emitir aquilo que non afecte ó interese do poder, e que exerza sobre a poboación o efecto máis beneficioso nese momento, evitando así a difusión de novas ideas ou o coñecemento de certas noticias. En conclusión, unha democracia, como ocurriu en España, trae consigo moitos avances en tódolos ámbitos.
    En canto as cuestións plantexadas no blog, en primeiro lugar considero que, independientemente de que non poidamos usar o noso dereito a voto hasta a maioria de idade, isto non fai que sexa, sen dúbida, un dereito fundamental e imprescindible. Que non poidamos facer uso del non significa que non sexamos conscientes do que supón e do diferente que sería todo se non o tivéramos. Baixo o meu punto de vista, o simple feito de que saibamos que o voto é un dereito ó que imos ter acceso fai que pensemos e que as nosas ideas se formen dun xeito diferente a como o farían se esta posibilidade non existira. Carecer deste dereito significaría ser educado nun ambiente totalmente diferente, e faría que moitas das cousas que hoxe consideramos normais e respetables, como o dereito á folga, as manifestacións etc. fosen totalmente impensables.
    Si que é verdade que moita xente afirma que non está interesada na política, pero dende o meu punto de vista, unha cousa é non estar interesado e outra moi diferente é que, por iso, che dea igual vivir en democracia que en ditadura. Todo o mundo apolítico ou non, ten as súas ideas e non creo que a ninguén lle guste ter que vivir sometido a unhas normas sen poderse expresar libremente. E sí, pode ser verdade que durante o franquismo só se perseguira aos que se metían na política, pero eso non significa que moita xente que, por non ter problemas, non se arriscase a mostrar as súas ideas, non estivera dacordo con esa outra que sí protestaba.
    Para min hai razóns máis que de sobra para afirmar que unha democracia é mellor que unha ditadura, segundo eu considero, ser libre para expresar as túas opinións e non verte sometido ó mandato de ninguén é algo imprescindible, e iso un réxime ditatorial non o ofrece.
    Unha cousa é certa, hoxe en día a maioría dos políticos fan o que máis lle convén, e a maior parte son corruptos. Isto paréceme totalmente inaceptable, pero con todo, sigo pensando que é mellor vivir nun réxime no que podes protestar ante estas situacións e ter o dereito a elixir a outros representantes, que vivir nun réxime cun gobernante indiscutible. A fin de contas, cal sería a diferencia? nunha democracia ben é certo que son os políticos os que se dedican a roubar e a favorecer ós que eles lle interesa, pero nunha ditadura o ditador pode facer exactamente o mesmo, coa única diferencia de que ninguén podería facer nada para impedilo. Con todo, paréceme intolerable e incrible que os nosos políticos, en vez de realizar o seu traballo e facer o mellor para todos, se dediquen a aproveitar a su posición, pero considero que un réxime ditatorial non suporía ningunha solución, e mesmo sería peor.
    En determinadas circunstancias pode que unha ditadura sí que servira para conseguir unha certa “paz”, como pode ser o exemplo de Franco, pero cal é o prezo desa paz? cal é o prezo desa tranquilidade política e social? merece realmente a pena vivir reprimidos? baixo o meu punto de vista non. Sí, é certo que durante os anos que durou en España a ditadura de Franco se conseguiu un certo progreso económico, pero con moito retraso en comparación con outros países, co cal tampouco significa un gran dato a favor da ditadura. Non considero que benévolo sexa un adxetivo que se lle poida a aplicar a ningún ditador, e desde logo Franco, non foi unha excepción.
    En conclusión, particularmente decántome pola democracia, aínda que non por unha coma a actual, se non por unha real, libre de corrupción e totalmente íntegra.

    COMENTARIO: En xeral, moi boa argumentación. Se cadra, poderíase cuestionar que sitúes primeiro como esencial para a democracia a división de poderes, un tema que logo apenas desenvolves.

  19. o 24 Feb 2013ás 7:16 pm María Cordo Fernández

    A democracia é unha forma de organización social que atribúe a titularidade do poder ao conxunto da sociedade, é dicir, é o pobo quen toma as decisións, en cambio coa ditadura é unha forma de goberno na cal o poder se encontra en torno a figura dun só individuo. Na miña opinión a ditadura só ten desvantaxas e ningunha vantaxe. Na ditadura o poder recae só nunha persoa e as demais non teñen ningún poder nin liberdade, non poden decir o que pensan, só poden facer o que obliga a persoa co poder. Entón para min esa situación non é unha vida xusta, xa que todas as persoas temos os mesmos dereitos e liberdade, cada un é libre de dicir o que pensa, e de escoller a quen quere que o representa no goberno, non como pasa na ditadura. A democracia ten as súas ventaxas, xa que cada individuo ten liberdade e pode decidir quen quere que o represente e decidir sobre as decisións que afecten a unha sociedade. A democracia non sempre cumpre ben estos requisitos, xa que moitos políticos rouban, estafan e toman decisións para o seu beneficio, en vez, de tomar a millor decisión para unha sociedade.

    Todo o mundo necesitamos liberdade para decidir sobre as decisións que nos afectan, cada persoa ten o dereito de decidir sobre ela sen que ninguén decida ou inflúa. Os mozos e mozas si que as utilizan, cada un de manera distinta e con pensamientos diferentes, pero si ti non estas de acordo con algo nunha democracia tes dereito a facer folga para intentar que cambie, por iso, si que as utilizan e a hora de decidir sobre un representante tamén. SE non puideses expresar a túa opinión, nin facer folgas, ti terías que facer o que che manden sen poder facer nada, e iso non é ser unha persoa nin ter unha vida, xa que para min unha persoa é aquela que ten os seus pensamentos e expresalos e se non lle gusta algo intentar cambialo, senón non serias ti mesmo, serias como un robot facendo o que che manden e non serias feliz, xa que non terías dereitos e non podes vivir ben. Todo isto pasa na ditadura, unha democracia si que che deixaría expresar o teu des acordo, e levaría a acabo as decisión tomadas en conxunto.

    Unha democracia con políticos incompetentes tomaría malas decisións con repercusións prexudiciais para as persoas, pero unha ditadura segue sendo unha ditadura, sen ningunha liberdade. Eu prefiro estar nunha democracia, xa que podes facer folgas para cambiar a situación ou nas proxima eleccións poder elixir outro representante antes que un individio teña todo o poder e utilice a violencia para lograr obxetivos que queira.

    Para min Franco non foi un ditador benévolo, xa que por ter ideas politicas diferentes que non son iguais a do réxime imposto polo ditador, teñan que matar a esas persoas ou encarcealas, xa que todas as persoas teñen os mesmos dereitos e cada persoa pode pensalas e expresalas. Eu creo que nunha ditadura xa non hai un ditador bénevolo, porque se caracteriza polo autoritarismo, é decir el ten todo o poder, e vai a ir a favor das súas ideas e se hai xente que non esté de acordo vaille dar igual, porque el decidirá o que quere facer.

    Se a dictadura é un goberno onde o poder teno unha soa figura nunca vai ir a beneficio do colectivo. A democracia tería que tomar as decisións entorno a maioría dun conxunto non a unha soa persoa, pero a democracia que se leva a práctica non sempre cumpre esto, pero para min a democracia sempre é millor a unha ditadura.

    COMENTARIO:Coido que a túa argumentación podería ser cualificada de circular (falacia de petición de principio): a democracia é boa porque é democrática; a ditadura mala porque é ditatorial. Vexámolo na análise da hipótese do ditador benévolo. Ti desbótala porque o ditador vai “ir a favor das súas ideas”. Aceptémolo. Pero, por que esas ideas teñen que ser malas? Sobre iso nada dis. Parece que dás por sentado que as ideas dun só teñen que ser necesariamente peores que as ideas dos moitos (os que deciden en democracia) pero, primeiro, ti mesma o pós en dúbida cando recoñeces que en democracia as decisións poden non ser as mellores; e, segundo, aínda que as decisións democráticas respondesen sempre ao desexo das maioría, garantiría iso que fosen as máis xustas? Da túa argumentación semella derivarse unha identificación entre “ser libre” e ter dereitos para exercer esa liberdade, e ser feliz. Pero estás segura de que é así? De que lle serve a liberdade a alguén que está parado e non ten diñeiro co que se alimentar el e alimentar á súa familia? Faille iso feliz?
    Finalmente, quero chamarte a atención sobre a mala redacción de algúns parágrafos. Así: “… decidir sobre as decisións que nos afectan … Os mozos e mozas si que as utilizan…” Utilizan “as decisións”? Supoño que te refires á utilización do dereito a decidir pero, tal e como o escribes, non é o que se entende.

  20. o 24 Feb 2013ás 9:24 pm Andrea, 1ºB

    Unha democracia, en teoría, caracterízase polo dereito de escoller aos representantes políticos do pobo e por ter recoñecidos unha serie de dereitos referentes á liberdade dos individuos: liberdade de expresión, relixión, asociación, manifestación… A democracia como definición tería estas vantaxes, pero o inconvinte que presenta é que as minorías nunca terán opción de representación política e que o sistema responde a favor da maioría, e esta maioría pode ser inxusta.
    Agora ben, unha democracia corrupta, como a que vivimos hoxe, ten pouco que ver con esta idea precedente. O feito de que estén saindo día tras día concelleiros de toda España imputados por casos de corrupción, mostra que na democracia non todo é tan transparente como debería ser. O sistema fiscal e inxusto: mentres que as persoas con maior poder adquisitivo se evaden de pagar impostos, os das clases máis baixas teñen que conformarse vendo como unha parte do pouco que teñen vai dirixido a iso. Un caso que me chamou a atención foi o dunha señora que por roubar pañais (dixeron que por non ter cartos para manter á súa filla) condenarona ao cárcere, mentres que para todos os políticos que non paran de “colapsar” as noticias por casos de roubo de miles de euros o cárcere é algo demasiado abstracto. Ademais os intentos do goberno de introducir a relixión na educación pública é un paso que pode levar a imposición do estudo do catolicismo nas aulas, situación que corrompería esa liberdade de relixión da que falaba antes. Que moitas das manifestacións sexan consideradas ilegais mais o tema da relixión dannos a entender que nunha democracia corrupta estanse recortando as liberdades individuais que deberían ser absolutas. E para que quere un mozo ou unha moza esas liberdades se non as vai usar ata a maioría de idade? E se cres que non che afectan, por que te preocupas por eles? Non nos afectan de forma directa moitas delas, xa que nós non eliximos aos representantes políticos, pero si nos incunben as súas decisións en educación, sanidade…E ademais, non se pensa no presente, senon tamen no futuro. E se defendemos agora unha serie de dereitos é para preservalos e conseguir mellores formas de vida máis adiante.
    Pola contra, a ditadura defínese como un rexime totalitario no que os poderes recaen nunha soa persoa que ten sometido ao pobo. Neste sistema non existen liberdades de ningún tipo: nin de lingua, nin de relixión, nin de expresión…
    Aínda que moitos xóvenes se declaren apolíticos, non quere dicir que non queiran defender unha certa calidade de vida. Nun sistema no que o poder está exercido por un ditador, as liberdades están coartadas, e sexan ou non apolíticos, aféctalles.
    En canto o que se di de que no franquismo só se perseguía á xente que estaba metida en política, teño que dicir que eu non escoitei nunca tal cousa. Durante o franquismo, segundo as miñas fontes, se perseguía a calqueira civil que estivese en contra da ideoloxía do ditador, xa fosen escritores, políticos importantes, soldados ou xente anónima, que terminaban escondidos entre paredes dunha casa ou eran levados a “pasear”. Creo que é obvio que un réxime democrático é, xa que logo, superior a un ditatorial. Nunnha democracia non te poden perseguir, encarcear ou matar pola túa ideoloxía, mentres que nunha ditadura eres considerado un inimigo máis do que non se ten piedade.
    Eu penso que non se pode afirmar que unha ditadura sexa xusta. En primeiro lugar, polo que mencionas de que é imposta pola forza. E en segundo, porque a maioría da xente non está a favor do réxime e, polo tanto, tampouco das súas actuacións, que xeralmente son inxustas. Pode que no campo económico si sexa un réxime eficaz, como foi o franquismo, que logrou o desarrollismo. Pero se estamos a falar de xustiza, unha ditadura é o sistema de goberno que máis se alonxa.
    Franco non foi un ditador benévolo. O noso ditador non buscaba o ben común, aínda que lograse que a economía de todos mellorase, senón que quería homoxeneizar a toda España buscando cumprir o seu soño, e sen importarlle certas cuestións de gran relevancia. Non è de políticos benévolos que unha lingua como o Galego quedase estrictamente prohibida, como tampouco o é que os dereitos das mulleres conseguidos no periodo republicano quedasen freados. Un ditador benévolo non ten como obsexctivos frear o desenvolvemento cultural dunha rexión, senon ao contrario. Franco só desenvolveu a España no ambito economico, pero olvidou ou obviou os demáis.
    Para min, unha democracia, teórica, é claramente preferible a unha ditadura. E aínda que unha democracia corrupta, como a que estamos a vivir hoxe, me fai matinar mais niso, nunca dubidei de que a vida na ditadura foi moi difícil e cruel, e iso nunca chegou a pasar nunha democracia.
    COMENTARIO: Argumentación aceptable aínda que adoece de algúns límites na aplicación de certos conceptos que non dominas ben (e mesmo tamén algúns datos que merecerían ser cuestionados, aínda que non son centrais para a argumentación). Por poñer un só exemplo: identificas “corrupción” e “falta de transparencia” e certamente son dous elementos que poden estar vinculados pero non necesariamente. A máxima transparencia tampouco non garante a non corrupción aínda que debería dificultala.

  21. o 25 Feb 2013ás 10:04 pm Sarela Barreiro

    Democracia ou ditadura? A democracia e unha organización social na que o pobo ten o poder, toda a xente que viva en democracia e considerada igual e libre. A ditadura e outro tipo de organización onde todo tipo de poder se concentra nunha soa persona, o ditador, e este non é elixido polo pobo senón que chega ao mando por exemplo mediante un golpe de estado.
    Dende o meu punto de vista, a democracia é o mellor sistema de goberno. Penso que todos os habitantes dun territorio teñen dereito a aportar a súa opinión para o ben da súa sociedade. Cada persoa ten o dereito de elixir a persoa que represente e loite polo seu pobo, ten dereito a vivir da mesma forma e cos mesmos dereitos e deberes que o resto da súa poboación. Na democracia indirecta o pobo elixe o seu representante para que este delibere e tome as decisións de forma xerárquica. O representante debe loitar e buscar a mellor solución para o ben do pobo. Todo ciudadono ten dereito a que se respeten os seus dereitos sociais, políticos e civís, así como a súa liberdade de expresión. Estes sistemas e requerimentos cçumprense na Goberno Democrático, onde cada cidadán e libre de escoller a persoa que él ou ela quere que o/a represente.
    Na ditadura é maiormente o contrario. Este sistema destaca pola perda da liberdade de todo cidadán. Nel o ditador convértese no “xefe” pola forza ou designados por un partido único, sen consenso nin consentimento do pobo. A sociedade queda, indiscutiblemente, baixo o mandato desa persoa acatando as leis impostas por ela, sen poder opinar ou discrepar. Con este sistema vese favorecida unha pequena parte da poboación que apoia a ditadura. O pobo debe aceptar todo establecido e non ten nin voz nin voto, mantense sen ningún tipo de liberdade. Estan prohibidas folgas, manifestacións ou calquer outra mostra de contraposición ou desacordo. Reprimiedo todo tipo de voz e liberdade da sociedade.

    O feito de que na democracia ata a maioría de idade non teñas acceso a moitos dereitos non quere dicir que non os precises, ata a maioría de idade dependes dos teus país ou titores que son os que decidirán por ti ata que sexas quen de decidir e facerte cargo da túa vida. Ainda así, hoxe, eu mesma, sendo estudante e menor de idade, podo reivindicar os meus dereitos apoiando folgas, sindicatos, etc. que son métodos para alzar a voz do pobo e que os nosos representantes tomen medidas para o ben da nosa sociedade. Isto quere dicir que ainda que ao ser menor de idade non teñamos voto, temos voz.
    O feito de que algúns mozos e mozas non se impliquen en temas políticos non quere dicir que non lle afecten as decisións tomadas. Dende o meu punto de vista, eu non me implico moito en temas políticos nin me gusta facelo, pero sí me afectan as decisións tomadas, porque somos un pobo, unha unidade, non individuos por separado, e toda decisión nos afecta, ainda que algúns máis que outros.
    Eu respeto a opinión de quen defende os feitos de Franco, cada quen é libre de escoller o seu sistema social. Pero na miña opinión o dito de que “Franco trouxo máis de 40 anos de paz” é relativo. Considero que non pode denominarse paz o feito de non poder opinar, de estar sometida, de ter que acatar mandatos sen poder revelarte. É certo que se acatabas as ordes e leis, cumprindo o debido non correrías risco algún, xa que só eran perseguidos os que se opoñian públicamente ou axudaban aos que se rebelaban, pero non serías persoa libre, nin persoa con opinión propia.
    Penso que da igual o tipo de ditador que sexa, da igual que mire polo ben do pobo ou non, o pobo ten o dereito de decidir sobre el mesmo. O pobo debe ter voz e voto. O pobo merece liberdade.

    COMENTARIO:En xeral a túa argumentación mantén unha aceptable coherencia. Con todo, coido que non acabas de afrontar a cuestión central: por que as liberdades e os dereitos asociados constitúen un compoñente esencial de calquera ideal de xustiza. Por outra banda, por que necesariamente é “unha pequena parte da poboación” a que apoia unha ditadura? Diversos estudos teñen probado que en ocasións mesmo a maioría da poboación dun país acepta e apoia aos réximes ditatioriais.

  22. o 06 Mar 2013ás 10:16 pm Celia Viz Vilariño

    AS VANTAXES DE VIVIR NA DEMOCRACIA FRONTE AS DE VIVIR NUNHA DICTADURA

    Facendo a salvedade de que a democracia non nace só da vontade dos individuos e dado que algúns líderes políticos non están convencidos da súa importancia, merece a pena preguntarse se a democracia é mellor que a dictadura.As vantaxes que ten a democracia sobre a dictadura eu personalmente podería resumilas deste xeito:

    Nun réxime democrático todos podemos dar a nosa opinión, se hai eleccións limpas,libertade de prensa, dereito de asociación, independencia de poderes e respecto a ley, o sistema ten oportunidade de autocorrexirse, esto é no que no seu conxunto constitue o que xeneralmente chamamos democracia, dar a oportunidade os que son mais capaces de emitir a súa opinión e loitar polas súas ideas.

    A democracia tamén lle serve o pobo para defenderse da arbitrariedade dos poderosos.Os partidos políticos tamén deben de ter a súa democracia interna,senon podería suceder que os dirixentes e xefes políticos cheguen a ser prepotentes e arbitrarios (ser leal a unha persoa non é o mesmo que ser leal a uns principios).
    O mesmo pasa nunha nación . Un dictador pode ser benevolente ou tiráno, pero se é tiránico, un pobo non ten maneira de desfacerse del. En España o réximen franquista foi moi represivo. Debido a que Franco oprimeu tanto a oposición política como resposta a súa falta de confianza en poder gañarse a poboación. Ainda que hai xente que afirma que últimas décadas do franquismo foron tolerantes e benévolas. A tenebrosa sociedade española sometida a tiranía franquista deu paso a luminosa convivencia actual, que avanza imparablemente cara a felicidade que surxe do ejercicio da liberdade e o autogoberno, pero ¿que é mellor vivir nun goberno electo democráticamente que nos leve a democracia do país, ou un goberno que sen gañar as elecccións administre eficazmente e impulse a creación de riqueza.?
    Outra vantaxe da democracia e que é un mecanismo que resolve pacíficamente os conflictos que existen nunha sociedade, ningún grupo social, sea éste unha familia, un partido, unha nación ou unha clase social é homoxéneo. Sempre hai intereses diversos e contradiccións, neste caso en vez de arranxalos pola forza con destrucción material e de vidas humanas, é máis beneficioso arranxalo pacíficamente. Por eso a longo prazo os paises democráticos poden manter un crecemento económico sostible. As dictaduras tamen poden medrar rápido pero, se son derrubadas pola forza a destrucción que deixan maís a falta de preparación dos que a remplazan, acaban producindo un retroceso económico.
    Ainda que este tipo de democracia para o meu punto de vista non é perfecta, coma calquera outro sistema pode ser manipulado polos poderosos, para non expresar os intereses do pobo, pero non por eso hai que descartalo, senon intentar melloralo entre todos. Para mín a democracia sempre é mellor que a dictadura, creo que o ser humano necesita ser libre, e sempre encontrará maís posibilidades de ser libre nunha democracia que nunha dictadura, ainda que diferenciando ben o que é unha cousa e outra.

    A dictadura supón atraso cultural, a comedura de tarro camuflada nos libros de texto, a presencia inevitable da igrexa, os libros e películas prohibidas, a falta de libertade para pensar, falar ou facer o que che pareza xusto, o medo que non o respeto as forzas represoras mais que as forzas do orden, o machismo asumido por homes e mulleres en xeral.
    Di a xente maior que viviu esta época que non todo era tan malo, habia mais seguridade nas rúas, menos delincuencia, a xente era mais respetuosa etc, eu penso que todo era provocado pola falta de libertade e o atraso cultural.

    Os mozos e mozas ainda que non poidamos exercer as libertades da democracia ata alcazar a mayoría de idade e ainda que pareza que non nos interesa a política, poderíase pensar entón que maís nos da vivir en dictadura ou en democracia, se no réximen de Franco se perseguia os que tiñan certas ideas políticas e supostamente os mozos non lles interesa esto, para que vivir en democracia. Penso que a democracia é mais que so ideas politicas e por eso penso que un réxime democrático é superior a un réximen dictatorial.
    COMENTARIO: Defensa da democracia ben argumentada aínda que na miña opinión non aproveitas a fondo os argumentos dados na primeira parte da túa exposición para a crçitica da ditadura.

  23. o 09 Mar 2013ás 12:07 pm Lourdes González González

    La democracia es un sistema de gobierno en el cual le da un gran valor al ciudadano y a su vez le ofrece unos beneficios. Entre en esos beneficios está el derecho al voto, las decisiones de la mayoría, la libertad de expresión, el dialogo, el argumento, y la persuasión. También la democracia tiene ideas de libertad y de igualdad. Pero la dictadura es un sistema de gobierno en el cual tiene el poder absoluto y soberano sin control por parte del pueblo. El poder en la dictadura se concentra en torno a una figura de un solo individuo, está se caracteriza por que no conlleva una división de poderes. En este sistema de gobierno no existe la igualdad de condiciones ya que todos viven bajo el régimen de una dictadura.
    Entre la democracia y la dictadura existen innumerables diferencias, entre una de ellas está: en que la democracia se basa en las ideas de igualdad y libertad y en una dictadura no existe la igualdad y mucho menos la libertad. En una democracia se encuentra un gobernante que es elegido por el pueblo y en una dictadura el dictador es el gobernante de todos sin elección de nadie. La democracia te garantiza la libertad de expresión y la dictadura te garantiza la prisión ó la muerte por expresar tus ideas y opiniones. La democracia te trae como beneficio unos derechos, unos deberes y obligaciones para la mejor convivencia pero en la dictadura no existen los derechos solo los deberes y las obligaciones impuestas por el dictador para su beneficio. En la dictadura existen unas normas y una seguridad extrema para que ningún ciudadano forme un golpe de estado mientras que en la democracia las normas y la seguridad se utilizan para el bienestar de sus habitantes y para una sana convivencia. La realidad es que la dictadura es lo contrario a la democracia, mientras que un sistema de gobierno te ofrece unos derechos y beneficios el otro gobierno te los quita ó los maneja a su favor.
    En mi opinión la democracia es mejor siempre que una dictadura,¿pero que pasa cuando en las democracias por culpa de esa libertad pasa lo que esta pasando ahora en España? En una dictadura es uno el que roba al pueblo en una “mala” democracia son muchos los ladrones… aun así en las dictaduras para este sistema autoritario se utiliza la violencia, se matan personas, no hay derechos humanos.. todo el mundo tiene derecho a vivir aunque no comparta tus mismas ideas.
    En cuanto si fue Franco un dictador benévolo creo que eso es imposible ningún dictador puede ser benévolo pues mata a gente que no comparte sus ideales, puede ser mas o menos violento, agresivo, pero benévolo no. Un dictador no tiene compasión solo busca su propia satisfacción.
    En una democracia tu eliges quien va a ejercer el poder del pueblo, y lo puedes hacer cada X tiempo, otra cosa es que se vuelva a elegir a otra persona que haga lo mismo que el anterior o peor.En la dictadura siempre va a tener el poder la misma persona hasta que muera y cuando este muera dejara a uno de sus seguidores, que piensan igual que el, el poder y todo seguirá igual.

  24. o 10 Mar 2013ás 1:14 am Ruth Salas Camacho

    Vivimos nunha democracia cualificada polos propios cidadáns como corrupta, entón, temos todos realmente os mesmos dereitos? Somos verdadeiramente iguais ante a lei, cando se ven claros casos de corrupción dentro da política e por parte das clases mais pudintes e parece que costa reaccionar ante eles?
    Curiosamente estes feitos non cadran, non coinciden ca definición de democracia. Debemos conformarnos con esta ficticia democracia pensando que non hai nada que facer? Para conseguir unha democracia que realmente trate por igual a todas as persoas queda moito que loitar. Por isto último, opino que aínda que a democracia que exista a dirixan uns incompetentes, polo menos temos una serie de liberdades como o dereito a voto e a folga, que nos permiten tentar cambiar a sociedade á que pertencemos. Se vivíramos baixo unha ditadura isto non sería posible, unicamente o ditador tomaría as decisións. E de ser este un ditador benévolo, e procurar o ben común e non soamente o seu propio , de seguro que habería xente que non estaría dacordo cas decisión tomadas. É certo que nunha democracia tampouco todos quedan satisfeitos tras as eleccións, ou tras saber de novas medidas do goberno, pero no caso da ditadura esas persoas insatisfeitas non poderían manifestar a súa opinión, nin sequera dudar públicamente das eleccións que o ditador tomara. Por iso penso que ata os mozos e mozas aos que a política non lles importa, aos que pensan que non lles afectan os problemas da nosa sociedade como o paro, ou os recortes en sanidade e educación, algún día daránse de conta de que é o seu futuro o protagonista da prensa diaria e demáis, e qué menos que intentar mellorar o noso propio futuro. Se vivíramos baixo unha ditadura non poderíamos loitar polas nosas ideas, nin asociarnos para defender xuntos por elas. Polo tanto para eses mozos e mozas é mellor poder dispoñer destes dereitos a non telos, aínda que eles mesmos non o vexan ou non o queiran ver porque non lles importa.
    Ditadura e democracia, baixo ambas hai enfrontamentos, a diferenza, dende o meu punto de vista, é que baixo un réxime ditatorial eses que intenten defender as súas ideas só poden acabar mal, castigados polo réxime. Mentres que nunha democracia, se sabemos comportarnos facendo uso dos nosos dereitos e manifestarnos e expresarnos pacíficamente, sen deixar de cumprir os nosos deberes como cidadáns, e sen facer uso da violencia, (porque a violencia solo trae consigo máis violencia), claramente temos máis posibilidades de conseguir cambios na sociedade que baixo unha ditadura.
    Como sabemos despois da ditadura franquista estábamos sumidos no subdesenvolvemento, o que desperta en min pensamentos únicamente en contra deste tipo de réxime. Para min unha ditadura é unha barreira, e si estou en contra de algo é de pecharse a outras culturas ou sociedades, e crer que sós temos máis capacidade que actuando asociados. Con “sós” refírome ao noso país, porque nunha ditadura pechámonos , e con “actuando asociados” refírome a formar unha unión mediante a cal poidamos saír beneficiados todos. Na miña opinión esta é outra das causas polas que rexeitar unha ditadura, unha das máis importantes.
    Como conclusión, diría que o proceso histórico de cambio cara á democracia foi un proceso gradual moi longo e sobre todo custoso, demasiado como para non valorar os nosos dereitos ou non loitar por eles. Por iso, para min, sexan como sexan os dirixentes da democracia, teñen o deber de proporcionarnos esos dereitos, e sempre será mellor que non telos. Con isto quero dicir que para min si, sempre é mellor unha democracia que unha ditadura.

  25. o 14 Mar 2013ás 10:14 pm Alexandra Castro Peñas

    Yo creo que una democracia es mejor que una dictadura, a pesar de que a veces no lo parezca.
    Aunque hasta la mayoría de edad no se tenga acceso a algunos derechos democráticos, no significa que la democracia sea inservible o innecesaria ya que durante esos 18 años no los tuviste y viviste bien. Pero viviste bien gracias a que otras personas ejercieron esos derechos y sabes que una vez que pases esa barrera de edad tendrás la oportunidad de elegir, opinar y protestar por todo lo que tenga relación con tu vida, no tendrás que vivir en un mundo en el que estés oprimido y no puedas luchar por lo que quieres.
    Es verdad que a veces la línea entre dictadura y democracia (aunque sea muy gorda) se puede confundir cuando te ves en la situación de que las personas que supuestamente te tienen que representar actúan de una manera muy indiferente y que parece que van en contra del pueblo.
    Aquellas personas que no le interesa la política les es indiferente quien este en el poder con tal de que lo haga bien.
    El franquismo no solo perseguía aquellos que se metían en política, perseguían a todos aquellos que quisieran expresarse en su lengua, ya fuera gallego, vasco o catalán.
    En comparación con otros dictadores como Hitler o Mussolini, Franco no fue tan duro pero yo creo que benevolente no es una palabra que lo describa bien. Ser benevolente significa ser compresivo y tolerante, algo que él no lo fue, ya que si hubiera sido tolerante no hubiera perseguido a todo aquel que hablara mal de él y si hubiera sido comprensivo habría entendido que las personas necesitan dar su opinión.
    Si tuviera que elegir entre una democracia corrupta e ineficaz y una dictadura abierta, ya me sería un poquito más difícil decidirme. Si ese dictador gobernara el país dando todo el tipo de libertades y derechos que hay en una democracia, no lo vería mal. Pero si actuase como todos los dictadores que conozco, diría que sin duda una democracia es mejor que una dictadura.

Trackback URI | RSS Comentarios

Deixa unha mensaxe