TRABALLO PARA O MES DE ABRIL
12 March, 2013 por admin
Este traballo deberá enviarse antes do primeiro venres da semana inmediata posterior ás vacacións (5 de abril).
Segundo xa foi explicado en clase, individualmente ou en grupo pódese escoller facer un breve traballo de investigación a desenvolver durante todo o último trimestre. Nese caso, xa non é preciso que se continúe facendo os traballos mensuais. Nunha información adicional, que se publicará neste mesmo blog, informarase de algún dos temas posibles de invesigación, aínda que a elección do tema finalmente será libre. Coa data límite do mesmo 5 de abril, quen se acolla a esta modalidade de traballo, deberá comunicar o tema escollido.
A LÓXICA, OS BOS ARGUMENTOS E A DEMOCRACIA
A democracia foi inventada polos gregos arredor dos séculos VI a V a. C., segundo xa debedes saber. Foi instaurada unicamente na cidade de Atenas e permaneceu vixente apenas uns dous séculos. Haberá que agardar ata os tempos modernos para que de novo poidamos falar de réximes democráticos, isto é, sistemas políticos nos que se recoñece que o poder reside no pobo. Isto quere dicir que a lexitimidade de quen exercen o poder debe fundarse na libre vontade dos cidadáns, de tal xeito que se aqueles, os gobernantes, perden a confianza dos gobernados, perden tamén o dereito a seguir exercendo o poder. Pero ademais, a lexitimidade mesma das leis deriva igualmente da vontade cidadá, o cal quere dicir, non só que os lexisladores deben ser escollidos polo pobo, senón que as leis aprobadas no parlamento deberían ser acordes coa vontade dos electores.
A diferenza do que ocorre nas democracias representativas modernas, na democracia asemblearia ateniense eran directamente os cidadáns (e non uns representantes), reunidos en asemblea, quen aprobaban ou rexeitaban as leis polas que querían rexerse. Por esa razón, os gregos valoraban moito a aquelas persoas que sabían expór as súas ideas ben argumentadas, mesmo tamén con brillantez e elegancia, porque eran eles os que acababan convencendo á maioría de que as súas posicións eran favorables para todos. Os mellores oradores eran considerados tamén os mellores políticos, os máis exitosos, capaces de arrastrar á asemblea cara as opcións que eles defendían.
Pero tamén xurdiron entre os gregos quen advertiron contra a capacidade que algúns destes oradores tiñan para conseguir que o que un día a maioría consideraba como inxusto, ao día seguinte se trocase a ollos de todos no máis xusto. A estes hábiles comunicadores, que non poucas veces cambiaban de posición, atopando argumentos para defender hoxe o que eles mesmos atacaran onte, os seus críticos chamáronos “demagogos”, unha palabra grega que se podería traducir como “os que arrastran ao pobo”, e que hoxe ten o sentido de “políticos que utilizan argumentos falaces, dirixidos a compracer ao pobo, co obxectivo de que este apoie as súas ansias de poder ou os seus particulares intereses políticos”.
Os gregos foron tamén os descubridores da lóxica e os primeiros en detectar as “falacias”, isto é, certo número de falsos argumentos que, convenientemente presentados, acaban pasando por veraces a ollos de persoas pouco preparadas. Os demagogos, tanto do pasado como do presente, caracterízanse polo recurso habitual a falacias tales como a ad hominem, ad populum, ex populo, tu quoque, ad misericordiam ou o falso dilema (falacias todas que xa temos estudado nas clases) que, ben adobiadas, poden pasar por bos argumentos diante de persoas pouco asisadas ou pouco atentas.
A cuestión que se che ofrece á túa consideración, nesta ocasión, é reflexionares sobre a existencia (ou non) da demagoxia e os demagogos nas democracias contemporáneas, e as súas consecuencias para o bo desenvolvemento dos sistemas democráticos. O primeiro que deberás, xa que logo, é identificar a presenza de políticas demagóxicas nos réximes democráticos actuais, ben sexa en España ou noutros lugares. Cabe tamén, naturalmente, a posibilidade de que respondas que nas democracias representativas modernas e contemporáneas a vella demagoxia que os gregos criticaron xa non se produce, ou prodúcese nunha medida moito menor. Neste caso, deberás procurar algunha explicación de por qué isto é así: hai algo nas democracias modernas e contemporáneas que dificulta ou impide a aparición dos demagogos? Que é ese “algo”?
Pero se pensas que o fenómeno da demagoxia persiste tamén nos nosos días, terás que identificar exemplos. Poderán ser intervencións parlamentarias, declaracións na prensa ou na televisión, ou programas e promesas electorais, que reproducen algunhas das falacias estudadas en clase, ou responden na túa opinión a unha orientación tipicamente demagóxica, é dicir, pretenden arrastrar ao pobo, aos electores, a apoiar a un determinado personaxe ou grupo político mediante argumentos ou ofertas enganosos.
Por fin, logo de debullar os exemplos que teñas atopado, debes concluír a túa reflexión afrontando o problema esencial que a demagoxia representa para a democracia. Ata que punto, se temos en conta que na democracia o que prevalece é a decisión da maioría, e a maioría cidadá está formada na súa maior parte por xente inculta ou pouco formada (e pouco informada), é inevitable que triunfen os demagogos sobre os políticos honrados? Debemos interpretar que se trata dunha dificultade consubstancial á democracia, imposible, logo, de resolver? Pódese facer algo para impedir que isto sexa así? Ou quizais estamos obrigados a recoñecer que a democracia non é o mellor dos réximes políticos posible? Coñeces algún outro réxime alternativo que a poida mellorar?



Nas democracias actuais sí se segue a empregar a demagoxia. É dicir, os políticos realizan discursos que son agradables ós oídos dos habitantes para que estes se sintan comprendidos. Pero, en realidade, estos non son máis que simples promesas que os políticos non cumprirán, pero cos que conseguen que a xente os crea e voten por eles. Polo tanto, comezan a falar sobre o que a xente quere oír, prometendo facer cousas que saben que en realidade non van a levar a cabo. Pero os votantes confían na súa palabra, e votan para que ese partido gañe, pois pensan que lles van mellorar as condicións de vida, cando, en realidade, o único que van facer é chegar ó posto que desexan e poñer as cousas cada vez peores, favorecéndose a eles mesmos no que poidan.
Así que na miña opinión, isto segue a usarse na actualidade, pois eu creo que os políticos só pretenden chegar ós cargos máis altos, sen ser conscientes da situación do pobo, para conseguir eles melloras propias. E para isto “enganan” dalgunha forma ás persoas que exercen o dereito ó voto, para que crean as súas palabras, os voten e consigan ascender ós postos cos que soñan, para mellorar a súa vida unicamente.
Entón isto trae consecuencias para o desenvolvemento dos sistemas democráticos, xa que co paso do tempo a xente vai perdendo esa confianza que depositara anteriormente nestas persoas. Ademáis de que a democracia queda sen o seu sentido, porque a xente comezaría a votar por votar, e non porque realmente escollera ó partido no que tivera fe ou esperanzas en que cumplira o que dixera.
Eu encontrei algún discursos demagóxicos de boca do noso presidente do goberno, tales como cando dixo que non abarataría o despido, non tocaría as pensións, e non subiría nin impostos nin o IVA… E a día de hoxe, xa traizoou as súas propias palabras, xa que baixou as pensións, subiu a un 21% o IVA, subiu os impostos, sacoulles algunas pagas ós funcionarios…
Para min, estas falsas promesas parécenme unha falta de respeto para os cidadáns, pois pensan que é certo que o vai levar a cabo e en realidade o único que van conseguir votando a esta persoa é empeorar a súa situación. Por exemplo, o da subida do IVA e dos impostos é un inconvinte para moitas familias que non están en moi boas situación económicas. Entón, subíndoos creou moitos problemas, xa que á xente que recibe poucos ingresos se lle ía complicar a supervivencia a partir deste momento. E o mesmo pasa coas baixadas das pensións. É dicir, xente maior que necesita mercar, por exemplo, medicamentos, e polo tanto, ó reducirlle estes ingresos, e coa subida dos impostos e do IVA, vaille ser moito máis difícil chegar a fin de mes. Agora, como fixo todas estas cousas que en principio non ía realizar, dificultóuselle a vida a moita xente inocente que non tiña culpa de nada.
Polo tanto, propuxo todo iso ó principio cando non era presidente para que a xente “picara” e o votara. E agora, como o fixo, pon excusas tales como que o país arrastraba problemas, e que non lle queda outro remedio que facer iso para chegar á solución e sacar a España da crise.
Na miña opinión, a día de hoxe, o que dificulta a demagoxia son os habitantes. Xa que pouco a pouco vanse dando conta de cómo funciona esto e polo tanto, co paso do tempo, xa van tendo máis coñecementos acerca deste mundo e intentan evitar a estas persoas. Pero ainda así, é difícil de impedila, xa que non se sabe cando os políticos din verdades ou non nos seus discursos.
A pesar de que non cumpren o que din, os demagogos teñen máis posibilidades de chegar máis lonxe que os políticos honrados. Xa que estes últimos van ofrecer cousas hasta que lles dea o presuposto, polo tanto van a ser poucas as que aseguren. Mentras que os demagogos van propoñer centos delas, a pesar de que van estar por riba das súas posibilidades. Pero os cidadáns sentiranse máis atraídos pola cantidade máis alta, entón terán máis fe nestes, ainda que despois leven decepcións e se sintan enganados.
E si, posiblemente sexa unha dificultade consubstancial á democracia, xa que eu penso que agora todos o fan para lograr a confianza das persoas, e así chegar ás posicións máis elevadas das que poder sacar proveito. Pero os que máis utilizan esta práctica posiblemente sexan os partidos máis recoñecidos, pois son os que gozan de máis poder económico e os que teñen máis credibilidade á hora de prometer avances.
Na miña opinión a democracia non é o mellor dos réximes políticos que pode haber. Xa que ainda que o partido que goberne sexa escollido polo pobo, ó final este vai acabar facendo o que lle conveña ou o que queira. Polo tanto o pobo non vai ser tan imprescindible e importante. Porque ainda que escolla, só o vai facer polas palabras que lle escoite ós políticos, xa que en realidade, non hai seguridade ningunha en que vaian cumprir o que din. E por outra banda, polo que se ve, os partidos, ainda que expresen o contrario, non parece que se involucren tanto nos cidadáns nin que en verdade queiran facerlle realidade as súas peticións. Xa que de ser o contrario, veríanse máis resultados positivos.
COMENTARIO: Vexo en xeral coherencia na argumentación mais penso que se podería opór algunha obxección. Por exemplo: se dis que “os habitantes”, ou sexa, os cidadáns son a principal oposición ao avance da demagoxia porque se decatan dos enganos dos “políticos”, porque dis logo que os políticos demagóxicos van ter máis éxito que os non demagóxicos? Non comprendo por que a única consecuencia posible do desengano dos cidadáns cos políticos demagóxicos teña que ser “votar por votar”. Non podería ser o fracaso dos políticos demagóxicos e o éxito dos non demagóxicos? Penso que fas unha separación excesiva entre “os políticos” e os que non o son. En democracia calquera pode ser político e, segundo algúns teóricos da democracia, esta só pode funcionar positivamente cando a totalidade da cidadanía se compromete na vida política. Por último, dis que non cres que a democracia sexa o mellor réxime posible pero non dis cal sería ese réxime mellor cá democracia. Hai unha frase célebre dun político que di: “a democracia é o menos malo de todos os réximes posibles”. Un réxime perfecto pero imposible non é mellor que un réxime imperfecto pero posible. Claro que tamén é certo que as veces se di dun réxime alternativo que é imposible co obxecto precisamente de impedir que poida chegar a ser.
Eu creo que en todas as democracias actuais existe un claro problema coa demagoxia, o que impide o correcto funcionamento da democracia (que na miña opinión é un réxime perfectamente viábel e o mellor existente na actualidade). Mais non é unha demagoxia como a dos gregos, no sentido de que os políticos non defenden as súas conviccións (sexa con falacias ou sen elas), senón que meramente fan “publicidade” do que xente influínte lles “suxire” dicir, deixando nunha posición secundaria as súas ideas.
Non obstante isto, si é certo que na política é práctica habitual a demagoxia, como se pode observar nalgúns exemplos do actual Presidente do Goberno ao xustificar a redución de orzamentos con que se non se fixeren “non ha haber diñeiro para pagar as axudas ao desemprego” (recurrindo a un grupo social extenso e visíbel socialmente para xustificar as devanditas reducións, e caendo así nunha falacia ad populum). Mesmo tamén se podería interpretar como exercicio desta práctica a defensa cega da tauromaquia, que nega as críticas dos contrarios a ela argumentando que é unha tradición (utilizando a antigüidade como xustificación) e que moita xente iría ao paro se se abolir (falacia ad populum); esta defensa con estes argumentos é usada acotío por membros de varios gobernos durante a historia española recente.
Porén, non é esta demagoxia algo inherente do réxime democrático, mais si é algo inevitábel nun réxime democrático de xente pouco ou nada informada, que se deixan conducir por políticos nos que confían (ou, algo tamén bastante común, por políticos contrarios a aqueles dos que non gustan, como ocorre nos sistemas bipartidistas de varios países como España ou Estados Unidos). E, polo tanto, onde eu vexo a solución á demagoxia é na información da xente, que moitas veces só conta co punto de vista dun só “bando” e non pode decidir axeitadamente; se teñen varios puntos de vista, presentados todos en igualdade (sen que lle conten que un dos puntos de vista é unha tolemia), poderán decidir aquel co que están máis de acordo.
COMENTARIO. Excelente argumentación. Eu só obxectaría que algún exemplo de falacia podería ser discutible, especialmente a primeira, que ademais ten un problema de redacción (non sei que queres dicir con iso de “con que se non se fixeren “). Non creo que se poida falar de demagoxia cando se fala de datos empíricos: aquí o problema é se en efecto hai ou non hai cartos, porque se non os hai é obvio que certos gastos non se poderán acometer.
O problema esencial que a demagoxia presenta para a democracia é a manipulación dos cidadáns por parte dos seus representantes. Outro problema é a decepción dos cidadáns cara aos poíticos xa que participan cos seus votos na elección dun deles para que goberne o país pero logo estes non cumpren o que prometeron e os cidadáns perden a esperanza de participar na vida política do seu país.
Penso que é inevitable que os demagogos trunfen sobre os políticos honrados,aínda que iso non sexa o melor,xa que prometen cousas beneficiosas para a xente e estes déixanse levar por estas promesas porque pensan que vai haber cambios para mellor na súa situación. Aínda que os demagogos baséanse nos argumentos falsos,os cidadáns non o saben e por iso os votan a eles en vez de darlles o voto aos políticos honrados que dín o que pensan e sempre van coa verdade por diante (aída que haxa cousas negativas).
Non creo que a demagoxia sexa unha dificultade consubstancial á democracia porque a democracia non predica que haxa que ser demagogo senón que son os políticos os que exercen a demagoxia. Debería haber unha lei que obrigase a dimitir a todos aqueles políticos que non cumprisen co seu programa electoral unha vez que soben ao seu poder e como consecuencia,teríanse que facer unhas eleccións novas para escoller a outro.
A democracia sería un bo réxime si se cumprisen todos os requisitos xa que a culpa de todo é dos políticos demagogos que non exercen o seu poder limpamente.
COMENTARIO. Aceptable argumentación agás, na miña opinión, nun punto. Ao dicir que a xente se deixa influír máis polos demagogos que polos políticos non demagóxicos, non deberías repartir as responsabilidades do mal funcionamento da democracia entre políticos e cidadáns?
La demagogia es una estrategia utilizada para conseguir poder político. Consiste en apelar a prejuicios, emociones, miedos y esperanzas del público para ganar apoyo popular, frecuentemente mediante el uso de la retórica y de la propaganda
Eu penso que a demagoxía nos tempos que estamos si que a hai porque moitos politicos nos que para conseguir o poder van xuntos ás personas maiores a ofrecerlle cousas para conseguir os seus votos e ao final o que lle dixo non o cumpre
Claro q se pode evitar que os demagogos triunfen porque se houbera xente boa no poder e non metira non farian o que fan
Sobre este tema vou concluir dicindo que os demagogos agora mesmo hai moitos nos nosos partidos, penso que todo isto se poderia cambiar por outra xente,ainda que é raro que haxa xente que non minta,nin roube nin manipule nada.
COMENTARIO: É inaceptable que mestures dous idiomas nun mesmo traballo. Aínda por riba, redactas mal, xa non sei se en galego ou en castelán, ou en calquera dos dous idiomas. A impresión é que copiaches de algún lugar a definición inicial de “demagoxia”, seguramente un sitio web en castelán, e por iso comezaches en castelán, sen te preocupar de facer a tradución, dado que logo ías seguir en galego. Ese mesmo desleixo advírtese na redacción, co uso de abreviaturas (”q” por “que”) tamén inaceptables nun escrito deste tipo, e frases incomprensibles como, p. ex., esta: “porque moitos politicos nos que para conseguir o poder van xuntos ás personas maiores a ofrecerlle cousas para conseguir os seus votos e ao final o que lle dixo non o cumpre…” Eu podo facer un esforzo para interpretar o que quixeches dicir pero o que está claro é que a redacción está chea de anacolutos (se non sabes o que é, mira nun diccionario) que, se puxeses máis atención no que escribes, poderías evitar doadamente.
AS DEMOCRACIAS
Gustariame comezar mencionando que o titulo deste tratado “A lóxica os Bos Argumentos e a Democracia” estan integramente relacionados entre si, xa que a base de unha democracia comeza no punto no que ti para acadar o voto dos cidadans as de expór as túas ideas de proxecto para o futuro e a sua vez, estas bases do teu proxecto han ser xustificadas, e ben organizadas; agora chegamos ao punto no que debemos plantexarnos se unhas ideas mal organizadas, é dicir, mal plantexadas e no que as falacias están moi presentes, poden ser un bo argumento. Si este argumento non e correcto, eu penso que non estariamos a falar dunha Democracia en todo o seu significado, xa que estarias enganando ao pobo, e as bases de calquera democracia é axudar e permitir ao pobo ser o que escolle o que segundo a maioria é mellor para dito pobo.
Ben, asi é como eu expoño nun inicio a miña primeira primeria impresion.
As democracias orixinarias da antiga Grecia, supostamente estaban pouco influenciados por demagogos, ao meu parecer son máis abundantes agora, se eles foron os fundadores deste proxecto politico é bastante obvio que a idea de manchalo non estaria presente, pola contra hoxe dia, os demagogos están máis presentes na sociedade, a cantidade de politicos que soltan grandes cantidades de falacias cada dia, parece que aumenta, o engano do pobo é cada vez maior, chegando aos extremos como podemos obvservar estes ultimos dias na TV a corrupcion e un tema presente no mundo, nuns paises a maior escala ca noutros, pero ben con estas cartas sobre a mesa, e realizando unha comparacion cos gregos, deberiamos plantexarnos se antes habia corrupcion, decataremonos de que era algo presente, pero a presencia era en menores cantidades que hoxe dia.
Outro problema actual é a comunicación e a falta de preparacion dos estudantes, hai moitos politicos, e non so politicos calquera tipo de persoa que teña que dar una pequena conferencia e incapaz de facela oral, precisando dun papel diante para ler; isto lévanos a pensar que se non son capaces de recitar dito texto, o mais probable é que eles non fosen os autores, é dicir, que a capacidade de expresión e creación dun texto que amosan ao público é escaso, e se ti, o encargado de amosar dito tema ao pobo, eres incapaz de escribir cun bo argumento os teus recursos e as tuas crenzas o que pretendes facer, o mais probable é que o escritor do discurso se deixe influenciar un pouco polas súas ideas, o que incluso pode derivar en falacias ou datos erróneos. Ao que nos leva isto é a que moitas veces a boa idea dun só, que é capaz de expresar con facilidade e exprimir ao máximo todo o que quere contar, é máis efectivo ca unha sala enteira, toda cun mesmo propósito pero que apenas sabe o que contén o papel que ten diante, para min ese é un problema serio que podemos atopar con frecuencia e facilidade na sociedade actual.
Este problema leva a que moitas veces a maioría non é a mellor opcion, e lévanos a pensar que unha vez nós escollemos nas urnas, os politicos, como teñen o apoio do pobo, poden facer o que lles pete, o que crea certos problemas bastante serios que levan ao cuestionamento de se a democracia é a mellor opcion politica.
Co caso da democracia e as maiorias contraproducentes gustariame comentar que as democracias deberían estar fundamentadas nun sistema polo cal os chamados “Referendums” fosen moito máis abundantes xa que apenas son relaizados, e eu penso que é unha das mellores maneiras de coñecer a opinión do pobo, polo que a hora de relaizar unha lei de aspecto importante a opinión do pobo, é dicir, os resultados do Referendo ntasen. E ben certo que tampouco se poderian propoñer estas participacións do pobo para todas as eleccións xa que suporia un gasto bastante importante para o estado, pero si para outras leis mais complexas. Ademais o plantexamento de ditos Referendos levaría a os cidadans a que chegase a eles unha maior información sobre a lei que se vai a constituir o que axudaria a culturalización dos habitantes ademais de axudarlles a ter unha ideas politicas máis claras.
Esa é a miña opinion persoal, e penso que se os Referendos foron creados non é para facer un cada X anos asi para lembrar que o hai, senón para empregalos.
COMENTARIO: Hai na túa exposición non poucas ideas interesantes. O problema é que cometes múltiples erros de redacción (e ortográficos, moitos deles corrixidos por min na edición) que dificultan a boa comprensión dos argumentos e, desde logo, dan pé a que se che poida atribuír o mesmo defecto que ti achacas aos “políticos”: unha deficiente preparación. Hai erros que eran doadamente corrixibles simplemente revisando a redacción, como, por exemplo, a errata que converte en incompresible esta frase: “os resultados do Referendo ntasen”. Hai tamén erros de concepto, xa desde a primeira frase: “o titulo deste tratado “A lóxica os Bos Argumentos e a Democracia” están integramente relacionados entre si”; non hai ningún “tratado” senón unha breve exposición dun problema para ser desenvolvido por ti e os teus compañeiros; ademais cometes anacoluto, porque o suxeito (”o título”) é singular e o verbo vai en plural (”están”). O lector ten que interpretar que te refires non ao título senón aos tres compoñentes que aparecen citados no mesmo. Podería poñer moitos outros exemplos de redacción incoherente que dificulta a boa comprensión do que pretendes dicir, como: “eres incapaz de escribir cun bo argumento os teus recursos e as tuas crenzas o que pretendes facer”. Por outra banda, hai tamén erros simplemente debidos a mala información como a afirmación: “As democracias orixinarias da antiga Grecia, supostamente estaban pouco influenciadas por demagogos”. Pero se o concepto de “demagoxia” nace na democracia ateniense, tal como se explica na formulación do problema! Dicir que obviamente os creadores da democracia non ían “manchala” é un argumento ben feble; pola mesma razón, calquera podería dicir, por exemplo, que “os políticos”, que viven da democracia actual (en Grecia non había políticos profesionais), aínda deberían ter menor interese en “manchala”. É en principio interesante a túa liña argumental: a mala formación na sociedade actual leva a políticos que non son quen de elaborar os seus discursos, logo deben recorrer a outros para que llelos escriban e isto reduce a calidade democrática. Pero fíxate que a conclusión que veño de poñer non é exactamente a que ti propós, senón que particularizas esta mala calidade nunha serie de fenómenos que, na miña opinión, non se seguen necesariamente das premisas (p. ex., non vexo por qué, do feito de que os discursos non sexan elaborados por quen os presenta no Parlamento, teña por qué derivarse un incremento da demagoxia). E finalmente, as solucións que suxires son ben discutibles. Así, por exemplo, o estudo da experiencia histórica indica que a convocatoria de referendos é unha fórmula típica de gobernos autoritarios porque obriga a reducir a participación cidadá a optar entre un “si” e un “non”.
A LÓXICA, OS BOS ARGUMENTOS E A DEMOCRACIA
Nos tempos que corren, e bastante difícil distinguir entre democracia e demagoxia xa que os líderes políticos que gobernan na maior parte dos paises prometen cousas que logo na prática e na realidade no levan a cabo, xa sexa porque non interesa ou porque antecede o lucro persoal antes que mirar polo ben da pobación. Estos líderes políticos pódense considerar demagogos, xa que consiguen facer crer a maior parte da población que son capaces de facer algo que logo non levan a cabo.
Algún exemplo que se pode citar é o que está a suceder no noso pais, con promesas que os políticos fan antes das eleccións e logo cando xa consiguen chegar o poder todo o que se dixo non ten nada que ver co que se fai.
PROMESAS INCUMPLIDAS DOS GOBERNOS
Estas son algunas das moitas promesas incumplidas polos gobernos .
Como podemos ver o que é bo demagogo-orador pode chegar a convencer a inmensa maioria da pobación. Veremos un exemplo dunha publicación no xornal EL PERIÖDICO.COM sobre os nosos gobernantes.
El presidente del Gobierno, Mariano Rajoy, ha incumplido el programa electoral con el que ganó las elecciones. No solo eso. Ha tomado decisiones completamente opuestas a lo que prometía en la oposición y la campaña electoral. Esa realidad, esgrimida obviamente por la actual oposición, es contrarrestada por Rajoy aludiendo a razones de Estado e, incluso, a la transferencia de poder en política económica en favor de Bruselas como consecuencia de la crisis.
Cuando el hoy presidente del Gobierno, Mariano Rajoy, lideraba la oposición al Ejecutivo de José Luis Rodríguez Zapatero, subir el IVA era “un sablazo de mal gobernante”. Obligado o no por las circunstancias, o por su propio talante ambiguo, lo cierto es que la red social Youtube está plagada de vídeos con ejemplos que abonan el tópico de que la palabra de político vale lo que duran las circunstancias y que los compromisos electorales tienen más de lo segundo que de lo primero.
EL IVA
En el 2010, Mariano Rajoy, entonces líder del PP opinaba que subir el IVA “es injusto porque perjudica a quien menos tiene; inútil, porque no servirá para atajar el déficit, y contraproducente porque es un nuevo jarro de agua fría a una economía que ya está congelada”. El estallido de la burbuja inmobiliaria visto desde la oposición era una oportunidad para la crítica, desde la perspectiva del Gobierno una amenaza inmediata para los ingresos del Estado en ese compromiso de la lucha contra el déficit impuesto por Bruselas y los mercados. Ante esa situación, el Gobierno de Mariano Rajoy decidió subir el IVA (que pagan todos los ciudadanos en sus compras) con el objetivo de que la subida complementase la caída de ingresos por el menor consumo. Ese equilibrio no se ha conseguido.
IRPF
Ya en su discurso de investidura como presidente del Gobierno, el 19 de diciembre del 2011, Rajoy se comprometió a no subir impuestos. El compromiso se rompió, por primera vez, el 30 de diciembre, con el anuncio de la subida del IRPF.
AMNISTÍA FISCAL
Cuando se presentó el proyecto de Presupuestos del Estado para el 2012 se justificó la amnistía fiscal porque –según el Gobierno– era la “única alternativa” para evitar subir el IVA. Anteriormente ya habían renegado de la amnistía fiscal como forma de aflorar dinero negro. Al final, el incrementar recursos para la inspección fiscal era demasiado lento, mientras que aflorar activos ocultos es una oportunidad rápida aunque éticamente reprobable.
ABARATAR EL DESPIDO
Otro de los compromisos verbales incumplidos ha sido el abaratamiento del despido. Fue una de la primeras medidas del Gobierno, pese a que siempre el PP se negó a aceptar la posibilidad. Lareforma laboral se ha convertido en una de las banderas del Ejecutivo de Mariano Rajoy para luchar contra la crisis, pese a que sus efectos benéficos no se han notado salvo quizá para acelerar el proceso de pérdida de puestos de trabajo.
SANIDAD, EDUCACIÓN, FUNCIONARIOS…
El PP aseguró que no recortaría el presupuesto de Sanidad. Al final, desde el Gobierno la partida sanitaria se ha visto recortada drásticamente. Al empeoramiento del servicio sanitario en España, cierre de camas o recorte de salarios de los profesionales del sector (todos los funcionarios y trabajadores del sector público) se juntaron una serie de medidas (el medicamentazo) seguido al dedillo en comunidades autónomas como Catalunya. Entrar en el detalle parece anecdótico: Pago de gran parte de las prótesis ambulatorias; copago sanitario; productos dietéticos sin financiación; restricciones sanitarias a inmigrantes e indocumentados, eliminación de la cobertura sanitaria a mayores de 26 que viven con los padres… En el capítulo educativo, el PP ha entrado en competencias transferidas las comunidades autónomicas en el caso de los contenidos de las asignaturas. En Catalunya se ha vuelto a las clases de más de 40 alumnos en las escuelas públicas, algo que no se veía desde hace décadas. Un recorte drástico de los presupuestos.
Como podemos ver no exemplo as promesas dos políticos transfórmanse en falacias, mentiras que serven para que a xente confíe neles e logo non cumpran o que prometen. Baixo meu modesto punto de vista esto en vez dunha democracia demagóxica a que o pobo confía nunha persoa para mirar polos seus intereses e esta co poder que obtén fai todo como mellor lle conveña sen pensar nos que confiaron nel.
Ë moi difícil chegar a conseguir que esto non suceda, xa que hoxe en día ser político no é mirar polos intereses dunha nación, senón mirar polos intereses propios e intentar lucrarse o máximo posible mentras se ten poder.
Penso que a mellor forma de gobernar é a democracia, pero unha democracia na que o pobo teña representantes para poder abordar as decisións que os políticos toman, xa que eles eran os que tiñan que velar polos nosos intereses pero o que realmente sucede é que antepoñen outros intereses antes que os do pobo.
COMENTARIO: A túa exposición baséase nunha soa modalidade de demagoxia, que é o incumprimento das promesas feitas en período electoral. Pero a argumentación adoece, primeiro, dunha deficiente redacción; e, segundo, de certa pobreza e mesmo incoherencia lóxica. No tocante ao primeiro, é imposible entender o que queres dicir nesta frase: “esto en vez dunha democracia demagóxica a que o pobo confía nunha persoa …” No segundo, nada dis sobre as razóns que nos permitan explicar por que os “políticos” hoxe só miran polos seus intereses e non polo ben común, nin como se consegue esa democracia en que os “representantes do pobo” vixíen a acción dos “políticos”. Mais acaso eses “representantes do pobo” non serían tamén eles “políticos”?
A demagoxia, xunto coa corrupción, é un dos grandes males que lastran a imaxe dos políticos na actualidade. A motivación dos demagogos ten que ver ás veces cunha falsa idea da defensa duns valores ideolóxicos pero, máis comunmente, ten que ver cun desexo de poder, o cal se obtén mediante promesas baseadas en falacias que pretenden espertar sensacións de complicidade no pobo. Na maioría dos casos, cando os demagogos obteñen o poder, esquecen as súas promesas e exercen unha política diferente á prometida impedindo ademais calqueira tipo de participación cidadá.
A vella demagoxia dos gregos segue logo a producirse nos réximes políticos democráticos actuais. A demagoxia provén por igual de todas as agrupacións políticas sen ter en conta a orientación, pero é máis común nos partidos cun maior número de representantes parlamentarios. É usual, por exemplo, nos partidos que ocupan a Oposición e pertencen a orientacións distintas das do Goberno, argumentar que as reformas na Economía do país polo Executivo ríxense por motivos ideolóxicos e non verdadeiramente económicos, co obxectivo de minar a credibilidade do mesmo, pero estas críticas caen ás veces en falacias de falso dilema. Por exemplo, é común asociar dende a esquerda as medidas de recortes do Goberno actual cuns fins de privatización e menosprecio do ‘público’ e non de crecemento económico, un argumento que, aínda baseado en feitos históricos e que eu comparto, mal exposto, pode levar a un falso dilema (’o Goberno só fai certas reformas porque ten certos obxectivos ideolóxicos e se non o cres é porque as compartes’). En maior grado aínda, se producen falacias deste e doutros tipos na política do Goberno actual, especialmente se temos en conta o programa electoral co que gañou as eleccións de 2011. Neste programa, totalmente populista, propoñíanse reformas como a reducción do número de altos cargos e a racionalización das estructuras administrativas, o crecemento do emprego e a reactivación económica, a garantía da excelncia das institucións educativas impulsando becas e mellorando a xestión dos centros, mellorar a Ley de Dependencia co fin de facela máis eficaz ou a de manter e aumentar o poder adquisitivo dos pensionistas. Estas reformas non chegaron a materializarse satisfactoriamente en ningún caso e, mesmo nalgunhas como a das pensións, exerceuse unha política totalmente contraria á presentada. Estes cambios adoitan xustificarse e defenderse normalmente con falacias de tipo ‘ad hominem’ cara ao Goberno anterior (’Ti non podes criticar porque o deixaches aínda peor’) ou argumentando que non existen outras posibles vías de crecemento máis que as da austeridade imposta por Europa (outro falso dilema).
Polo tanto, queda patente que a demagoxia segue a estar á orde do día en canto aos partidos políticos maioritarios se refire. Nun concepto de democracia tan opaco como o que está vixente, é moi difícil concebir unha Política non demagóxica. A única solución posible pasa, logo, por un cambio na relación entre a democracia e o pobo, que actúa principalmente realizando o trámite do voto cada catro anos e non ten dereito nin forma algunha de esixir que as políticas prometidas se cumpran (incluso cando certas peticicións cidadáns acadan un número de firmas adecuado e son validadas internacionalmente), un cambio cara a unha democracia máis directa, na que os cidadáns inflúan realmente nas decisións que lles afectan que é, no fondo, a base da política.
COMENTARIO: Excelente. É obvio que tanto o cualificativo da actual democracia como “opaca”, canto a conclusión final, requiren unha xustificación adicional pero como primeira reflexión amosa unha argumentación ben fundamentada e perfectamente coherente.
A LÓXICA, OS BOS ARGUMENTOS E A DEMOCRACIA
Na actualidade segue habendo un claro número de demagoxias . Un exemplo de demagoxia na política , é a do suposto engano cara a a poboación para conseguir un alto número de apoios ; é dicir , un político pode aproveitar situacións de miseria e fame de certa poboación que a vive , acudir a visitar a persoas con graves enfermidades para darlle o seu apoio , presentarse en lugares de escasos recursos económicos e inaugurar ou donar unha boa suma de cartos , ou simplemente dar unha boa imaxe ao público , mostrando unicamente as suas mellores facetas . Conseguen estes propósitos polos medios de comunicación (prensa , tv , etc ) , venden a súa imaxe e en certos casos chegan a un punto alto na súa carreira .
Un caso relacionado con estes temas é sobre dous episodios da presidenta de Arxentina , Cristina Fernández ; esta , inaugurou o 3 de Novembro unha pranta de produción de vacinas antigripais , dando a seguinte frase “ Este é o modelo de país que vai levar a felicidade de todos os arxentinos “ . Outro , ocorreu fai uns meses cando foi visitar a unha nena pequena enferma obsequiándoa cun agasallo , e a sala onde repousaba a nena chea de periodistas e fotógrafos . Todo isto demostra que intenta persuadir á xente a través das súas emocións ( ex populum ).
O presidente Mariano Rajoy tamén ten un sitio nesta demagoxía .
En discursos anteriores a votación para nomear ao presidente do goberno , daba a súa palabra de que subir os impostos era un erro ; no debate de investidura non tiña propósito de subir os impostos . Nas mesmas sesións do debate celebradas os días 19 e 20 de decembro , Rajoy prometeu non subir os impostos ante o reproche do portavoz do partido socialista Alfredo Pérez Rubalcaba , “a miña intención é non subir os impostos porque coas dificultades que están tendo as empresas e os españois non me parece o máis razonable “ .
En abril de 2010 , o presidente do PP , Mariano Rajoy e a presidenta madrileña , Esperanza Aguirre, anunciaron a posta en marcha dunha campaña de “ rebelión “ do PP de Madrid para opoñer “ resistencia “ a subida de IVA do goberno . O lema da campaña sería “Non máis IVA “ . En definitiva , considero que nestas afirmacións Rajoy é un demagogo , porque cambia de posición , atopando argumentos para defender hoxe o que el mesmo atacou onte, é un político que neste caso utiliza un argumento de falacia , dirixido para compracer ao pobo, co obxectivo de que este apoie as súas ansias de poder ou os seus particulares intereses políticos e se converte nunha oferta enganosa .
Como resultado destas demagoxías créase unha situación de desorientación na sociedade polas falsedades que saen á luz. Deixando de lado o apoio que se tiña cara ese político , e en moitos casos , as folgas e as manifestacións son métodos aos que se remite o pobo para protestar contra o que considera inxusto a partir da imposición do demagogo .
Estes enganos dos demagogos podería dicirse que causa máis efecto nas personas con escasos coñecementos políticos ou pouco interesadas nesta rama da moral , é dicir, máis fácil de enganar ; porque , estes , ao escoitar as palabras dos políticos , fanlles crer que polo simple feito de ocupar ese posto de traballo son expertos nesa materia e nunca caen no equívoco e as teorías que promulgan son as correctas ( ad merecundem ) . Este desastre chegaría á súa fin se cesasen os demagogos na política , pero é difícil escoller a un bo representante , xa que , aínda que exista a democracia , non serve de nada se os que teñen o dereito ao voto non o saben utilizar con conciencia ; como resultado , os que si teñen certos criterios correctos sobre a política pero non poden votar, vense obrigados a cargar cunha política non desexada no país e considerada por eles como incorrecta ; con isto , poñeríase en dúbida se a democracia é o mellor réxime político posible .
Olga Fernández Ferreiro 1ªBACH C .
COMENTARIO: Parécenme bastante asisados os exemplos iniciais que pós de demagoxias. Pero na argumentación que segue observo, en primeiro lugar, un problema de mala ou confusa redacción. Así, a frase: “Deixando de lado o apoio que se tiña cara ese político , e en moitos casos , as folgas e as manifestacións son métodos aos que se remite o pobo para protestar contra o que considera inxusto a partir da imposición do demagogo” resulta incoherente. De que “ese político” falas?; posto que unes as dúas oracións cun “e”, a segunda tamén cómpre “deixala ao lado”? Se é así, o argumento queda truncado: falta o que queres dicir unha vez “deixado ao lado” estas dúas afirmacións. Tamén no último parágrafo aparece un “estes” que debería ser “estas”, porque se refire a “persoas”. Tampouco entendo a quen te refires cando falas de “os que si teñen certos criterios correctos sobre a política pero non poden votar”: acaso na democracia contemporánea existe algún sector social ao que se lle nega o dereito ao voto? Podemos falar de democracia onde non hai dereito universal ao voto?. Por último, é cando menos discutible que a política poida ser considerada unha “rama da moral”. Recoméndoche que, despois de redactar, fagas unha relectura para comprobar que o que escribiches mantén pleno sentido e pode ser doadamente comprensible.
El concepto de justicia designa por un lado un ideal universal y por otro una virtud personal. Decia Aristoteles que la justicia es la virtud que hace que se llame justo a un hombre que en su conducta realiza lo justo y obra de manera que no se da a si mismo mas y a su vecino menos y que sabe mantener entre él y otro la igualdad proporcional.
Visto así, el justo es un ser fuera de lo común ya que en él destaca la idea de precisión con un rigor casi matemático. Justicia es por lo tanto el respeto riguroso a los derechos de cada uno. Es el derecho de dar a cada uno lo suyo.
Según Platón el alma estaba formada por tres partes:
La concupiscible, que se corresponde con la virtud de la templanza, la irascible que se corresponde con la virtud de la fortaleza y la racional que se corresponde con la virtud de la producida.
Estas tres virtudes forman lo que Platón llama justicia.
Desde Aristoteles se han distinguido tres formas de justicia
Justicia conmutativa que es la propia de los cambios, justicia distributiva que consiste en el reparto de bienes y obligaciones, justicia represiva que consiste en que exista una proporcion entre la reparacion y el daño causado
COMENTARIO: O teu é un lamentable exemplo dun exercicio feito sen auténtica reflexión persoal. Limítaste a copiar de algunha parte as concepcións da xustiza que se atribúen a Aristóteles e a Platón. Pero, que ten isto que ver coa cuestión que se che propoñía no traballo? Respondes así ás preguntas que se che formulaban sobre a democracia e a demagoxia? É obvio que non. Mesmo por riba, o que copias, cópialo mal: non existe “la virtud de la producida”, senón da “prudencia”. Non sei de onde quitaches o da “justicia represiva” en Aristóteles mais, aínda que en certo xeito se pode considerar así o que xeralmente se traduce como “xustiza legal” ou tamén “xustiza correctiva”, non me parece a denominación máis acaída.
Para comezar, direi que si, hai algo que impide que aparezan os antigos demagogos gregos, e é a competición dos partidos políticos para saír elixidos como os gobernantes, poñamos por caso que un determinado representante dun partido político utiliza falacias para conseguir o maior número de votos. O partido ou partidos distintos a ese, se queren acadar o posto de gobernantes, pola súa parte deberían denunciar esa utilización de falsos argumentos , deixando así cunha mala reputación ao partido e con moi poucas posibilidades de que alguén o vote, por iso na democracia actual non existe unha demagoxia baseada nas falacias, se non máis ben, nas falsas promesas por exemplo.
http://www.youtube.com/watch?v=uaQw1VEfTGg Neste vídeo , amósanse 13 promesas que o Partido Popular fixo antes de saír elixido nas eleccións e como despois non cumpre estas promesas amosando así un caso de demagoxia. Non quero dicir con isto que só o PP realice estas falsas promesas.
O triunfo dos demagogos sobre os políticos honrados pódese evitar. Non ten por que saír elixido un “político mentireiro ” antes que outro que non o sexa. Outra cousa sería que este prometera mellores cousas que o seu contrincante e a xente o elixira.
A demagoxia é unha dificultade consubstancial de calquera política onde interveñan as eleccións, porque sempre que se participe , quererase gañar e para iso facer calquera cousa coma por exemplo, falsas promesas.
Poderíase poñer algunha lei contra este tipo de cousas pero non evitaría que se fixese.
Quizais a democracia efectivamente, non sexa o mellor sistema político pero é bo, e non coñezo outro mellor así que se houbera que escoller quedaríame con el.
COMENTARIO: Na túa argumentación paréceme atopar unha contradición. Comezas dicindo que a competencia entre partidos na democracia moderna impide a demagoxia e que, no canto desta, o que se produce é o incumprimento de promesas. Con isto das a entender que este incumprimento non constitúe demagoxia. Pero ao final si cualificas de as “falsas promesas” dunha forma de demagoxia. Por outra banda, na frase final, se para ti a democracia é boa e non coñeces outro réxime mellor, para ti a democracia é o réxime mellor.
Indudablemente, na miña opinión, a demagoxia está moi presenta na actualidade, e aínda máis se falamos de demagoxia democrática, a cal inflúe considerablemente na opinión que o pobo vai a ter sobre un partido concreto que despois pode que sexa o que lle goberne. Isto non é bo para o conxunto dunha nación, xa que como dixen antes, a capacidade de falacia que teñen algún políticos hoxe en día pode ter consecuencias tremendamente negativas para o conxunto estructural desa nación, que son os seus habitantes, xa que logo, e analogamente, para o funcionamento do país a posteriori.
Ademáis disto, unha política deste tipo, na sociedade tan internacionalizada e interrelacionada na que vivimos, tradúcese a que non só os afectados son os propios habitantes, que se cren os falsos argumentos de autoridade que os políticos adoitan brindar nestes casos, senón que toda a unidade que forma esa nación sae afectada, o cal é un círculo vicioso, pois se as persoas que gobernan minten, a poboación non terá confianza neles, isto trasladarase cedo ou tarde a unha constante que dará unha imaxe paupérrima de cara a outras sociedades (pertencentes a países ou territorios diferentes), as cales non serán quen de depositar a confianza nesa nación, e quen acaban sendo os afectados de novo? En efecto, nós.
Este fenómeno persiste tanto na actualidade que pouco me costa encontrar algún exemplo no que se dea unha clara demagoxia. Tempo atrás, fai ano e medio, Mariano Rajoy, actual presidente de España propuxo un programa electoral cheo de ilusión, promesas e un claro obxectivo como era saír da crise na cal se veía inmerso o país. Nese ‘’planning’’ co que o Partido Popular conseguiu derrocar aos socialistas do poder, encontrábanse puntos claros de inflexión que farían dar a volta a situación na que nos encontrábamos tales como estabilidade para o empr.ego, competitividade financieira de cara a Europa, traballo seguro e flexible para todos, técnicas para mellorar o campo emprendedor, etc. Non me quero dirixir tanto a temas financieiros, xa que a crise mundial na que estamos sometidos é evidente, pero si que no caso de emprego, o PP optou por aprobar unha reforma laboral que facilita o despido, cando eran eles mesmos os que afirmaban ser conscientes da importancia do emprego e os que negaban rotundamente que, se chegaran a estar no poder, nunca farían o que fixeron despois.
Outro claro exemplo, xa a nivel autonómico (en Galicia), foi a administración sanitaria, cando fixeron unha proposta para facilitar (ou iso foi o que nos querían facer ver, e de feito así o conseguiron, porque propostas como esta, xunto ca do resto do programa, derivaron en máis de dez millóns de votos) o acceso á sanidade, e logo privatizaron e dificultaron de maneira bastante notable este acceso.
Por último, como exemplo accesorio o este cúmulo de falacias, poño o caso da idea de política de austeridade que impulsara este entorno popular, pero que, coincidencia ou non, foron eles mesmos quen están dando as axudas para as bancas, acción que por outra parte estanos a quitar cartos á poboación.
Exemplos deste tipo deixan bastante á luz a existencia de un réxime democrático caracterizado en parte por unha demagoxia que cada vez se vai a máis, e que realmente acabou por pasarnos factura. Non quero dicir con isto, que sexan os que agora mesmo están ao mando os únicos que elixen este camino, pois tamén hai xente por detrás que, ao non estar no foco de todas as miradas, non se lles dá tanta importancia (feito normal, por outra parte), pero que tamén ‘’axudan’’ a que o que manexe a política dun país sexa o poder, e non o benestar.
Rematando este traballo, conclúo reflexionando sobre o principal problema que esta demagoxia constitúe, que para min non é outro que o desenvolvemento dun país como conxunto. Baséome na máxima de que a verdades sempre acaba saíndo á luz, e dende logo (queda así demostrado vendo a situación actual tanto de España como doutros lugares), as mentiras non son para sempre; un país móvese a base de intención e boa organización, pero cando a primeira destas dúas condicións se rexe pola idea de saír beneficiado, algo hai que cambiar.
COMENTARIO: O sentido da argumentación enténdese ben. Outra cousa é a forma en que está redactado, con reviravoltas que, no canto de facer clara a argumentación, por veces a fai máis ben confusa. Así, o exemplo de círculo vicioso tal como o expoñes, non é un bo exemplo, porque non hai tal círculo, aínda que un pode imaxinar por onde queres ir; pero, en sentido estrito, o que ti dis non pecha o círculo. Reducir a demagoxia ao incumprimento das promesas tamén me parece discutible. Para poder falar de demagoxia habería que probar que, en efecto, as promesas facíanse coa intenci´`on consciente de non cumprilas ao chegar ao poder.
En la democracia actual, claro que existen casos de demagogia porque todos los políticos mienten en sus programas electorales prometiendo cosas que no cumplen, por ejemplo, Rajoy dijo que no iba a tocar las pensiones y que no iba a subir el iva, cosa que no cumplió. El gran problema de la demagogia en la política es que la gente no se acuerda de que los políticos no cumplieron el programa electoral y se creen que en la siguiente legislatura si que lo van a cumplir, cosa que es falsa, además aunque votes a otros políticos van a hacer lo mismo. La única forma de que deje de haber demagogos es que los políticos empiezen a cumplir lo que prometen, aunque prometan menos cosas ; además debíamos formar a la gente para que no se dejen engañar. Para mi la democracia es la mejor forma de gobierno aún con sus fallos, porque todos elegimos sobre lo que se decide, por ejemplo en una dictadura no hay demagogia pero no podemos elegir nada.
COMENTARIO: A argumentación é excesivamente simplista. Precisa un maior desenvolvemento que conecte as ideas que deixas caer. Ao dicir que é inútil votar a outros políticos porque van “facer o mesmo”, a consecuencia debería ser a descualificación da democracia. Para que non sexa así, deberías completar a argumentación aclarando que ese mentir de todos os políticos é consecuencia de que os cidadáns os voten sen tomar en conta o cumprimento ou incumpimento das promesas. Polo tanto, que os cidadáns non se deixen enganar sería condición para que os políticos cumpran as súas promesas. Non che parece que esa debería ser a liña argumental?
Lamentablemente, en la actualidad siguen existiendo los demagogos, pero a diferencia de los griegos en el pasado, ahora hay personas capaces de saber si los están engañando o no. Esto se debe a la educación que reciben. No en todos los países del mundo es igual, pero en unos pocos afortunados permiten que los ciudadanos tengan acceso a una educación. Este privilegio de una educación libre permite a los niños crecer con un libre pensamiento, o al menos en teoría ya que siempre hay excepciones, con el que son capaces de observar y aprender sobre la `realidad´.
Como antes ya he dicho, siempre hay excepciones. Por ejemplo podríamos hablar de aquellos países en los que hay derecho a una educación libre pero la mayoría de ciudadanos pertenecen a una clase baja o media baja. En esos casos, las personas se ven obligadas a trabajar desde edades muy pequeñas, saben que estudiando podrán mejorar su condición económica actual, pero las circunstancias en las que viven no les permiten disponer del dinero que necesitan para pagarse una carrera o simplemente para acabar el instituto, ya que como antes he dicho, deben trabajar desde edades muy pequeñas.
Es entonces cuando demagogos como Cristina Fernández, desde mi punto de vista, se aprovechan de la situación `desesperada´ de las personas para prometerles milagros que ni un superhéroe podría cumplir. Los engañan permitiéndoles el `lujo´ de disponer de pan y agua en una casa en la que el techo se les cae. Pero claro, para ellos un pedacito de pan al día ya es suficiente para estar agradecidos, un mísero pedazo del que todos deberían poder comprar después de trabajar todo el día. Un verdadero político honrado ayudaría a su pueblo a salir de la miseria, no lo engañaría fingiendo ayudarlo cuando lo único que quiere es que se conformen con lo que tienen para que nunca tengan la oportunidad de estudiar y ser capaces de dar su propia opinión.
Supongo que en la actualidad existen políticos honrados, aunque por ahora no conozco a ninguno. Me atrevería a nombrar a Obama como un buen político, pero aun desconozco demasiadas cosas de su política como para afirmar que no es como los demás.
La verdad es que de política no se demasiado, no me considero una persona capaz de saber si realmente la están engañando o no, no sé si podré ser capaz algún día, la política no es algo que me agrade, pero creo que es peor mirar hacia otro lado.
A pesar de que la democracia aún tiene bastantes` errores´, si se puede decir así, por resolver, diría que es el mejor sistema de gobierno en la actualidad, aunque deseo que en el futuro se cree otro mucho mejor.
COMENTARIO: Comezas facendo unha afirmación ben discutible. Non parece que os gregos (mellor sería dicir os atenienses) se deixaran enganar tan doadamente, tendo en conta que foron eles quen primeiro denunciaron aos demagogos e criticaron os seus falsos argumentos. En cambio, a conexión entre boa educación e mellor capacidade para se enfrontar á demagoxia é un argumento sólido, e un punto que compartes con outros compañeiros e compañeiras teus (outra cousa é saber que entendes exactamente por “educación libre”, algo que merecería ser ben explicado). O exemplo de acción política demagóxica atribuído á presidenta arxentina está ben fundamentado. Por todo isto non vexo a razón de que ao final te autolimites dicindo que “de política no sé demasiado”. Todos os cidadáns teñen o dereito a exercer a crítica e, diría eu, tamén o deber de argumentala debidamente. A argumentación que aquí comezaches a esbozar é, paréceme, un bo camiño.
Parece que a demagoxia foi e segue a ser algo ao que adoitan recorrer os políticos para captarnos e deste xeito conseguir o que eles queren: gobernar. Ben, a demagoxia segue presente na actualidade e penso que só unha ínfima minoría queda excluído deste feito. Non temos que facer máis ca escoitar o que din todos e cada un dos políticos da oposición, que intentan desbancar ao goberno dese momento dicindo o que todos agora queremos, pero que eles mesmos saben que non serían quen de cumprir; e os que van a entrar no goberno, que tamén adoitan mentir para gañar o “amor” das xentes.
Un exemplo claro deste fenómeno teriámolo no goberno actual: Mriano Rajoy prometeu non tocar as pensións, tamén dixo que ía rematar coas pontes, baixar os impostos… Parece ser que non foi capaz de realizar todo isto.
Desde o meu punto de vista, a demagoxia presenta un grave problema na actualidade. A primeira das razón é que se está a ver que os demagogos triunfan por enriba dos que non o fan( unha minoría ínfima ), e estes que non o fan pertencen aos partidos menos aclamados e máis desfavorecidos. Pero é bastante razoable se nos poñemos a pensar a quen votariamos: a alguén que nos di que baixará os impostos ou a outro que di que é dificilísimo? A maioría da poboación estaría a favor do primeiro. E ademais, isto é moi difícil de resolver, porque ao ver que este método funciona, cada vez irán “mentindo” máis, ata chegar ao desconcerto absoluto e, con isto a algo que xa é moi común na actualidade: non crer a ningún dos políticos e despreocuparse da política totalmente. Na actualidade, non se pode facer nada para frear isto, xa que os políticos cada vez fan máis o que queren. Penso que a democracia xa non é democracia na súa totalidade (polo menos no noso país), e que todos e cada un dos partidos políticos deberían reflexionar e saber que a democracia é algo máis ca unha palabra, conleva moitos feitos. O máis claro, o responder ao que o pobo pide, e non a abastecer as necesidades individuais dos que din que están gobernando e facendo todo o posible por mellorar a situación. Pero, o peor de todo isto é que nestes momentos non encontro ningún réxime político existente que nos poida levar a bo porto.
En conclusión, quizais sexa o momento de tomar decisións e inventar algo novo e revolucionario.
COMENTARIO: Ben argumentado. Podería obxectarse por qué se pon toda a responsabilidade de lado dos políticos e ningunha da parte dos propios cidadáns. O autor semella crer que a maioría destes carecen da capacidade que se atribúe a si mesmo, isto é, a de ser quen de distinguir as promesas demagóxicas das que non o son. Unha cidadanía que rexeitara a demagoxia sería unha cidadanía que non votaría a partidos e políticos demagóxicos. Por outra banda, a suxestión da invención dunha alternativa revolucionaria é ben interesante. Pero, cal?
A demagoxia leva presente na democracia e penso que así seguirá. A maior parte dos políticos minten en todo o que din ou practicamente en todo. O peor disto é que a xente síguese fiando dos programas electorais que estos partidos fan unha vez se aproximan as eleccións e os grandes partidos seguen conseguindo o poder. Dende o meu punto de vista, a xente debería darse conta diso e deixar de votar tanto a eses partidos, que non fan máis que perxudicar ao pobo en vez de representarnos e beneficiarnos tal e como se supón que teñen que facer. O que máis gracioso me parece de todo isto é que os gobernantes pásanse tres anos tomando medidas que perxudican ao pobo, como os actuais recortes do PP, e unha vez se aproximan as eleccións acórdanse de quen os vota e intentan arreglar todo o que estropearon durante tres anos. Aínda con toda esta demagoxia e estes erros que tanto políticos como cidadáns cometemos no pasado, penso que as nosas memorias non olvidarán estos anos e os pequenos partidos comezarán a ter máis representación parlamentaria, con isto non quero dicir que sexan menos demagogos que os que actualmente nos gobernan, pero polo menos hai que probar novos camiños porque os que se están a tomar actualmente non nos levan a ningunha parte.
COMENTARIO: A argumentación non está mal mais pouco desenvolvida. Por que aceptar o fatalismo de que a demagoxia nunca poderá ser emendada?
Na actualidade, sí que se segue a utilizar a demagoxia como forma de obter o triunfo na política. Eu penso que moitos partidos políticos recorren a ela cando xa non teñen máis oportunidades de gañar polo seu pé e así convencer ao seu público de falsas esperanzas e promesas que nunca se cumprirán.
Desgraciadamente, hoxe en día tamén ocorre e non é digno de admiración, xa que a xente pode sentirse traizoada e enganada…
Unha explicación que fixo María Dolores de Cospedal á prensa dicindo o que ela opinaba da demagoxia: http://www.youtube.com/watch?v=X1i2UheaPa0
No video pode observarse como incluso os políticos rexeitan esta maneira trampeira de gañar as eleccións e os cargos, deberíanse gañar polo propio esforzo de levar a cabo a ideoloxía q representa a moita máis xente e non polo beneficio propio…
Pro estamos nunha época difícil e o único que parece importarlle á xente é o diñeiro e o éxito e non os demais nin parece que se teña empatía.
Eu digo que a xente podería mirar máis hacia os demais e deixar de mirar para un mesmo, porque ao fin e ao cabo, nalgunha parte das nosas vidas, precisaremos da axuda de alguén alleo a nós e con este exemplo da demagoxia non o obteríamos, xa que ninguén confiaría en tí.
Concluíndo, a demagoxia é unha práctica que non se debería de realizar, porque á larga non resulta práctica para nadie, in para o que gaña nin para o que perde. O que gaña porque ao final acabarán odiandoo e ao que perde porque é un auténtico engano. A demagoxia non leva a ningún sitio e o tempo porá a cada un no seu lugar.
COMENTARIO: Excesivamente xenérico, en ningún caso explicas o que entendes ti por demagoxia nin pós ningún exemplo concreto. A argumentación é feble. Así, a conclusión final parece contradicirse con algunhas das afirmacións anteriores que parecen conceder éxito ás intervencións demagóxicas.
A lóxica, os bos argumentos e a democracia
Na antiga democracia, os gregos, cumprian todo o que dician, para que haxa un ben común mellor. Na democracia contemporanea si exiten demagogos, un exemplo claro é Rajoy, xa que cando foron as elecións, tiveron que competir para ver quen queda, e cando Zapatero dicia que ía facer unha cousa, Rajoy dicía que a ía a duplicar.
Poucas cousas impiden que haxa politicos demagogos, unha desas cousas sería o dereito a voto, xa que nos podemos escoller a quen queremos que nos goberne, ainda que estemos influenciados co que nos prometen, pero nos podemos pensar e decidir por nos mesmos.
Por culpa de xente como esta, na actualidde encontramonos en situacions tan difíciles como as crises, que se repiten ao longo de toda a historia. Xente que promete cousas que non van a cumplir, so para chegar ao poder e conseguir beneficios aprobeitandose do seu cargo, e facendo pensar que non hai politicos non demagogos.
Na miña opinión penso que hai que estar moi atento para poder detectar a estos demagogos e evitar que nos engañas, ainda que teño que admitir que é unha tarefa moi difícil, sobre todo para xente coma min, que sabe moi pouco ou nada de politica.
REVISADO. Moi frouxo.