RSS para
Artigos
Comentarios

Como xa debes saber, no canto dos traballos mensuais, podes optar neste último trimestre por facer unha pequena investigación sobre un tema filosófico de libre elección. Como orientación, aquí se te suxiren algún dos temas que podes adoptar para esa investigación, pero tendo en conta que pola túa parte sempre podes propoñer un diferente.

- Calquera dos temas que teñen sido obxecto dos traballos mensuais precedentes, pode ser o tema da túa investiación.

- Pode selo tamén calquera outro tema que garde algunha relación con calquera dos ámbitos temáticos que forman parte do estudo da filosofía, segundo temos explicado en clase.

- Temas especiais, que xa foron tratado en cursos precedentes e que ti poderías continuar, aproveitando en parte as metodoloxías empregadas:

- Sobre Teoría do Coñecemento: A) Verdade e historia. Historia, mito e lenda. O papel dos mitos. Análise dun caso: o sepulcro de Santiago e o Camiño Xacobeo entre a historia, o mito e a lenda. B) Verdade e ciencia. Ciencia e pseudo ciencia. Análise de casos: a astroloxía e os horóscopos; a parapsicoloxía e os “fenómenos paranormais”; a ufoloxía e a existencia de vida extraterrestre; os programas televisivos sobre “fenómenos extraños”.

- Racionalidade e emocións: A) O cambio de paradigma tralas achegas das neurociencias. B) Razón e emoción nos relatos cinematográficos e nos medios audiovisuais (análise de casos, ex.: Capitalismo, crise económica e a súa representación nos relatos cinematográficos).

- Análise dos fenómenos violentos na sociedade actual (violencia de xénero, violencia nos deportes, violencia xuvenil, terrorismo…).

- Os dilemas morais nas películas e / ou series de televisión.

- Sobre Estética: A) O criterio estético na análise das obras de arte contemporánea. B) A presenza das artes contemporáneas na cidade de Santiago de Compostela. C) A miña paisaxe (unha investigación sobre o novo concepto de “paisaxe” nas artes contemporáneas e unha aplicación dese concepto á representación da paisaxe próxima e propia). D) A investigación como reportaxe: un traballo específico sobre algún grupo ou individuo significativo no ámbito da creación artística ou estética en xeral (artistas plásticos, grupos de teatro ou de danza, músicos, cineastas…).

- Sobre Filosofía Política: A) Filosofía e democracia: ¿por que é mellor un réxime democrático que un réxime non democrático? Tipos de democracia. ¿Cales son as debilidades da democracia? ¿Como poden ser superadas? B) A sociedade civil e a vida política. ¿A acción parlamentaria esgota a participación política lexítima nas sociedades de democracia representativa? ¿Cales poden ser outras vías lexítimas de intervención política da cidadanía? C) Nacionalismo, democracia e globalización. A formación das Nación-Estado e o concepto de identidade pos-nacional.

3. Tal como se anticipou máis arriba, os grupos poden asemade propór ao profesor temas alternativos escollidos por eles.

Os traballos deberán ser presentados por escrito (en papel ou disquette) pero poden ir acompañados de materiais complementarios noutro formato: gravacións sonoras ou audiovisuais, fotografías, etc.

Lembra que, se optas pola investigación filosófica, debes comunicar ao profesor o tema escollido antes de concluír esta semana (antes do venres día 5 de abril). En función dese tema, o profesor orientarache sobre as posibles metodoloxías a desenvolver e, no seu caso, a bibliografía a consultar. Lembra asemade que a investigación pode ser desenvolvida individualmente ou en grupo.

6 respostas to “UNHA INVESTIGACIÓN FILOSÓFICA”

  1. o 04 Apr 2013ás 6:50 pm Rubén e Andrea, 1ºB

    Queríamos comentarche que imos facer a investigación sobre un tema que nos propós ti: a análise dos fenómenos violentos na sociedade actual.
    Un saúdo.
    Resposta: Debedes poñervos en contacto comigo para ir definindo as liñas metodolóxicas da investigación.

  2. o 05 Apr 2013ás 1:40 pm Lucía Pérez Lemos

    Profesor,se puede hacer la investigación sobre la felicidad?
    Resposta: É un excelente tema filosófico. Lembra que é recomendable facelo en equipo e que te poñas directamente en contacto comigo para definir a metodoloxía da investigación.

  3. o 05 Apr 2013ás 2:09 pm Silvana Iglesias Márquez

    Hola profesor.
    Queriache comunicar que no canto de facer os traballos propostos para cada trimestre eu,Silvana Iglesias Marquez, e Patricia Iglesias Seijas vamos realizar unha investigación,pero temos unha duda sobre o tema que queremos tratar e queriamosche preguntar se podmeos tratar o tema do Aborto,e que temos dudas de se é un bo tema ou non.
    E outra pregunta é se se pode facer por parellas.

    Grazas!!

    Resposta: Desde logo, é un tema que ten claras implicacións filosóficas, dependendo de como o enfoquedes, e para iso cómpre que os poñades directamente en contacto comigo. En canto a facelo por parellas, eu recomenda grupos de tres ou catro persoas.

  4. o 05 Apr 2013ás 5:53 pm Anáss

    O meu traballo é sobre a filosofia política , porque é un tema que me gusta moito.
    Desde o meu punto de vista é mellor un rexime democrático porque se foxe monarquico por exemplo , o rey teria todos os poderes e o pobo estaria baixo o seu dominio. Mentres no democratico a cidadania ten dereito ao voto , e temos o dereito de elexir ao representante .Unha das debilidaes da democracia é que os politicos aduéñanse dos nosos votos , outra debilidade é que o goberno ten unha serie de regras e leis , e o problema é que estas leis cambianse por outras, e dicir ,as leis dependen do ser humano e do seu interes ,podese superar este problema controlando as leis. Unha das formas de participar na democracia é mediante o voto, e saver tomar eleccions nas asambleas porque a cidadania é moi importante para que se sosteña a democracia .

    Resposta:
    Antes de comezar a darlle voltas ao tema, dun xeito tan caótico como vés de facer, cómpre que te poñas en contacto directo comigo para definir o método a seguir. Ademais eu recomendaríache que formases un grupo para o desenvolvemento do traballo.

  5. o 05 Apr 2013ás 6:14 pm Maria Cordo, Rebeca Montoiro, Celia Viz 1ºA

    Decidimos facer o traballo de investigación sobre os distintos fenómenos de violencia na sociedade.
    Resposta:
    Xa falamos da posible definición dunha hipótese a estudar. Cando a teñades definida, seguiremos falando.

  6. o 05 Apr 2013ás 9:14 pm Beatriz Santiago Tenreiro

    Hola Miguel,
    escribíache para comunicarche que Lucía Pastrana Gracía e mais eu (Beatriz Santiago Tenreiro), ambas de 1ºB, imos a realizar xuntas o traballo de investigación. Hoxe buscámoste pola mañán no instituto e non te vimos, e decidimos avisarche a través do blog.
    Un saúdo.

    Resposta:
    Tendes que decidir o tema a traballar e poñervos en contacto comigo.

Trackback URI | RSS Comentarios

Deixa unha mensaxe