RSS para
Artigos
Comentarios

Tralo último encontro desenvolvido arredor da crítica platónica á democracia, imos continuar falando de filosofía política na próxima (e probablemente última deste curso) sesión de tertulia, que terá lugar o xoves día 30 de maio, ás 17 horas, na biblioteca, en que afrontaremos a seguinte cuestión:

Pode axudar a filosofía política a vivir mellor e organizar de forma máis xusta a sociedade?

O obxectivo é revisar e confrontar algunhas das concepcións máis influentes sobre filosofía política. Así, sobre a utopía platónica e a crítica da democracia, tomarase como referencia os textos “Lisa y el antiintelectualismo estadounidense”, de Aeon J. Skoble (Los Simpson y la filosofía, Blackie Books) e “Los anillos de Tolkien y Platón: lecciones sobre el poder, la libertad de elección y la moral” de Eric Katz (El Señor de los Anillos y la Filosofía, Ed. Ariel).
Lisa Simpson Platón

Sobre maquiavelismo e realismo político: “El príncipe y yo: algunas meditaciones en torno a Maquiavelo” de David Hahn (Los Soprano y la filosofía, Ariel).
Príncipe de Maquiavelo Maquiavelo
Los Soprano

Sobre a polémica entre utilitarismo e as éticas do deber: “Si el fin no justifica los medios, entonces ¿qué?” de Catherine Sartin (La filosofía de House. Todos mienten, Selector).

House John Stuart Mill

Sobre o marxismo, “Un marxismo (Karl, no Groucho) en Springfield” de James M. Wallace (Los Simpson y la filosofía, Blackie Books).

Marx

Sobre liberalismo e comunitarismo, “Muriéndonos en nuestros propios brazos: el Liberalismo, el comunitarismo y la construcción de la identidad” de H. Peter Steeves (Los Soprano y la filosofía, Ariel). Sobre a influencia dos filósofos na política, cap. 30 de 42: La respuesta de pensamiento profundo a la vida, al universo y a todo de Mark Vernon (Alianza Editorial).

Todas as obras citadas poden consultarse na biblioteca do centro.

Trackback URI | RSS Comentarios

Deixa unha mensaxe