TRABALLO PARA O MES DE MAIO
8 May, 2013 por admin
Este traballo é obrigatorio tan só para o alumnado que non estea comprometido na realización dun proxecto de investigación.
O punto de partida para o traballo é a lectura do brevísimo capítulo 30 do libro titulado “42: La respuesta de pensamiento profundo a la vida, al universo y a todo” (Alianza Editorial) cuxo autor é Mark Vernon (pode accederse a el na biblioteca). Esta lectura será tan só, como veño de dicir, o punto de partida. Aí Vernon fai unha reflexión sobre a influencia dos filósofos na política, de onde nacen preguntas coma estas: pode o pensamento filosófico contribuír a mellorar a organización social e política?, tenno feito no pasado? Ou quizais hai unha distancia inseparable entre o que os filósofos pensan e os políticos fan? O que se vos pide é que esta reflexión a procuredes facer tratando de proxectala sobre a actual situación da democracia en España. Como seguramente sabedes, baixo a influencia da dramática crise que estamos a vivir, os estudos de opinión indican que os políticos, ou a “clase política”, están profundamente desacreditados. Pero son os políticos que os propios cidadáns teñen escollido para ocuparse de aprobar as leis no Parlamento e aplicalas desde o Goberno. Acaso non son tamén os cidadáns responsables dos malos políticos por teren eles escollidos a eses e non a outros? Ou temos que aceptar a vella crítica platónica á democracia e recoñecer que a elección maioritaria dos gobernantes inevitablemente ha traducirse en ineficacia e corrupción? Pode a filosofía -as ideas recibidas da tradición filósofica e as novas ideas dos filósofos contemporáneos- contribuír a mellorar as cousas? U-los os filósofos de hoxe en día que pensan sobre os problemas políticos? Vós mesmos podedes probar a serdes tamén filófosos políticos: que ideas se vos ocorren para mellorar a actual situación?
As respostas non teñen por que ter unha grande extensión. Podedes mesmo desenvolvelas mediante un diálogo con suxestións abertas que entre todos poidamos ir desenvolvendo. Agardo, logo, as vosas contribucións.
En primeiro lugar, na miña opinión, o pensamento filosófico si pode contribuir a mellorar a organización social e política. Xa que os filósofos son aquelas persoas que se encargan de estudar, por exemplo, as condutas e comportamentos. Polo tanto, creo que son as persoas máis capacitadas, para axudar e guiar en este campo. Ademais, isto creo que xa tivo lugar no pasado, onde gobernaban as persoas das que máis sabedoría gozaban, e que polo tanto, eran máis competentes para realizar esta tarefa. Pero hoxe en día, a cousa é totalmente diferente. Eu penso que os políticos, o que fan, o fan soamente coa finalidade de obter maior beneficio para eles mesmos. Deste xeito, existe unha gran distancia entre o que estes fan e o que os filósofos pensan e pretenden chegar a conseguir. Polo xeral, os filósofos perseguen a idea do ben común, do que mellor sexa para o pobo e os seus habitantes. Neste caso, os políticos actuais, vén sendo o caso contrario. Segundo o meu punto de vista, creo que o que queren é chegar ó posto para sacar beneficios económicos, sobre todo, sen importarlle o que pase coa xente que está baixo o seu goberno.
Por outra parte, os habitantes si son, por un lado, culpables dos malos políticos por votalos, e escoller a eses antes que a outros de outro partido distinto. Pero supoño que a día de hoxe eso xa non conta, pois penso que calquera partido, o único que lle importa, é chegar ó máis alto para, como ben dixen antes, beneficiarse eles sós. Así que, na miña opinión, sí temos que aceptar a vella crítica platónica á democracia, e recoñecer que a elección maioritaria dos gobernantes se vai traducir en ineficacia e corrupción. Pois polo que se está a observar ultimamente, na política só se descobre, cada día, máis e máis corrupción e enganos. Se as cousas se tomaran máis seriamente creo que sí podería a filosofía contribuír a mellorar as cousas, sobre todo en política. Xa que esta proporcionaría ideas e posibilidades para acadar bens comúns que favorezan a ambas as partes, saindo así as dúas beneficiadas. Finalmente, só dicir que a miña proposta para mellorar a situación actual sería propoñer acordos entre os habitantes e o bando dos políticos, nas que saian ambos gañadores e beneficiados, sen bruscos desequilibrios entre eles.
COMENTARIO: Atopo varios problemas na túa argumentación. 1º, unha cuestión de definición: dicir que os filósofos se ocupan de estudar as condutas das persoas non é o máis axeitado; en principio iso é algo que se atribúe con preferencia aos psicólogos, non aos filósofos. Logo, a afirmación de que “hoxe” os políticos “xa” non se ocupan do ben común, suxire a interpretación de que isto si acontecía no pasado. Poderías poñer algún exemplo de réxime político do pasado (non democrático?) que fose máis atento co ben común do que o son as democracias contemporáneas? No punto final, a separación entre o “bando dos políticos” e o dos “habitantes” non parece moi compatible coa concepción clásica da democracia, segundo a cal calquera cidadán, polo feito de selo, é “político”. Supoño que o problema que se está a suxerir é o da formación dunha “clase” de políticos profesionais que ten acabado por separarse do conxunto da cidadanía. Este si é un problema grave e real das democracias pero precisa dunha formulación máis rigorosa e diferente da que a autora fai.
O pensamento filosófico penso que si contribúe a mellorar a organización política polo simple feito de que os filósofos teñen o costume de intentar pensar sempre con claridade, e penso que isto fai moita falta na política.
Sobre o pasado eu creo que os filósofos puideron influír en algo pero non creo que o que os filósofos pensen ten algo que ver co que fagan os políticos, polo simple feito de que os filósofos ten cada un as súas formas e os seus principios e os políticos igual pero penso que os políticos as veces teñen dúbidas sobre o que eles elixan, e os filósofos pensan con claridade.
Os políticos penso que debería ser xente estudada e que saibas e teña claro o que quere facer non como agora en España ca crise que estamos tendo penso que os políticos non están preparados para levar un país neste momento como no que estamos a sufrir.
A ver, está claro que os cidadáns, aínda que non todos, son culpables de que os que gobernan o fagan mal ou non están preparados, porque os cidadáns deste país foron os que elixiron mediante o voto que partido ou políticos os represente.
Sobre o que di Platón está claro que si, ou eu penso que si, porque eu aínda que non voto ou non queira a ese partido político,se a maioría o voto para representarnos e gobernar o país,a min non me queda outra que aguantarme porque para iso se fai a votación mediante o voto. Aínda que saibas que son corruptos tes que aguantar e calar e penso que iso non debería ser así,sigo pensando e dicindo que os políticos teñen que ser persoas que teñan estudos académicos e especializados ou con carreiras nos distintos temas do país como a educación,economía …
O malo de elixir na democracia española mediante o voto, penso que o malo é que nunca todos vamos a estar de acordo co resultado final das votacións pero aínda que iso tamén pasaría na ditadura. Solo que na democracia, xa que o país,o pobo ou os cidadáns saben moitas cousas sobre o que fan os partidos, penso que seguen votando algo corrupto que todos vemos.
Eu se me poño como filósofo o primeiro que faría sería intentar chegar ao poder aínda que iso trae moito traballo (porque o pobo ou a xente creo que non sabe ou valoriza as opcións ou cuestións dos filósofos ), e botar fóra do poder a esa xente toda que hoxe en día e anos atrás estaban gobernando e facendo mal as cousas. O seguinte que faría sería mirar as contas do país e todas esas cousas e comentarlle ao pobo español o que hai e o que fixeron esta xente toda, despois eu tería miñas ideas e o que teña pensado facer diríallo ao pobo español para ver que lle parece para que isto fora a mellor.
COMENTARIO: Mal redactado. Esa mala redacción dificulta entender ben as argumentacións que, na medida en que se entenden, resultan bastante imprecisas. O principal problema é que o autor non ten en conta nada do estudado e debatido en clase, aínda que fose para rexeitalo. Así, dicir que cada filósofo ten as súas propias ideas, igual que cada político ten as súas, obvia todo o que temos dito sobre a diferenza entre universalismo e relativismo, deixando a impresión de que o autor deste texto pensa que o interese dos filósofos é seren orixinais, divir algo distinto do dito polos demais, e non tratar de procurar e achar a verdade. Se o que se pretendía era defender unha concepción relativista, cumpría dicilo de forma clara e sustentalo debidamente.
La mayor parte de la culpa de que estemos asi la tienen los ciudadanos porque fueron ellos los que decidieron escoger a este partido politico que gobierna actualmente en España
Fueron escogidos en un principio con cierto engaño por su parte ya que lo unico que querian era ganar las elecciones aunque para eso hiciera falta mentir
Una vez escogidos cuando llegaron al poder no cumplieron lo que prometieron y ahora se escudan con que no pueden hacer otra cosa
En cierto modo los ciudadanos somos responsables de escoger al que ahora esta goberando pero no tenemos toda la culpa, ya que los votamos porque nos mintieron
El poder corrompe porque los politicos al llegar a esos puestos se creen inmunes y ahora en nuestro pais se estan destapando numerosos casos de corrupcion que corroboran esta tesis
Y esta claro que cuando llegan a esos puestos de poder y de control si no son muy responsables acaban cometiendo fraudes o delitos porque creen que nadie los va a controlar
REVISADO
A pregunta de se somos nos , os cidadáns, responsables de escoller a malos políticos , eu argumentaría que porsuposto estamos metidos en parte neste problema , e claramente somos testigos das atrocidades que cometemos ” regalando ” ao primeiro que nos parece o noso voto ( este é un caso do Estado xuzgado por Platón ; no cal , a democracia está en mans de ignorantes , que unicamente recoñecen o mal e continuan elixindo a pésimos políticos ) .
Saíndo xa desta crítica hacia certos votantes , tamén se debe recalcar que non todo o delito é en parte dos votantes , que como propuxen ao comezo do traballo ás veces ” votan por votar ” , senon que , a carga deste peso o teñen os políticos . Se desempeñan este posto é porque están capacitados e son expertos na súa materia ; non o contrario , que é o que soen demostrar ultimamante . Outra apelación ca que marcaría a algúns políticos , sería xa entrando nos termos de ética , sobre a actuación do bo e do malo ; é dicir , un mal político é aquel que á hora de intervir no seu emprego , o fai causando prexuicios , pero aínda por riba sendo consciente do estrago que está a crear non pon fin a esta loucura de actuar moralmente mal , por moita preparación que leve tras sí ( outra característica do desastroso Estado ao que se opon Platón , político que ten a capacidade de diferenciar o bo do malo , e recurre ao malo , automaticamente para este filósofo lle pega a etiqueta de mal político )
As miñas anteriores mencións sobre o Estado de Plantón son para mostrar mediante exemplos reais , que , actualmente e tendo en conta a situación na que se encontra sumerxida o noso país de políticos corruptos e desastres económicos , a sociedade de Plantón nestes tempos de crise podería ser a ideal .
Como xustificación , viviriamos nun Estado antidemocrático , que a primeira vista, asusta , pero teríamos garantizado que ninguén votaría sen conciencia , porque xa non faría falta elixir a candidatos ; todo político estaría preparado tanto na práctica coma na teoría e na actitude . So alcanzarían o goberno persoas preparadas , tras pasar as probas da sociedade de Platón , non existiría cidadán que se interpuxera nunha función que non lle pertence . O éxito está asegurado , ca preparación dende a infancia no posto que cubrirían de adultos , e marxinando aos que consideran non capaces de asumir o posto de político , como explicaba Platón esta convertiríase nunha ” sociedade pefecta “.
A filosofía pode axudar a mellorar na sociedade ; xa que , algunhas teorías filosóficas levadas a práctica funcionarían . Vivir todos xuntos , de maneira que aqui se produzan lazos de unión e se chegue a felicidade entre todos , causaría unha mellor convivencia .
E a filosofía moral , se os políticos actuaran moralmente ben , non buscarían o seu propio beneficio , senon que , preocuparíanse do resto .
Detrás da crise económica coa que nos vemos obrigados a convivir , está a crise de valores (na que unha serie de políticos perde a honradez , a responsabilidade , a xustiza …), dando como consecuencia ao aumento da actual crise económica . Hoxe en día , mentras que estes políticos non dan encontrado a fórmula para rescatar a España , cargannos a nos os seus errores ( recortes , etc) .
Para remediar todos os percances que están hundindo ao noso país , expoño distintos puntos de vista :
Recortar o soldo aos políticos , para que non viran o seu propio negocio na política mediante un novo sistema e novas leis ; e impoñer unha mellor educación en valores , asi non nos veríamos aceptados polas consecuencias dos homes ( avaricia , egoísmo , etc ) ; e, por último , se os políticos loitan por cambiar o país e facer deste un lugar máis apacible , primeiro , como fixo Gandhi , deben cambiar eles , converterse en mellores persoas , e xa a continuación , despois de reprimir os vicios e deixando lonxe a sua forma de actuación mala , pasar a cambiar o resto , neste caso , a política .
REVISADO
o pensamento filosófico creo que sí pode contribuír a mellorar a organización social e política , porque así pode dar a coñecer a realidade as sociedades . Pero inesperadamente os filósofos pensan e razoan , en cambio os políticos son os que actúan .
Desde o meu punto de vista, aínda que un político estude moito , e chegue a traballar nun cargo importante , este politico pode ser mala persoa e preocuparse polos seus propios intereses .
En relación coa ‘democracia’ entre comillas que hay en España para min non é unha democracia , porque non todos gozamos da liberdade . Ademais disto os políticos e as suas falacias non nos axudan en nada .A xente cada vez mais estase arruinando , e para compremeterse para sacarnos da crise , están subindo o precio e os impostos , e así non se va ningures .
REVISADO
Para mi que la culpa de la crisis está mas cargada en los políticos que en los ciudadanos, ya que los políticos son los que obran por el pueblo.
También es cierto que nosotros, los ciudadanos, elegimos a los políticos, pero los votamos por sus promesas. Estas promesas son las que nos hacen verlos de otro modo, como si fueran unos salvadores y como si con ellos todo nos fuera a ir mejor, pero no nos damos cuenta de que solo quieren alcanzar el poder y para ello a veces mienten.
No cabe duda que algo de culpa la tenemos los ciudadanos al votarlos, ya que gracias a nuestros votos ellos siguen ahí. La mayoría de los votos los consiguen a través de gente mayor como ancianos, a los que les prometen vivir mejor o hacer mas cosas por ellos y al final lo que hacen es robar dinero.
Los políticos también intentan mejorar la situación del país pero muchas veces se equivocan tomando medidas que no sirven o nos perjudican mas.
En mi opinión todos los políticos son mentirosos ya que para conseguir lo que quieren mienten e incluso a veces intentan pintar la situación de un país mas bonita para que la gente no se asuste.
REVISADO
Na miña opinión, a filosofía pode axudar a mellorar a sociedade, xa que propón modelos “perfectos”, que mesmo se son inacadábeis, son un bo obxectivo para orientar as decisións do goberno. Sobre o feito de teren habido fracasos rotundos na aplicación da filosofía á política (como Mark Vernon expón no devandito capítulo do seu libro), considero que non ten de significar que non teña habido éxitos, senón que se os houbo non foron tan importantes, polo que non hai que xeneralizar sobre a relación filosofía-política baseandonos neses exemplos.
Sobre a situación actual en España e na maioría de países democráticos en xeral, penso que a culpa dos malos políticos non é dos cidadáns, e aínda algunhas veces nin dos propios políticos que se presentan ás eleccións, senón que creo que o poder a que acceden en moitos casos os corrompe e os incapacita para cumprir promesas realizadas durante a campaña electoral; ademais, opino que os soldos que perciben certos cargos serve para atraer xente inepta para a política.
Por verbo da crítica platónica, a corrupción da clase dirixente non é causa do voto maioritario, senón da estabilidade de poder, que fai que os políticos non cumpran o prometido ou mesmo aproveiten para se beneficiaren con medidas contrarias ás súas promesas.
Como xa teño dito ao principio do comentario, o mellor que pode facer a filosofía hoxe en día é propoñer modelos “perfectos” que sirvan para ir cara a eles mesmo sendo imposíbeis: igualdade de riqueza (que non é posíbel, xa que a economía, polo menos a actual, se basea en haber diferenzas de riqueza entre a xente), permiso para cruzar as fronteiras libremente e vivir onde se quixer (non é completamente posíbel, xa que unha emigración masiva podería desestabilizar a economía dun país)…
Os filósofos que pensan en política hoxe en día, se existen, non están nos altos postos do goberno maiormente por causa do bipartidismo (a maioría da xente vota un dos dous partidos maioritarios, e ven os demais como simplemente o mesmo que eses ou até peores) e pola profesionalización da política, que fai que quen guste da política teña que “loitar” polos postos gubernamentais con xente movida polo diñeiro, que moitas veces ten influencias no propio goberno que o axudan a acadar os postos importantes.
As miñas suxestións para tratar de modificar a situación actual serían unha maior mobilidade de poder (eleccións con máis frecuencia que unha cada catro anos, como por exemplo un ano), e incluso un voto móbil (cada persoa maior de idade mandaría un papel co partido a que vota á administración, onde quedaría rexistrado, e o cambiaría cando quixer, sen necesidade de eleccións; os votos poderían revisarse cada pouco tempo e o goberno podería cambiar conforme aos novos votos), e aínda a redución da retribución polo traballo político a unha cantidade menor (2000€ ao mes sería bastante axeitado na miña opinión) e a supresión de “dietas”.
REVISADO
Creo que la filosofía y la política comparte muchos objetivos, ya que ambas intentan buscar respuestas para ayudar a los demás, al menos en teoría, ya que llevado a la práctica los políticos solo buscan su propio beneficio.
La verdad no sabría decir quien es más culpable, si el político por ser un corrupto egoísta o el ciudadano por escoger al político corrupto y egoísta. Supongo que ambos son culpables, pero puesto que soy una ciudadana y no una política diré en nuestra defensa que no hay mucho donde elegir…
Llegamos al punto de en vez de escoger entre el que es corrupto y el que no, tenemos que elegir entre el que es corrupto o el que lo es más.
Estoy segura de que si los políticos tuvieran en cuenta las ideas de los filósofos contemporáneos, aunque solo fueran la de unos pocos, encontrarían la solución a muchos de los problemas que nos afectan a todos. Si tan solo se molestaran en estudiar o simplemente leer los errores cometidos ya en el pasado, se hubiesen ahorrado muchos problemas. En definitiva, hubiesen aprendido de los errores que ya alguien cometió para no volver a caer en lo mismo.
Tal vez si los aspirantes a políticos fuesen personas capaces de trabajar en su persona antes de intentar cambiar la vida de los demás, todo sería muy diferente.
Me gusta mucho el título del capítulo “Debes ser el cambio que quieres ver en el mundo”, es una muy buena frase que me ha hecho reflexionar mucho. Dicho de otra manera si quieres que el mundo cambie, debes empezar por ti mismo. Eso es algo que deberíamos tener muy presente.
REVISADO
Na miña opinión, o pensamento filosófico si pode axudar a mellorar a organización social e política, xa que nestes tempos de mal goberno, de corrupción, de políticos corruptos, de xustiza mal aplicada… e sobre todo de CRISE, necesítase a alguén que poña un pouco de orde, de calma e de paciencia, e que se lle vexa con criterios para mellorar a situación, que é o máis importante. Pois ben, ese “alguén” é precisamente a filosofía, os filósofos. De feito xa na Grecia Antiga, Aristóteles por exemplo, se presentaron ideas políticas de cómo debía funcionar o sistema. Aínda que algúns aspectos poidan parecer un pouco disparatados a día de hoxe. Pero a única maneira de que os filósofos poidan influír na política é gobernando eles mesmos, porque se non é así os políticos unha vez que entren ao poder farán o que eles queiran, como están facendo agora, o cal non melloraría a situación.
No caso máis concreto de España, a situación é difícil, como antes dixemos, sobre todo pola crise económica. É moi certo que estamos gobernados actualmente por malos políticos, que non mostran ningunha clase de criterio para mellorar a situación ni tampouco mostran confianza algunha aos cidadáns. Pero son os cidadáns os que elixen a quen queren para gobernar, así que alguén podería dicir: “A culpa é dos cidadáns por votar a quen non deben”. Ben, na miña opinión isto non é así. Se todas as opcións que tes son malas non podes facer nada por melloralo. O que tamén é certo é que semella que moita xente vota sen criterio algún e non se mostra firme en ningunha decisión: “Como este o fixo mal, agora vou votar ao outro”. Por iso é necesario que os filósofos entren na política, iso si, sempre atendendo ao pobo.
Por último algunhas ideas que se me ocorren para mellorar a situación son a elaboración de referendums para deixar de verdade escoller ao pobo que é o que quere, se se diminúen os soldos que sexa para todos, pero iso si, que non suban os impostos,etc.
REVISADO
Sobre a relación entre a filosofía e a política, penso que, na Antigüidade, as reflexiones filosóficas eran as bases do debate político sobre o cal se organizaban as sociedades. Os filósofos establecían as ideas sobre a organización social que eran discutidas despois pola cidadanía, o cal contribuíu positivamente á boa saúde da democracia ateniense durante séculos.
Na actualidade, sen embargo, semella que política e filosofía seguen camiños separados, xa que, tanto uns coma outros están profesionalizados. Pese a que diversos filósofos contemporáneos se adican ao estudo da política, ou ben propoñen modelos de organización que non son suficientemente apoiados, ou ben non son escoitados por un sector político actual profesionalizado e ao cal parece interesarlle manter a opacidade.
Estas actitudes non son respaldadas pola sociedade co exercicio do voto aínda que este sexa un dos argumentos que esgrimen frecuentemente os partidos políticos maioritarios para xustificar a imposición de políticas que van contra os dereitos fundamentais da cidadanía, senón que o cidadán, co seu voto, establece un compromiso co seu representante político para o cumprimento dun programa ou dunha conducta de actuación. Cando o político responde rompendo o compromiso co cidadán dana á democracia. Non deberíamos tampouco aceptar con frialdade a crítica platónica á democracia, xa que esixiría un cambio de modelo que parece evitable se se cambian ciertas condutas, pero, nos tempos actuais, parece que os políticos se esforzan en dar pé á afirmación platónica.
REVISADO
Dende o meu punto de vista, o pensamento filosófico si que pode axudar a mellorar a organización política actual, pero o que hai que facer actualmente é largar de aí aos dirixentes actuais e probar con outros, que teñan algo máis de idea sobre o que é a economía. Ao apuntamento do profesor sobre as queixas que ten o pobo cara ao goberno actual, opino que o pobo ten todo o dereito a queixarse xa que o señor Rajoy está a facer todo o contrario do que prometía nas súas campañas electorais antes de ser presidente. Tamén é verdade que o goberno anterior non funcionaba e tampouco dicía a verdade, pero se todos os nosos antigos ou presentes gobernantes mentiron, hai que probar cos novos partidos que se están a crear e darlles un voto de confianza. En este sentido si que penso que os cidadáns deberían recurrir en parte á moral e non dar a opción a partidos extremistas como fixeron en países como Grecia.
Á pregunta das ideas que se nos ocorren para mellorar a actual situación, teño que dicir que a mín, que non son especialista nese tema, non se me ocorre ningunha, pero tampouco teño pensado presentarme nunca a unhas eleccións como fixo Rajoy, que sen ter unha idea clara de como mellorar a nosa situación, presentouse a presidente do goberno.
REVISADO
No meu pensar a idea de democracia variou moito ao longo do tempo, nun principo a democracia coñecida como tal, viña da man de xente preparada ao longo de toda a súa vida para algún día, e non en todos os casos chegar a ser o gobernante; estas persoas eran coñecidos como os máis sabios, eran os filósofos, e para poder chegar a aquirir ese cargo deberían de ter unha vida donde irían alcanzando pouco a pouco diferentes estadios. Por esta razón, cunha mellor preparación, supostamente eran os mais adecuados para gobernar, e dicir os máis sabios.
A súa principal idea era a de obter un ben común para todo o pobo. e así poder contentar ao maior numero de persoas, na actualidade os políticos non sempre buscan o ben común para todo o pobo, senon que polo xeran adoitan buscar un interés propio, e logo xa se pode ser algo que beneficie aos cidadáns a poder ser, de ahí o tema da corrupción tan citado nestes tempos. Tamén cabe decir que hoxe en día o pobo como si e moitisimo máis esixente de que era nun pasado, esto ben dado de que agora a xente esta moitisimo máis culturizada, baixo continuas fontes de información; esto tamén pode levarnos a pensar que nun pasado non e que os politicos fosen tan bos, senon que quizais a ignorancia da xente os levase a creer que vivían baixo as mellores condicións posibles, cando en realidade non era nen a metade do boa que e na actualidade a vida, moi posiblemente.
Esta claro que ser o gobernante dun gran pais, non e fácil,dos millóns de habitantes que hay e prácticamente imposible contentar a todos por igual, pero si que se pode mellorar moito e contentar a moita máis xente da que adoita estar de acordo coas decisións do goberno.
Para mellorar esta situación, todos os seres humanos deberíamos de ser uns descerebrados e que unha persoa tivese o poder de controlarnos a todos, xa que cada persoa e un mundo. Pero si que e ben certo que o tema da corrupción podía estar moito máis revisado polas autoridades e así evitar o descontento da poboación, xa que según enquisas recentes os políticos pasaron de ser un dos temas que menos importaban a poboación cun 4% a preocupar un 20% en tan so 3 anos, e isto deberían ser datos alarmantes que deberían proporcionar o cambio da situación.
REVISADO
42: La respuesta de pensamiento profundo a la vida, al universo y a todo
O pensamento filosófico si pode contribuir a mellorar a organización politica e social, xa que se todos pensamos dun modo utilitarista, e dicir, procurando o ben comun podese levar a cabo a elaboración dunhas mellores leis para a sociedade.
Si o ten feito no pasado, cando comezou a democracia, xa que nela estaban incluidos platon e aristoteles, que foron os princiais pensadores e creadores desta nova forma politica. Pero hoxe en dia todo cambia, buscan beneficiarse a costa da xente a que estan gobernando, traballando uns poucos para beneficiarse o resto.
Si, os cidadans tamen son responsables por habelos escollido, pero a verdade e que hoxe en dia non hai patidos politicos que pensen na xente, senon en beneficiarse o maximo posible eles. Por que a maioria escolla ao noso representante do goberno, non quere dicir que sexa o mellor, porque prometa cousas que ao final non vai a cumplir, se non que o outro representante é peor que este escollido. O goberno de platon e aristoteles camiou moitisimo, antes buscaban un ben comun, agora so o beneficio propio, e isto e o que produce a corrupcion, ou sexa, os politicos corruptos.
A filosofía si axudaría a mellorar a política, xa que na filosofia politica intentase buscar un lugar donde a maioria poida vivir o mellor posible nunha comunidade respetada por todos e donde poder convivir en paz.
Eu penso que para mellorar un pouco a situacion inicial, bastaria con que os politicos nos escoitasen e soupesen os nosos problemas, nos intentasen axudar, para beneficiarnos todos e non so eles. Así deixaria de haber tanta pobreza.