RSS para
Artigos
Comentarios

PRIMEIRA TERTULIA

A primeira tertulia terá lugar o xoves día 24 de outubro, das 17 ás 18 horas. O tema da tertulia será o mesmo do traballo de mes, isto é, a resposta á pregunta “Quen son eu”, ou o que é o mesmo, o tema filosófico da IDENTIDADE. Para preparar este tema, cómpre ler algúns dos seguintes textos:

Mike Lippman: “Conózcase a sí mismo, gilipollas: Tony Soprano como héroe trágico aristotélico” e “¿Tony Soprano está ciego ante sí mismo?” en Greene e Venezze (2010): Los Soprano y la filosofía. Ed. Ariel.
the-sopranos.jpg
Kevin Kinghorn: “Cuestiones de identidad: ¿es el increíble Hulk la misma persona que Bruce Banner?” e Tom Morris: “¿Qué hay detrás de la máscara? El secreto de las identidades secretas” en Morris e Morris (2010): Los superhéroes y la filosofía. Blackie Books.
Superman e Batman

Os dous libros están dispoñibles na biblioteca.

O alumnado de 1º ou 2º de bacharelato que queira presentar na tertulia o resumo dun destes textos, deberá notificalo a través deste mesmo blog, indicando cal é o texto elixido. Os textos serán atribuídos segundo a orde de recepción da notificación. Se un texto xa está adxudicado a outro alumno ou alumna, se ofertará un novo texto ata que todos estean cubertos.

Lémbrase que o alumnado que presente un resumo na tertulia, recibirá como mínimo 0′5 puntos adicionais sobre a nota trimestral, sempre e cando na súa exposicón demostre que o texto foi lido e preparado. Os restantes alumnos e alumnas asistentes, que non teñan texto asignado, tamén poderán recibir 0′5 puntos adicionais se participan activamente, con exposicións ben argumentadas, nos debates da tertulia.

Trackback URI | RSS Comentarios

Deixa unha mensaxe