TERTULIA NOVEMBRO
6 November, 2013 por admin
Trala nutrida asistencia á tertulia de outubro, convócase a nova tertulia para o xoves día 28 de novembro, na biblioteca, das 17 ás 18 horas.
O TEMA escollido para esta nova sesión foi o proposto por Sarela: A FELICIDADE.
Para preparar o tema, as lecturas recomendadas son:
- “Ética a Nicómaco” de Aristóteles Cap. I, 5 e 7; Cap. X. (Desta obra hai dous exemplares na biblitoeca, cos títulos “Ética Nicomaquea” e “Moral a Nicómaco”)
![]()
- “La felicidad paradójica” de Gilles Lipovetsky, páxs. 223 a 231.
- En “Emociones positivas” de varios autores, o texto de Raquel Palomera Martín “Educando para la felicidad”, páxs. 247 – 264.
Quen queira preparar algún destes textos para presentalo na tertulia, debe informar a través deste blog, para evitar duplicidades. O libro de Aristóteles poderá collerse directamente na biblioteca. En canto aos outros dous, cómpre pedirlle as fotocopias á profesora, que as terá dispoñible a partir da mañá do xoves día 7.
A estes textos compre engadir o que Sarela está a ler e que ela mesma presentará.
Para a vindeira tertulia, solicítase que alguén se ofreza como secretario / secretaria para tomar acta das intervencións que se vaian desenvolvendo e das conclusións finais, se as hai. Este traballo sería avaliado sempre en forma positiva, nunha medida semellante á dos presentadores das sínteses dos textos lidos.
Ofrezome como secretario para a proxima tertulia.
Un saudo.
Queda logo aceptado Abel como secretario da tertulia.
O profe
ESTE É O RESUME QUE ABEL ENVIOU SOBRE O DESENVOLVEMENTO DA TERTULIA. OS ASISTENTES PODEDES OPINAR, ENGADINDO, QUITANDO OU CORRIXINDO COUSAS, OU SIMPLMENTE DICINDO SE VOS PARECE QUE RECOLLE DE XEITO SUFICIENTE O QUE ALÍ ACONTECEU
A tertulia sobre a felicidade comezou coa explicación do libro “El arte de no amargarse la vida´´ de Rafael Santandreu, nel aparecen afirmacións como que o carácter esta formado por causas innatas e a causa disto podémolo cambiar, tamén di que a felicidade esta asociada a metas, ou que grazas aos pensamentos positivos podemos chegar a ser felices e acadar unha calidade de vida boa. Por ultimo di que a clave da felicidade e acadar unha boa calidade nos teus pensamentos e para iso so necesitas tres cousas bebida, refuxio e comida. O libro tamén di que as veces a sociedade incúlcanos ideas de como ser feliz pero non son verdade. A partir deste libro comezáronse a por ideas en común como que a felicidade ven dada, ou que o pracer non é igual que a felicidade e que a felicidade non se compra, incluso se puxeron casos prácticos –Cristiano Ronaldo afirmou que non era feliz aínda tendo moitos cartos-. Outro texto que se tratou foi de Gilles Lipovetsky no que se compara a felicidade da antigüidade que se asociaba a comer ben e vivir dia a dia, coa de agora que é ter unha boa saúde. O ultimo texto fala da forma de acadar a felicidade cunha formula que seria F=RCA e un medidor para saber se tes una vida feliz, xa que terías unha vida feliz se as experiencias positivas superan as negativas. Logo de acabar cos textos empezamos a debater sobre a forma de acadar a felicidade que serian por acadar pequenas metas, ou por sentir experiencias boas, etc. Tamén dixemos que non é o mesmo ser feliz que estar contento, que a felicidade non é eterna, que hai grados da felicidade, que todo o mundo pensa en si primeiro, que se predices que algo vai saír mal sairá mal, que a felicidade non pode chegar a ser absoluto, eterno nin constante e que agora para ser feliz necesitamos ter mais que o resto. Como non obtivemos una conclusión decidimos continuar co mesmo tema na vindeira tertulia, iso si relacionando co tema de neurociencias.
Pd: dixo a profesora Conchi que xa recibiu as notas da tertulia pero faltaría a nota deste resumo para que poida ter as medias.