RSS para
Artigos
Comentarios

TRABALLO MES DE NOVEMBRO

Confío en ter revisados os traballos do mes de outubro ao longo da semana vindeira. Comunicarei os resultados á profesora.
Pero, mentres tanto, xa podedes comezar a preparar o novo traballo.
O seu tema é:
SER BO É O MESMO QUE SER FELIZ?
Como podedes ver, este tema coincide co mesmo que será obxecto da próxima tertulia, aínda que o título, neste caso, é máis restrinxido. A pregunta non é sobre a felicidade e como conseguila senón sobre a compatibilidade entre ser virtuoso (bo) e ser feliz. En xeral, os filósofos clásicos gregos crían que o home sabio, por selo, sería tamén bo e feliz. En cambio, non é infrecuente que na actualidade haxa xentes que pensen que a vida virtuosa é dificilmente compatible coa vida feliz.
Para resolver a pregunta debedes, logo, explicar en que consiste para vós “ser bo” e en que consiste “ser feliz” ou, dito doutro xeito, que é o BEN e que é a FELICIDADE. E a continuación deberedes analizar que hai de compatible e que de incompatible nas dúas definicións. Para iso, seguramente pode ser recomendable recorrer a exemplos: exemplos de situacións que, na vosa opinión, exemplifican comportamentos virtuosos (bos) e exemplos de accións que producen felicidade a quen as realizan.
Lembrade que o fundamental é argumentar ben as ideas. E, por suposto, podedes apoiarvos nas mesmas lecturas recomendadas para preparar a tertulia.

Trackback URI | RSS Comentarios

Deixa unha mensaxe