UN TRABALLO SOBRE O AMOR PARA A FIN DO TRIMESTRE
23 February, 2015 por admin
Dadas as dificultades que estou a ter coa aula virtual, reitero aquí a proposta para de traballo para esta fin de trimestre:
O AMOR E A FILOSOFÍA
Seguro que todos e todas sabedes que é iso do amor.
Supoño que a estas alturas xa debedes ter tamén algunha idea sobre en que consiste a filosofía.
O que se vos propón neste traballo é desenvolver un breve ensaio encol de:
1, que é o que entendedes vós polo amor;
2, que pensades que podería dicirse desde a filosofía sobre o amor.
Naturalmente, a filosofía, ao longo da historia xa ten dito moitas cousas sobre o amor pero desas cousas na clase aínda non temos dito nada, así que no traballo non se vos esixe ningún tipo de coñecemento previo sobre o que teñen dito no pasado os filósofos sobre o amor. Do que se trata é de que adoptedes vós a posición de filósofos e filosofedes sobre o amor.

Cadro do pintor alemán Feuerbach sobre O Banquete, inspirado no célebre diálogo de Platón, unha das obras fundamentais da filosofía que ten como tema o amor
Cabe a posibilidade tamén de que tomedes en conta algún texto que coñezades en que se reflexiona sobre a experiencia amorosa, pero non é imprescindible.
Tamén podedes tomar en conta os textos sobre os que se vai desenvolver a tertulia ou faladoiro do xoves día 5 de marzo, último deste trimestre. Pero, reitero de novo, non é imprescindible.

O beixo de Psique a Eros na célebre escultura de Canovas (s. XVIII)

