TRABALLO PARA O MES DE ABRIL
13 April, 2015 por admin
PARA SEGUIR FALANDO DO AMOR
Para este mes de abril propóñovos continuar co tema do AMOR. Quen teña entregado xa un breve ensaio sobre o tema, non precisa facer un novo agás que voluntariamente así o decida, ampliando os puntos de vista desenvolvidos no traballo anterior. TODOS OS DEMAIS (agás quen estean facendo un proxecto de investigación) deben entregar OBRIGATORIAMENTE este traballo antes do día 1 de maio.
Para a realización do traballo, debedes tomar en conta o dito no post de febreiro. É útil (aínda que non imprescindible) adoptar como punto de partida algunhas ou todas as lecturas que alí se propuxeron e que serviron como base para o último faladoiro. A estas lecturas poden engadirse os seguintes textos, que servirán para o vindeiro faladoiro:

Thomas Lewis, Fari Amini e Richard Lannon: “La mente enamorada. Una perspectiva científica sobre el cerebro y los vínculos afectivos”. RBA. Páxs. 110 a 119 (sobre os neurotransmisores que actúan nos procesos afectivos e emocionais); páxs. 138 a 140 (sobre as bases fisiolóxicas do que os autores chaman o “equilibrio límbico”); páxs. 184 a 190 (sobre os “atractores límbicos”); páxs. 208 a 210 (sobre as terapias para sandar as patoloxías debidas a carencias afectivas); páxs. 234 a 251 (sobre as relacións de parella).

Varios autores: “La historia más bella del amor”. Anagrama. Este libro trata, a partir do diálogo dunha xornalista con distintos historiadores e sociólgos, da evolución das relacións amorosas ao longo da historia. Pode escollerse ler calquera dos capítulos (que no libro denomínanse “escenas”) aínda que recomendo especialmente os tres últimos, dedicados ao mundo contemporáneo, desde os anos 20 do pasado século ata os nosos días.