FALADOIRO DO MES DE ABRIL
13 April, 2015 por admin
O faladoiro deste mes terá lugar o XOVES DÍA 30 a partir das 18 h, no lugar habitual, a BIBLIOTECA do centro.
O tema, tal como acordamos na última sesión, continuará a ser O AMOR E A FILOSOFÍA.
Como textos a preparar para exponer e debater, volveremos ter a última parte d’O Banquete de Platón, que na sesión anterior finalmente non chegamos a comentar. Esta lectura será considerada nesta ocasión prioritaria e xa que logo é imprescindible que haxa alguén que se comprometa a lela e presentala.

Ademais, poderase ler fragmentos das dúas obras que se citan no post sobre o traballo para este mes: “La mente enamorada” e “La historia más bella del amor”. Estes dous últimos libros non figuran na biblioteca, de xeito quen queira lelos deberá solicitar copia ao profesor.
