RSS para
Artigos
Comentarios

Tralo debate do 1º Faladoiro, parece que a maioría tendía a recoñecer que a condición humana non era tan distante da condición animal como ten afirmado boa parte da tradición filosófica (a corrente dualista, que considera ao ser humano un composto de alma e corpo). Vimos logo a posibilidade de sumar á comparación coa vida animal, a comparación coa chamada “intelixencia artificial”, incluída a preocupante hipótese, tan cara aos filmes e novelas de ciencia ficción, de que finalmente as máquinas despracen aos seres humanos no control da vida civilizada.
Este será o tema do novo Faladoiro:
SERÁN AS MÁQUINAS O SEGUINTE PASO NO DESENVOLVEMENTO EVOLUTIVO?
Este Faladoiro terá lugar o
XOVES DÍA 5 de novembro na BIBLIOTECA das 17 ás 18 h.

Lecturas sobre as que se desenvolverá a tertulia:
Descartes: Discurso do Método. 5ª Parte, páxs. 89-93 (Ed. Xerais).
John Gray: Contra el progreso y sus ilusiones. Cap. 5: “Fe en Matrix”.
Rafael Lahoz-Beltrá: Turing. Del primer ordenador a la inteligencia artificial. Cap. 4, páxs. 119-132.
Michio Kaku: El futuro de nuestra mente. 3ª Parte, cap. 10: “La mente artificail y la conciencia de silicio”.
Os libros deben solicitarse ao profesor.

Trackback URI | RSS Comentarios

Deixa unha mensaxe