ENTREGA ENSAIOS E PROPOSTAS DE INVESTIGACIÓNS
28 October, 2015 por admin
Lembro que esta semana conclúe o tempo para que entreguedes os vosos primeiros ensaios. Podedes envialos en forma de comentarios ao post onde se propón a tarefa. Os comentarios chegarán directamente ao correo do profesor e non serán feitos públicos agás algún caso que previamente o profesor consensuará co alumno ou alumna autor/a do mesmo.
O alumnado -individualmente ou en grupo- que opte por facer unha investigación, quedará eximido da obriga de presentar o ensaio mensual. Porén si está obrigado a presentar un informe da marcha da investigación. Neste caso, ao se tratar da primeira entrega, abondará coa proposta do obxecto de investigación que se pensa desenvolver. Este enunciado co Proxecto de Investigación tamén pode ser enviado como comentario deste mesmo post ou ben presentalo directamente ao profesor.