RSS para
Artigos
Comentarios

O vindeiro xoves día 15 de marzo terá lugar unha nova xuntanza do Clube de Lectura, que se desenvolverá a partir das 16,30 h e ata as 17,30 h, na biblioteca do instituto. O tema a desenvolver non será o inicialmente previsto, que quedará para unha vindeira sesión, senón o presentado baixo a seguinte pregunta: “HAI ALGO AÍ FÓRA? NEUROCIENCIAS E REALISMO”. Observarase, logo, que se decidiu en parte retomar a temática arredor das neurociencias, analizada nas sesións precedentes, orientada esta vez cara a cuestión do realismo filosófico. O texto de referencia adoptado é o primeiro capítulo (titulado “A antinomia do realismo”) da obra do filósofo estadounidense Hillary Putnam “La trenza de tres cabos. La mente, el cuerpo y el mundo” (Siglo XXI, Madrid 2001).

Trackback URI | RSS Comentarios

Deixa unha mensaxe