Traballo do mes de marzo para 1º de bacharelato (atención: cambio na data de entrega)
13 March, 2012 por admin
Inicialmente este traballo, obrigatorio para todo o alumnado de 1º A e B, debería ser enviado antes da data de avaliación (mércores 21 de marzo). Mais, vistos os problemas para cumprir esta data, tanto polas cargas dos exames destes días como polos varios alumnos e alumnas que participan en viaxes escolares, a data de entrega postérgase ata o primeiro día despois das vacacións de Semana Santa (martes día 10 de abril). Con todo, se alguén envía o traballo antes e a avaliación deste supón unha mellora da súa nota, esta mellora poderá ser aplicada na nota deste trimestre.
A cuestión que se ofrece á análise e reflexión do alumnado é a seguinte:
POR QUE DEBEMOS SER BÓS E VIRTUOSOS E NON MALOS E VICIOSOS?
Para afrontar esta cuestión, proponse partir do mito do anel de Giges, que Platón recolle no Libro II da súa obra “A República”. Neste texto, que adopta unha forma dialogada como a maioría das obras escritas polo filósofo ateniense, Glaucón discute con Sócrates acerca das razóns que levan ás persoas a adoptaren una conduta virtuosa. Glaucón defende a idea de que todos os seres humanos son esencialmente egoístas e procuran o que lles comprace sen pensaren noutro interese cá propia satisfacción, e, para probalo, relata a historia dun ascendente dun tal Giges que, tendo atopado un anel que o dotaba de invisibilidade, aproveitou esa extraordinaria capacidade para ocupar o lugar do rei no leito da raíña, seducila e, logo, confabulado con ela, matar ao antigo rei e apoderarse do trono. A conclusión de Glaucón é que calquera persoa, dispoñendo da mesma facultade máxica, faría o mesmo, o que implica unha conclusión secundaria: que a conduta boa e virtuosa é produto do temor ao castigo ou á reprobación social, mentres que a tendencia espontánea de todo ser humano sería a simple satisfacción dos desexos máis inmediatos e persoais. Ou, dito doutro xeito, que os seres humanos somos morais por obrigación social pero non por tendencia natural, entendendo que “ser moral” equivale a xulgar os actos segundo criterios do que é bo e do que é malo, e non simplemente do que me produce algunha satisfacción ou me insatisface.
Neste diálogo, Sócrates non está de acordo coa posición de Glaucón, característica de algúns dos chamados sofistas, e argumenta en contra do seguinte xeito: Todo o mundo ten en si mesmo unha inclinación a facer o ben e o xusto, e a evitar o malo e o inxusto, de tal maneira que mesmo o individuo máis malvado non pode sentirse satisfeito coas súas malas accións, mentres que, ao contrario, o virtuoso e xusto sinte no fondo da súa alma unha satisfacción inmediata pola súa boa acción. Un mundo de individuos viciosos e inxustos sería un mundo insoportable mesmo para eles, mesmo para un Giges dotado dun anel máxico. Este só podería soster a súa conduta sobre o engano e o disimulo e sempre co temor a que a súa manipulación fose descuberta; nesa situación ninguén pode vivir feliz e satisfeito.
Recentemente, uns profesores de filosofía estadounidenses teñen recuperado o mito platónico para relacionalo con relatos da cultura popular dos nosos días. Así, en “¿Por qué son bos os superheroes? Os cómics e o anel de Giges”, Jezz Brenzel analiza o comportamento altamente moral dos superheroes da banda deseñada, como Superman, para recuperar a idea (próxima á de Platón) de que, mesmo posuíndo poderes que os colocan por riba dos seres humanos “normais”, e puidendo logo empregar ese poder para o seu propio beneficio ou para facer maldades (como fan os “superviláns”), uns seres intelixentes elixen facer o ben. Ou, en “Os aneis de Tolkien e Platón: leccións dsobre o poder, a liberdade de elección e a moral”, Eric Katz compara o anel de Giges co anel da saga de Tolkien, neste caso para reflexionar sobre a atracción maléfica do poder máxico ou, dito doutro xeito, como o mal pode trocarse nunha inclinación case irresistible que tende a anular a capacidade de xulgar moralmente.
Estes textos poden atoparse e consultarse na biblioteca do centro, e poden asemade complementarse con outras referencias que o alumnado poida procurar pola súa conta, por exemplo en internet.
Na súa reflexión, o alumno ou alumna debe:
- Decidir, de xeito argumentado, cal lle convence máis, se a posición de Glaucón ou a de Sócrates, en relación coa discusión sobre a natureza moral do ser humano.
- Desenvolver a súa opinión, sempre argumentada, sobre a utilidade do mito do anel de Giges para comprender mellor esa natureza.
- Desenvolver igualmente unha opinión argumentada sobre a asociación entre o mito de Giges e os relatos contemporáneos como a banda deseñada (e o cine) de superheroes e a saga de Tolkien (da que tamén hai versión cinematográfica).
- Concluír defendendo argumentalmente unha tese, coherente con todo o argumentado previamente, sobre se o ser humano é moral pola natureza (entendo por “ser moral” o que se dixo máis arriba) e se hai criterios universais compartidos sobre o que son accións boas e xustas e accións malas e inxustas.
Obras que podenconsultarse na biblioteca:
- “¿Por qué son buenos los superhéroes? Los cómics y el anillo de Giges” de Jeff Brenzel (en Morris e Morris ed.: “Los superhéroes y la filosofía”, Blackie Books S.L.U.)
- “Los anillos de Tolkien y Platón: lecciones sobre el poder, la libertad de elección y la moral” de Eric Katz (en Bassham e Bronson coord.: “El Señor de los Anillos y la Filosofía”, Ed. Ariel).
- Mito do anel de Giges, no libro II de “La República” de Platón.
- Cap. 3 de “La historia de La República de Platón” de Simon Blackburn (Ed. Debate).
Comentarios do profesor aos traballos recibidos
1º A
Author : Lorena Boquete Vila
A posicion de Glaucon, que di que todos os seres humanos somos egoistas e buscamos esencialmente o que mais nos comprace, pareceme mais convincente que a posicion de Socrates xa que os seres humanos por natureza somos egoistas, ao igual que os animais, pero debido a educacion que recibimos ao longo da nosa vida e a presion que a sociedade exerce sobre no temos comportamentos virtuosos, e e isto o que nos diferencia dos animais. Se unha persoa vivise illada da sociedade e non recibise ningunha educacion seria egoista e so buscaria o seu propio interese e pracer. A afirmacion dos sofistas de que un mundo cheo que individuos viciosos e inxustos seria insoportable para eles mesmos non me parece correcta porque todos os seres humanos somos viciosos e buscamos o noso propio ben pero mediante a educacion adquirimos valores que fan que poidamos vivir en sociedade.
O mito de Giges apoia a posicion de Glaucon xa que demostra que o ser humano tende a buscar a sua propia felicidade e as cousas que lle produzan pracer ainda que sexa mediante comportamentos viciosos, ainda que en ocasions o ser humano teña un comportamenrto moral e os seus comportamentos sexan virtuosos, isto é debido á posible desaprobacion da sociedade sobre esa persoa e a educación que recibimos.
Os relatos contemporaneos sobre superheroes que teñen superpoderes e os utilizan dun modo vituoso, ao contrario que os villanos que os utilizarian dun modo vicioso, é un dos modos polos que a sociedade intenta inculcarnos unha moral boa e virtuosa. Esta e outras cousas que nos inculcan estes valores dende que somos pequenos é o que fai que estemos baixo esa presión social e vivamos con medo a unha posible desaprobación social e por iso nos comportemos de xeito bo e virtuoso.
Xa que logo, poderia concluir a miña argumentacion dicindo que o ser humano por natureza non é moral, pero debido á educación que recibe e aos valores que a propia sociedade lle inculca alcanzaria ser un individuo moral. Os criterios de accións boas e xustas ou accións malas e inxustas non son universais xa que cada sociedade ten os seus propios criterios para diferenciar un tipo de accion de outra, o que para unha sociedade poderia ser unha accion boa e moral para outra poderia ser unha accion mala e inmoral.
COMENTARIO:
A túa argumentación adoece da falacia de circularidade. En efecto, dicir que Glaucón ten razón ao afirmar que todos os seres humanos somos por natureza egoístas “xa que” (= porque) os seres humanos somos por natureza egoístas é unha afirmación puramente tautolóxica pero non un argumento. É certo que o mito de Giges apoia o argumento de Glaucón pero ti non explicas como o “demostra”. Demostrar é proporcionar unha proba racionalmente concluente mais ti non o fas. Certamente, Glaucón utiliza o mito do anel de Giges como proba pero xustamente o que ti tiñas que facer neste traballo era explicitar a argumentación implícita no mito, cousa que non fas. Por outra banda, apenas tomas en conta o argumento contrario para amosar os seus puntos débiles e ratificar así os teus; simplemente limítaste a ratificarte nos teus, desprezando os contrarios. Si hai un argumento cando, ao final, negas a existencia de criterios universais sobre o xusto e o inxusto. Outra cousa é se resulta aceptable ese argumento, segundo o cal o empírico (hai sociedades con valores diferentes) sería suficiente para concluír que non hai valores universais. Decátate de que isto podería ser usado para que alguén afirmase “posto que sempre hai xente que rouba” (feito empírico) logo “roubar non é malo” (valor moral). Sócrates retrucaríache: “mesmo aínda que todo o mundo fose ladrón, roubar seguiría sendo malo”. Dito doutro xeito: os valores morais non son simple expresión dos feitos empíricos. Para rematar, vexo que ao principio confundes a posición dos sofistas coa de Sócrates: os sofistas son os relativistas e defensores do egoísmo espontáneo dos seres humanos ao xeito de Glaucón.
Author : Tania Carbón Vales
Este texto afronta dúas ideas sobre o porqué debemos ser bos e virtuosos e non malos e viciosos. A primeira é a idea de Glaucón que defende que todos somos egoístas e que só pensamos na nosa propia satisfacción mentras que a segunda idea, a de Sócrates, defende que todos temos inclinación a facer o ben e o xusto e evitar o malo e o inxusto.
Estou de acordo coa opinión de Sócrates en que todos temos unha inclinación a facer o ben e o xusto, e evitar o malo e inxusto, xa que o xusto sente no fondo unha satisfacción pola súa boa acción. Por iso non poderíamos convivir nunha mesma sociedade sendo todos os individuos malos e viciosos.
Tamén estou de acordo coa frase de Glaucón de:”a conduta boa e virtuosa é produto do temor ao castigo ou á reprobación social” xa que as persoas malas e viciosas poden acabar no cárcere como consecuencia dos seus actos e iso produce temor.
O mito do anel de Giges cóntanos como tendo el un anel con poderes decide usalo para o seu propio beneficio, e non para axudar aos demais. Tamén nos demostra que ante un poder coma o do seu anel todos, bos e malos, actuarían da mesma maneira. A natureza do ser humano ante a posibilidade de ter no poder un anel que tivera poderes comportaríase, como fixo Giges, aproveitándoo para o seu propio beneficio. Aínda que tivera nun principio a idea de axudar aos demais sempre terminaría por facer algo no seu propio beneficio.
En conclusión, o ser humano é moral xa que segundo a miña opinión todos sabemos distinguir entre o ben e o mal, e que ante tentacións acabamos comportándonos da mesma forma. Aínda que haxa excepcións, como os superheroes, que adoptan unha identidade distinta e non descobren a súa, e usan o seu poder facendo o ben para todos e non para o seu propio beneficio.
COMENTARIO:
Hai unha clara incoherencia na túa argumentación. Por unha banda, manifestas a túa conformidade coa posición de Sócrates; pola outra, aceptas as conclusións que Glaucón deriva do mito do anel de Giges. Parece que non te decatas de que as dúas opcións resultan contraditorias. Certamente eu opino que non necesariamente teñen por que entenderse como contraditorias: podemos aceptar que todos posuímos unha inclinación ao ben (posición socrática) pero que, con todo, o poder do anel pode ser máis forte que esa inclinación e arrastrarnos a usalo para facer o mal. Esa é por certo a concepción implícita na revisión do mito do anel máxico n’O señor dos aneis de Tolkien. Pero isto implica negar a tese de Glaucón de que os seres humanos son malos por natureza (a inclinación ao mal non estaría na natureza espontánea do ser humano senón en certas propiedades adquiridas alén do naturalmente recibido). Mais no teu traballo vese claramente que en ningún momento tes percibido a oposición entre Sócrates e Glaucón, por iso non te sintes obrigada a explicar a túa propia posición aparentemente intermedia entre os dous. Lamentablemente iso quere dicir que non entendeches o problema que este traballo formulaba.
Author : Lydia Cantorna Santos
Por que debemos ser bos e virtuosos e non malos e viciosos?
O home posúe dúas facultades de coñecemento: mediante os sentidos coñece o mundo físico e mediante a razón coñece as Ideas. A dialéctica ou sabedoría chega a unha única suprema verdade no mundo das Ideas: o Ben. As Ideas están xerarquizadas dende as máis próximas ao mundo sensíbel até as máis universais: a máis importante é a idea do Ben, principio de todas as demais, da cal todas participan e á que todas tenden. O concepto ético grego areté, virtude, significa literalmente excelencia, mérito, perfección do corpo e do espírito. Platón define a virtude coma unha sabedoría práctica ou coñecemento das ideas éticas. Na súa obra A República, recolle o mito do anel de Giges, quen era un pastor de Lidia que posuía un anel máxico co que se podía facer invisíbel. Asasinou [Quen asasinou? Platón, Giges? Exemplo de verbo en que non é claro o suxeito que se lle debe atribuír] ao rei Candaule e ocupou o trono de Lidia. Glaucón, o irmán de Platón, fai referencia a ese mito para amosar que todos somos por natureza malvados. Só somos bos por medo ao castigo da lei ou por obter algún beneficioso polo noso bo comportamento. Se fósemos invisíbeis para a lei, coma Giges co anel, faríamos o mal por natureza. Sócrates sostén que a virtude é coñecemento e o vicio ignorancia: cría que todo vicio é o resultado da ignorancia e que ningunha persoa desexa o mal; a súa vez, a virtude é coñecemento e aqueles que coñecen o Ben actuarán de maneira xusta. Todo ser humano é unha combinación de intelixencia e carácter, que fará que nos cualifiquen de bos ou malos.
Para santo Tomé de Aquino (1224-1274), todo “ser natural” ten algo de bondade, porque Deus o creou, o que, a súa vez, proba a bondade de Deus. Malia que Deus xa sabe por adiantado todas as eleccións que tomaremos ao longo da nosa vida terreal, Deus creou o mundo no cal o ben e o mal poden operar libremente. Dese xeito, o home dispón do seu libre albedrío para actuar con bondade ou maldade na relixión católica.
Thomas Hobbes (1588-1679) considera que “o home é un lobo para o home” e que está disposto a matar aos da súa propia especie, para defender ou aumentar as súas riquezas. Nesa tendencia daniña do ser humano reside a causa de todas as guerras. Dese xeito, o home tería unha tendencia natural a facer o mal. Por outra banda, afirma que é o medo á morte o que obriga ao ser humano a vivir en sociedade.
Jean-Jacques Rousseau (1712-1778) atribúelles aos salvaxes no estado de natureza a boa fe, a hospitalidade e o sentido da xustiza. Entón, a virtude non é incompatíbel coa ignorancia, como afirma Sócrates, e o home sería bo por natureza.
Coido que o ser humano non é malvado por natureza: todos queremos que nos amen e que os demais se porten ben connosco. Para que nos traten ben, temos que tratar ben aos demais. “Fai o Ben e non mires a quen” é un refrán que nos inculca que se facemos o Ben, sentiremos unha satisfacción inmediata pola nosa boa acción. A especie humana é boa por natureza, porque todos buscamos a felicidade e a nosa propia satisfacción persoal efectuando boas accións, non poderíamos ser felices e sentirnos realizados actuando mal e danando aos demais.
Se existise un anel máxico, que nos permitise facernos invisíbeis, coido que a meirande parte da humanidade o utilizaría para facer o Ben coma os superheroes do pobo americano –Superman, Spiderman…– que utilizan os seus poderes, que os colocan por riba dos seres humanos “normais”, para facer o Ben e non o mal. Na saga de Tolkien, onde aparece tamén un anel máxico que utilizan para facer o mal, represéntase a batalla do Ben contra o mal, onde o Ben acaba por vencer. Tarde ou temperán, o Ben sempre derrota ao mal, porque o ser humano non soportaría vivir indefinidamente nun mundo inxusto, vicioso, onde o verdadeiro amor non tería cabida, e malvado. Que felicidade podería un ter con facer o mal?
Se pensamos nos serial killers, depredadores esquizofrénicos ou psicopáticos da especie humana,que se sentiron rexeitados e abandonados pola sociedade, segundo os psiquiatras, son seres malvados e rancorosos, e representan unha minoría. Non obstante, a nosa sociedade moderna, materialista, individualista e global, catalógaos coma tolos, porque intentamos buscar unha explicación racional a tanta maldade e como non a atopamos, explicamos eses actos atroces con informes psiquiátricos, porque non podemos crer que un ser humano “normal” non sexa moral por natureza, segundo os criterios compartidos universalmente por todos os humanos sobre as accións boas ou más…
COMENTARIO:
Este traballo dá a impresión de ter sido feito pegando cousas, copiadas de diversos lados, sen que se acabe de ver a túa análise persoal. Non creo que sexas unha lectora de Platón, Tomás de Aquino e Hobbes, así que deduzo que o que escribes sobre eles é simplemente copiado e polo tanto carece de valor en canto traballo persoal. Ademais, non citas as fontes de onde tomaches o copiado e a iso chámase plaxio ou roubo intelectual. Hai tamén expresións mal redactadas que fan pensar que copiaches sen especial coidado. Así por exemplo a frase: “onde o verdadeiro amor non tería cabida, e malvado.” Supoño que ese “e malvado” final formaría parte doutra frase que cortaches ao copiar. Só vexo algunha reflexión persoal na parte final do traballo pero, visto o anterior máis o uso de termos e expresións que non creo que sexan os habituais teus e que mesmo teño serias dúbidas de que entendas ben (p. ex.: “depredadores esquizofrénicos ou psicopáticos da especie humana”,”a nosa sociedade moderna, materialista, individualista e global”), xulgo que pouco teu hai neste traballo.
Author : Elena García López
Eu penso que o texto de Giges mostra que todo o mundo é malo por natureza e que, tal vez, o único que nos impida selo sexan cetos incentivos (sociais, morais…), pero que si os podemos evitar, faríamos o mal sen importarnos os consecuencias. Por outra parte, parece moi bo o emprego deste mito para comprender esta cuestión, xa que permite entendelo doadamente.
A partir deste relato, Glaucón, irmán de Platón, discute con Sócrates acerca das razóns que levan ás persoas a adoptaren unha conducta virtuosa. O primeiro afirma que as persoas nos movemos según o noso propio benestar, o que ás veces nos leva ao egoísmo e que somos morais por obrigación social pero non por naturalidade. Pola contra, Sócrates di que todos temos unha inclinación (aínda que sexa moi pequena) a facer o ben e o xusto para así, poder estar ben con nós mesmos.
Persoalmente, estou máis de acordo con Sócrates. Penso que o ser humano é moral por natureza e non por sistema a pesar dalgunhas excepcións, porque se non estaríamos falando dunha sociedade completamente egoísta e creo non é o caso. Con respecto ao bo e o malo, creo que depende moito do ambiente, cultura, familia… dunha persoa, porque por exemplo, unha persona que o tivo todo non lle da o mesmo valor ás cousas que outra que non tivo nin para comer. Ao igual que outra persoa pode considerar que facer unha determinada acción sexa bo e pola contra, sexa mala.
COMENTARIO:
A principal carencia do teu traballo é a case total ausencia de argumentación. Limítaste a afirmar o teu punto de vista favorable á posición de Sócrates (aínda que adoptando o relativismo fronte ao universalismo deste) pero só dás unha razón a favor dese punto de vista, razón que poder ser doadamente replicada polos defensores da tese de Glaucón. Dis que se fose certa a posición de Glaucón “estaríamos falando dunha sociedade completamente egoísta e creo non é o caso”. Glaucón replicaría: non é o caso porque en efecto existen instancias sociais que impiden a expresión espontánea dos intereses egoístas. Así que a túa proba de que somos morais “por natureza” e “non por sistema” non se sostén. Xustamente o mito do anel de Giges pode entenderse como unha metáfora para representar a condición do ser humano libre das represións sociais, situación na que sairía a condición natural ou espontánea do ser humano fronte á condición social, que sería artificial e non natural.
Author : Silvia Otero Rivas 1ºA
A min a posición que máis me convence é a que Sócrates expón, xa que é certo que moitas persoas se moven polo vicio, pero eu penso que unha natureza inclina aos humanos a guiarse polo que eles consideran bos actos, ou actos virtuosos, xa que deste xeito podemos explicar a conciencia, a cal podemos definir, segundo a RAE, como o coñecemento interior do ben e do mal. En xeral, a conciencia é un resquemor que nos persigue cando realizamos un mal acto, polo que por natureza, ou simplemente por medo ós remorsos de conciencia, o ser humano non sempre pode tender a actuar de xeito vicioso. Certo é tamén que hai persoas que “non teñen conciencia” ou non sinten remordimentos polos seus malos actos, pero eu creo que isto é debido a que estes individuos non consideran malo o que fan, é dicir, considérano un acto virtuoso, pero isto xa é outro tema moral, sobre o que está ben e o que está mal.
Para tratar este tema utilízase o mito do anel de Giges, que explica simplemente a posición de Glaucón. Eu estou de acordo en que si que hai xente que actua así, pero porque considera que o fin, xustifica os medios, é dicir, que o resultado final será tan bo, que xustifica todos os malos actos que se leven a cabo no camiño.
Considero que ten razón Sócrates ao argumentar sobre os superheroes actuais, xa que eles poderían facer “o mal”, pero a súa natureza inclínanos a facer o ben, en contra dos superviláns. Polo que podemos deducir, que a inclinacion hacia o ben ou o mal depende da persoa en gran medida.
Como xa dixen antes e a modo de conclusión, eu opino que o ser humano, por naturaleza, é un ser moral, e que depende da persoa, da educación que reciba, do seu entorno..o que considere bo ou malo, polo tanto, o que fai ou deixa de facer.
COMENTARIO
Preciso comezar chamándote a atención sobre un gravísimo anacronismo: como podería Sócrates argumentar “sobre os superheroes actuais”? De verdade que non te decatas da barbaridade que dis? Sócrates podería falar dos heroes mitolóxicos e homéricos (Hércules, Aquiles, Ulises) pero, desde logo, non de Supermán. É necesario que che explique por que? Unha barbaridade coma esta rebaixa o valor de todo o traballo. A inclusión dos superheroes, como a do anel n’O señor dos aneis, faise procurando relatos contemporáneos que revisan o mesmo problema que hai moitos anos debateron, nun diálogo de Platón, Sócrates e Glaucón. Pero non se me ocorreu pensar que alguén, como fas ti, puidese interpretar que xa Sócrates tiña “argumentado” sobre os superheroes da Marvel e os personaxes de Tolkien. Polo demais, a conexión da cuestión da conciencia coa posición socrática está moi ben levada pero non así a crítica da posición de Glaucón sobre o anel de Giges nin o que segue. Dicir que a inclinación cara ao ben ou cara ao mal “depende da persoa” dá a entender que non cres que os valores que a conciencia impón ao individuo sexan universais pero o certo é que o problema do universalismo non o chegas a afrontar.
Author : Ramón Miniño Martínez
A min convénceme máis a posición de Glaucón xa que eu creo que todo ser humano realizará unha acción que se considera inxusta sempre que o que consegue mediante esta acción sexa maior que o castigo que lle pode impoñer a sociedade por realizala, no caso de que o resultado conleve menores resultados que o castigo que se lle impoñerá, entón realizará a acción xusta xa que o conseguido mediante a mala acción non lle merecería a pena.
O mito de anel de Giges é útil xa que demostra que ó ser maior os resultados que se poden conseguir mediante a mala acción (coronarse como rei) é maior que o posible castigo (ser descuberto e encadeado) polo cal o ser humano so actuara de maneira inxusta sempre que o final da acción sexa favorable.
O ser humano non é moral por natureza , depende da situación na que se encontre e os resultados que terá nesas accións que realiza en esa situación coas suas condicións.
A única forma de clasificar se as accións son boas ou malas depende da cantidade de xente á que afecte de maneira real ou potencial, se unha acción afecta negativamente á maioría da xente no momento de realizala ou a largo prazo esta acción clasificase como mala, no caso de que mellore á maioría da xente esta acción considerarase boa.
COMENTARIO
No teu traballo limítaste a expór a túa posición, coincidente coa de Glaucón, pero non hai un verdadeiro desenvolvemento argumental, sobre todo porque non tomas para nada en consideración os argumentos contrarios (a posición de Sócrates). Isto vese ben ao afirmar sen máis que o relato do mito de Giges “demostra” a tese de Glaucón. Calquera podería retrucarche: como pode demostrar nada o que non é máis que un relato ficticio? Como podes “demostrar” que un Sócrates, aínda posuíndo o anel, non actuaría como unha persoa virtuosa no canto de facelo como o fixo Giges?
Author : Xaime Santiago Subiela
Tras ler as opinións dos dous filósofos considero que, non estando completamente dacordo con ningún dos dous, o que máis se achega ao que eu penso é Glaucón. Considero que toda persoa en posesión de algo que a faga superior ás demais, utilizaría esta vantaxe para o propio beneficio sen chegar a sentirse insatisfeito por isto, tamén considero que facer o ben para os demais pode ser en ocasións máis satisfactorio, pero iso non quita que facer o ben para un mesmo non sexa satisfactorio. É certo que hai excepcións, por iso digo que non estou completamente dacordo con ningunha das dúas opinións, de todas maneiras, non creo que houbese moitas persoas, por moi altruistas que fosen,que se dedicasen unicamente a facer o ben para os demais sen beneficiarse tamén deste poder que os fai superiores.
No mito do Anel de Giges móstrase a tendencia do ser humano a satisfacer os seus desexos máis inmediatos e persoais. Giges encontra un anel o cal dota de invisibilidade ao seu portador. Para qué o utiliza? Para meterse no leito da raiña e seducila, e non contento con isto, traza un plan xunto con ela, para matar ao rei. O mito pretende decir que todo humano en posesión dunha vantaxe coma esa, se valería dela para acadar o seu propio beneficio.
Unha representación máis actual sobre o mito de Giges son as aventuras dos superheroes ou a saga de Tolkien “O señor dos aneis”. Nas historias sobre superheroes móstrasenos a uns personaxes que, aínda que teñen poderes que os fan superiores ao resto dos individuos, se dedican a facer o ben e defender o mundo das inxustizas. Isto correspóndese coa opinión de Sócrates, pero tamén hai que decir que fronte a estes heroes atópanse os superviláns , que tamén teñen poderes que os fan superiores pero os utlizan para o seu propio beneficio e que estes antagonistas dos superheroes son sempre máis numerosos xa que a cada heroe lle corresponden polo xeral varios superviláns, aos que vai eliminando. A saga de Tolkien narra a historia dun anel que concede ao seu portador poder para gobernar sobre o resto de individuos. No desenvolvemento da historia cóntasenos como uns personaxes deben facer un longo percorrido co fin de destruir o anel. Durante a viaxe podemos apreciar como aqueles que portan o anel son corrompidos polo seu poder chegando incluso a negarse, no último momento, a destruilo.
A conclusión que obteño de todo isto é que todas as persoas, con escasas excepcións, que posuen unha vantaxe sobre as outras, utilizarán esta vantaxe para beneficiarse. Aínda así non podemos dicir por isto que as súas accións sexan boas ou malas xa que o que a nos nos parece malo, pode ser bo para outras persoas e ao revés. Non hai unhas leis universais que diferencien o que está ben do que esta mal polo que so podemos xulgar os actos das outras persoas dende o noso punto de vista.
COMENTARIO:
Traballo aceptable en canto demostras en principio ter entendido ben a cuestión a debater e as diferentes posicións sobre ela. Con todo, na miña opinión, unha vez que expós a túa propia posición, a argumentación necesaria para sustentala parece insuficiente, precisaría un maior desenvolvemento.
Author : Daniel Suárez Sóñora
Este texto trata de explicar a natureza moral do ser humano, entendendo que “ser moral” equivale a xulgar os actos segundo criterios do que é bo e do que é malo.
Segundo os seus argumentos eu decantaríame por Glaucón co que comparto a súa opinión xa que penso que todos os seres humanos son esencialmente egoístas e que ata os bos se se lles presenta a ocasión serían malos e viciosos, e que se non o fan é porque existe unha gran presión da sociedade actual.
O mito do anel de Giges, explicando a natureza do ser humano, da a entender que o ser humano fai o ben ata que pode facer o mal cando «se volve invisible». Glaucón e Sócrates fan referencia a esta lenda para exemplificar a súa teoría sobre a natureza das persoas. Glaucón di que sólo son xustas por medo ao castigo da lei ou por obter algún beneficio por ese bo comportamento, sen embargo, se fosemos “invisibles” ante a lei como Giges co anel, seríamos inxustos pola nosa natureza. Pola contra Sócrates di que todo ser humano nace con tendencia a ser bo e xusto; e que so aqueles que fan o ben e o xusto estarán felices e satisfeitos por riba dos malos e viciosos que nunca acadarán este sentimento completo.
No texto Brenzel analiza o comportamento moral dos superheroes da banda deseñada resaltando aqueles que se adican a facer o bo. Pero eu penso que no mundo da banda deseñada hai superheroes que utilizan os poderes que os colocan por riba dos seres humanos “normais” tanto para facer o ben coma Spiderman coma para facer o mal como o Dr Octopus; sempre recordando que os debuxos de anime son invención do ser humano, que é o responsable de asignarlle a este un comportamento determinado. En canto a saga de Tolkien toda a historia xira en torno a capacidade de facer o mal; reflexionando sobre a atracción maléfica do poder máxico. No mundo de Tolkien como no noso hai unha continua loita entre forzas opostas como son o ben e o mal baseándose supoño en que a historia da raza humana sempre estivo relacionada con esta loita. Mostra debates e preguntas que o home se fai dende hai moito tempo aínda que aparezan mesturados coa maxia.
Eu penso que non todo o mundo é moral por natureza, e dicir, que non ten unha inclinación a facer o ben e o xusto, e a evitar o malo e o inxusto como defendía Sócrates senón que eu penso que hai persoas boas que fan o xusto pero tamén malas que non o fan; xa que ninguén é totalmente bo nin totalmente malo. Dentro deste contexto coincido con Glaucón en que unha vez cofigurado o ideal do ser humano, algúns destes reprímense de ser malos e viciosos por temor ao castigo ou por represión social xa que a tendencia máis fácil é a de ser malos e viciosos pero gracias aos factores sociais anúlase, polo tanto, somos morais por obrigación social pero non por tendencia natural. Por iso hai unha serie de criterios universais compartidos que diferencian o que son accións boas e xustas e accións malas e inxustas para logo poder premiar a aqueles que fan as cousas ben e castigar e penalizar o comportamento daqueles que fan as cousas mal. Tamén en contra do que di Sócrates penso que os individuos viciosos e inxustos viven moitas veces máis felices e satisfeitos que os bos e xustos, que moitas veces o pasan mal por non ter a certeza de estar facendo o correcto e por sufrir as maldades dos inxustos. Finalmente opino que se todo o mundo tendese a facer o bo e o xusto; e que aqueles que fixesen o mal non o soportaran, esta sería unha sociedade perfecta o que dista moito da sociedade actual.
COMENTARIO
De principio, amosas a túa posición, coincidente coa de Glaucón, sen proporcionar verdadeiros argumentos. Simplimente dis: “eu opino”. En filosofía diferenciamos a simple “opinión” ou “crenza” (o que se pensa sen dispór de razóns ou argumentos que fundamenten suficientemente ese modo de pensar) das posicións racionalmente argumentadas. Ti só introduces argumentos ao final: un, incompleto, ao afirmar que o xusto o “pasa mal” por non ter a certeza de estar actuando mal e por sufrir o mal dos inxustos; outro, máis convincente (aínda que tamén necesitado dun maior desenvolvemento) ao salientar que se os malvados non aturasen o mal, esta sería unha sociedade perfecta, cousa que non é. (Por certo: saberías dicir que regla lóxica tes utilizado? Hai premio se o acertas). Antes, escapáronseche algunhas imprecisións que deberías ter evitado. P. ex., se os individuos non fan o mal pola presión da “sociedade actual” isto explicaría o comportamento dos individuos da nosa sociedade pero non os da de Glaucón, que é quen utiliza o mito de Giges (coidado cos anacronismos e saltos no tempo!); ou tamén que Octopus non é un superheroe senón un supervilán. Isto, por certo, debería levarvos a analizar a cuestión de se as persoas son, unhas boas de nacemento, e outras malas de nacemento (o que se chama maniqueísmo), pero nin ti, nin nigún dos teus colegas, chegades a desenvolver esta cuestión aínda que algúns andan preto.
1º B
Author : Sara Forján Salgado
Eu estou de acordo con Sócrates, xa que unha persoas é viciosa e egoísta se fai o que a él lle convén e iso ten como consecuencia algo malo, vai ter o remordemento, probablemente durante moito tempo. Metres que, como di Sócrates, o xusto e virtuoso sinte unha satisfación consigo mesmo ao realizar unha boa acción.
No mito do anel de Giges temos un bo exemplo, xa que se fósemos todos como di Glaucón, logo estarían matando o novo rei seguido, porque todos querrían ser él, e cando un se convertira en rei probablemente viviría con medo a que soubesen o que fixo o simplemente o remordemento da súas acción. Pola contra, Sócrates faría o ben con ese anel.
O mito de Giges ten unha conclusión mala, porque o anel úsase para satisfación propia e para que o dono creo o correcto, mentres que no caso de Superman, por exemplo, aínda sendo máis especial que os demáis seres humanos, non utiliza os seus poderes para fins maléficos ou macabros, senón para facer o ben e librar ao mundo desa xente que pensa como Glaucón e soamente quere o seu beneficio e a súa felicidade aínda que eso teña unhas consecuencias malas para o resto da xente.
Hoxe en día xúlganse os actos pensando no que é bo e no que é malo, polo que o ser humano si que é moral por naturaleza, xa que se alguén fai algo que se considera malo é malo pero se fai algo que se considera bó é bo. Si que hai criterios universais sobre o que é bo e xusto e o que é malo e inxusto. Como por exemplo, roubar non é nin bo nin xusto en ningures, mentras que axudar os demáis é algo bo e xusto.
Pero isto pode cambiar co tempo, asi que, cómo podemos saber o que o día de mañán será bo e xusto e o que será malo e inxusto? Xa que tamén hai que ter en conta que o mal pode ser tan irresistible que nos pode facer pensar que o que é bo e realmente malo.
COMENTARIO
A túa argumentación é absolutamente caótica, caes en múltiples contradicións. Así, comezas afirmando o teu acordo coa postura de Sócrates pero tratas de probar a superioridade da súa posición sobre a de Glaucón mediante un exemplo que non se sostén. En efecto, dicir que se a súa postura fose a correcta estariamos matando continuamente ao rei permite un doado retruque por parte de Glaucón, quen diría que efectivamente así sería se todos dispuxésemos de anel; non dispoñendo ninguén do anel, o teu exemplo carece de sentido. Por outra parte, dicir que Sócrates actuaría doutro xeito (sen aproveitarse do poder do anel) evidentemente non proba nada, primeiro porque (diría Glaucón) habería que comprobar se efectivamente actuaría así posuíndo o anel, e segundo porque, aínda que algunhas persoas singulares, como Sócrates, actuasen virtuosamente, iso non restaría valor ao argumento de non ser ese o modo de actuar da maioría das persoas. Isto conduce á segunda incoherencia da túa argumentación: se fósemos “morais por natureza”, todos, non só uns poucos, posuiríamos de forma innata valores morais e tenderiamos a actuar de acordo con eles. Ademais salientas que eses valores morais naturais son universais pero inmediatamente despois dis que “isto pode cambiar co tempo”. Se os valores morais cambian co tempo, logo non poden ser simultaneamente naturais e universais porque a natureza humana (unha realidade biolóxica) non cambia historicamente. Ou ti pensas que si…?
Author : Claudia Hernández
Estou de acordo con Glaucón, que os homes somos malos por natureza e máis ainda se nos tentan. Por exemplo: se nun exame o profesor deíxanos sós, nin un plantéxase o copiar (fano directamente), pero o mellor non o fariamos polas consecuncias, o profesor podería entrar, collernos copiando e suspendernos. Sen embargo Sócrates pensaba que ata os malos teñen un atisbo de bondade por tanto nós non copiariamos, pero xa non por medo se non por respecto. Glaucón móstranos a capacidade do home para obrar mal cando dispón dos instrumentos para cometer toda a inxustiza sen temor algún.
Se a min me dan un anel que me fixese invisible usariao para o meu propio beneficio e para conseguir o que me interese. Teño que ter claro que corro o risco de que me pillen e terei que analizar se me vale a pena facelo ou non.
Sabendo que o anel concede a invisivilidade e teño a certeza de que non me van ver podo obrar sen o medo a ser descuberta e castigada pola lei.
Na saga de Tolkien, Frodo ao principio sabía diferenciar a bondade da maldade e os sentimentos que lle producia o anel e os que el tiña. Pero cando estaba a piques de botalo na lava do volcán o poder do anel apoderouse del e mesmo de Golum que xa tiña un claro sentimento de maldade e de querer quedar co anel dendo o principio contrapoñendose a Frodo neste proceso no cal, os dous acaban sucumbindo ao mal.
Por tanto confírmase o mito de Giges unha vez máis no cal a xente acaba sometida ao poder do mal, é mala por natureza e só se coibe polo que os demáis poidan pensar o che poidan xulgar.
En conclusión, o ser humano, como dicía Glaucón vive mellor practicando a inxustiza xa que é algo natural, e o ser humano é malo por natureza; se nos abstemos de cometer actos inxustos non o facemos por amor a xustiza se non por medo a que nos descubran, a que nos castiguen e a que nos humillen. Nin os Superheroes son tan bos como parecen, nin encontran o camiño correcto porque si: Superman está do lado de Sócrates xa que el nunca utilizaría os seus poderes en algo parecido a un obxetivo egoista. Batman pola contra usa a violencia o servicio da xustiza polo tanto o moral e o legal nunca coinciden.
Deste xeito podo concluir que facemos as cousas “ben” para poder vivir en comunidade, polo tanto temos que distinguir entre o que facemos e debemos facer.
COMENTARIO:
Traballo aceptable ao que poñería dúas obxeccións. A primeira, de carácter non estritamente filosófico, é a mala redacción que dificulta a boa comprensión dos teus argumentos. Así, p. ex., a frase “confírmase o mito de Giges unha vez máis no cal a xente acaba sometida ao poder do mal, é mala por natureza”, é inaxeitada porque o relativo “no cal” se refire ao “mito” pero o que dis sobre que a xente acaba sometida ao mal non é o que ocorre no mito (o caso específico do pastor Giges) senón no caso que o confirma (agora o comportamento de Frodo e Golum na saga de Tolkien). A segunda é que practicamente te limitas a defender a túa posición coincidente coa de Glaucón pero apenas dedicas espazo a contrarrestar os argumentos de Sócrates.
Author : Yolanda Iglesias
Para comezar a tratar o tema “POR QUE DEBEMOS SER BOS E VIRTUOSO E NON MALOS E VICIOSOS ”, debemos ter en conta a discusión entre Glaucón e Sócrates, así como as recuperacións d este mito platónico por parte duns profesores de filosofía estadounidenses: Jeff Brenzel, Eric Katz…
Glaucón defende que todos os seres humanos somos egoístas sen excepción e que a conduta boa e virtuosa é produto do medo porque > Entón os homes decidiron establecer acordos, é dicir, leis para >. Esta afirmación non me parece acertada, pois penso que os humanos sabemos que o mellor para convivir é respectarnos, ser honestos… Pola contra, Sócrates defende que todo o mundo ten en si mesmo unha inclinación a facer o ben e o xusto, e a evitar o malo e o inxusto. A min convénceme máis o argumento de Sócrates. As persoas soemos optar polo bo e virtuoso. Pero, tamén admito que por natureza temos un lado malo e vicioso. De todos os xeitos, este lado, moitas veces, lévanos ós remorsos que nos fan ser infelices e estar mal con nós mesmos.
O mito do anel de Giges é un exemplo para argumentar sobre o tema a tratar, exposto por Glaucón. Con este exemplo pretende convencer a Sócrates de que calquera persoa que atopase o anel, con eses poderes máxicos, non quedaría quieto e inclinaríase a facer o inxusto demostrando, así, a afirmación anterior: que os humanos cometemos accións xustas por obrigación social. Na miña opinión, este exemplo, non me parece convincente debido a que só presenta un punto de vista. ¿Por qué se pon como protagonista a un personaxe inxusto e non a un xusto? Ou mellor dito, Jeff Brenzel expresa no seu texto que os superhéroes elixen facer o ben, entón… ¿Por qué debemos supoñer que calquera outra persoa faría algo semellante ao que fixo o personaxe Giges?
As asociacións que se establecen entre o mito do anel de Giges e os relatos contemporáneos son moi diferentes. Como expliquei máis arriba, o mito de Giges só conta a perspectiva dun personaxe malo e vicioso, mentres o libro “El señor de los anillos y la filosofía ” consta de máis personaxes onde se amosan diversas posturas de cada un. Con respecto ao libro “Los superhéroes y la filosofía”, aínda que se centra nos superhéroes (Brenzel intenta dar resposta a pregunta: ¿Por qué os superhéroes son bos?) vai facendo comparacións cós supervilláns (orixe, por que actúan así… )
Para concluír, eu penso que todos temos un lado bo e outro malo por natureza pero (imitando a Brenzel) como dixo a tía May en Spiderman II “Eu creo que todos levamos un heroe dentro que nos fai ser sinceros, que nos da forzas, que nos ennobrece e finalmente que nos permite morrer con orgullo aínda que ás veces teñamos que manternos firmes e renunciar ó que máis queremos, incluso os nosos sonos”.
COMENTARIO:
Parece que en principio tes entendido ben o problema e as diferentes posicións respecto deste aínda que, en todo caso, a túa adopción do punto de vista de Sócrates precisaría, penso, de maior argumentación. Pero, sobre todo, a túa refutación da posición de Glaucón vén demostrar que non a tiñas entendido ben. En efecto, cando dis que o uso do mito por Glaucón é tendencioso porque sitúa co anel a “un personaxe malo e vicioso”, probas que non entendes que para Glaucón non hai persoas boas e malas senón só seres egoístas que procuran o seu propio beneficio, co cal, fose quen fose quen collese o anel, aproveitaríao exclusivamente en favor seu. Ti en cambio das a entender que hai persoas boas e persoas malas por nacemento, aínda que logo te contradís cando no último parágrafo adoptas a frase da tía de Spiderman, segundo a cal, como ti mesmo dis, todos “temos un lado bo e outro malo por natureza”. Estas incoherencias devalúan o traballo.
Author : María Martínez Alonso
(1) O mito do anel de Giges trátase da historia dun pastor chamado Giges, este tropeza nunha cova onde se atopa cun cadáver que levaba un anel. Cando Giges o desliza polo seu dedo, descobre que ao poñelo faise invisible. Sen ninguén que poida controlar os seus comportamentos, o pastor convértese en malas accións, entre elas seducir á raíña, matar ao rei… con esta historia plantéxanse accións morais.
No texto recollido por Glaucón, este discute con Sócrates sobre o xeito en que os seres humanos escollemos unha opción en calquera situación, é dicir, en que nos baseamos para decidir algo. Glaucón teno claro, baseámonos nas opinións dos demais e na imaxe que causamos. Este filósofo explica a súa teoría co mito do pastor; o pastor colle o anel e fai malas accións para estar no trono, co cal se excusa dicindo que estando nesa situación faríamolo todos.
Sócrates, non está de acordo coa posición de Glaucón. Sócrates dí que cada quén ten a súa opinión acerca do que está ben ou o que pola contra, está mal, e polo tanto un ser malvado non pode sentirse insatisfeito polas súas acción, xa que este debe saber se o que está a facer é o xusto ou o inxusto.
Eu estou de acordo co texto recollido por Glaucón, pero con matices. Non me parece que esté ben tomar unha decisión dependendo do que a sociedade espere de un. Débese ser coherente co seu comportamente, independentemente do que os demais esperen de un.
(2) Paréceme que o emprego do moito do mito de Giges para comprender esa natureza é moi explicativo xa que permite entendelo dunha forma moi sinxela. Con ese mito dase unha personalidade do pastor baseada no egoísmo e no seu propio ben mirando soamente pola súa felicidade e non polo sufrimento da raíña ao matar ao rei ou ao seducila querendo soamente dela a facilidade para atopar o trono e converterse en rei.
(3) O mito de Giges é contrario aos superhéroes xa que o pastor do mito emprega os poderes do anel para o seu propio beneficio, intentando conseguir o trono matando ao rei e seducindo á raíña. E os superhéroes como superman empregan os seus poderes para axudar aos vidadáns e facer o ben. Eses personaxes intentan que as súas identidades non sexan recoñecidas por iso empregan traxes que dificultan ser descubertos, e en moitos casos poñen en perigo aos seus familiares e as súas vidas en beneficio da sociedade. O que teñen todos eles en común e que a pesar de todo o poder que posúen teñen un punto débil, como superman que perde o seu poder fronte a criptonita. Iso fainos máis ”humáns”, menos infalibles. Tamén teñen sentimentos como o amor ou a paixón, incluso nalgún momento da súa vida séntense presos deses sentimentos. A saga Tolkien ten moito que ver con esas películas de homes traxeados con poderes peculiares xa que os dous miran polo ben dos demais, sen preocuparlles o que a sociedade pense de eles.
(4) Eu penso que o ser humano é moral por natureza, non sempre se xulga pensando no propio interese senón estaríamos falando dunha sociedade egoísta e non terían sentido os movementos solidarios que cada vez fanse notar máis no mundo actual. Ainda así, con respecto o que é bo e é malo, penso que é moi relativo e non universal, depende das culturas. O que para a nosa cultura pode ser algo bo, noutra pódese considerar malo.
O maior problema de hoxe en día é a política e a economía. OS políticos están ”comprados” polos grandes bancos e poderes económicos. Non creo que busquen o beneficio común, senón o dos grupos de poder dos cales dependen. Isto sí que é totalmente inmoral. As políticas están sometidas aos intereses económicos dunha minoría. O triste é que nos intentan facer crer que as decisións que toman son pensando no benestar dos seus gobernados.
COMENTARIO:
O primeiro que me suscita o teu traballo é, como acontece con outros, a sensación de que non hai o debido coidado na redacción, ben porque te tes limitado a copiar frases doutro lado, ben porque non prestas atención ao que escribes ou ben porque non dominas aínda fórmulas elementais da escrita. Así, p. ex., dicir ”o pastor convértese en malas accións” non ten sentido, deberías dicir en todo caso ”o pastor convértese nunha persoa que fai malas accións”; tampouco ten sentido afirmar “No texto recollido por Glaucón, este discute”: o que Glaucón recolle non é “un texto” senón un relato que escoitou, e non discute con Sócrates nin no relato escoitado nin no “texto recollido” senón que a discusión forma parte dun texto escrito por Platón (o diálogo “A República”) e protagonizado por Sócrates, no que Glaucón é unha figura secundaria. Eses problemas de redacción estropean o traballo, dificultando en moitas ocasión entender ben o que queres dicir. Así, en (2) é imposible saber a que te refires con “esa natureza” e inmediatamente, ao dicires “que permite entendelo”, tampouco non se pode saber que permite entender, quizais “esa natureza”?… se fose así deberías dicir “entendela”. En (3), cando afirmas que “os dous miran polo ben dos demais”, o lector ten que facer un esforzo de corrección do que ti escribiches para interpretar que te refires, por unha banda aos superheroes, e por outra aos heroes da saga de Tolkien (non á “saga de Tolkien” sen máis, que é o que ti puxeches no teu traballo).
Xa entrando nas cuestións fundamentais, en (1) dis que estás de acordo con Glaucón “con matices” para logo asentar que “Sócrates dí que cada quén ten a súa opinión acerca do que está ben ou o que pola contra, está mal, e polo tanto un ser malvado non pode sentirse insatisfeito polas súas acción”; é obvio que non hai ningunha relación consecuencial clara entre o primeiro (que cadaquén teña unha opinión sobre o bo e o malo) e o segundo (que ningún malvado se poida sentir insatisfeito polas súas accións) pero é que Sócrates di case exactamente o contrario: que posto que todo o mundo ten unha noción do bo e do malo, e que por iso facer o bo resulta satisfactorio e insatisfactorio facer o mal, o malvado que fai o mal sabendo que o fai (ou mesmo descubrindo, logo de facelo, que o feito estivo mal) non pode sentirse satisfeito (e non “insatisfeito”!). Decátaste da diferenza? Por outra banda, ao final en (4) adoptas a posición de Sócrates e non a de Glaucón, aínda que tamén con matices porque non aceptas o universalismo. A reflexión final sobre os políticos é interesante pero non garda practicamente ningunha relación con todo o reflexionado antes.