TERTULIA FILOSÓFICA O XOVES DÍA 26 DE ABRIL
23 April, 2012 por admin
Este xoves quedaremos de novo para falar de filosofía, na biblioteca do instituto, a partir das 16,30 h.
O tema a debater nesta sesión é: A CRÍTICA PLATÓNICA Á DEMOCRACIA E A REPÚBLICA DOS SABIOS DE SPRIGSFIELD. Tomaremos como referencia o texto “Lisa y el antiintelectualismo estadounidense” de Aeon J. Skoble, en Irwin, Conard e Skoble (2009): Los Simpson y la filosofía (Blackie Books) e os cap. 4, 6, 8 y 9 de La historia de La República de Platón de Simon Blackburn (Ed. Debate).
Os libros están a disposición de quen queira consultalos na biblioteca.
Este tema é o mesmo que se propón como tema de traballo para o alumnado de 1º de bacharelato, por esa razón sería moi útil que asistisen á tertulia, para así poder preparar mellor o seu traballo. Por outra banda, tamén para todos os participantes da tertulia pode ser proveitoso ler as cuestións que orientan o traballo do alumnado de 1º de bach na entrada seguinte deste blog. As preguntas que alí se propoñen son as mesmas que deberiamos afrontar na nosa tertulia.
Vémonos o xoves!