RSS para
Artigos
Comentarios

QUEN SON EU

Nota previa: Este é un traballo obrigatorio para o alumnado de 1º de bacharelato. Os traballos deben ser enviados a este blog antes do día 1 de novembro.

“Coñécete a ti mesmo” era a frase que, segundo as crónicas, figuraba na entrada do venerado templo do deus Apolo en Delfos, na Grecia clásica. Foi tamén o lema que os filósofos clásicos adoptaron como un dos principios esenciais da sabedoría. Ninguén pode aspirar ao saber (a coñecer o ser das cousas) se non comeza por coñecerse a si mesmo. Pero que ninguén pense que ese é un coñecemento doado. Non o é, senón un dos máis difíciles. Coñecer o meu ser propio é coñecer a miña “identidade”, así que o problema do autocoñecemento é tamén o problema da identidade. E coñecer a miña identidade implica responder á pregunta: ¿quen son eu? Este é o obxecto do traballo que se vos propón para este mes de novembro e, para realizalo, se vos pide que tomedes en consideración as seguintes cuestións previas:

· “Eu son un ser humano”. Reflexiona sobre o que implica, para a túa identidade, a condición humana.
· “Eu son un adolescente”. Recoñéceste na condición de “adolescente”? Que implicacións ten esta condición para a túa identidade?
· “Eu son moza” / “Eu son mozo”. Ata que punto a condición sexual determina a túa identidade? A condición feminina / masculina, en que medida é un “feito biolóxico” e en cal un “feito cultural”? Podes elixir ser “moi home” ou “moi muller” ou ser “menos feminina” ou “menos masculino”? Pódese escapar ao determinismo sexual (isto é, elixir non ser muller / non ser home, contra a condición biolóxica recibida no nacemento)? Pódese escapar ao determinismo de xénero (isto é, non aceptar os roles sociais que se atribúen á condición de home ou muller)? A filósofa francesa Simone de Beauvoir deixou dito: “Non se nace muller, fáise”; que sentido atribúes a esta frase? Non se podería dicir o mesmo do home?
· “Eu son natural de / habitante de tal vila ou cidade”. De que maneira o lugar de nacemento e o lugar de residencia condicionan a identidade individual? “Eu son galego, español, europeo, do mundo…” (se non o es, pon aí a túa nacionalidade)… Son para ti estas identidades relevantes, no sentido de algo co que te sintas indentificado/a de maneira fundamental?
· Cres que a túa identidade está xa formada ou máis ben está aínda en formación? Pensas que a formación da identidade é algo no que a túa propia vontade (o que ti queres ser) é o factor decisivo ou, pola contra, son factores externos a ti (o contorno familiar e social, a educación) os que deciden?
· En que medida a presión dos teus/túas amigos/as, colegas ou compañeiros/as de clase condicionan as túas eleccións? Cres que ti mesmo/a e, en xeral, os mozos e mozas da túa idade vos comportades igual cando estades en grupo que cando estades sós ou en compañía de adultos? Procura un por qué explicativo, sexa cal sexa a túa resposta.
· Pensas que as mensaxes dos medios de comunicación de masas (as revistas, a publicidade, a televisión, o cine, os videoxogos) inflúen sobre a construción da identidade dos adolescentes? Cres que a influencia da moda é capaz de modificar os teus hábitos (no vestido, na alimentación, nos gustos, nos costumes) ou considéraste inmune a ela? Cres que a imaxe de figuras “famosas” (actores e actrices de cine e televisión, xogadores de fútbol ou outros deportistas de éxito, modelos das pasarelas de moda, “populares” que aparecen con frecuencia nas pantallas…) inflúen nesa construción identitaria? E as figuras de políticos, de científicos, de intelectuais…?
· A partir das consideracións que che teñan suscitado estas cuestións, e outras que ti mesmo/a te podas formular, redacta un texto coa túa resposta á pregunta ¿QUEN SON EU?

Como complemento para estas reflexión, suxírese a lectura dos textos seguintes (que serán obxecto de tertulia no Club de Lectura filosófica do xoves día 25 de outubro), que podes consultar na biblioteca do centro:

· Richard Greene: “¿Tony Soprano está ciego ante sí mismo?”. En Greene e Vernezze (2010): Los Soprano y la filosofía: Ariel.
· Mike Lippman: “Conózcase a sí mismo, gilipollas: Tony Soprano como héroe trágico aristotélico. En Greene e Vernezze (2010): Los Soprano y la filosofía: Ariel.
· “Kevin Kinghorn: “Cuestiones de identidad: ¿es el increíble Hulk la misma persona que Bruce Banner?”. En Morris e Morris (2010): Los Superhéroes y la filosofía. Blackie Books.
· Tom Morris: “¿Qué hay detrás de la máscara? El secreto de las identidades secretas”. En Morris e Morris (2010): Los Superhéroes y la filosofía. Blackie Books.

2 respostas to “Traballo para o mes de outubro: QUEN SON EU”

  1. o 22 Oct 2012ás 11:33 am admin

    COMENTARIO DE NOELIA PORTO E NOTA DO PROFESOR AO COMENTARIO
    El ser humano se diferencia del resto de especies por la forma de actuar según la razón o según los sentimientos como la conciencia, la capacidad de expresarse manifestando sus ideas a través del lenguaje… Nadie es capaz de actuar solo por la razón (ya que existe el instinto) ni nadie que actúe guiado tan sólo por los sentimientos (ya que el ser humano tiene la capacidad de razonar). El ser humano esta condenado a ser libre porque no es libre de dejar de serlo.

    La adolescencia no ha cambiado mucho a lo largo de la historia. Se caracteriza por un cambio en la vida ya que no es un niño y no quiere ser tratado como tal por sus padres, pero tampoco es un adulto todavía por lo cual sigue necesitando consejos guías de los mayores. Los jóvenes viven la mayoría de las cosas con esperanza porque aun no han sido engañados y les gustan estar más con los amigos que los de otras edades.

    Como mujer que soy, en el hecho biológico el cuerpo se va desarrollando y sufre cambios en la edad, en el pensamiento, en el crecimiento físico y en la personalidad. En el hecho cultural, las familias adoptan sus creencias, costumbres, religión, su carácter moral y las transmiten a sus hijos. Dicen como tienen que vestir (Ej: en algunos países árabes la manera de vestir de la mujer y el hombre es distinta a la de países de Europa),que deben como deben comer…

    La identidad de cada persona también influye el sitio en donde vives, por las costumbres, la sociedad,los festivales, ya que no es igual en cada lugar al que se pertenece. En los lugares en donde se vive hay un cierto sentimiento (si se está agusto) como los amigos del barrio, el hogar, la familia, todas las cosas que ocurren en el sitio en donde vives. Un ejemplo es cuando alguien emigra al extranjero y se siente apenado por dejar su hogar.

    Hoy en día, en general, los medios de comunicación y las nuevas tecnologías están cambiando la forma de pensar de las personas, en especial a los adolescentes(por las ganas de saber y conocer cosas nuevas). En la moda, los famosos y en lo político también ocurre esto, porque se quiere mejorar el aspecto, obtener más beneficios y ganancias, queriendo más sin llegar a un fin y volviéndose egoístas pensando en uno mismo. No abuso de comprar pero algunas veces por medio de los anuncios te atraen para comprar y gastar lo que hace que cambies en la forma de pensar.

    Notas ao comentario:
    Comentario moi superficial e pouco persoal. A maioría das afirmacións son tan xenéricas que apenas din nada. Ex.: “Como mujer que soy, en el hecho biológico el cuerpo se va desarrollando y sufre cambios en la edad, en el pensamiento, en el crecimiento físico y en la personalidad”, acaso todo iso sería distinto se foses home?, os corpos dos homes non se van desenvolvendo, etc.? Outras son ademais notoriamente falsas como a afirmación de que a adolescencia non ten apenas cambiado ao longo da historia. Tanto ten cambiado, que algúns historiadores chegan mesmo a dicir que houbo períodos en que nin sequera existiu! (p. ex., Ph. Ariès, que afirma que na Idade Media saltábase directamente da infancia –que era tamén moi diferente a como se entende hoxe- á idade adulta) e, desde logo, practicamente todos os estudosos coinciden en dicir que nos últimos anos o período da adolescencia se ten ampliado máis de canto se consideraba no pasado, o que quere dicir que non é simplemente un período etario (de tal ano a tal ano) senón un concepto social que cambia segundo as etapas históricas, as culturas ou as sociedades. En fin, e para concluír, no que respecta á reflexión sobre a propia identidade só dis vaguidades.

  2. o 27 Oct 2013ás 9:06 pm Fabianna Lo Bello Fraga, 1º BACH "A"

    QUEN SON EU?

    Eu son un ser humano, polo que pertenzo á especie humana e, a diferenza das outras, non só podemos pensar, ter ideas para crear e construír o noso mundo ( pois o manexamos nós, a maioría das veces razoando e sendo coherentes) senón que coa intelixencia podemos ser capaces de darnos conta que podemos non volver a cometer os mesmos errores e a aprender deles. Penso que é unha das razóns polas que a nosa especie non é igual ás demais, porque temos unha personalidade propia. Por exemplo, un can pode adquirir habilidades como obedecer ao seu dono ou transmitir coa mirada e xestos ao dono o que quere, establecendo unha comunicación, entón se pode afirmar que o can entende. Sen embargo, o can acata normas pero non sabe por qué as acata, non ten unha razón para obedecer, pois non ten a intelixencia suficiente para razoar, polo que a súa reacción é automática, só obedece á orde. Por outro lado, os seres humanos tamén somos diferentes dentro da nosa especie porque cada un ten unha opinión propia e iso é o que condiciona na miña identidade, non ser coma os demais, senón ser único descubrindo cualidades de min en cada momento que formarán a miña personalidade final, estando ou non influenciada polos demais, porque eu vou a decidir o que quero para ser como quero ser e para ir construíndo a miña propia identidade como ser humano.

    Cando cheguei á adolescencia, pensei que iba a ser un claro reflexo de mozos/mozas rebeldes que só queren estar no seu mundo, non afrontar a realidade e rebelarse co que non estean de acordo. E así foi, porque eu fun así pero aínda que siga na adolescencia sinto que crecín e madurei. Agora podo decir que non me recoñezco coma unha adolescente porque xa non me considero a típica moza que só preocúpase polo seu ombligo e o demais non lle importa nada. Pero, non ser así tamén implica ser adolescente?. É dicir, se non son coma os demais adolescentes xa non me podo considerar un?. Penso moito nisto e ás veces e respondo a esta pregunta que sí, polo feito de que me sinto soa ás veces, ao non compartir as mesmas ideas que os demais, sobre o que está ben ou non. Pero vexo tamén a adolescentes que se sinten obrigados a ser adolescentes como non queren selo. Exemplos: se todos saen de festa, se todos teñen mozo… Sen embargo, a esta pregunta tamén contéstoa cun non porque desde fai moito tempo a adolescencia foi evolucionando ata ser tan liberadora e rebelde como agora. Eu sendo como son, recoñézome coma unha adolescente porque ninguén dixo cómo hai que ser para ser un, aínda que estea moi influenciado socialmente.
    Isto condiciona na miña identidade porque dependendo de cómo vaia superando esta etapa vai a repercutir na miña propia identidade positiva ou negativamente. Se eu consciente ou inconscientemente fago o que non debo ou o que non quero facer (se estou condicionada polos demais) vou a repercutir a miña identidade negativamente, atribuíndolle rasgos desta personalidade que vou adquirindo que son falsos. Pero,como dixen antes, penso que non son así, porque como teño pensamento propio tamén teño unha identidade propia sempre e cando empece a ver as cousas doutra maneira ca os demais, a aprender dos meus errores e superar os meus temores para poder crecer como persoa e construír a miña propia personalidade para que de cara a un fututro saber realmente quen son.

    Eu son moza e a condición sexual non determina a miña identidade porque eu, aínda que nacera muller , non teño porque comportarme como tal, polo que a miña identidade non ten porque ser a dunha muller, pero a condición sexual determina a miña identidade ata o punto en que eu me sinta identificada como muller se nacín muller ou como home se nacín home.
    A condición femenina ou masculina é un feito biolóxico cando consideramos que unha muller é muller cando nace cunha vaxina e un home é un home cando nace cun pene, e iso é o único que nos diferenza como seres humanos para poder crear outras xeracións. Como feito cultural cada quen, sendo muller ou home, pode ser quen queira ser tanto se lle gusta ser como é de nacemento ou se se sinte identificado co sexo oposto ao seu. É dicir, se un home síntese identificado como unha muller, este por fora é un home pero por dentro, a súa propia identidade é a dunha muller. Desde non fai tanto tempo, isto non estaba ven visto culturalmente polos prexuízos e a mente tan cerrada que tiña a sociedade, o que significaba para o ser humano unha falta de liberdade ao non poder mostrarse como era realmente.
    Todos somos iguais pero cada un ten a súa propia identidade e iso é o único que nos diferenza. Aínda que, físicamente, hai cualidades que nos poden diferenciar como por exemplo,a unha muller lle pode gustar a mecánica porque é hábil niso, pero ao mellor precisa a forza que ten un home, mais iso non significa que deixe de ser muller ou que non pode ser mecánica porque non é un home, pero sí pode ser menos femenina aínda que nunca chegará a ser moi home.Outro exemplo, é a incapacidade que ten un home para ter fillos, pois ahí sempre vai a ser unha cualidade propia da muller, polo que o home que quere ser muller pode ser menos masculino pero non chegará a ser unha muller porque por dentro non deixará de ser quen é realmente.
    Pódese escapar do determinismo sexual porque se ti tes outra identidade podes eludir á que se che determina por nacemento, ao non gustarche como te ven os demais e como te ves ti. Sen embargo, dentro do determinismo de xénero ,unha persoa dentro dun determinado entorno, pode desempeñar varios roles á vez, como o de nai, de fillo, de irmán, de marido, de amiga, de comopañeira de traballo,etc, e penso que podes escapar de iso se queres e non te obligan, pero cada un desos roles son tipos de identidades que tes a nivel social, familiar, ou laboral, aínda que podes non identificarte con algún deles. Polo tanto penso que, poderías escapar por exemplo, do rol de ser un traballador porque ninguén te obliga a selo si non queres aínda que teñas o dereito e o deber, porque tes a libertade para facelo; mais non podes escapar do rol de ser filla de alguén, porque aínda que te queiras quedar huérfana, por dentro sempre terás a identidade de ser filla de alguén.
    Coa frase “non se nace muller, faise” de Simone de Beauvoir creo que ao mellor non puxo a frase para os dous xéneros por o machismo que existía naquela época e que aínda queda, porque a muller sempre foi educada e criada para que tivera fillos e fose unha sumisa mentres que os homes crecen sendo superiores que as mulleres, como os máis fortes e traballadores. Sen embargo, ela defendía a igualdade de xéneros e considero que con esta frase, tanto para a muller coma para o home, sexa cal sexa o seu sexo ao nacer, faste como tal a medida que creces e vaias adquirindo cualidades da túa identidade que son determinadas pola maneira en que te críen e a educación que recibas ao nacer.

    Eu nacín en Venezuela, pero vivo en España dende fai xa dez anos, polo que me sinto máis galega que venezolana, ao non compartir as mesmas costumbres que teñen alá. Sen embargo na casa coa miña familia, ao nacer eles tamén en Venezuela, compartimos costumes venezolanas como a comida e a música típica, que nos fan acordar moito ao noso país, ademais do acento e a forma de falar. Tamén os meus avós paternos son italianos e o meu pai, aínda que crecera en Venezuela, ten costumes italianas como comer moito queixo e pasta, ser dun equipo de fútbol italiano… Eu son do mundo,teño triple nacionalidade e a miña identidade é condicionada por unha mezcla das tres, pero non me sinto identificada con unha en concreto, senón das tres porque ao nacer noutro país, no que vivo agora non podo encaixar moi ben ao non ser galega ao 100%, e o mesmo me pasará se volvo vivir en Venezuela porque unha parte de min creceu sendo galega, ao igual que si viaxo a outro país tamén me podería identificar con el.

    A miña identidade está aínda en formación e vai ser condicionada polo que eu queira ser, mais sen embargo ás veces podes deixarte influenciar positivamente por persoas das que sintas admiración, aínda que ti sempre vas a elexir os valores que che queren atribuír os demais para formar a túa identidade.

    Como dixen antes, nesta etapa da adolescencia dinme conta de cómo son as cousas de verdade e por iso penso que é unha etapa na que abres os ollos e aceptas a realidade tal e como é. Isto axudoume a madurar e a non pensar igual cos demais como o facía antes. Por iso, de maneira positiva, os meus amigos, colegas, compañeiros, poden condiconar nalgunhas das miñas eleccións pero non como antes cando me deixaba influenciar por eles, cando non era eu a que construía a miña identidade.
    Non nos comportamos igual nun entorno coloquial ca nun formal, porque cando estás só ou con adultos céntraste e as locuras as deixas de lado, mentras que, aínda que vaias crecendo e entendendo como comportarse, sínteste máis libre cando estas en compañía de amigos porque ao final só queres divertirte e como sabes que logo non podrás o aproveitas ao máximo. Pero si que é verdade que as consecuencias disto poden ser malas como certos cambios na túa personalidade e que faga que cambies de obxectivo na vida.

    Penso que as mensaxes que nos transmiten os medios de comunicación de masas producen cambios en nós que fan que reaccionemos como eles queren, e podo decilo con toda a seguridade de que é certo, polo menos polas experiencias que eu vivín. A maioría de todo o que ofrecen aos clientes non é o que parece, tratan de camuflar a realidade sen darse de conta das consecuencias que poden traer, ou ao mellor sí se percatan, pero o que máis lles importa é o diñeiro, porque quizais pensan que é o único que move ao mundo. As revistas, sobretodo as de moda, intentan mostrar prototipos de modelos perfectas ( na cara, no corpo, no pelo, na ropa,) que fan que a maioría dos adolescentes que as ven, as admiren e se convirtan nelas, mostrando unha imaxe que non é certa.
    O mesmo pasa na televisión, no cine… Os videoxogos son vendidos ao público coa intención de entreter á xente e que se converta nunha adicción, pero o que tamén deberían mostrar deles é que os adolescentes poden chegar a meterse nese mundo, no que os videoxogos é o único que xira ao seu arredor.Todo o tempo tratan de sacar produtos mellores que superan aos anteriores co fin de beneficiarse.
    Ás figuras famosas pásalles o mesmo, teñen que vender unha imaxe para sorprendernos e facer que reaccionemos mal porque nos poden chegar a converter nuns obsesionados da imaxe, adquirindo
    actitudes como a agresividade, intolerancia, irresponsabilidade, frialdade, ser orgullosos, egoístas, pesimistas…Incluso estas persoas que xa son así poden chegar a “contaminar” ás outras, e ao final o acabas pagando coas persoas que máis queres. Tamén creo que acontece o mesmo cos científicos, intelectuais, políticos, como o expresidente de Venezuela, Chávez, que controlaba ás decisións do pobo .Ademais disto, creo que todo isto é dominado pola publicidade, porque é o único que fai que esas mensaxes se expandan e non morran, así os produtos que se ofrecen na televisión, figuras famosas, como Chávez, (que coa publicidade que lle facían na televisión, pudo ter a unha gran cantidade de xente que o quería), identifícanse con iso e marcan, enganan, “contaminan”, nas identidades das persoas que non as teñen ben definidas. Incluso a publicidade pode chegar a manipular a esa xente famosa. Isto repercute case sempre de forma negativa nos adolescentes porque fan que construamos unha identidade falsa, cambiándonos a mentalidade e a foma correcta de ver as cousas, e cando “baixemos das nubes”, non sabremos nin quén somos.

    Como conclusión e reposta final , o “ quen son” pode ser definido en función do que un decida e valore, polo que debemos buscar a nosa identidade, non nos ven “dada”. Temos que encontrar, polos nosos estudos e experiencias, un sentido á nosa vida.

Trackback URI | RSS Comentarios

Deixa unha mensaxe