RSS para
Artigos
Comentarios

A primeira sesión do Clube de Lectura e tertulia filosóficos terá lugar o XOVES DÍA 25 na BIBLIOTECA das 18 ás 19 h.
O tema da tertulia é “A identidade” (o mesmo do traballo deste mes) e as lecturas sobre as que se desenvolverá son:
Mike Lippman: “Conózcase a sí mismo, gilipollas: Tony Soprano como héroe trágico aristotélico” e “¿Tony Soprano está ciego ante sí mismo?” en Greene e Venezze (2010): Los Soprano y la filosofía. Ed. Ariel.
the-sopranos.jpg
Kevin Kinghorn: “Cuestiones de identidad: ¿es el increíble Hulk la misma persona que Bruce Banner?” e Tom Morris: “¿Qué hay detrás de la máscara? El secreto de las identidades secretas” en Morris e Morris (2010): Los superhéroes y la filosofía. Blackie Books.
Superman e Batman
Os dous libros están dispoñibles na biblioteca.
Por suposto, os participantes poderán propór outras lecturas á consideración dos asistentes.
O profesor propón como tema para a seguinte tertulia “A crenza relixiosa e o pensar filosófico hoxendía” (que será tamén o tema do traballo de novembro). Os asistentes á tertulia poderán facer propostas alternativas antes de fixar definitivamente o tema.

Trackback URI | RSS Comentarios

Deixa unha mensaxe