TRABALLO PARA O MES DE OUTUBRO: QUEN SON EU
7 October, 2013 por admin
O traballo a desenvolver este mes é o mesmo que foi proposto no mes de outubro do pasado curso (12-13). Debedes, xa que logo, acceder aos artigos que figuran arquivados no mes de outubro de 2012, e ler o artigo enviado o 9 de Octubro de 2012. Veredes que o obxecto é responder á cuestión “Quen son eu?”, para o cal se vos propoñen unha serie de indicacións orientativas.
Lembrade que este traballo é obrigatorio para todo o alumnado agás para aqueles que opten por desenvolver unha investigación filosófica, que poderá ser feita individualmente ou en equipo. Dentro desta semana incluirase un post con información sobre os pasos a dar para elixir o tema da investigación, que deberá ser decidido antes de concluír este mes. Quen opten por facer o traballo (admítese facer o traballo ademais da investigación, tomando proveito dese xeito da dobre posibilidade de mellorar a avaliación), deberán envialo a través deste blog antes do día 1 de novembro.
Por outra banda, o tema de traballo será tamén o tema da primeira tertulia filosófica, que terá lugar o xoves día 17, na biblioteca do instituto, das 17 ás 18 horas.
Calquera consulta sobre estas actividades pode facerse tamén escribindo a este blog.
QUEN SON EU?
Eu son un ser humano, polo que pertenzo á especie humana e, a diferenza das outras, non só podemos pensar, ter ideas para crear e construír o noso mundo ( pois o manexamos nós, a maioría das veces razoando e sendo coherentes) senón que coa intelixencia podemos ser capaces de darnos conta que podemos non volver a cometer os mesmos errores e a aprender deles. Penso que é unha das razóns polas que a nosa especie non é igual ás demais, porque temos unha personalidade propia. Por exemplo, un can pode adquirir habilidades como obedecer ao seu dono ou transmitir coa mirada e xestos ao dono o que quere, establecendo unha comunicación, entón se pode afirmar que o can entende. Sen embargo, o can acata normas pero non sabe por qué as acata, non ten unha razón para obedecer, pois non ten a intelixencia suficiente para razoar, polo que a súa reacción é automática, só obedece á orde. Por outro lado, os seres humanos tamén somos diferentes dentro da nosa especie porque cada un ten unha opinión propia e iso é o que condiciona na miña identidade, non ser coma os demais, senón ser único descubrindo cualidades de min en cada momento que formarán a miña personalidade final, estando ou non influenciada polos demais, porque eu vou a decidir o que quero para ser como quero ser e para ir construíndo a miña propia identidade como ser humano.
Cando cheguei á adolescencia, pensei que iba a ser un claro reflexo de mozos/mozas rebeldes que só queren estar no seu mundo, non afrontar a realidade e rebelarse co que non estean de acordo. E así foi, porque eu fun así pero aínda que siga na adolescencia sinto que crecín e madurei. Agora podo decir que non me recoñezco coma unha adolescente porque xa non me considero a típica moza que só preocúpase polo seu ombligo e o demais non lle importa nada. Pero, non ser así tamén implica ser adolescente?. É dicir, se non son coma os demais adolescentes xa non me podo considerar un?. Penso moito nisto e ás veces e respondo a esta pregunta que sí, polo feito de que me sinto soa ás veces, ao non compartir as mesmas ideas que os demais, sobre o que está ben ou non. Pero vexo tamén a adolescentes que se sinten obrigados a ser adolescentes como non queren selo. Exemplos: se todos saen de festa, se todos teñen mozo… Sen embargo, a esta pregunta tamén contéstoa cun non porque desde fai moito tempo a adolescencia foi evolucionando ata ser tan liberadora e rebelde como agora. Eu sendo como son, recoñézome coma unha adolescente porque ninguén dixo cómo hai que ser para ser un, aínda que estea moi influenciado socialmente.
Isto condiciona na miña identidade porque dependendo de cómo vaia superando esta etapa vai a repercutir na miña propia identidade positiva ou negativamente. Se eu consciente ou inconscientemente fago o que non debo ou o que non quero facer (se estou condicionada polos demais) vou a repercutir a miña identidade negativamente, atribuíndolle rasgos desta personalidade que vou adquirindo que son falsos. Pero,como dixen antes, penso que non son así, porque como teño pensamento propio tamén teño unha identidade propia sempre e cando empece a ver as cousas doutra maneira ca os demais, a aprender dos meus errores e superar os meus temores para poder crecer como persoa e construír a miña propia personalidade para que de cara a un fututro saber realmente quen son.
Eu son moza e a condición sexual non determina a miña identidade porque eu, aínda que nacera muller , non teño porque comportarme como tal, polo que a miña identidade non ten porque ser a dunha muller, pero a condición sexual determina a miña identidade ata o punto en que eu me sinta identificada como muller se nacín muller ou como home se nacín home.
A condición femenina ou masculina é un feito biolóxico cando consideramos que unha muller é muller cando nace cunha vaxina e un home é un home cando nace cun pene, e iso é o único que nos diferenza como seres humanos para poder crear outras xeracións. Como feito cultural cada quen, sendo muller ou home, pode ser quen queira ser tanto se lle gusta ser como é de nacemento ou se se sinte identificado co sexo oposto ao seu. É dicir, se un home síntese identificado como unha muller, este por fora é un home pero por dentro, a súa propia identidade é a dunha muller. Desde non fai tanto tempo, isto non estaba ven visto culturalmente polos prexuízos e a mente tan cerrada que tiña a sociedade, o que significaba para o ser humano unha falta de liberdade ao non poder mostrarse como era realmente.
Todos somos iguais pero cada un ten a súa propia identidade e iso é o único que nos diferenza. Aínda que, físicamente, hai cualidades que nos poden diferenciar como por exemplo,a unha muller lle pode gustar a mecánica porque é hábil niso, pero ao mellor precisa a forza que ten un home, mais iso non significa que deixe de ser muller ou que non pode ser mecánica porque non é un home, pero sí pode ser menos femenina aínda que nunca chegará a ser moi home.Outro exemplo, é a incapacidade que ten un home para ter fillos, pois ahí sempre vai a ser unha cualidade propia da muller, polo que o home que quere ser muller pode ser menos masculino pero non chegará a ser unha muller porque por dentro non deixará de ser quen é realmente.
Pódese escapar do determinismo sexual porque se ti tes outra identidade podes eludir á que se che determina por nacemento, ao non gustarche como te ven os demais e como te ves ti. Sen embargo, dentro do determinismo de xénero ,unha persoa dentro dun determinado entorno, pode desempeñar varios roles á vez, como o de nai, de fillo, de irmán, de marido, de amiga, de comopañeira de traballo,etc, e penso que podes escapar de iso se queres e non te obligan, pero cada un desos roles son tipos de identidades que tes a nivel social, familiar, ou laboral, aínda que podes non identificarte con algún deles. Polo tanto penso que, poderías escapar por exemplo, do rol de ser un traballador porque ninguén te obliga a selo si non queres aínda que teñas o dereito e o deber, porque tes a libertade para facelo; mais non podes escapar do rol de ser filla de alguén, porque aínda que te queiras quedar huérfana, por dentro sempre terás a identidade de ser filla de alguén.
Coa frase “non se nace muller, faise” de Simone de Beauvoir creo que ao mellor non puxo a frase para os dous xéneros por o machismo que existía naquela época e que aínda queda, porque a muller sempre foi educada e criada para que tivera fillos e fose unha sumisa mentres que os homes crecen sendo superiores que as mulleres, como os máis fortes e traballadores. Sen embargo, ela defendía a igualdade de xéneros e considero que con esta frase, tanto para a muller coma para o home, sexa cal sexa o seu sexo ao nacer, faste como tal a medida que creces e vaias adquirindo cualidades da túa identidade que son determinadas pola maneira en que te críen e a educación que recibas ao nacer.
Eu nacín en Venezuela, pero vivo en España dende fai xa dez anos, polo que me sinto máis galega que venezolana, ao non compartir as mesmas costumbres que teñen alá. Sen embargo na casa coa miña familia, ao nacer eles tamén en Venezuela, compartimos costumes venezolanas como a comida e a música típica, que nos fan acordar moito ao noso país, ademais do acento e a forma de falar. Tamén os meus avós paternos son italianos e o meu pai, aínda que crecera en Venezuela, ten costumes italianas como comer moito queixo e pasta, ser dun equipo de fútbol italiano… Eu son do mundo,teño triple nacionalidade e a miña identidade é condicionada por unha mezcla das tres, pero non me sinto identificada con unha en concreto, senón das tres porque ao nacer noutro país, no que vivo agora non podo encaixar moi ben ao non ser galega ao 100%, e o mesmo me pasará se volvo vivir en Venezuela porque unha parte de min creceu sendo galega, ao igual que si viaxo a outro país tamén me podería identificar con el.
A miña identidade está aínda en formación e vai ser condicionada polo que eu queira ser, mais sen embargo ás veces podes deixarte influenciar positivamente por persoas das que sintas admiración, aínda que ti sempre vas a elexir os valores que che queren atribuír os demais para formar a túa identidade.
Como dixen antes, nesta etapa da adolescencia dinme conta de cómo son as cousas de verdade e por iso penso que é unha etapa na que abres os ollos e aceptas a realidade tal e como é. Isto axudoume a madurar e a non pensar igual cos demais como o facía antes. Por iso, de maneira positiva, os meus amigos, colegas, compañeiros, poden condiconar nalgunhas das miñas eleccións pero non como antes cando me deixaba influenciar por eles, cando non era eu a que construía a miña identidade.
Non nos comportamos igual nun entorno coloquial ca nun formal, porque cando estás só ou con adultos céntraste e as locuras as deixas de lado, mentras que, aínda que vaias crecendo e entendendo como comportarse, sínteste máis libre cando estas en compañía de amigos porque ao final só queres divertirte e como sabes que logo non podrás o aproveitas ao máximo. Pero si que é verdade que as consecuencias disto poden ser malas como certos cambios na túa personalidade e que faga que cambies de obxectivo na vida.
Penso que as mensaxes que nos transmiten os medios de comunicación de masas producen cambios en nós que fan que reaccionemos como eles queren, e podo decilo con toda a seguridade de que é certo, polo menos polas experiencias que eu vivín. A maioría de todo o que ofrecen aos clientes non é o que parece, tratan de camuflar a realidade sen darse de conta das consecuencias que poden traer, ou ao mellor sí se percatan, pero o que máis lles importa é o diñeiro, porque quizais pensan que é o único que move ao mundo. As revistas, sobretodo as de moda, intentan mostrar prototipos de modelos perfectas ( na cara, no corpo, no pelo, na ropa,) que fan que a maioría dos adolescentes que as ven, as admiren e se convirtan nelas, mostrando unha imaxe que non é certa.
O mesmo pasa na televisión, no cine… Os videoxogos son vendidos ao público coa intención de entreter á xente e que se converta nunha adicción, pero o que tamén deberían mostrar deles é que os adolescentes poden chegar a meterse nese mundo, no que os videoxogos é o único que xira ao seu arredor.Todo o tempo tratan de sacar produtos mellores que superan aos anteriores co fin de beneficiarse.
Ás figuras famosas pásalles o mesmo, teñen que vender unha imaxe para sorprendernos e facer que reaccionemos mal porque nos poden chegar a converter nuns obsesionados da imaxe, adquirindo
actitudes como a agresividade, intolerancia, irresponsabilidade, frialdade, ser orgullosos, egoístas, pesimistas…Incluso estas persoas que xa son así poden chegar a “contaminar” ás outras, e ao final o acabas pagando coas persoas que máis queres. Tamén creo que acontece o mesmo cos científicos, intelectuais, políticos, como o expresidente de Venezuela, Chávez, que controlaba ás decisións do pobo .Ademais disto, creo que todo isto é dominado pola publicidade, porque é o único que fai que esas mensaxes se expandan e non morran, así os produtos que se ofrecen na televisión, figuras famosas, como Chávez, (que coa publicidade que lle facían na televisión, pudo ter a unha gran cantidade de xente que o quería), identifícanse con iso e marcan, enganan, “contaminan”, nas identidades das persoas que non as teñen ben definidas. Incluso a publicidade pode chegar a manipular a esa xente famosa. Isto repercute case sempre de forma negativa nos adolescentes porque fan que construamos unha identidade falsa, cambiándonos a mentalidade e a foma correcta de ver as cousas, e cando “baixemos das nubes”, non sabremos nin quén somos.
Como conclusión e reposta final , o “ quen son” pode ser definido en función do que un decida e valore, polo que debemos buscar a nosa identidade, non nos ven “dada”. Temos que encontrar, polos nosos estudos e experiencias, un sentido á nosa vida.
¿Quén son eu?
Segundo o meu DNI son Luis Muñoz Menéndez, pero segundo a filosofía o concepto de identidade non se limita ao meu nome.
Eu creo que o feito de ser seres humanos dótanos principalmente dunha especie de arrogancia e egocentrismo cara ao resto do mundo, xa que os humanos teoricamente somos os seres máis intelixentes sobre a superficie da terra e nos consideramos en certo modo superiores á natureza, xa que posuímos ferramentas que nos permiten abater ao animal que queiramos ou destruír un ecosistema, soamente co fin de construír edificios no sitio que prefiramos. Eu, como ser humano, considero que actúo de acordo cuns valores e o fago conscentememte, xa que polo feito de ser humán, capaz de asimilar patróns de comportamento, diferenciar entre o ben e o mal, e coñecer e respectar unhas leis, actúo segundo o que dende neno se me marcou como o que debía facer.
A adolescencia é un termo recente: Hai pouco os nenos españois coma min comezaban a traballar desde moi pequenos polo que saltaban da infancia ás responsabilidades dun adulto, e non falemos da época dos gregos, na que por exemplo os espartanos adestraban aos seus nenos coma guerreiros desde os seis ou sete anos. Eu, en cambio, teño a fortuna de vivir nunha familia que me permite alongar os anos en que non teño que preocuparme por responsabilidades que eu considero de adulto: traballar para conseguir diñeiro e poder ter as miñas necesidades de alimento e vivenda cubertas. A única responsabilidade que me esixen é a de estudar e obter bos resultados.
A adolescencia refírese tamén a unha etapa da nosa vida atopada entre a infancia e a idade adulta na que comezamos a sufrir cambios, principalmente no noso modo de pensar e ver o mundo que nos rodea; a nosa arrogancia natural comeza a actuar facéndonos crer que coñecemos a perfecta maneira de obrar, a mellor resposta ou o mellor momento para contar algo, pero tendemos a equivocarnos, convertendo esta nunha etapa na que temos que modificar a nosa conduta e as nosas ideas para chegar a bo porto. As veces eu empéñome en que non teño que respectar algunhas ordes, facer algunhas cousas e incluso falarlle apropiadamente a algunha persoa, contradicindo as instrucións que se me deron, puramente porque a miña arrogancia natural me obriga a non recoñecer que podo estar equivocado, conducíndome a erros que me teñen costado caro.
A nosa condición sexual tamén é un dos grandes baremos que se emprega para clasificar ás persoas: Ti es un home, ti unha muller. Esta diferenciación por sexos apréciase no trato que recibimos dende a nosa infancia, e oriéntanos cara a os comportamentos que os estatutos prefixados da sociedade agardan de nós e, a pesar de que na miña infancia a miña irmá e eu compartimos tódolos xoguetes, e incluso practicábamos deportes similares, co paso do tempo seguimos camiños diferentes. Xa de pequeno, eu xogaba coas súas bonecas arrincándolle a cabeza e os brazos, tamén as pernas. Agora, eu sigo considerando atractivos os deportes de esixencia física e a miña irmá considera bailar zumba facer deporte. A min gústame xogar con xogos de estratexia na play e no ordenador e a miña irmá le moito máis ca min e escoita música.
Eu penso que o nacer, crecer, desenvolvernos e vivir nun determinado sitio nos afecta, xa que se crecemos nun ambiente rural, probablemente orientemos as nosas vidas cara unha orientación mais sinxela, principalmente dedicada a quedar nun bar cos colegas e coidar o gando e as leiras, sen depender das novas tecnoloxías; en troques, se crecemos nun sitio máis cosmopolita, coma unha cidade, pensaremos máis cara a nosa profesión de futuro coma avogado, médico ou xornalista, sen descoidar aos nosos 24.851 amigos do facebook, os 80.957 do tuenti e os 14.567 seguidores en twitter, xa que a pesar de que nin coñezamos ao 99%, todos son moi pero que moi importantes. Eu opino que, como persoa que naceu nunha cidade, e se desenvolveu entre un pobo e unha urbe combino da mellor maneira o estilo de vida propio de cada un destes lugares: Vivo dunha maneira sinxela, sen depender do meu móbil ou ordenador, pero como persoa intelixente que son, preocúpome da miña carreira e futura profesión coma o que máis.
Con respecto á posible influencia que poidan ter os meus compañeiros nas miñas decisións cabe dicir que é case nula, xa que a única opinión que me importa á hora de tomar unha decisión no instituto é a miña, mentres que fora del teño moi en conta as opinións da miña familia.
Sobre os posibles cambios de comportamento ao estar cun adulto creo que co tempo vanse difuminando. Eu persoalmente trato de vostede aos adultos, e procuro comportarme axeitadamente e non dicir nada que poida resultar inapropiado.
Os medios comunicación xogan un papel moi importante, xa que tanto na televisión coma nas revistas e en internet, se nos tentan amosar exemplos do que está de moda e de cómo temos que vestir, tentando moldearnos ás tendencias actuais, tendencias que me parecen bastante cutres, nas que para destacar, levas os pantalóns á altura dos xeonllos ou te pos uns aros na lingua. Non seguirei nunca estas modas, xa que está claro que cando as segues estás dicindo: “Mirádeme, estou desesperado por un pouco de atención”. Aínda así cando vexo programas como “El intermedio” na televisión, supoño que me inflúen na forma na que interpreto o que está a pasar na sociedade e me volvo máis crítico.
Os iconos dunha xeración marcan a moita xente que quere ser coma Messi, Cristiano Ronaldo, ou Rafa Nadal, pero se eu teño algo claro é que son o meu propio exemplo a seguir, e que a miña arrogancia natural faime pensar tódalas mañás cando me vexo no espello: “Guau, eu quero ser coma ese”.
Podo concluír que a miña identidade non está completamente formada e non considero que sexa inamovible. Tódolos aspectos que mencionei antes a conforman e modifican, uns en maior medida ca outros e cando vaian cambiando algunhas circunstancias eu irei cambiando ao mesmo tempo.
Que son eu?
Son unha rapaza de 16 anos que vive en Galicia, unha rexión de España. Son extrovertida e con carácter. Gústame a música, o deporte e estar cos meus amigos. Estudo 1º de bacharelado.
Debido a educación que recibín ata o de agora, e no lugar que me tocou vivir, non teño maiores problemas. Nunca me parei a pensar: QUEN SON EU?
Son un ser individual, libre e único? Ou son o que a miña familia ou a sociedade fai que sexa como son?.
Debido a miña idade dependo dos maiores, pero os meus pensamentos, as miñas emocións, son libres ou están condicionadas pola época que me tocou vivir?.
O meu entorno inflúe na miña maneira de ser, pero eu procuro seleccionar e quedarme co que me parece positivo.
Bioloxicamente son umha muller, un ser humano integrado nun grupo social que pertence a unha época onde a informática e a tecnoloxía parece ser o motor do mundo. Non me paro a pensar QUEN SON EU, tristemente deíxome levar.
Son unha rapaza con forzas e debilidades pero emocionalmente estable.
Son muller e síntome muller; pode ser cultural? Non sei, coido que aínda que me educaran como un home, tería un comportamento ou uns sentimentos diferentes.
A miña identidade como adulto penso que non está totalmente definida; xa que segundo as circunstancias polas que se atravesa ao longo da vida, fai cambiar a conciencia que unha persoa ten respeto dela mesma. A identidade fórmase, moldéase, enriquecese…
Vivo nunha sociedade, non me podo illar para cambiar.
Eu son o resultado da miña educación, dos meus pensamentos, das miñas inquedanzas, dos meus defectos e fracasos. Eu son IRENE.
IRENE RIVAS VÁZQUEZ 1ºBACHARELATO-A
QUEN SON EU?
Eu son un ser humano, e isto provoca que teña que aprender a convivir co resto das persoas, saber diferenciar o bo do malo… e ainda que intente usar a razón para actuar, non sempre a utilizo, xa que teño impulsos que me fan reacionar dunha maneira diferente a como o faría se o pensase. A min gústame pensar que o teño todo controlado, que sei o que vou dicir, que vou ter resposta pero sei que realmente casi nunca me sucede isto, xa que ainda que non me considere impulsiva, sei que a maioría das veces, me deixo levar polos impulsos que teño. Creo que o mellor que se pode facer, e facer o que sintes en cada momento, pero sempre con medida, e dicir, esta ben dicirlle a alguén o que sentes, pero procura dicirllo da mellor maneira para provocar os menos problemas posibles, e o mesmo cos impulsos físicos, como é por exemplo ter rabia hacia algo, asumeo e intenta solucionalo, pero non te deixes levar polo impulso de, ao mellor, pois pegarlle.
Primeiro, vou dicir o que para min é un adolescente. Considero que un adolescente é aquela persoa que non sabe quen é, que non ten as ideas claras sobre o que quere. Eu penso que son unha adolescente, polo feito de cómo vexo a vida, xa que me queda moito por vivir, para poder vivir por min mesma. A idea cambiame moito, non teño as cousas claras ante case nada, non sei o que quero para o meu futuro, non sei o que quero estudar, no que me gustaría traballar… Para min a idade física non ten nada que ver coa madureza psicolóxica, por exemplo, o feito de ter trece anos, non significa que non poidas ser máis adulto que unha persoa de dezasete, xa que secadra por cousas que tivo que vivir, ten mais madureza, sabe reaccionar mellor ante os problemas, sabe quen é, sabe o que quere sen dudalo, e ao meu ver, nese caso, é mais adulto.
Eu son unha muller, e sei que me gustan os homes. Considero que o feito de ser muller ou home non ten que ver co que o noso aspecto físico, se non en cómo te sintes, xa que podes ter aspecto biolóxico de muller, pero sentir que che atraen as mulleres. Ainda que todo afecta, para min un é o que sinte que é. É certo que temos moitos estereotipos, quero dicir, o forma de vestir, de falar… provocan que a xente nos xudgue dicindo se somos mulleres ou homes, e eu considero que iso non ten que ver, nin coa roupa, nin cos xestos, simplemente de cómo se sinte un mesmo. Ista idea abrangue tanto aos homes como as mulleres.
Eu son natural de Mazaricos, A Coruña, Galicia, pero ainda que me pareza un pouco triste, creo que a nosa forma de ser, depende moito da sociedade que nos rodea. Por exemplo, a maioría das mulleres de España, consideran que o home non é o dominante, se non que somos iguales en dereitos e deberes, pero as mulleres dalgúns lugares de África e Asia, consideran que o home é superior a elas, pero iso non ven dado polo lugar no que viven, se non pola sociedade que as rodea, dende pequenas se lles di iso, e ainda que non pensen así, non poden protestar xa que son xudgadas.
Considero que a miña identidade ainda se está formando. Eu podo querer ser, amable coa xente, pero e que se cadra, non me sae ser así. Pódese cambiar e mellorar cara o que ti queres ser, pero é moi complexo. Todo o que ocorre ao noso redor nos afecta a como somos,eu se meus pais non me ensinaran a valorar as cousas que temos, a respetar aos maiores se cadra a min non me saia ser así. Tamén axuda os amigos cos que me rodeo, fan que sexa máis ou menos extrovertida, aprender máis das experiencias dos amigos, compañeiros…
Cada un pode ter a súa idea, pero eu por exemplo, según os argumentos que me den ante algo, podo cambiar totalmente de opinión. Da igual que mo diga un amigo, un irmán, un familiar… tamén pode ser que simplemente entenda o que me queren dicir, pero non teño porque renegar a miña idea, porque os seus argumentos non teñen moito valor para min. Pero sempre ao escoitar as ideas dos meus pais, me axuda a recapacitar, e ver as cousas doutra maneira.
Creo que todo o que pasa ao meu redor me inflúe a como son, é dicir, ao ver a televisión fíxome en detalles, que teñen importancia, na roupa que levan, en cómo se comportan os actores… No día a día sempre miro roupa nas tendas, roupa que cambia por temporadas, a que te tes que adaptar, porque ainda que esta moda e agora mesmo me guste moito, sei que en dous anos cambiará totalmente, e eu, con ela. Seino porque xa me ocorreu, miro o que vestía hai uns anos e digo, “pero como podía eu por eso?” e sei que para min era o máis bonito. A min específicamente, os deportistas, non me fan cambiar, pero sei que moita xente, ten ídolos no deporte, e fan que cambien moito. Personalmente, danme igual os famosos, pero eles son os que marcan as modas.
QUEN SON EU?
Eu son un ser humano, polo que pertenzo á especie humana e, a diferenza das outras, non só podemos pensar, ter ideas para crear e construír o noso mundo ( pois o manexamos nós, a maioría das veces razoando e sendo coherentes) senón que coa intelixencia podemos ser capaces de darnos conta que podemos non volver a cometer os mesmos errores e a aprender deles. Penso que é unha das razóns polas que a nosa especie non é igual ás demais, porque temos unha personalidade propia. Por exemplo, un can pode adquirir habilidades como obedecer ao seu dono ou transmitir coa mirada e xestos ao dono o que quere, establecendo unha comunicación, entón se pode afirmar que o can entende. Sen embargo, o can acata normas pero non sabe por qué as acata, non ten unha razón para obedecer, pois non ten a intelixencia suficiente para razoar, polo que a súa reacción é automática, só obedece á orde. Por outro lado, os seres humanos tamén somos diferentes dentro da nosa especie porque cada un ten unha opinión propia e iso é o que condiciona na miña identidade, non ser coma os demais, senón ser único descubrindo cualidades de min en cada momento que formarán a miña personalidade final, estando ou non influenciada polos demais, porque eu vou a decidir o que quero para ser como quero ser e para ir construíndo a miña propia identidade como ser humano.
Cando cheguei á adolescencia, pensei que iba a ser un claro reflexo de mozos/mozas rebeldes que só queren estar no seu mundo, non afrontar a realidade e rebelarse co que non estean de acordo. E así foi, porque eu fun así pero aínda que siga na adolescencia sinto que crecín e madurei. Agora podo decir que non me recoñezco coma unha adolescente porque xa non me considero a típica moza que só preocúpase polo seu ombligo e o demais non lle importa nada. Pero, non ser así tamén implica ser adolescente?. É dicir, se non son coma os demais adolescentes xa non me podo considerar un?. Penso moito nisto e ás veces e respondo a esta pregunta que sí, polo feito de que me sinto soa ás veces, ao non compartir as mesmas ideas que os demais, sobre o que está ben ou non. Pero vexo tamén a adolescentes que se sinten obrigados a ser adolescentes como non queren selo. Exemplos: se todos saen de festa, se todos teñen mozo… Sen embargo, a esta pregunta tamén contéstoa cun non porque desde fai moito tempo a adolescencia foi evolucionando ata ser tan liberadora e rebelde como agora. Eu sendo como son, recoñézome coma unha adolescente porque ninguén dixo cómo hai que ser para ser un, aínda que estea moi influenciado socialmente.
Isto condiciona na miña identidade porque dependendo de cómo vaia superando esta etapa vai a repercutir na miña propia identidade positiva ou negativamente. Se eu consciente ou inconscientemente fago o que non debo ou o que non quero facer (se estou condicionada polos demais) vou a repercutir a miña identidade negativamente, atribuíndolle rasgos desta personalidade que vou adquirindo que son falsos. Pero,como dixen antes, penso que non son así, porque como teño pensamento propio tamén teño unha identidade propia sempre e cando empece a ver as cousas doutra maneira ca os demais, a aprender dos meus errores e superar os meus temores para poder crecer como persoa e construír a miña propia personalidade para que de cara a un fututro saber realmente quen son.
Eu son moza e a condición sexual non determina a miña identidade porque eu, aínda que nacera muller , non teño porque comportarme como tal, polo que a miña identidade non ten porque ser a dunha muller, pero a condición sexual determina a miña identidade ata o punto en que eu me sinta identificada como muller se nacín muller ou como home se nacín home.
A condición femenina ou masculina é un feito biolóxico cando consideramos que unha muller é muller cando nace cunha vaxina e un home é un home cando nace cun pene, e iso é o único que nos diferenza como seres humanos para poder crear outras xeracións. Como feito cultural cada quen, sendo muller ou home, pode ser quen queira ser tanto se lle gusta ser como é de nacemento ou se se sinte identificado co sexo oposto ao seu. É dicir, se un home síntese identificado como unha muller, este por fora é un home pero por dentro, a súa propia identidade é a dunha muller. Desde non fai tanto tempo, isto non estaba ven visto culturalmente polos prexuízos e a mente tan cerrada que tiña a sociedade, o que significaba para o ser humano unha falta de liberdade ao non poder mostrarse como era realmente.
Todos somos iguais pero cada un ten a súa propia identidade e iso é o único que nos diferenza. Aínda que, físicamente, hai cualidades que nos poden diferenciar como por exemplo,a unha muller lle pode gustar a mecánica porque é hábil niso, pero ao mellor precisa a forza que ten un home, mais iso non significa que deixe de ser muller ou que non pode ser mecánica porque non é un home, pero sí pode ser menos femenina aínda que nunca chegará a ser moi home.Outro exemplo, é a incapacidade que ten un home para ter fillos, pois ahí sempre vai a ser unha cualidade propia da muller, polo que o home que quere ser muller pode ser menos masculino pero non chegará a ser unha muller porque por dentro non deixará de ser quen é realmente.
Pódese escapar do determinismo sexual porque se ti tes outra identidade podes eludir á que se che determina por nacemento, ao non gustarche como te ven os demais e como te ves ti. Sen embargo, dentro do determinismo de xénero ,unha persoa dentro dun determinado entorno, pode desempeñar varios roles á vez, como o de nai, de fillo, de irmán, de marido, de amiga, de comopañeira de traballo,etc, e penso que podes escapar de iso se queres e non te obligan, pero cada un desos roles son tipos de identidades que tes a nivel social, familiar, ou laboral, aínda que podes non identificarte con algún deles. Polo tanto penso que, poderías escapar por exemplo, do rol de ser un traballador porque ninguén te obliga a selo si non queres aínda que teñas o dereito e o deber, porque tes a libertade para facelo; mais non podes escapar do rol de ser filla de alguén, porque aínda que te queiras quedar huérfana, por dentro sempre terás a identidade de ser filla de alguén.
Coa frase “non se nace muller, faise” de Simone de Beauvoir creo que ao mellor non puxo a frase para os dous xéneros por o machismo que existía naquela época e que aínda queda, porque a muller sempre foi educada e criada para que tivera fillos e fose unha sumisa mentres que os homes crecen sendo superiores que as mulleres, como os máis fortes e traballadores. Sen embargo, ela defendía a igualdade de xéneros e considero que con esta frase, tanto para a muller coma para o home, sexa cal sexa o seu sexo ao nacer, faste como tal a medida que creces e vaias adquirindo cualidades da túa identidade que son determinadas pola maneira en que te críen e a educación que recibas ao nacer.
Eu nacín en Venezuela, pero vivo en España dende fai xa dez anos, polo que me sinto máis galega que venezolana, ao non compartir as mesmas costumbres que teñen alá. Sen embargo na casa coa miña familia, ao nacer eles tamén en Venezuela, compartimos costumes venezolanas como a comida e a música típica, que nos fan acordar moito ao noso país, ademais do acento e a forma de falar. Tamén os meus avós paternos son italianos e o meu pai, aínda que crecera en Venezuela, ten costumes italianas como comer moito queixo e pasta, ser dun equipo de fútbol italiano… Eu son do mundo,teño triple nacionalidade e a miña identidade é condicionada por unha mezcla das tres, pero non me sinto identificada con unha en concreto, senón das tres porque ao nacer noutro país, no que vivo agora non podo encaixar moi ben ao non ser galega ao 100%, e o mesmo me pasará se volvo vivir en Venezuela porque unha parte de min creceu sendo galega, ao igual que si viaxo a outro país tamén me podería identificar con el.
A miña identidade está aínda en formación e vai ser condicionada polo que eu queira ser, mais sen embargo ás veces podes deixarte influenciar positivamente por persoas das que sintas admiración, aínda que ti sempre vas a elexir os valores que che queren atribuír os demais para formar a túa identidade.
Como dixen antes, nesta etapa da adolescencia dinme conta de cómo son as cousas de verdade e por iso penso que é unha etapa na que abres os ollos e aceptas a realidade tal e como é. Isto axudoume a madurar e a non pensar igual cos demais como o facía antes. Por iso, de maneira positiva, os meus amigos, colegas, compañeiros, poden condiconar nalgunhas das miñas eleccións pero non como antes cando me deixaba influenciar por eles, cando non era eu a que construía a miña identidade.
Non nos comportamos igual nun entorno coloquial ca nun formal, porque cando estás só ou con adultos céntraste e as locuras as deixas de lado, mentras que, aínda que vaias crecendo e entendendo como comportarse, sínteste máis libre cando estas en compañía de amigos porque ao final só queres divertirte e como sabes que logo non podrás o aproveitas ao máximo. Pero si que é verdade que as consecuencias disto poden ser malas como certos cambios na túa personalidade e que faga que cambies de obxectivo na vida.
Penso que as mensaxes que nos transmiten os medios de comunicación de masas producen cambios en nós que fan que reaccionemos como eles queren, e podo decilo con toda a seguridade de que é certo, polo menos polas experiencias que eu vivín. A maioría de todo o que ofrecen aos clientes non é o que parece, tratan de camuflar a realidade sen darse de conta das consecuencias que poden traer, ou ao mellor sí se percatan, pero o que máis lles importa é o diñeiro, porque quizais pensan que é o único que move ao mundo. As revistas, sobretodo as de moda, intentan mostrar prototipos de modelos perfectas ( na cara, no corpo, no pelo, na ropa,) que fan que a maioría dos adolescentes que as ven, as admiren e se convirtan nelas, mostrando unha imaxe que non é certa.
O mesmo pasa na televisión, no cine… Os videoxogos son vendidos ao público coa intención de entreter á xente e que se converta nunha adicción, pero o que tamén deberían mostrar deles é que os adolescentes poden chegar a meterse nese mundo, no que os videoxogos é o único que xira ao seu arredor.Todo o tempo tratan de sacar produtos mellores que superan aos anteriores co fin de beneficiarse.
Ás figuras famosas pásalles o mesmo, teñen que vender unha imaxe para sorprendernos e facer que reaccionemos mal porque nos poden chegar a converter nuns obsesionados da imaxe, adquirindo
actitudes como a agresividade, intolerancia, irresponsabilidade, frialdade, ser orgullosos, egoístas, pesimistas…Incluso estas persoas que xa son así poden chegar a “contaminar” ás outras, e ao final o acabas pagando coas persoas que máis queres. Tamén creo que acontece o mesmo cos científicos, intelectuais, políticos, como o expresidente de Venezuela, Chávez, que controlaba ás decisións do pobo .Ademais disto, creo que todo isto é dominado pola publicidade, porque é o único que fai que esas mensaxes se expandan e non morran, así os produtos que se ofrecen na televisión, figuras famosas, como Chávez, (que coa publicidade que lle facían na televisión, pudo ter a unha gran cantidade de xente que o quería), identifícanse con iso e marcan, enganan, “contaminan”, nas identidades das persoas que non as teñen ben definidas. Incluso a publicidade pode chegar a manipular a esa xente famosa. Isto repercute case sempre de forma negativa nos adolescentes porque fan que construamos unha identidade falsa, cambiándonos a mentalidade e a foma correcta de ver as cousas, e cando “baixemos das nubes”, non sabremos nin quén somos.
Como conclusión e reposta final , o “ quen son” pode ser definido en función do que un decida e valore, polo que debe buscar a súa identidade, non lle ven “dada”. Ten que encontrar, polos seus estudos e experiencias, un sentido á súa vida.