TERTULIA, TRABALLO E INVESTIGACIÓN
29 October, 2013 por admin
Tal como foi advertido a comezos da pasada semana, a tertulia tivo que ser adiada para o mércores día 30, ás 17 h, na biblioteca do centro.
Lembro que ata este momento aínda non se recibiu ningún traballo e que estes deben ser presentados antes de concluír este mes.
Só quen teña decidio optar por desenvolver unha investigación, e previa presentación dun proxecto arredor dun determinado tema, queda eximido da realización do traballo mensual. Ata o de agora tampouco ninguén ten presentado ningunha proposta de investigación. O tema destas investigacións é libre pero de seguido se ofrecen algunhas posibilidades en función de traballos desenvolvidos en cursos anteriores:
PROPOSTAS DE INVESTIGACIÓN
(Curso 2013 – 2014)
A investigación deberá responder, de maneira xeral, aos seguintes pasos:
I. Elección do tema.
II. Elaboración dunha ou varias hipóteses relacionadas co tema a investigar, e que guiarán os traballos a desenvolver.
III. Procura de fontes informativas (bibliográficas e/ou de outro tipo).
IV. Deseño do procedemento metodolóxico da investigación.
V. Desenvolvemento da investigación.
VI. Elaboración das conclusións.
VII. Presentación das conclusións.
Os traballos deberán ser presentados por escrito (en papel ou soporte electrónico) pero poden ir acompañados de materiais complementarios noutro formato: gravacións sonoras ou audiovisuais, fotografías, etc.
Despois dunha primeira lectura por parte do profesor, este poderá reclamar dos autores que completen ou reformen algúns aspectos que considere insuficientemente argumentados ou desenvolvidos.
Finalmente, os grupos presentarán os seus traballos ao resto dos compañeiros e compañeiras dentro das actividades de aula, nos últimos días do curso.
O tema da investigación é libre, se ben o alumno ou alumna debe tomar en conta a pertinencia do mesmo desde a perspectiva filosófica. Será o profesor quen, presentada a proposta, decida se o tema elixido ten ou non suficiente pertinencia desde o punto de vista do estudo filosófico.
Lémbrase que a elección dese tema debe ser adoptada a finais do presente mes de outubro. Concédese a primeira semana de novembro para efectuar diante do profesor (a través deste blog) as consultas previas.
A título exclusivamente orientador, suxírense como posibles temas os que xa foron elixidos polo alumnado durante o curso precedente. Advírtese de que o alumnado de 2º de bacharelato que queira continuar a investigación iniciada o curso precedente (cando cursaba 1º de bacharelato) poderá facelo. Pero, ademais, o alumnado de 1º que opte por algún dos temas xa traballados, poderá beneficiarse das investigacións previas dos seus colegas, aos que, en todo caso, deberá citar no traballo final.
TEMAS:
O ABORTO
HIPÓTESE: É o aborto moral e inmoral?
BIBLIOGRAFÍA:
John Harris: Supermán y la Mujer Maravillosa. Cap.2: “La investigación sobre embriones”.
TEMA: A INFLUENCIA DOS MITOS. O MITO XACOBEO
HIPÓTESE: É o sepulcro do Apóstolo Santiago en Compostela un mito ou unha lenda?
BIBLIOGRAFÍA:
Códice Calixtino. Libro III (a lenda da translación do corpo de Santiago)
A Historia Compostelana.
Unha soa bágoa. Crónica en tempos de Xelmírez e dona Urraca. Monografías noveladas do Proxecto Galicia. Hércules Edicións.
Santiago e Almanzor. Galicia baixo a ameaza musulmana. Monografías noveladas do Proxecto Galicia. Hércules Edicións.
Xosé Chao Rego: Prisciliano. Baía Pensamento.
(Están na biblioteca do instituto)
Ofelia Rey Castelao: Los mitos del Apóstol Santiago.
Francisco Márquez Villanueva: Santiago: trayectoria de un mito.
TEMA: A FILOSOFÍA ÁRABE
HIPÓTESE: A filosofía árabe concluíu na Idade Media ou segue a haber filosofía árabe hoxe?
BIBLIOGRAFÍA:
Manuel Rui: La Alta Edad Media. Cap. V: “Cristianismo e Islamismo”
R. Guerrero: El pensamiento filosófico árabe. Caps. 1, 2 e 8.
(Están na biblioteca do instituto)
Mohamed Arkoun: El pensamiento árabe. Sobre todo cap. 5º, sobre a situación actual do pensamento árabe.
TEMA: CIENCIA E PSEUDOCIENCIA
HIPÓTESE: Son reais as “psicofonías”? Poden considerarse científicos os procedementos de investigación seguidos para identificalas? Argumentos que dan os programas pseudocientíficos. Argumentos que dá a ciencia fronte a estes fenómenos paranormais. Procedementos utilizados para “detectar a presenza de espíritos”. Fenómenos paranormais e relixións. Opinión da xente fronte a estes programas e fronte aos fenómenos paranormais e a ciencia.
BIBLIOGRAFÍA:
Mario Bunge: La investigación científica.
Javier Echeverría: Filosofía de la Ciencia. Akal.
Karl R. Popper: La lógica de la investigación científica. Tecnos.
TEMA: A FELICIDADE
HIPÓTESE: É a felicidade o obxectivo primordial da acción humana? Ser feliz equivale a ser bo?
BIBLIOGRAFÍA:
Aristóteles: Ética a Nicómaco
Adela Cortina: Ética mínima. Tecnos
Varios: Doce textos fundamentales de la Ética del siglo XX. Alianza Editorial.
TEMA: A VIOLENCIA
HIPÓTESE A: Pode estar xustificado o uso da violencia? Cando? Como? O caso do terrorismo como ameaza para a vida cívica no mundo contemporáneo. Pode estar xustificado nalgún caso o terrorismo? Todos os medios para combater o terrorismo son medios lexítimos? Hai algún límite no combate da violencia ilegal por parte das institucións do Estado? Cal sería ese límite?
HIPÓTESE B:A presencia da violencia nos medios de masas (cine, televisión, videoxogos) pode influír no desenvolvemento de conductas violentas? Deberían limitarse os contidos violentos neses medios? Como? Que institucións estarían lexitimadas para facelo? Por que a violencia resulta atractiva para o público e especialmente para o público adolescente? Existen diferencias nesa atracción entre o público masculino e o feminino?
BIBLIOGRAFÍA:
Hanna Arendt: Sobre la violencia. Alianza Editorial.
Barbosa e Yébenes (ed.): Silencios, discursos y miradas sobre la violencia. Anthropos.
Oliver Mongin: Violencia y cine contemporáneo. Paidós.
Debra Niehoff: Biología de la violencia. Ariel.
Sanmartín, Grisolía e Grisolía: Violencia, televisión y cine. Ariel.
Slavoj Zizek: Sobre la violencia. Seis reflexiones marginales. Paidós.
TEMA: O CANON DE BELEZA
HIPÓTESE: Como afecta o concepto de beleza na sociedade?: A aspiración a acadar unha beleza ideal pode provocar cambios de comportamento?, pode ser causa de discriminacións sociais? Cales son os criterios desa beleza ideal? Son idénticos co paso ao longo da historia ou cambian coas épocas e as modas?
BIBLIOGRAFÍA:
Umberto Eco: Historia de la belleza.
TEMA: A FILOSOFÍA DO ROCK AND ROLL
HIPÓTESE: O rock and roll implica algún tipo de enfoque filosófico determinado? Como identificar ese enfoque nas distintas tendencias do rock?
BIBLIOGRAFÍA:
Páxinas web
OUTRAS INVESTIGACIÓNS POSIBLES (traballadas en cursos precedentes):
TEMA: DILEMAS MORAIS NO CINE E NAS SERIES DE TELEVISIÓN
HIPÓTESE: Que tipo de dilemas morais son máis frecuentes nas películas e series de televisión de éxito? Hai algunhas pautas de frecuencia na resolución deses dilemas? Aplicación dos criterios de desenvolvemento moral de Kohlberg.
BIBLIOGRAFÍA:
Kohlberg, L. Power, F.C. e Higgins, A.: La educación moral según Lawrence Kohlberg. GEDISA.
TEMA: A ARTE CONTEMPORÁNEA
HIPÓTESE: Ten cambiado o concepto de “arte” ao longo da historia? Que se entende por “obra de arte” na actualidade? Cales son os criterios de avaliación dunha obra de arte dentro da arte contemporánea?
BIBLIOGRAFÍA:
Chris Murray (ed.): Pensadores clave sobre el arte: el siglo XX. Cátedra
Brandon Taylor: Arte hoy. Akal.
Varios: Arte en la era electrónica. Perspectivas de una nueva estética. ACC L’Angelot.