RSS para
Artigos
Comentarios

Para evitar distraer en exceso a atención nestes días en que os exames se multiplican, ao estar preto as avaliacións, teremos un único faladoiro máis antes de concluír o trimestre, que terá lugar o xoves día 5 de marzo, das 17 ás 18 horas.
O tema, tal e como foi acordado ao remate do faladoiro de xaneiro, será
O AMOR
Os textos de referencia serán os seguintes:
“Banquete” de Platón. Páx. 70 (a partir da introdución por Sócrates do discurso sobre o amor de Diotima de Mantinea) ata páx. 88 (aparición de Alcibiades) e da páx. 88 ao final (segundo a edición da versión galega, de Xerais Peto, da que dispoñemos 2 exemplares na Biblioteca).
simposio-di-platone-gigola-giambattista.jpg
Alcibiades e Sócrates no Banquete, vistos polo pintor Giambattista Gigola (s. XVIII - XIX)

“Gaya Ciencia” de F. Nietzsche. Esta obra está dividida en pequenos fragmentos numerados que se ocupan de temas diversos, entre eles o amor. Propoño a lectura dos fragmentos cos números 60, 62, 67, 70, 71, 72, 74 e 75.
nietzsche-lou-a-salome-e-red.png
Nietzsche e o seu amigo poeta Paul Ree, fotografados con Lou Andrea Salomé.

Como complemento, suxiro a posibilidade de que alguén queira ler e presentar o artigo “Nietzsche enamorado”, unha recensión do libro do filósofo Manuel Cruz “Los filósofos y el amor” que se pode atopar neste sitio web:
http://www.jotdown.es/2013/06/nietzsche-enamorado/

“Nuestra especie” de Marvin Harris. Este non é un texto de filosofía senón de antropoloxía social pero o seu enfoque pode resultar complementario do estritamente filosófico. Lectura das páxs. 156 a 166, 172 a 182, 214 a 218, 219 a 232 e 233 a 243.

Os libros citados (agás o de Manuel Cruz) poden consultarse na biblioteca.

Lémbrase que é conveniente avisar ao profesor do libro escollido para presentar, evitando dese xeito repetir un título (ou o fragmento dun título) cando aínda non hai compromiso de lectura de todos.

Trackback URI | RSS Comentarios

Deixa unha mensaxe