RSS para
Artigos
Comentarios

BENVIDOS / AS AO CURSO 2009 - 2010

Neste espazo irán aparecendo as propostas de traballo a desenvolver en grupo cada trimestre.
Ofrécese tamén a posibilidade de que sexades vós mesmos/as os/as que propoñades temas alternativos aos propostos polo profesor, sempre que o fagades na semana inmediata á aparición da proposta deste.
É importante que vos rexistredes para poder enviar directamente as vosas contribucións.
Para comezar, aquí tendes a programación do curso, coa metodoloxía e condicións de avaliación:
CONDICIÓNS PARA A AVALIACIÓN
FILOSOFÍA 1º BACH
Curso 09 - 10

A avaliación fundamentarase nos seguintes materiais e actividades:

1. Libro de texto
O libro de texto do alumnado será Filosofía e Cidadanía, Bacharelato 1, de Edicións Xerais de Galicia. Cómpre ter en conta que o libro de texto é concibido como un material de consulta e apoio, non como a referencia única arredor da cal debe xirar o traballo de clase e a avaliación. Isto significa, por un lado, que de ningún modo se poderá desenvolver a totalidade do seu contido (non o permite o tempo de clase dispoñible) e, en consecuencia, o profesor explicará que contidos van ser traballados e cales non; e, por outro, que o profesor poderá incluír algún material complementario de traballo, que tamén será contemplado como contido avaliable.

2. Exposición de temas en clase
· O alumnado organizarase en grupos de traballo, cun mínimo de tres compoñentes e un máximo de catro. O profesor encargará a cada grupo de traballo, con polo menos unha semana de antelación, a preparación dun tema do programa para a exposición en clase.
· Cada compoñente do grupo poderá optar entre dúas opcións para a exposición en clase:
· Opción A: Unha interpretación persoal sobre o tema ou un aspecto do tema.
· Opción B: A análise e comentario dun texto (dos recollidos no libro ou proposto polo alumno ou alumna, previo acordo co profesor).
· En todo caso, a exposición non deberá exceder dos 25 minutos, para deixar tempo á intervención do profesor ou do alumnado en forma de debate.
· Para a exposición poderase dispór de cantos medios de apoio se precise (notas, libros, uso de medios audiovisuais…), para o cal o grupo deberá reclamalos con anticipación ao profesor. Con todo, deberase ter en conta que non se trata de ler un texto xa escrito (como, por exemplo, o que aparece no libro de texto), senón de explicar os coñecementos adquiridos sobre o tema, demostrando que se entenden e utilizando unha linguaxe asequible para todos os restantes alumnos. Por esa razón, cando se precise utilizar conceptos técnicos ou complexos, estes conceptos deben ser previamente definidos e explicados. Se houbese algún aspecto do tema que, malia o esforzo do grupo, non o dera entendido, débese consultar previamente ao profesor.
· Porase especial atención na análise de textos (Unidades 11 e 14), aplicando a metodoloxía de mapas conceptuais (Unidade 5) que será explicada no seu momento polo profesor. Este destacará tamén previamente que textos deben analizarse na exposición en clase do tema, en diálogo cos compoñentes do grupo.
· En todo caso, cómpre ter en conta que o profesor avaliará e cualificará, non a correcta comprensión do tema, senón o esforzo por chegar a comprendelo. Así, a errónea definición ou mala interpretación de conceptos ou ideas que se expoñen por primeira vez en clase non serán avaliadas negativamente. Si o serán no caso de que se trate de conceptos ou ideas xa explicados previamente en clases anteriores.
3. Desenvolvemento de procedementos de traballo filosófico
· Tamén a partir da formación de grupos de traballo (que poderán ser os mesmos ou distintos dos encargados de expor os temas), trimestralmente realizarase un traballo sobre os temas que se vaian tratando ao longo do curso, desenvolvendo algúns dos procedementos contemplados no libro de texto (ver programación).
· O profesor presentará os materiais a partir dos que se efectuará o traballo e explicará os pasos e procedementos a aplicar. Estes materiais e explicacións serán expostas no blog do departamento de Filosofía.
· Este traballo iniciarase na aula pero terá que ser continuado e concluído polo grupo de traballo fóra de clase, respectando os prazos que en cada caso se explicitarán no blog.
· A avaliación deste traballo será conxunta (a mesma nota para todos os compoñentes do grupo) agás que cada membro do grupo precise a parte do traballo que ten desenvolvido.

4. Exercicios escritos
· Concluída a exposición e revisión dun tema na clase, realizarase un exercicio escrito que constará dun texto acompañado de tres preguntas (agás algún caso en que se prescindirá de texto como no tema de Lóxica): a primeira consistirá nunha análise e comentario de texto, máis outras dúas preguntas de carácter específico ou xeral. A primeira pregunta valorarase cun 4 de nota máxima, e as dúas restantes cada unha cun 3 (agás casos excepcionais, que serán precisados previamente).
· Se se utilizase un mapa conceptual como apoio para a análise de texto, cómpre ter en conta que este debe ir acompañado da análise argumentada e desenvolvida. O mapa conceptual sen ese acompañamento carece de valor.
· O calendario aproximado destes exercicios escritos é detallado na programación final.
· Todo exercicio que reciba unha avaliación negativa (inferior a 4,5) poderá ser recuperado polo alumnado. As datas de recuperación deberán ser fixadas polo propio alumnado, previa consulta co profesor (agás o exercicio de recuperación final, que será inmediatamente antes da avaliación final).

5. Avaliación trimestral
Do que levamos dito, séguese que a avaliación trimestral será o resultado da media das avaliacións das exposicións de grupo en clase, os exercicios escritos e o desenvolvemento dos traballos no blog.

6. Investigación sobre un tema de interese filosófico
· Os grupos de traballo (que poderán ser os mesmos ou outros formados ad hoc) deberán realizar un traballo de investigación filosófica en profundidade sobre un tema de libre elección, se ben o profesor suxerirá varios posibles temas.
· O procedemento de investigación filosófica é explicado no apartado final da Unidade 15 do libro de texto.
· Antes das vacacións de Nadal, o alumnado deberá decidir sobre que tema de traballo quere investigar.
· O mes de xaneiro comezarán os traballos previos de investigación.
· O profesor atenderá as consultas do alumnado para revisar os primeiros pasos da investigación, axudándoo a seleccionar a hipótese ou hipóteses a comprobar, determinar a metodoloxía da investigación e planificar os pasos para o seu desenvolvemento.
· Durante o segundo trimestre os grupos de traballo realizarán fóra das horas de clase as súas respectivas investigacións. En todo momento poderán contar co apoio e asesoría do profesor.
· O resultado da investigación deberá ser entregado na primeira quincena do mes de maio (agás que o profesor especifique algo noutro sentido).
· A avaliación deste traballo de investigación sumará un punto á nota final, no caso de que que sexa considerado notable a xuízo do profesor, e dous, se é considerado sobresaliente. Con todo, nunca significará unha diminución da nota que nese momento os alumnos ou alumnas teñan como media. Se o traballo é xulgado como moi deficiente, deberá ser repetido. Se o traballo non é presentado no prazo debido, implicará o suspenso do alumno ou alumna, ata que sexa finalmente entregado. En caso contrario, deberá ser presentado en setembro para que o alumno ou alumna poida acadar o aprobado, como mínimo.

7. Avaliación final
A avaliación final obterase aplicando a media das notas obtidas nos tres trimestres máis a da investigación. Se a nota media final non acada 4,5, o alumno ou alumna non obterá o aprobado e deberá recuperar en setembro os contidos nos que non ten amosado coñecemento suficiente, de acordo co que o profesor indique.

PROGRAMACIÓN DO CURSO
(Poderá sufrir modificacións)

Setembro
O saber filosófico (Unidade 1)
Definición de filosofía. Partes da Filosofía.
Diferencias entre Filosofía e ciencias. Clasificación das ciencias.
O mapa conceptual (Unidade 5)

Outubro
Teoría do coñecemento. Coñecemento e verdade (Unidade 2).
O debate e o discurso argumentativo (Unidades 2, 3 e 12).
Novembro
Lóxica. A argumentación correcta (Unidade 3).
Dilemas e falacias (Unidade 9).
A investigación filosófica (Unidade 15)

Decembro
Epistemoloxía. A racionalidade científica (Unidade 4)
Como considerar científica unha argumentación (Unidade 4).

Xaneiro
Antropoloxía (1). O proceso de hominización (Unidade 5). Por que non somos iguais. O biolóxico e o cultural (Unidade 6).
Redacción dun texto filosófico (Unidade 8).
A disertación (Unidade 10).

Febreiro Antropoloxía (2).
Socialización e endoculturación (Unidade 7).
Do homo sapiens ao homo loquens. A dimensión simbólica do ser humano (Unidade 8).
Inferencias, dilemas e análise de textos (Unidade 11). Poderase

Marzo
Ética e Filosofía moral. Nin deuses nin bestas, humanos (Unidade 9).
Á procura da felicidade: o individuo (Unidade 10).
Por mor do deber: a persoa (Unidade 11).
O comentario de texto (Unidade 14).

Abril
Filosofía política (1). O dereito e a xustiza: o cidadán (Unidade 12).
Formas de lexitimación e lexitimidade democrática (Unidade 15).
A crítica na política (Unidade 13).

Maio
Filosofía política. A orixe da sociedade e do Estado (Unidade 13). A constitución civil debe ser repubicana (ao modo kantiano) (Unidade 14).
O futuro da democracia (Unidade 15).
A investigación filosófica (Unidade 15).

Xuño
Filosofía política. A nación e o Estado en tempos de globalización (Unidade 15).
Traballo con mapas (Unidade 16).
Exposición en clase dos traballos de investigación.
Exercicios de recuperación final.

2 respostas to “BENVIDOS / AS AO CURSO 2009 - 2010”

  1. o 29 Nov 2009ás 10:08 am scarlett castro de amorim

    Ser filosofo ayer ser filosofo hoy

    La filosofía empezó cuando empezaron a explicar los fenómenos de la naturaleza prescindido de los mitos para apoyarse sobre todo en la razón , este nuevo modo de pensar empezó en Grecia a durante el siglo VI A.c. aquí empezaran a utilizar el pensamiento racional y científico dejando de lado el pensamiento mitológico e religioso .A partir de entonces aparecerán varios pensadores filosóficos .
    La primera fase de la filosofía es la antigua ,un pensador de esta fase es Platón .Nació en Atenas en el año 427 A.c. pertenecía a la clase alta de la ciudad, a los veinte años encuéntrase con Sócrates y se trasforma en su discípulo .Tenia una gran admiración por su maestro. Con la intención de intervenir en política visita el tirano de Siracusa, pero acaba sendo vendido como esclavo ,por suerte lo adquirió un pitagórico de Atenas que lo conocía .Cuando vuelve a Atenas compra un terreno y construí su escuela ,la Academia nombre que recibió por hallarse cerca del santuario dedicado al héroe Academos, especie de “Universidad” en la que se estudiaban todo tipo de ciencias, como las matemáticas (de la importancia que concedía Platón a los estudios matemáticos : “que nadie entre aquí que no sepa matemáticas”), la astronomía, o la física, además de los otros saberes filosóficos y, al parecer, con una organización similar a la de las escuelas pitagóricas, lo que pudo comportar un cierto carácter secreto, o misterio, de algunas de las doctrinas allí enseñadas.
    Esta escuela se mantuvo abierta por más de 900 años .Platón murió en Atenas en el año 347. Sus obras completas incluyen 25 diálogos la Apología de Sócrates y un conjunto de 13 cartas .

    La segunda fase es la filosofía medieval o filosofía cristiana. En esta época el pensamiento filosófico centrara más su interés en Dios al contrario de la filosofía griega que centra su pensamiento en el objeto. El tema fundamental de reflexión pasará a ser la divinidad. Un pensador de esta épocas es Santo Tomás de Aquino Él nació en el castillo de Roccasecca, cerca de Aquino, en el año 1225, en el seno de una numerosa y noble familia italiana. A finales de 1239 se dirigió a la universidad de Nápoles para continuar sus estudios, permaneciendo en dicha ciudad hasta 1244, año en que, sintiéndose atraído por la vida de los frailes dominicos que había conocido en un convento de Nápoles, ingresó en la orden como novicio, la decisión no fue del agrado de su familia regresa a Nápoles el año 1272, con el encargo de establecer una casa de estudios (studium generale), donde abandona totalmente su actividad docente y de autor, encontrándose frecuentemente arrebatado por experiencias místicas que le absorben por completo. Permanecerá allí hasta 1274, muriendo en el transcurso del viaje iniciado ese año para dirigirse de Nápoles a Lyon, donde iba a celebrarse un concilio convocado por el papa Gregorio X.

    La tercera fase es la moderna, en este periodo la filosofía centrara su pensamiento en la critica al conocimiento, volverá a utilizarse la razón, apareciendo así el racionalismo ,pensamiento criado por Descartes ,que es considerado el padre de la filosofía moderna .Descartes nació el 31 de marzo de 1596 en La Haye, en la Turena francesa. Pertenecía a una familia de la baja nobleza, estudiara en el colegio de los jesuitas de La Flèche, hasta los dieciséis años, estudiando luego Derecho en la Universidad de Poitiers.terminados los estudios apartase de las aulas diciendo que no encuentra en ellas el verdadero saber, y empieza un periodo de viajes . Hace investigaciones en geometría, álgebra y mecánica, orientado hacia la búsqueda de un método “científico” y universal. Tiene una hija con una sirvienta pero esta muere muy nueva .La reina Cristina de Suecia o invita en febrero de 1649 para que le introduzca en su filosofía. Descartes, reticente, parte sin embargo en septiembre para Suecia. El alejamiento, el rigor del invierno, la envidia de los doctos, contraría su estancia. La reina le cita en palacio cada mañana a las cinco de la madrugada para recibir sus lecciones. Descartes, de salud frágil y acostumbrado a permanecer escribiendo en la cama hasta media mañana, coge frío y muere de una neumonía en Estocolmo el 11 de febrero de 1650 a la edad de 53 años.

    Após la dispersión del pensamiento moderno ,surgirá en el siglo XIX una corriente a lo mejor varias corrientes filosóficas con distintos pensamientos(idealistas ,empiristas, positivistas, etc.).Un ejemplo claro de la mezcla de varios pensamientos es Marx ,sus ideas son resultado de una triple influencia : de la filosofía hegeliana, del socialismo francés, y de la economía política inglesa.
    Karl Heinrich Marx nació el 5 de mayo de 1818 en Tréveris, ciudad de la Prusia renana. Aunque su familia era de origen judío se habían convertido al protestantismo.
    Comenzó su colaboración con la revista “Rheinische Zeitung”, (Gaceta Renana), dedicada cuestiones de “política, comercio e industria”.En1843 se casará con Jenny von Westphalen, joven perteneciente a la nobleza prusiana .empieza a tener un contacto con F. Engels iniciando una colaboración duradera entre ambos. En Londres desarrollará una intensa actividad intelectual, que le llevará a la realización de su obra cumbre, “El capital”, tras la revolución que lleva a la Comuna de París, Marx organiza manifestaciones de apoyo y escribe “La guerra civil en Francia”, que interpreta la Comuna como el primer intento para instituir la dictadura del proletariado.
    Fallece el 14 de marzo de 1883, siendo enterrado en el cementerio londinense de Highgate.

    Con estas breves biografías se puede ver los diferentes enfoques que tuvo la filosofía en el pasar de los años ,la filosofía antigua por ejemplo tenia un pensamiento más objetivo de las cosas estaba empezando sus criticas, reflexiones, y razonamientos sobre las cosas que tienen en la razón y en los sentidos su única forma de criterio. Los filósofos de esta fase se dedicaban a diferentes estudios filosóficos ,Platón mismo ,estudió la política pero no tuvo mucho éxito ,y al final se torno maestro construyendo una academia, pero ellos no estudiaban solamente cuestiones filosóficas dedicábanse a otras materias el propio Platón decía que para entrar en su escuela era imprescindible tener conocimientos matemáticos. Sus vidas giraban en torno a la filosofía ,observando las varias representaciones de platón se observa que son diferentes podemos suponer que no se conocía realmente a plantón pero hay unos rasgos en común como la barba larga y una aparencia un poco que descuidada.

    En contraposición al pensamiento antiguo apareció el pensamiento medieval que se caracteriza por una fuerte influencia del cristianismo ,los filósofos ahora se centran en el ser divino ,Dios, analizan las cuestiones religiosas, las escuelas filosóficas ahora se localizan en los monasterios ,los filósofos son clérigos, frades padres ,el propio Tomas de Aquino tomo el habito de la orden de predicadores, sus estudios centraban se en la comprobación de la existencia de Dios , pero también se nota que hay influencias en esta época de filósofos anteriores ,podemos entonces decir que hay una continuidad de trabajos. Tomas de Aquino tenia influencias de Aristóteles y daba continuidad a algunas de, utilizaba sus teorías como una base. En conclusión este pensamiento es una continuidad del antiguo pero añadiendo nuevos pensamientos, religiosos .

    La edad moderna también se puede decir que tiene influencias de la edad medieval, pero ahora ella se centrara en estudiar la teoría del conocimiento. En esta época ocurren varias transformaciones políticas, sociales, culturales y filosóficas, que serán profusamente estudiados. Los filósofos no solamente se dedicaran a filosofía también harán otros trabajos, matemáticos, científicos, de física y estudiaran cuestiones políticas. Van a influenciar en la vida política en diítas cuestiones.

    La edad contemporánea ya será una línea de pensamiento mas amplia, será como una continuación de todas las pasadas tendrá una gran diversidad de movimientos .Van estudiar temas científicos, matemáticos, políticos ,sociales, temas actuales, esta iniciase en el siglo XIX y permanece hasta los días actuales. Y un cambio será que aparecerán las mujeres filosofas .

    Hasta entonces las filosofía era extendido solo hasta los hombres, aunque existiera en todo el mundo, teniendo adeptos en varios países, las mujeres iban tardar en aparecer en ese escenario. esta profesión hasta entonces solo de hombres pasa a ser también de mujeres. Pero los cambios que sufre la filosofía solo son en la interacción de las mujeres ,su papel fundamental de análisis del ser humano analizando la sociedad ,como esta comportase sus actos mas relevantes el pensamiento filosófico intenta hacer una análisis profunda del ser humano tomando en cuenta sus pautas de comportamiento. Este estudio del ser humano es importante pues muchos filosos se involucran en temas de la sociedad en que están, para intentar mejórala, algunos filósofos de diferentes épocas metiéronse en temas políticos para intentar mejorar el sistema o modifícalo ,ellos apoyan lo que les parece lo mejor, y este pensamiento sí tiene repercusión el sociedad y sus pensamientos son importantes en la sociedad .con el pasar de los años este fue criando una mayor importancia el la sociedad y por consecuencia teniendo una mayor consideración por partes de la sociedad.

    CORRECCIÓN:
    Valórase o esforzo no traballo pero o resultado ten moitas deficiencias, empezando por unha redacción moi descoidada, que non foi debidamente revisada. Así, advírtense reiteracións que afean o estilo, como p. ex.: “empezó cuando empezaron … … este nuevo modo de pensar empezó “.
    Parece que o texto que foi tomado como fonte está escrito en galego e, ao ser pasado ao castelán, cáese en notorios “galleguismos”: “frades padres” (“frade” é “fraile” en castelán), “las mujeres iban tardar” (os verbos de movemento “ir”, “venir” máis infinitivo, en castelán levan preposición “a”: “las mujeres iban a tardar”).
    As veces a impresión é que se pegaron textos sen atender que o resultado final fose coherente ou simplemente lexible e intelixible. Así, en “Hasta entonces las filosofía era extendido solo hasta los hombres”, cáese nun evidente anacoluto; en “daba continuidad a algunas de, utilizaba sus teorías como una base”, vese que hai unha palabra ou parte duna frase que falta; e estoutra: “Pero los cambios que sufre la filosofía solo son en la interacción de las mujeres ,su papel fundamental de análisis del ser humano analizando la sociedad ,como esta comportase sus actos mas relevantes el pensamiento filosófico intenta…”, resulta simplemente incomprensible.
    Na información sobre os filósofos e os períodos históricos, hai datos que deberían ser debidamente contrastados. O problema de utilizar unha única fonte é que, p. ex., feitos hoxe moi discutidos e prácticamente desbotados como falsos polos estudos históricos máis esixentes, son reproducidos como veraces, como a venda de Platón como escravo ou o ”carácter secreto“ ou misterioso (esotérico) das ensinanzas do propio Platón.
    Nese labor de recorta e pega, ao que xa se fixo referencia antes, prodúcense saltos no tempo inxustificados, como este na biografía de Tomé de Aquino: “hasta 1244, año en que, sintiéndose atraído por la vida de los frailes dominicos que había conocido en un convento de Nápoles, ingresó en la orden como novicio. La decisión no fue del agrado de su familia, regresa a Nápoles el año 1272”. Dá a impresión de que o regreso a Nápoles é como consecuencia do desagrado da familia cando resulta que, nese lapso de case trinta anos transcorre o seu período de docencia na universidade de París, que é xusto o período de maior producción filosófica do aquinate e respecto do cal nada se di.
    Hai tamén simplificacións difícilmente xustificables: “volverá a utilizarse la razón, apareciendo así el racionalismo”. E logo, os filósofos medievais non utilizaban a razón?, pensaban cos pés, acaso? Unha cousa é que o racionalismo implique a preeminencia da razón sobre a fe e outra moi distinta afirmar que, dado que na filosofía medieval se concedía prioridade a esta sobre aquela, a razón non era utilizada!
    Utilízanse conceptos que non son explicados e que o profesor pode razoablemente pensar que a alumna non domina. Así, na frase: “La filosofía antigua, por ejemplo, tenia un pensamiento más objetivo de las cosas…”, o concepto “obxectivo” emprégase dunha forma sumamente cuestionable. Que entende aquí a autora por “obxectivo”? Parece que entende máis ben unha filosofía centrada no obxecto, no ser das cousas (o que se di cando se afirma que a filosofía antiga é fundamentalmente unha ontoloxía, fronte á moderna que é máis ben unha epistemoloxía ou unha gnoseoloxía, isto é, que mentres a primeira está centrada no ser, a segunda estao sobre o coñecer). Pero “pensamento obxectivo” oponse a “pensamento suxeitivo” é, aínda que tamén se pode afirmar que a filosofía antiga é máis “obxectiva” e a moderna “máis suxeitiva”, dado que esta oposición entre “obxectivo” e “suxeitivo” non se formula en ningún momento, o corrector non ten por que supoñer que é ese o enfoque da autora.
    Hai afirmacións enormemente confusas como: “empezando sus criticas, reflexiones, y razonamientos, sobre las cosas que tienen en la razón y en los sentidos su única forma de criterio.” Que quere dicir a autora con isto? Ao non haber unha explicación sobre o significado que atribúe a esta frase, que por outra banda é en si mesma moi pouco clara, o corrector fica na dúbida de se entende ou non aquilo que escribe.

  2. o 04 Dec 2009ás 1:53 pm Lucas

    FILOSOFOS DESTACADOS.

    Filosofos antigos:

    •Sócrates: Un dos filósofos mais destacados na filosofía occidental. Sócrates non escribiu ningunha obra e non creou ningunha escola. Aínda así cónstanos que rexeitou o relativismo dos Sofistas, o que o levou a búsqueda da definición universal pola elaboración de conceptos, mediante o método inductivo.

    •Platón: Foi alumno de Sócrates e Mestre de Aristóteles. A diferencia de Sócrates, Platón deixou obras escritas. Nestes escritos podese ver conceptos acerca da mellor forma de goberno, aristocracia, democracia e monarquía.

    Filosofos modernos:

    •Descartes: Filosofo e matemático. Abordou o tema da filosofía cartesiana a traves da meditacion metafisica.

    •Locke: Filosofo empirista. Basea o seu pensamento na epistemoloxía, e non cree no innatismo.

    •Kant: É un persoaxe moi importante na filosofía moderna. Kant encerrase nun mundo fenoménico, e descalifica a posibilidade de contactar as cousas en si mesmas, xa sexa Deus, as do mundo ou as da alma. Abocase a estética trascendental.

    •Karl Marx: Influido por Hegel, tomou o pensamiento dialéctico creado por Hegel. Creador do socialismo, no que na sua defensa usou o método dialéctico para analizar as contradiccions, en especial, do traballo e o capital

    Filósofos Contemporáneos:

    •Simone de Beauvoir: Filosofa francesa. O seu pensamento é parte do existencialismo e de obras como O segundo sexo son obras fundamentáis do feminismo.

    •María Zambrano: Filosofa española e discípula de Ortega y Gasset. Ela defende
    que a acititude filosófica se crea cando alguén se pregunta algo, por ignorancia.
    Tamén di que hai outra actitude, a poética, que é a resposta, a calma e na que unha vez entendida e descifrade encontramoslle sentido a todo.

    Hai que contemplar que ao longo da historia de filosofía poucas mulleres destacaron como estas dous.

    Deixando a un lado estes filosofos, farei unha breve biografía sobre o filosofo medieval Agustiño de Hipona:

    •Agustiño de Hipona: Sentiu preferencia polos filósofos Neoplatónicos, ainda que correxiu varias cousas de eles. Dende xoven, este filosofo, rexeitou a fe pola razón.
    Os principios que compoñen a filosofía de Agustiño son a interioridade, inmutabilidad e participación.

    CRONOLOXIA DA FILOSOFÍA

    A filosofía antiga comezou na Grecia antiga do século VI aC. e durou ata a caída do Imperio Romano no século V dC. Ela está dividida en catro períodos: o pre-filosofía socrática, que vai de Tales a Sócrates, Platón, Aristóteles e post-Aristóteles ou helenístico. Ás veces, un quinto período é distinguido incluíndo filósofos cristiáns e neo-platónicos. Os dous máis importantes escritores da filosofía antiga, en termos da súa influencia seguintes foron Platón e Aristóteles.

    A filosofía medieval é a filosofía de Europa e do Oriente Medio durante o que hoxe é chamada Idade Media, estendéndose aproximadamente entre a caída do Imperio Romano ao Renacemento. A filosofía medieval caracterízase en parte pola redescoberta da filosofía grega clásica e helenística filosofía, e en parte pola necesidade de abordar cuestións teolóxicas e integrar sacra doutrina (cristiá, xudía e islámica) e aprendizaxe secular. Alguns aspectos fundamentais neste período foron a relación entre a fe ea razón, a existencia e unicidade de Deus, o obxecto da teoloxía e da metafísica, os problemas do coñecemento, dos universais e individuación.

    A filosofía moderna foi caracterizada por recoñecer plenamente a primacía da epistemoloxía sobre a metafísica, argumentando que, antes de tentar saber o que existe, é bo saber o que pode ser coñecido.

    Ao chegar o seculo XX, case todos os filósofos empezaron a traballar en universidades. Un dos temas mais importantes na filosofía de esta epoca foron as implicacións filosóficas dos enormes avances na lóxica ao longo do século.

    A tradición principal da filosofía contemporánea foi a filosofía analítica. Esta filosofía baseouse en poñer énfase na análise da linguaxe por medio da lóxica formal. Na segunda metade do século, porén, a filosofía analítica mudou o seu foco só na lingua e da unidade da tradición caeu no requisitos de claridade e rigor na argumentación, atención aos detalles e desconfiar os grandes sistemas filosóficos.
    A segunda tradición foi a filosofía continental. Desarrollouse na Europa Continental, e caracterizase por ser mais especulativa es fixarse mais na historia.

    Lucas Mosquera López.

    Avaliación:
    Non respondes ás preguntas (aínda que se poden enxergar algunhas respostas implícitas) polo tanto propiamente non realizas o traballo que se che pide. Obsérvase ademais o uso de conceptos que é moi dubidoso que domines, tendo en conta que aínda non foron dados en clase e teñen un carácter moi técnico: “definición universal”, “método indutivo”, “estética transcendental”. Penso, logo, que os usas a partir dunha simple copia, non por que saibas ben do que falas.
    Na revisión que fas dos filósofos hai afirmacións falsas, outras discutibles e outras que demostran que non te preocupas por entender o que estás a escribir. Así, dicir que Descartes ”abordou o tema da filosofía cartesiana” é o mesmo que se eu digo que o alumno Mosquera abordou o “mosquerismo” (“cartesiano” quere dicir o propio de Descartes, xa que se deriva de “Cartesius”, que é o nome latino co que asinaba as súas obras publicadas nese idioma).
    “Dende xove, este filosofo, rexeitou a fe pola razón.” Non te preguntaches como é posible que alguén que “desde novo” rexeitou a fe puido ser considerado santo pola igrexa? Obviamente copiaches mal. Agostiño rexeitou a fe pola razón “cando novo”, pero, xa na súa madureza, colocou a fe por riba da razón.
    ”en termos da súa influencia seguintes”. Este é un exemplo de frase sen sentido por mal construída, que poderías ter corrixido doadamente con tal de facer unha revisión do escrito antes de telo enviado. Supoño que quererías dicir: ”en termos da súa influencia sobre os seguintes”.
    Frouxo.

Trackback URI | RSS Comentarios

Deixa unha mensaxe