RSS para
Artigos
Comentarios

Arquivo de February, 2008

LECTURAS PARA CULTURA CLÁSICA

ADAPTACIÓNS DA ILÍADA E DA ODISA

Na Biblioteca Teide publicáronse   Las  Aventuras    de Ulises ( adaptación da Odisea)   e  La cólera de Aquiles (adaptación da Ilíada) que son de gran interese   como lectura     na ESO.
 Son    adaptacións   en prosa sinxela  que    respetan   o  contido da obra orixinal e   teñen unha introducción, notas a   pé   de páxina,   mapas,  glosario de nomes  e   unhas  completas guías de lectura. As introduccións son de Margalida Capellá.
  Nas […]

APROXÍMASE A DATA DA VIAXE A LUGO

O día 6 de marzo viaxaremos a Lugo para asistir a unha xornada de Teatro, de teatro grego. Este é oprograma:
Día 6 de marzo, Xoves

12:00 horas
 TROYANAS, Eurípides
Grupo de Teatro do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago
17:00 horas
Nubes, Aristófanes
Grupo Prósopon do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz

ODISEA 2008: GAÑADORES DO CONCURSO EN VALENCIA

Xa se coñecen os gañadores do concurso en Valencia, e foi publicada tamén a clasificación definitiva dos 116 equipos que alí participaron.
Foron numerosas as entradas nos blogs referidas ao concurso, moitas con comentarios e reflexións máis que interesantes. Podemos lelas en Calíope, Porque me gusta, Voces Griegas, Los Trabajos de Hércules ou Dives Gallaecia.

GRACIAS POR PARTICIPAR NA ODISEA 2008¡¡¡

Quero dar as gracias a todos os equipos por ter participado con tanto entusiasmo nesta viaxe, ODISEA 2008, chea de esforzo pero tamén de satisfacción cando encontrabades as respostas, despois de deixar atrás a Escila e Caribdis.
Erades nove equipos e dous chegastes a bo porto só que un pouco máis tarde […]

FINALIZOU A PRIMEIRA FASE DA ODISEA 2008

Despois do  desempate finalizou a primeira fase do concurso Odisea 2008. Estos son os cinco primeiros equipos clasificados:  

PRIMUS BETA, do IES Fontexería de Muros
SECUNDUS ALFA, do IES Fontexería de Muros
SECUNDUS BETA, do IES Fontexería de Muros
LOS ARISTÓCRATAS, do IES de Ames
LOS ESPARTANOS, do IES Ramón María Aller de Lalín

O equipo gañador da nosa Comunidade,  PRIMUS BETA, […]