Título de Graduado en Educación Secundaria para maiores de 18 anos
No DOG nº 59 do venres 23 de marzo sae publicada a resolución do 15 de marzo de 2007 pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de 18 anos nas convocatorias de xuño e de setembro. Os prazos de matrícula serán do 15 ao 25 de maio para a proba de xuño e, para a de setembro, do 3 ao 5. As probas celebraranse en sesión de mañá e tarde os días 15 de xuño e 11 de setembro para as respectivas convocatorias.
Enviado: 10 April, 2007 para Xeral.
Comentarios: ningún